Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A formación nesta materia ten por obxecto que o alumno/a adquira os coñecementos, as habilidades, destrezas e actitudes necesarias que lle permitan realizar tanto un labor de asesoramento ás sociedades e empresas, como analizar e redactar documentos mercantís de signo diverso (societarios, contratación, etc.), levar a tramitación de procesos nos que se ventilen asuntos de natureza mercantil e, en xeral, desenvolver un correcto exercicio da profesión neste ámbito do dereito substantivo e procesual.
Máis concretamente, preténdese que o alumno/a:
- Coñeza as distintas formas societarias mercantís e sexa capaz de valorar a que resulte máis adecuada para cada caso, segundo o obxectivo e as necesidades dos clientes.
- Coñeza os trámites notariais, rexistrais, fiscais e administrativos que resultan necesarios para constituír unha sociedade de capital.
- Saiba redactar uns estatutos sociais.
- Coñeza que documentos societarios deben ser inscritos ou anotados no Rexistro Mercantil.
- Coñeza as particularidades básicas dos diferentes elementos que integran unha empresa.
- Coñeza o funcionamento básico das diferentes sociedades mercantís.
- Coñeza as obrigacións administrativas, contables, rexistrais… máis habituais da actividade empresarial, a forma de levar a cabo as xuntas xerais e consellos de administración e as operacións mercantís máis habituais.
- Sexa consciente da necesidade de que a empresa faga fronte ás súas obrigacións.
- Coñeza os diferentes sistemas de administración dunha sociedade, distinguindo entre consello de administración, administradores únicos, solidarios e mancomunados.
- Distinga as funcións que corresponden aos órganos de dirección e administración.
- Se manexe adecuadamente na redacción de convocatorias, actas, certificacións… relativas ao funcionamento dos órganos sociais e sexa consciente da necesidade de preparar con sumo coidado as reunións dos diferentes órganos sociais.
- Saiba aplicar os criterios legais sobre o dereito de voto nas xuntas.
- Saiba enfocar xuridicamente as necesidades que derivan da actividade empresarial.
- Coñeza o contido das contas anuais e os compoñentes básicos dun balance.
- Coñeza a responsabilidade que leva a administración dunha sociedade e preste especial atención á transcendencia xurídica dos actos dos administradores no exercicio da súa actividade.
- Coñeza os mecanismos de resolución de crises empresariais.
- Coñeza os diferentes tipos de contratos mercantís e bancarios máis habituais.
- Coñeza a estrutura formal destes contratos.
- Sexa capaz de diferenciar entre os diversos tipos de contratos de seguro.
- Coñeza as peculiaridades da contratación electrónica.
- Se desenvolva na resolución dos problemas máis habituais que se expoñen en materia de propiedade industrial, propiedade intelectual, publicidade e competencia desleal e sexa capaz de interpoñer ou defenderse fronte ás pretensións en vía xudicial e extraxudicial que son máis frecuentes nestes ámbitos.
- Coñeza o ámbito, as fases e as particularidades que presenta a tramitación do xuízo cambiario.
- Coñeza as particularidades que presenta a execución de títulos non xudiciais, particularmente no relativo á integración do título de execución.
- Coñeza as particularidades dos procesos relativos á impugnación de acordos sociais.
- Coñeza as particularidades das accións e os procesos relativos á esixencia de responsabilidade civil e penal aos administradores e socios.
- Coñeza os presupostos básicos subxectivos, obxectivos e de lexitimación da declaración de concurso.
- Coñeza as particularidades que presenta a tramitación dun proceso concursal.
- Saiba valorar as consecuencias que o concurso ten para o concursado e os terceiros.
- Coñeza os tipos de delitos propios do ámbito societario, as súas condicións de perseguibilidade e as particularidades máis relevantes do proceso penal, particularmente no relativo ás dilixencias de investigación e aos medios de proba.
Parte I: SOCIEDADES MERCANTÍS: CONSTITUCIÓN, DEREITOS DO SOCIO, FUNCIONAMENTO DA SOCIEDADE, DISOLUCIÓN E EXTINCIÓN.
CONTIDOS:
1. Análise das diferentes formas asociativas:
a) Empresario individual.
b) Sociedades mercantís. As sociedades de capital.
c) Sociedade civil e comunidade de bens.
d) Outras sociedades: cooperativas, comanditarias, anónimas laborais, grupos de sociedades, unión temporal de empresas, agrupacións de interese.
e) Sociedades en formación e sociedades irregulares.
2. Constitución dunha sociedade mercantil:
a) Como se constitúe unha sociedade mercantil.
b) Análise dos requisitos documentais, administrativos, fiscais, laborais, contables, rexistrais, etc.
c) Sociedades en formación e sociedades irregulares.
3. Funcionamento da sociedade:
a) Órganos de goberno e de representación das sociedades. A Xunta xeral de socios ou accionistas, convocatoria, desenvolvemento, impugnacións. Os administradores da sociedade: facultades e responsabilidades.
b) A elaboración e aprobación das contas anuais.
4. O Rexistro Mercantil:
a) Organización, función, principais actos que deben ser inscritos e informacións que se poden solicitar.
b) Obrigacións do empresario en relación co Rexistro.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as distintas formas societarias mercantís e saber valorar a que resulte máis adecuada para cada caso, segundo o obxectivo e as necesidades dos clientes.
- Coñecer os trámites notariais, rexistrais, fiscais e administrativos para constituír unha sociedade de capital. Especial referencia aos Estatutos Sociais.
- Coñecer os libros que deben levar as empresas.
- Coñecer as particularidades básicas dos diferentes elementos que integran unha empresa.
- Coñecer que documentos societarios deben ser inscritos ou anotados no Rexistro Mercantil.
- Coñecer o funcionamento xurídico dunha sociedade mercantil: os seus órganos de toma de decisións, de representación e administración.
- Coñecer os dereitos e obrigacións de socios e administradores.
- Coñecer os criterios do Rexistro Mercantil e a cualificación da escrituras.
Habilidades:
- Saber informar con claridade e responder consultas sobre o tipo de organización que máis convén e se se adapta aos fins do cliente.
- Poder realizar os diferentes trámites de creación dunha empresa, e en particular adaptar os estatutos sociais ao caso concreto.
- Poder cubrir os diferentes libros que deben levar as empresas.
- Saber relacionarse co Rexistro Mercantil.
Actitudes:
- Valorar en cada caso a forma societaria que máis convén a cada cliente.
- Valorar as repercusións fiscais básicas que poidan ter para o cliente os distintos trámites societarios.
- Traballar con confianza con documentación procedente dunha sociedade ou dun empresario.
- Ter a precaución de acudir ao Rexistro Mercantil para realizar os trámites ou obter a información que en cada caso resulte necesaria.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade, utilizar a lóxica indutiva para que o alumnado obteña conclusións sobre o tipo de sociedade máis adecuada segundo as diferentes necesidades que poidan expoñerlle os seus clientes.
- Dende a "posta en escena" de diferentes casos prácticos nas clases, procurarase que o alumnado razoe, dialogue e coñeza os trámites notariais, rexistrais e administrativos necesarios para constituír os diferentes tipos de empresa.
- Examinar escrituras de constitución de sociedades con distintos tipos de órganos de administración.
- Redactar minutas de constitución de sociedade de capital e os seus estatutos.
- Redactar unha minuta de constitución dunha cooperativa e os seus estatutos.
- Realización dos trámites de todo tipo necesarios para a creación dunha empresa.
- Comprobación das facultades e da vixencia dos poderes.
- Exame dos libros que deben levar as sociedades de capital e os empresarios.
- Exercicios prácticos sobre as particularidades máis importantes que presentan os diferentes elementos dunha empresa.
- Exercicios prácticos sobre convocatoria e celebración de xuntas xeráis de socios.
- Visita "en liña" e física ao Rexistro Mercantil.
Parte II: CONTRATACIÓN MERCANTIL.
CONTIDOS:
1. Contratos de transmisión de mercadorías e de bens inmateriais: Distribución. Compravenda, etc.
2. Contratos de colaboración e de prestación de servizos: Comisión. Axencia. Distribución comercial. Transporte. Publicitarios. Contratos turísticos. Leasing. Factoring. Arrendamento de servizos, etc.
3. Contratos de seguro máis habituais: a) Casa/fogar. Xubilación. Vida. Vida-risco. Vida-aforro. Pensión; b) Condicións xerais e condicións particulares.
4. Contratación electrónica.
5. Documentos de xiro e cobro: letra, obrigación de pago e cheque, crédito documento, transferencias, etc.
6. Contratación mercantil relacionada con entidades de crédito.
7. A intervención do notario.
8. A protección dos consumidores: a) O principio xeral de defensa do consumidor; b) As cláusulas abusivas: criterios xurisprudenciais e doutrinais.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer os diferentes tipos de contratos mercantís e bancarios máis habituais.
- Coñecer a estrutura formal destes contratos.
- Saber diferenciar entre os diversos tipos de contratos de seguro.
- Coñecer as peculiaridades da contratación electrónica.
- Coñecer as peculiaridades na contratación con consumidores e usuarios.
Habilidades:
- Manexar as formas usuais de contratación mercantil.
- Diferenciar as peculiaridades dos contratos de adhesión.
- Diferenciar entre os diversos tipos de contratos mercantís (p.e., entre un contrato de empréstito mercantil e unha póliza de crédito bancario, entre compravenda civil e mercantil, entre leasing e venda a prazos, etc.).
- Distinguir entre letra, obrigación de pago e cheque, e identificar os seus intervenientes e a relación entre eles.
Actitudes:
- Considerar as medidas prácticas e de preconstitución de proba en relación coa compravenda de mercadorías (informes periciais, actas notariais, fotografías...).
- Identificar os diferentes usos dos títulos de crédito na práctica comercial.
- Habituarse a analizar con detalle as cláusulas dun contrato.
- Asumir o papel como avogado/a no “iter” negocial dun contrato, atendendo ao encargo dunha das partes.
- Ter presente, aínda de forma superficial, as posibles implicacións fiscais do contrato.
- Identificar as condicións xerais e cláusulas abusivas.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade, utilizar a lóxica indutiva para obter conclusións que o alumnado plasmará na redacción dun contrato, que logo se corrixirá na aula.
- Dende a "posta en escena" dun caso práctico real, buscarase que os alumnos e alumnas razoen, dialoguen e coñezan os criterios xurisprudenciais sobre o suposto que se lles expoña.
- Exercicios de detección e estudo dos principais erros na redacción dos contratos.
- Debater sobre un "contrato trampa" e refacelo.
- Analizar cláusulas escuras e refacelas de modo claro e compresible.
- Analizar contratos de adhesión habituais.
- Examinar e confeccionar contratos en xeral e cláusulas de garantía, desde distintas ópticas e intereses contrapostos e, mediante a súa corrección na aula, incidir nos erros ou omisións máis frecuentes.
- Analizar cláusulas complexas dos principais contratos mercantís.
- Cubrir títulos bancarios.
- Debater sobre as implicacións e a transcendencia xurídica de cada título.
- Redactar documentos e cláusulas de aval.
- Redactar minutas para a acta notarial e o informe pericial.
- Redactar unha reclamación ante o Servizo de Reclamacións do Banco de España.
Parte III: PROCESOS EN VÍA XUDICIAL.
CONTIDOS:
1. Xuízo cambiario.
2. Xuízo declarativo ordinario correspondente. br>3. Execución en diñeiro de títulos non xudiciais.
4. Outros procesos.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o ámbito, as fases e as particularidades que presenta a tramitación do xuízo cambiario.
- Coñecer as particularidades que presenta a execución de títulos non xudiciais, particularmente no relativo á integración do título de execución.
Habilidades:
- Asegurarse das cuestións procesuais, preparar adecuadamente os documentos que se han de acompañar en cada caso, así como a proba que se vai a propoñer.
- Prever a posible estratexia que poida adoptar a parte demandada ou executada.
- Aplicar correctamente as defensas e as excepcións procesuais e materiais, as causas de oposición, etc.
- Elaborar con soltura os escritos procesuais de parte propios de cada proceso: demanda e oposición de xuízo cambiario, execución en diñeiro, etc.
Actitudes:
- Valorar a posibilidade de acudir ás diferentes vías procesuais privilexiadas (cambiario, monitorio, execución en diñeiro, etc.).
- Valorar a preconstitución da proba na realización das diferentes operacións societarias que poden resultar conflitivas.
- Afacerse a preparar de forma responsable os procesos en que se debe intervir como avogado/a da parte.
TAREFAS:
- Presentar os casos simulando unha entrevista con clientes.
- Presentar diferentes casos nos que os alumnos deban resolver sobre os presupostos procesuais máis habituais.
- Redactar diferentes escritos procesuais, fixándose especialmente nos presupostos procesuais, na correcta descrición dos feitos, nos fundamentos de dereito aplicables e na individualización correcta da petición.
- Redactar escritos de demanda e oposición no xuízo cambiario.
- Redactar escritos de demanda executiva (títulos non xudiciais) e de oposición á execución.
- Seguir, sobre a base de casos reais ou simulados, a tramitación completa dos diferentes procesos obxecto deste tema (cambiario, execución en diñeiro, etc.).
Parte IV: OUTROS PROCEDEMENTOS SOCIETARIOS.
CONTIDOS:
1. Impugnación de acordos.
2. Responsabilidade de administradores e socios.
3. Exclusión do socio e/ou administrador.
4. Modificación estatutaria. Ampliación ou redución de capital.
5. Modificacións estruturais.
6. Embargo de empresas: intervención, administración.
7. A disolución, liquidación e extinción.
8. Outros.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as particularidades dos procesos relativos á impugnación de acordos sociais.
- Coñecer as particularidades das accións e os procesos relativos á esixencia de responsabilidade civil e penal aos administradores e socios.
- Coñecer e comprender os supostos de exclusión do socio e/ou administrador.
- Coñecer as particularidades do proceso de modificación estatutaria. facendo especial estudo das operacións de ampliación e redución de capital.
- Coñecer o procedemento de modificación estrutural, de disolución, liquidación e extinción.
Habilidades:
- Asegurarse das cuestións procesuais, preparar adecuadamente os documentos que se han de acompañar en cada caso, así como a proba que se vai a propoñer.
- Prever a posible estratexia que poida adoptar o demandado/a.
- Aplicar correctamente as defensas e excepcións procesuais e materiais, causas de oposición, etc.
- Elaborar con soltura os escritos procesuais de parte propios de cada proceso.
Actitudes:
- Valorar a posibilidade de acudir ás diferentes vías procesuais.
- Valorar a preconstitución de proba na realización das diferentes operacións societarias que poden resultar conflitivas.
- Afacerse a preparar de forma responsable os procesos nos que se debe intervir como avogado/a da parte.
TAREFAS:
- Presentar os casos simulando unha entrevista con clientes.
- Presentar diferentes casos nos que os alumnos/as deban resolver sobre os presupostos procesuais máis habituais.
- Redactar diferentes escritos procesuais, fixándose especialmente nos presupostos procesuais, a correcta descrición dos feitos, os fundamentos de dereito aplicables e a individualización correcta da petición.
- Preparar e elaborar trámites de impugnación da xunta xeral ou dos seus acordos.
- Redactar unha demanda de impugnación de acordos sociais.
- Solicitar algunha medida preventiva (p. e., redactar un Outrosí para solicitar a anotación preventiva da demanda no Rexistro Mercantil).
- Redactar demandas nas que se exerciten accións de responsabilidade civil dos administradores e socios.
- Efectuar exercicios prácticos sobre posibles estratexias procesuais que convén adoptar fronte ás demandas presentadas: posibles excepcións, proba para propoñer, etc.
- Seguir, sobre a base de casos reais ou simulados, a tramitación completa dos diferentes procesos obxecto deste tema (impugnación de acordos, responsabilidade dos administradores, etc.).
Parte V: COMPETENCIA DESLEAL, PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL E PUBLICIDADE.
CONTIDOS:
1. Dereito de defensa da competencia.
2. Dereito comunitario da competencia.
3. Dereito antitrust nacional.
4. Dereito represor da competencia desleal.
5. Dereito da publicidade.
6. Dereito da propiedade industrial e intelectual.
7. As marcas e os nomes comerciais.
8. As denominacións de orixe e as indicacións xeográficas.
9. Os rótulos de establecemento.
10. A protección xurídica do deseño industrial.
11. O Dereito de patentes e os certificados complementarios de patentes.
12. Os modelos de utilidade.
13. As obtencións vexetais.
14. O Dereito de autor.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as bases do Dereito de defensa da competencia tanto a nivel nacional como comunitario e internacional, así como os mecanismos legais empregados para a represión da competencia desleal.
- Coñecer os fundamentos do Dereito da publicidade e as súas repercusións no marco xurídico-económico actual.
- Profundar no ámbito do Dereito da propiedade industrial e intelectual, facendo especial fincapé no estudo xurídico das marcas e dos nomes comerciais, das denominacións de orixe e das indicacións xeográficas dos rótulos de establecemento, da protección xurídica do deseño industrial, así como das patentes, dos modelos de utilidade e das obtencións vexetais.
- Estudo específico do dereito de autor, do seu alcance e da protección xurídica.
Habilidades:
- Comprender os límites do Dereito de defensa da competencia e as súas implicacións no tráfico xurídico actual, así como os medios legais á nosa disposición para a represión da competencia desleal.
- Entender os principios do Dereito da publicidade e a súa extensión no marco legal actual.
- Analizar a concorrencia dos requisitos esixidos legalmente para a inscrición en cada Rexistro específico de marcas, patentes etc.
Actitudes:
- Asumir o papel como avogado/a para aconsellar aos clientes no ámbito das competencias, implicacións e límites existentes nestas materias.
- Valorar as repercusións derivadas da vulneración dos diferentes dereitos estudados.
- Ser capaz de inscribir no correspondente Rexistro patentes, marcas etc. e coñecer cal é o procedemento previo e posterior a este momento.
TAREFAS:
- Presentar os casos simulando unha entrevista con clientes.
- Presentar diferentes casos nos que os alumnos/as deban resolver os problemas máis habituais que se expoñen nestas materias.
- Exercitar varias pretensións en vía xudicial sobre estas materias.
Parte VI: O PROCESO CONCURSAL.
CONTIDOS:
1. Premisas do concurso. A insolvencia.
2. O procedemento para a declaración do concurso.
3. A administración concursal.
4. A declaración de concurso e os seus efectos (sobre o debedor, acredores, créditos en particular, contratos, actos prexudiciais para a masa activa).
5. A determinación das masas activa e pasiva.
6. As fases de convenio ou de liquidación.
7. A cualificación do concurso.
8. Conclusión e reapertura do concurso.
9. Procedemento ordinario e abreviado.
10. Sistema de recursos. O incidente concursal.
11. Actuación do administrador: administrador de feito e de dereito; a delegación de funcións.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer os presupostos básicos subxectivos, obxectivos e de lexitimación da declaración de concurso.
- Coñecer as particularidades que presenta a tramitación dun proceso concursal.
Habilidades:
- Asegurarse das cuestións procesuais, preparar adecuadamente os documentos que se van acompañar en cada caso, así como a proba que se vai a propoñer.
- Prever a posible estratexia que poida adoptar o demandado/a.
- Aplicar correctamente as defensas e excepcións procesuais e materiais, causas de oposición, etc.
- Elaborar con soltura os escritos procesuais de parte propios do proceso.
- Estar preparados para o asesoramento preventivo para tomar as decisións máis acertadas respecto dun concurso.
Actitudes:
- Afacerse a preparar de forma responsable os procesos nos que se debe intervir como avogado/a da parte.
TAREFAS:
- Presentar os casos simulando unha entrevista con clientes.
- Presentar diferentes casos nos que os alumnos/as deban resolver sobre os presupostos procesuais máis habituais.
- Redactar diferentes escritos procesuais, fixándose especialmente nos presupostos procesuais, na correcta descrición dos feitos, nos fundamentos de Dereito aplicables e na correcta individualización da petición.
- Redactar diferentes escritos dirixidos ao xuíz do concurso: para solicitar a declaración do concurso, o recoñecemento do crédito, etc.
- Efectuar exercicios prácticos sobre posibles estratexias procesuais que se deben adoptar fronte ás demandas presentadas: posibles excepcións, proba para propoñer, etc.
- Seguir, sobre a base de casos reais ou simulados, a tramitación completa dun proceso concursal.
Parte VII: DELITOS SOCIETARIOS.
CONTIDOS:
1. Responsabilidade penal das persoas xurídicas - "Compliance" penal.
2. Figuras concretas:
a) Falsidade nas contas anuais.
b) Imposición de acordos abusivos.
c) Imposición ou aproveitamento de acordos lesivos.
d) Impedimento do exercicio de dereitos societarios recoñecidos pola lei.
e) Negativa ao control administrativo.
3. Administración desleal.
4. A relevancia da imprudencia no ámbito societario.
5. A relevancia do consentimento no ámbito societario.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as peculiaridades nos supostos de responsabilidade penal das persoas xurídicas.
- Coñecer os tipos de delitos propios do ámbito societario, as súas condicións de perseguibilidade e as particularidades máis relevantes do proceso penal, particularmente no relativo ás dilixencias de investigación e aos medios de proba.
Habilidades:
- Asegurarse das cuestións procesuais, preparar adecuadamente os documentos que se van acompañar en cada caso, así como a proba que se vai propoñer.
- Prever a posible estratexia que poida adoptar o acusado.
- Aplicar de forma correcta as técnicas procesuais e materiais propias destes delitos.
Actitudes:
- Ter presente a sociedade como o ámbito obxectivo dos delitos societarios.
TAREFAS:
- Presentar os casos simulando unha entrevista con clientes.
- Presentar diferentes casos nos que os alumnos/as deban resolver sobre os presupostos procesuais máis habituais.
- Redactar diferentes escritos procesuais, fixándose especialmente nos presupostos procesuais, na descrición correcta dos feitos, nos fundamentos de dereito aplicables e na individualización correcta da petición.
- Redactar querelas e escritos de acusación e de defensa relativos a procesos por delitos societarios.
- Analizar as probas para presentar en cada caso tanto desde a óptica da acusación como da defensa.
NORMATIVA:
- Código de comercio, con disposicións complementarias
- Lei de axuizamento civil, con disposicións complementarias
- Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia
- Lei 3/1991, de 10 xaneiro de competencia desleal
- Lei de sociedades de capital do 2 de xullo de 2010
- Lei de sociedades profesionais do 15 de marzo de 2007
- Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia
- Real Decreto Lexislativo 1/2020, de 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Ley Concursal.
- Código penal
DOUTRINA:
BAJO FERNÁNDEZ/ BACIGALUPO SAGGESSE, Derecho penal económico, Ed. Centro de Estudios Areces, R.(última edición).
BALLESTER, LETICIA / CABANAS TREJO, RICARDO / MARTÍNEZ-ECHEVARRÍA Y GARCÍA DUEÑAS, ALFONSO / PRENDES CARRIL, PEDRO, Tratado de Sociedades de Capital (Tomo I y II). Comentario Judicial, Notarial, Registral y Doctrinal de la Ley de Sociedades de Capital, Ed. Aranzadi (última edición)
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO/CALZADA CONDE Y OTROS, Contratos mercantiles, Ed. Aranzadi (última edición).
BROSETA PONT, Manual de Derecho Mercantil, ed. Tecnos (última edición).
CORTÉS DOMINGUEZ y MORENO CATENA, Derecho Procesal civil. Parte especial, Ed. Tirant lo blanch (última edición).
DÍEZ ECHEGARAY, JOSÉ LUIS, Deberes y responsabilidades de los administradores de sociedades de capital, Ed. Aranzadi (última edición).
ETXARANDIO HERRERA, Manual de Derecho Concursal, Ed. La Ley (última edición).
FACHAL NOGUER Y MUÑOZ PAREDES, Derechos económicos de los profesionales en el concurso, Ed. Aranzadi (última edición).
GIMENO SENDRA / DIAZ MARTÍNEZ / CALAZA LÓPEZ, Derecho Procesal Civil. Parte especial, Ed. Tirant lo blanch (última edición).
GIMENO-BAYÓN COBOS /GARRIDO ESPA, Órganos de la sociedad de capital, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
MONTERO AROCA, GÓMEZ COLOMER, BARONA VILAR, CALDERON CUADRADO, Derecho Jurisdiccional. Proceso civil, Ed. Tiranto lo blanch (última edición).
MORENO CHAMORRO, Delitos societarios: las diferentes figuras delictivas y su aplicación en los Tribunales, Ed. Universitaria Ramón Areces (última edición).
MOYA JIMÉNEZ, Disolución, liquidación y transformación de sociedades de capital, Ed. Bosch (última edición).
MOYA JIMÉNEZ, La responsabilidad de los administradores de empresas insolventes, Ed. Bosch (última edición).
O´CALLAGHAN MUÑOZ, Propiedad industrial: teoría y práctica, Ed. Centro de Estudios Ramón Areces (última edición).
PRENDES CARRIL Y OTROS, Guía Práctica Concursal, Ed. Thomson Aranzadi (última edición).
PULGAR ESQUERRA Y OTROS, El concurso de acreedores, Ed. La Ley (última edición).
RODRÍGUEZ RUÍZ DE VILLA /HUERTA VIESCA, La responsabilidad de los administradores por las deudas de las sociedades de capital, Ed. Thomson Aranzadi (última edición).
URÍA y MENÉNDEZ, Curso de Derecho Mercantil I, ed. Civitas, Madrid (última edición).
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que poden usar por medio do servizo de biblioteca da USC e do ICA Lugo. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, etc.
Co estudo desta materia o alumnado obterá unha serie de coñecementos e habilidades básicas que lle permitirán:
- Saber informar con claridade e responder consultas sobre o tipo de organización societaria que máis convén e se adapta aos fins do cliente.
- Poder realizar os diferentes trámites de creación dunha empresa.
- Poder cubrir os diferentes libros que deben levar as empresas.
- Valorar as repercusións fiscais básicas que poidan ter para o cliente os distintos trámites societarios.
- Traballar con confianza con documentación procedente dunha sociedade ou dun empresario.
- Poder asesorar ao empresario nas diferentes actuacións propias da vida societaria.
- Manexar as formas usuais de contratación mercantil.
- Diferenciar as peculiaridades dos contratos de adhesión.
- Diferenciar entre os diversos tipos de contratos mercantís (p. e. entre un contrato de préstamo mercantil e unha póliza de crédito bancario, entre compravenda civil e mercantil, entre leasing e venda a prazos, etc.).
- Distinguir entre letra de cambio, obrigación de pago e cheque, e identificar os seus intervenientes e a relación entre eles.
- Considerar as medidas prácticas e de preconstitución de proba en relación coa compravenda de mercadorías (informes periciais, actas notariais, fotografías…).
- Identificar os diferentes usos dos títulos de crédito na práctica comercial.
- Habituarse a analizar con detalle as cláusulas dun contrato.
- Asumir o papel como avogado/a no iter negocial dun contrato, atendendo ao encargo dunha das partes.
- Ter presente, aínda que de forma superficial, as posibles implicacións fiscais do contrato.
- Coñecer as peculiaridades que presentan os trámites procesuais nos que se ventilen asuntos de natureza mercantil.
- Asegurarse das cuestións procesuais, preparar os documentos e a proba, e prever a posible estratexia a adoptar pola contra.
- Familiarizarse coas diferentes fases do proceso concursal e as súas peculiaridades.
- Coñecer os delitos propios do ámbito societario.
Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarao coa terminoloxía sustantiva e procesual, e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e tecnicamente correcta.
Coa súa participación nas clases e a realización das actividades programadas polo profesorado, obterá unha visión global dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas, e comprobará a súa aplicación en situacións reais, así como as distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expoñer os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
Máis concretamente:
Competencias básicas (CB)
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais (CG)
CG1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3. Motivación pola calidade e excelencia profesional.
CG4. Capacidade de organización e planificación.
CG5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, desde unha perspectiva solidaria.
CG6. Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8. Capacidade de resolución de problemas.
CG9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT)
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios de alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE)
CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE3. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
CE4. Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
CE7. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8. Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución na que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental.
CE14. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15. Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Para conseguir que o alumnado adquira as competencias esixidas e os obxectivos propostos, a metodoloxía e a programación basearanse nunha formación participativa e na asimilación progresiva de experiencias e argumentos xurídicos. Existe un cambio de mentalidade importante, xa que se trata de potenciar todas as capacidades do alumno/a, principalmente as habilidades, as técnicas e as actitudes necesarias para o exercicio profesional. O alumno/a pasa de ser un simple espectador pasivo a converterse nun protagonista activo da súa propia formación. Preténdese tamén que o trato sexa o máis personalizado posible, para conseguir unha formación de calidade.
Trátase de axudar aos alumnos/as a que “aprendan a aprender” as claves para resolver calquera problema que se lles presente relacionado cos contidos da materia, tanto no ámbito substantivo como no procesual, cuxo contido básico dáse por suposto, dada a súa condición de licenciados ou graduados en Dereito. Partindo da base teórica xa adquirida na Facultade, perséguese que o profesorado se centre nas cuestións prácticas máis habituais e nos aspectos de máis interese profesional, atendida a frecuencia coa que se presentan na vida profesional cotiá.
Seguirase con preferencia o método do caso, servindo este como medio para que o alumno/a consiga os obxectivos previstos. Traballarase con casos extraídos ou inspirados na realidade, coas súas diferentes variables e co tratamento da xurisprudencia e da doutrina. Cando sexa preciso, combinaranse outros métodos. Ademais das simulacións, tamén se empregarán outras técnicas coas que o alumno/a leve a cabo as mesmas actividades que despois deberá realizar como avogado, tanto nas relacións co seu ámbito como no estudo e na resolución dos casos que se lle encomenden, sempre baixo un prisma eminentemente práctico e deontolóxico, e sen esquecer a vertente extraxudicial e de asesoramento xurídico, así como un enfoque global da profesión.
Por tanto, a análise e a resolución dos asuntos por parte do alumno/a, a elaboración de escritos procesuais e extraxudiciais, así como a preparación das alegacións e dos interrogatorios orais, son os sistemas habituais de traballo. Isto significa que o alumnado debe responsabilizarse de preparar adecuadamente os contidos concretos que serán obxecto de análise nas clases, así como de resolver os casos que o profesorado lle formule. Tamén, de ser o caso, os primeiros días de impartición da materia efectuarase un control de coñecementos sobre os contidos da materia para comprobar o nivel inicial de coñecementos dos alumnos.
Deste xeito, as actividades formativas que se realizarán na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, suscita cada tema; presentaranse os supostos prácticos que deberán resolver os alumnos, os temas e as cuestións que deberán expoñer ou debater e os traballos que terán que realizar.
b) Docencia interactiva: Analizaranse e resolveranse os problemas formulados, efectuarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, os debates e as simulacións das actuacións profesionais que se programen. De ser o caso, programaranse visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional.
Tanto nas clases expositivas como nas interactivas utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual ou colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Preténdese que o alumnado estude a situación, defina os problemas, chegue ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contraste ideas e sexa quen de defendelas e reelaboralas con novas achegas.
c) Titorías: Nelas orientarase ao alumnado para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e coas actividades da materia. En particular, orientaráselles na procura bibliográfica, realización de traballos e documentos profesionais, preparación de exposicións e de intervencións profesionais orais, revisión de prácticas, etc.
Os horarios de titorías serán fixados por cada docente e dados a coñecer con suficiente antelación ao alumnado. En todo caso, á finalización de cada clase o alumno/a poderá acordar co docente o momento máis idóneo para recibir o apoio necesario.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
- Procura de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a xuízos e a outras actividades programadas polo profesorado.
- Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
- Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periodicamente nos programas de titorías.
A actividade presencial complementarase co soporte virtual ofrecido a través da plataforma USC VIRTUAL, por medio da que se subministrarán os materiais referidos aos contidos e aos supostos prácticos das diferentes partes que configuran a materia; ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento; recolleranse os traballos realizados polos alumnos; realizaranse probas de autoevaluación; habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais e remitiranse as cualificacións ao alumnado.
A) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe do alumnado utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% de asistencia real para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas anteriores obterase o 100 % da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a realización e presentación de traballos escritos un 30%, a realización de probas teórico-prácticas un 30% e a tramitación de actuacións profesionais simuladas e exposicións orais un 30%.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece partes esenciais do programa. Aos alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para que, de non superar devandito sistema de avaliación, poidan presentarse ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases, serán valoradas. Por tanto, para que o alumno figure como “non presentado” na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
B) Exame final
Os/as alumnos/as que non superen o sistema de avaliación continua poderán realizar un exame final. Para acceder ao devandito exame é necesario acreditar unha asistencia real ás clases superior ao 60% das sesións impartidas. Unha porcentaxe inferior de asistencia conleva a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola comisión académica do Máster. Consistirá nunha proba de coñecementos e na resolución de varios supostos prácticos de diferente tipoloxía: preguntas tipo test, preguntas curtas, casos prácticos, elaboración de documentos profesionais e/ou informes xurídicos, actuacións profesionais orais, etc. A finalidade deste exame é comprobar que o/a alumno/a adquirise os coñecementos, habilidades e destrezas propios da materia e que é capaz de aplicalos a situacións de índole profesional.
O alumnado que acredite imposibilidade sobrevinda de asistir ás clases poderá solicitar a dispensa de asistencia. En tal caso, corresponderá á comisión académica do máster decidir acerca de dita solicitude. Para iso, a comisión deberá valorar especialmente, entre outros aspectos, se os coñecementos, habilidades e actitudes que o alumnado debe adquirir coa materia esixen necesariamente a asistencia presencial, á vista do seu contido eminentemente práctico, a metodoloxía empregada, as actividades para realizar, etc. Como regra xeral, todas as materias do máster presentan un elevado compoñente práctico, que esixe a presenza do alumnado para adquirir as competencias esixidas e os obxectivos propostos. No caso de ser concedida a dispensa de asistencia ás clases, o profesorado da materia deberá encomendar ao alumnado a realización das tarefas alternativas que considere necesarias para garantir a aprendizaxe, en condicións semellantes ao esixido ao resto dos compañeiros/as, entre as que se poderá incluír tamén a realización dun exame.
C) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que ou alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia "Práctica Xurídica Mercantil" ten un total de 4.5 créditos.
O tempo de estudo de traballo individual que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, lóxicamente, das capacidades intelectuais particulares de cada alumno.
Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 36
Horas non presenciais: 76.5
Volume de traballo mínimo (en horas): 112.5
Antes de iniciarse ao estudo desta materia o/a alumno/a debe repasar e actualizarse nos coñecementos impartidos durante o grao en Dereito, sobre os contidos que son propios desta materia.
A preparación idónea da materia aconsella que o alumnado asista ás clases provisto do material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema previamente lido e cos traballos e tarefas encomendadas xa realizadas na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, desde o primeiro día de clase trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles; e ten o hábito de preguntar nas clases todas as súas dúbidas.