Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común, Departamento externo vinculado ás titulacións, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Civil, Dereito Internacional Privado, Área externa M.U en Avogacía, Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A formación nesta materia ten por obxecto que o alumnado adquira no ámbito da contratación privada e do proceso civil os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes necesarias para un adecuado exercicio profesional.
Máis concretamente, preténdese que o alumnado coñeza e manexe con fluidez:
a) Os instrumentos propios do Dereito internacional privado en materia de cooperación xurídica internacional e relacións xurídico-privadas internacionais.
b) As características da sociedade civil, distinguíndoa doutras formas societarias e sendo capaz de valorar a conveniencia do tipo de sociedade a constituír.
c) Os diferentes tipos de contratos civís máis usuais, diferenciando, en especial, as peculiaridades dos contratos de adhesión.
d) O tipo de contrato máis adecuado ás necesidades do cliente e o contido apropiado.
e) Os diferentes tipos de dereitos reais e os seus sistemas de protección.
f) As bases de datos xurídicas para fundamentar as pretensións e resistencias.
g) As actuacións previas que debe realizar un letrado/a antes iniciar a vía xudicial, sendo capaz de aplicar as técnicas de negociación e resolución alternativa de conflitos.
h) Os requisitos e os presupostos procesuais, asegurándose do seu cumprimento.
i) O funcionamento das dilixencias preliminares, a proba anticipada e as medidas cautelares.
j) Os diferentes tipos de procesos civís, as pretensións que se tramitan por eles e as peculiaridades que presentan en relación con determinadas materias.
k) O ámbito, as fases e o funcionamento dos procesos declarativos ordinarios (ordinario e verbal).
l) As fases de alegacións (en particular, as excepcións e defensas), probatoria (en particular, a distinción entre feitos demostrados e demostrables, con especial atención á carga da proba e á achega de medios de proba) e de conclusións.
m) A argumentación que lle permita sustentar a posición procesual defendida.
n) Prever a posible estratexia que pode adoptar a parte contraria.
o) Valorar a conveniencia de opoñerse á pretensión, achantar, desistir, etc.
p) As distintas formas de finalización do proceso, as súas consecuencias procesuais e materiais e as posibilidades de actuación en cada caso.
q) As especialidades materiais e procesuais que presentan as pretensións que, conforme aos artigos 249.1 e 250.1 LAC, se tramitan polas canles do proceso ordinario e do xuízo verbal.
r) Saber valorar as sentenzas ditadas en orde á interposición dos recursos que correspondan, empregando a variable risco-beneficio.
s) O sistema de recursos no proceso civil e a técnica de tramitación dos recursos máis habituais.
t) O funcionamento do proceso de execución civil nas súas diferentes modalidades (provisional, definitiva, en diñeiro, non en diñeiro, etc.), en particular, a conveniencia de solicitar a execución provisional ou medidas aseguradoras da execución.
u) Os procesos especiais, en particular, o proceso monitorio.
v) A técnica das actuacións orais e escritas, en particular as finalidades das audiencias, interrogatorios e informes.
w) A información ao cliente sobre o alcance das diferentes accións posibles, a conveniencia de solucións negociadas ou procesuais, a preparación responsable dos asuntos, a estratexia da parte contraria, a rigorosidade dos prazos e sinalamentos, o uso de formas anticipadas de terminación do proceso, a utilidade de impugnar resolucións xudiciais, etc.
Parte I. SOCIEDADES CIVÍS, CONTRATACIÓN E DEREITOS REAIS
CONTIDOS:
1. O encargo do cliente.
2. Cuestións previas que fai falta ter en conta.
3. Sociedades civís: Contratos e estatutos máis usuais.
4. Diferenciación entre tratos previos, acordos precontractuais e contratos.
5. A figura da autocontratación.
6. O contrato: a) Cuestións xerais e tipos de contratos; b) Traslativos de dominio (doazón; especial estudo da compravenda; permuta); c) Contrato de arrendamento d) Contratos de obra e servizos, mandato; e) Contratos aleatorios (renda vitalicia, seguro, xogo...).
7. Os dereitos reais. Adquisición e perda.
8. A posesión e a propiedade. O Rexistro da Propiedade.
9. O usufructo, uso e habitación e as servidumes.
10.O dereito de superficie.
11.Os dereitos reais de garantía, en particular a hipoteca.
12. A representación no negocio xurídico: Representación directa e indirecta. Representación voluntaria e legal. O poder.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as características da sociedade civil.
- Coñecer os diferentes tipos de contratos civís.
- Coñecer os diferentes tipos de dereitos reais.
- Coñecer as características da hipoteca e doutras garantías de crédito.
Habilidades:
- Distinguir a sociedade civil doutras formas societarias.
- Manexar as formas usuais de contratación.
- Diferenciar as peculiaridades dos contratos de adhesión.
- Manexar os dereitos reais de garantía.
Actitudes:
- Valorar a conveniencia de crear unha sociedade civil ou doutro tipo.
- Analizar o tipo de contrato máis acomodado ás necesidades do cliente.
- Analizar con detalle as cláusulas dun contrato.
- Analizar as diferentes peculiaridades das cláusulas hipotecarias desde a perspectiva do cliente.
TAREFAS:
- Elaboración duns estatutos sociais.
- Analizar contratos proporcionados polos propios alumnos.
- Exercicios de detección dos principais erros na redacción dos contratos.
- Debater sobre un "contrato trampa" e refacelo.
- Analizar cláusulas escuras e refacelas dun modo claro e comprensible.
- Redactar cláusulas con intereses contrapostos.
- Analizar contratos de adhesión habituais.
- Presentar un caso e redactar un contrato.
- Cualificar xuridicamente os contratos facilitados polo profesor.
- Analizar os contratos verbais que os alumnos realizaron durante o día.
- Corrección nas clases dos contratos realizados polos alumnos.
- Analizar e debater sobre un contrato de hipoteca.
Parte II. COOPERACIÓN XUDICIAL CIVIL INTERNACIONAL. RELACIÓNS XURIDICO-PRIVADAS INTERNACIONAIS: LEI APLICABLE E DETERMINACIÓN DA COMPETENCIA XURÍDICA INTERNACIONAL
CONTIDOS:
1. O Regulamento nº 1215/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á competencia xudicial, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia civil e mercantil.
2. O Convenio de Lugano do 30 de outubro de 2007, relativo á competencia xudicial, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia civil e mercantil.
3. O Regulamento (CE) nº 2201/2003 do Consello, do 27 de novembro de 2003, relativo á competencia, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia matrimonial e de responsabilidade parental, polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1347/2000.
4. O Regulamento (CE) nº 4/2009 do Consello, do 18 de decembro de 2008, relativo á competencia, a lei aplicable, o recoñecemento e a execución das resolucións e a cooperación en materia de obrigacións de alimentos.
5. O Regulamento nº 593/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a lei aplicable ás obrigacións contractuais ("Roma I").
6. O Regulamento (CE) nº 864/2007 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de xullo de 2007, relativo á lei aplicable ás obrigacións extracontractuos ("Roma II").
7. O Regulamento (UE) nº 650/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 4 de xullo de 2012, relativo á competencia, a lei aplicable, o recoñecemento e a execución das resolucións, á aceptación e a execución dos documentos públicos en materia de sucesións mortis causa e á creación dun certificado sucesorio europeo.
8. Regulamento (UE) n ° 1259/2010 do Consello, do 20 de decembro de 2010, polo que se establece unha cooperación reforzada no ámbito da lei aplicable ao divorcio e á separación xudicial.
9. Regulamento (UE) 2016/1103 do Consello, do 24 de xuño de 2016, polo que se establece unha cooperación reforzada no ámbito da competencia, a lei aplicable, o recoñecemento e a execución de resolucións en materia de réximes económicos matrimoniais
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Identificación, delimitación e interpretación da normativa aplicable.
- Familiarización do alumnado cos instrumentos propios do Dereito internacional privado.
Habilidades:
- Capacidade para vincular unha realidade de feito cunha serie de normas conformadas por determinados supostos de feito.
- Identificación, delimitación e interpretación da normativa aplicable.
Actitudes:
- Correcta selección e elección do réxime xurídico a aplicar en cada caso.
- Articulación dun razoamento xurídico coherente de Dereito internacional privado.
TAREFAS:
- Análise do réxime xurídico a aplicar en distintos supostos de feito.
Parte III: A PREPARACIÓN DO PROCESO
CONTIDOS:
1. O interese do cliente e a parcela do dereito privado na que se residencia.
2. Elección da vía extraprocesual ou procesual en función da relación risco-beneficio.
3. A vía extraprocesual (remisión ao contido da materia "Xestións Profesionais e Medios Alternativos de Solución de Conflitos Xurídicos").
4. A vía procesual:
a) Obtención de datos e documentos, asesoramentos técnicos previos, indagación da solvencia do contrario… (remisión ao contido das materia "Escritura e Oratoria Forense" e "Xestións Profesionais e Medios Alternativos de Solución de Conflitos").
b) Asegurarse co cliente sobre os diferentes presupostos e requisitos procesuais (competencia, capacidade, lexitimación, postulación, procedemento, contía, acumulación...) e contemplar a utilización das dilixencias preliminares.
c) Deslindar os feitos demostrados dos demostrables, con especial atención á carga da proba, e implicar o cliente na achega da proba, a proba anticipada e o aseguramento da proba.
d) Elixir a pretensión que se vai a exercitar e precisar a petición.
e) Procurar o aseguramento da tutela xudicial mediante as medidas cautelares.
f) Manexar as bases de datos para localizar os fundamentos xurídicos en que apoiar a pretensión.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as actuacións previas que debe realizar un letrado/a antes de presentar a demanda.
- Coñecer os requisitos e os presupostos procesuais.
- Coñecer o funcionamento das dilixencias preliminares, a proba anticipada e as medidas cautelares.
- Coñecer os diferentes tipos de procesos civís.
Habilidades:
- Aplicar as técnicas de negociación e de resolución alternativa de conflitos.
- Asegurarse das cuestións procesuais (xurisdición, competencia, capacidade, lexitimación, procedemento, contía, postulación...) e, en particular, coidar o enfoque da lexitimación pasiva e o uso das dilixencias preliminares.
- Deslindar os feitos demostrados dos demostrables, con especial atención á carga da proba e implicar o cliente na súa achega.
- Elixir correctamente a pretensión para exercitar e precisar a petición.
Actitudes:
- Ilustrar ao cliente sobre o distinto alcance das diferentes accións posibles.
- Apreciar a conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito.
- Procurar garantir o éxito da pretensión (dilixencias preliminares, proba anticipada…).
- Concienciarse da necesidade e da importancia de establecer correctamente a contía do procedemento.
- Procurar o aseguramento da tutela cautelar: as medidas cautelares.
- Afacerse a manexar as bases de datos xurídicas para buscar os fundamentos xurídicos da pretensión que se vai a exercitar.
TAREFAS:
- Presentar os casos simulando unha entrevista con clientes.
- Confrontar dous alumnos nun mesmo caso práctico.
- Realizar procuras nas bases de datos para analizar a xurisprudencia relacionada coas cuestións procesuais.
- Presentar diferentes casos nos que os alumnos deban resolver os presupostos procesuais máis habituais.
- Debater sobre unha "demanda trampa" coa finalidade de que se descubran erros nas cuestións procesuais.
- Examinar un poder notarial e un apoderamento "apud acta" para preitos.
- Presentar diferentes casos nos que o alumno/a deba solicitar a dilixencia preliminar idónea.
- Presentar diferentes casos nos que o alumno/a deba valorar a conveniencia de solicitar unha proba anticipada ou un aseguramento da proba.
- Preparar unha lista dos documentos e dos demais medios de proba imprescindibles para os casos máis habituais.
- Preparar unha lista de situacións nas que pode darse a proba diabólica.
- Cualificar a pretensión partindo dun suposto previamente entregado.
- Propoñer a adopción de medidas cautelares "inaudita" parte.
- Propoñer unha serie de medidas cautelares para valorar a súa oportunidade e urxencia.
- Mostrar un folio rexistral con anotacións preventivas e notas marxinais.
- Simular a vista das medidas cautelares.
Parte IV: O PROCESO ORDINARIO
CONTIDOS:
1. Ámbito: Análise dos apartados 1º e 2º do artigo 249 da LAC.
2. Demanda, contestación e reconvención.
3. Audiencia previa: finalidades.
4. Xuízo, en particular a actividade probatoria: a) Distinción entre feitos demostrados e demostrables; b) Medios, valoración, carga, procedemento probatorio; c) Especial referencia aos documentos públicos, a proba de peritos e as técnicas do interrogatorio.
5. Conclusións e dilixencias finais.
6. Sentenza: contido, requisitos e clases.
7. Particularidades sustantivas e procesuais en determinadas materias: dereitos fundamentais, condicións xerais da contratación, etc.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o ámbito, as fases e o funcionamento do xuízo ordinario.
- Coñecer as técnicas alegatoria, probatoria e de conclusións.
- Coñecer as especialidades materiais e procesuais que presentan as pretensións que, conforme ao artigo 249.1 da LAC, se tramitan polo xuízo ordinario.
Habilidades:
- Saber concretar o obxecto das diferentes pretensións que se tramitan polo xuízo ordinario.
- Asegurarse das cuestións procesuais e, en particular, coidar o enfoque da lexitimación pasiva.
- Deslindar os feitos demostrados dos demostrables, con especial atención á carga da proba e implicar ao cliente na súa achega.
- Elixir a pretensión que se vai a exercitar (enfoque correcto do suposto de feito mediante a descrición fáctica máis idónea e a elección do dereito e xurisprudencia aplicables) e precisar a petición.
- Empregar correctamente as defensas e as excepcións procesuais e materiais.
- Argumentar en sustento da posición procesual defendida.
- Elaborar escritos para o xuízo común: demanda, contestación, etc.
- Desenvolverse con soltura, como avogado/a da parte actora e da parte demandada, na audiencia previa e no acto do xuízo.
- Dominar a técnica probatoria.
- Dominar a técnica da oratoria forense e do interrogatorio.
Actitudes:
- Valorar a conveniencia de acudir ao xuízo ordinario para a tutela das accións enumeradas no artigo 249.1 LAC.
- Procurar garantir o éxito da pretensión.
- Concienciarse da necesidade e da importancia de establecer correctamente a contía do procedemento.
- Procurar o aseguramento da tutela cautelar.
- Implicar ao cliente na achega da proba.
- Afacerse a manexar as bases de datos xurídicas para buscar os fundamentos xurídicos da pretensión que se vai exercitar.
- Perder o medo á actuación en trámites orais.
- Tomar conciencia do risco dos sinalamentos e dos prazos.
- Afacerse a preparar de forma responsable os procesos en que se debe intervir como avogado/a da parte.
- Valorar a conveniencia de opoñerse ou de conformarse ante a pretensión deducida de adverso.
TAREFAS:
- Presentar os casos simulando unha entrevista con clientes.
- Presentar diferentes casos nos que os alumnos deban resolver os presupostos procesuais máis habituais.
- Cualificar a pretensión partindo dun suposto previamente entregado.
- Proporcionar demandas sen suplico para redactalo.
- Redactar distintos suplicos con peticións acumulativas, alternativas e subsidiarias.
- Propoñer unha acumulación de accións.
- Redactar escritos procesuais, incluíndo os de demanda e contestación reconvencional, fixándose especialmente nos presupostos procesuais, a correcta descrición dos feitos, os fundamentos de dereito aplicables e a correcta individualización da petición.
- Efectuar exercicios prácticos de posibles estratexias procesuais que se deberán adoptar ante a demanda (posibles excepcións, probas que se poden propoñer, posibilidade de achantar, etc.).
- Elaborar un protocolo persoal para acudir á audiencia previa e ao acto do xuízo.
- Realizar simulacións da fase de audiencia previa (escenificala na aula).
- Formular recursos de reposición na audiencia previa e formular protesta para os efectos de apelación.
- Proporcionar unha demanda e unha contestación para fixar os feitos obxecto de debate sobre os que sexa pertinente propoñer proba.
- Presentar diferentes casos nos que o alumno/a deba valorar a conveniencia de solicitar unha proba anticipada.
- Preparar unha lista dos documentos e dos demais medios de proba imprescindibles para os casos máis habituais.
- Preparar unha lista de situacións nas que pode darse a proba diabólica.
- Analizar algunha sentenza na que o xuíz/a use o mecanismo da maior facilidade probatoria.
- Escenificar na aula a práctica de diversos medios de proba (interrogatorio de parte, testifical, pericial).
- Formular escritos de rexeitamento ou recusación de peritos.
- Formular feitos novos e presentar documentos.
- Simular a impugnación de documentos.
- Simular o trámite de conclusións sen lelas.
- Realizar simulacións de xuízos completos.
Parte V: O XUÍZO VERBAL
CONTIDOS:
1. Ámbito: análise dos apartados 1º e 2º do artigo 250 da LAC.
2. Demanda e contestación.
3. Vista e actividade probatoria.
4. Sentenza.
5. Particularidades sustantivas e procesuais en determinadas materias: protección posesoria, incumprimento dos contratos de venda de bens mobles inscritos no Rexistro e os contratos de arrendamento financeiro ou de venda a prazos con reserva de dominio, dereito de rectificación, cesación en defensa dos intereses colectivos e difusos dos consumidores, etc.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o ámbito, as fases e o funcionamento do xuízo verbal.
- Coñecer as técnicas alegatoria, probatoria e de conclusións.
- Coñecer as especialidades materiais e procesuais que presentan as pretensións que, conforme ao artigo 250.1 da LAC, se tramitan polo xuízo verbal.
Habilidades:
- Saber concretar o obxecto das diferentes pretensións que se tramitan polo xuízo verbal.
- Asegurarse das cuestións procesuais e, en particular, coidar o enfoque da lexitimación pasiva.
- Deslindar os feitos demostrados dos demostrables, con especial atención á carga da proba e implicar ao cliente na súa achega.
- Elixir a pretensión que se vai a exercitar (enfoque correcto do suposto de feito mediante a descrición fáctica máis idónea e a elección do dereito e da xurisprudencia aplicables) e precisar a petición.
- Aplicar correctamente as defensas e as excepcións procesuais e materiais.
- Elaborar escritos para o xuízo verbal: demanda, contestación, etc.
- Desenvolverse con soltura, como avogado/a da parte actora e da parte demandada, na vista.
- Dominar a técnica da oratoria forense e do interrogatorio.
Actitudes:
- Valorar a conveniencia de acudir á vía do xuízo verbal para a tutela das accións enumeradas no artigo 250.1 da LAC.
- Procurar garantir o éxito da pretensión (dilixencias preliminares, proba anticipada, medidas cautelares).
- Concienciarse da necesidade e da importancia de establecer correctamente a contía do procedemento.
- Procurar o aseguramento da tutela cautelar.
- Implicar ao cliente na achega da proba.
- Afacerse a manexar as bases de datos xurídicas para buscar os fundamentos xurídicos da pretensión que se vai a exercitar.
- Perder o medo á actuación en trámites orais.
- Tomar conciencia do rigor dos sinalamentos e dos prazos.
- Afacerse a preparar de forma responsable os procesos nos que se debe intervir como avogado/a da parte.
- Valorar a conveniencia de opoñerse ou de achantar ante a pretensión deducida de adverso.
TAREFAS:
- Presentar os casos simulando unha entrevista con clientes.
- Presentar diferentes casos nos que os alumnos deban resolver os presupostos procesuais máis habituais.
- Cualificar a pretensión partindo dun suposto previamente entregado.
- Redactar distintos suplicos con peticións acumulativas, alternativas e subsidiarias.
- Propoñer unha acumulación indebida de accións.
- Redactar escritos procesuais, incluíndo os de demanda e contestación reconvencional, fixándose especialmente nos presupostos procesuais, na correcta descrición dos feitos, nos fundamentos de dereito aplicables e na correcta individualización da petición.
- Efectuar exercicios prácticos de posibles estratexias procesuais que se poidan adoptar ante a demanda (posibles excepcións, probas que se poden propoñer, posibilidade de achantar, etc.)
- Elaborar un protocolo persoal para acudir á vista.
- Realizar simulacións da fase da vista (escenificala na aula).
- Formular protesta para os efectos da apelación.
- Presentar diferentes casos nos que o alumno/a deba valorar a conveniencia de solicitar unha proba anticipada.
- Preparar unha lista de situacións nas que pode darse a proba diabólica.
- Escenificar na aula a práctica de diversos medios de proba (interrogatorio de parte, testifical, pericial).
- Formular feitos novos e presentar documentos.
- Simular a impugnación de documentos.
- Realizar simulacións de xuízos completos.
Parte VI: OS MEDIOS DE IMPUGNACIÓN
CONTIDOS:
1. Esquema procedimental e particularidades das actuacións escritas e orais.
2. Escrito de aclaración. Reposición. Revisión. Apelación. Infracción procesual. Casación. Queixa.
3. O proceso de revisión e o proceso de audiencia ao demandado rebelde.
4. A nulidade de actuacións.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o sistema de recursos no proceso civil.
- Coñecer a técnica de tramitación dos medios de impugnación máis habituais.
Habilidades:
- Saber redactar escritos de interposición, impugnación e oposición de recursos.
- Asegurarse das cuestións procesuais, elixir a motivación idónea, precisar a petición.
- Valorar a oportunidade de opoñerse ou de impugnar o recurso, a viabilidade de propoñer e practicar proba ou de celebrar vista.
- Dominar a técnica do informe nas vistas dos recursos, tanto desde a óptica do avogado/a da parte recorrente como da recorrida.
Actitudes:
- Afacerse a analizar con detalle as resolucións xudiciais e valorar a posible impugnación destas desde a óptica da relación risco-beneficio.
- Ser capaz de elixir o medio de impugnación adecuado en cada caso concreto.
- Afacerse a manexar as bases de datos xurídicas para buscar os fundamentos xurídicos do recurso que se vai a exercitar.
- Afacerse a preparar de forma responsable os recursos nos que se debe intervir como avogado/a da parte.
TAREFAS:
- Presentar diferentes resolucións xudiciais nas que os alumnos deban valorar a conveniencia de recorrer contra elas.
- Proporcionar resolucións xudiciais para debater sobre o tipo de recurso que se ha de empregar, os motivosnosque fundamentalo, os presupostos procesuais e a posible estratexia da parte contraria.
- Analizar unha resolución xudicial e realizar un escrito no que se solicite a súa aclaración ou complementación.
- Redactar os escritos dos recursos máis habituais: interposición, impugnación, oposición.
- Utilizar as bases de datos de lexislación, xurisprudencia e doutrina para apoiar a fundamentación do recurso ou da oposición.
- Propoñer medios de proba nos supostos nos que é posible.
- Formular feitos novos e presentar documentos.
- Elaborar un protocolo persoal para acudir á vista.
- Realizar simulacións da vista dun recurso.
- Realizar exercicios prácticos de tramitación simulada dun recurso de reposición, dun recurso de apelación e dun recurso de queixa.
Parte VII: A EXECUCIÓN
CONTIDOS:
1. Os presupostos procesuais da execución.
2. Títulos executivos.
3. Liquidación de títulos ilíquidos.
4. Demanda executiva e despacho de execución.
5. Oposición á execución e a actos concretos.
6. Execución provisional.
7. Execución en diñeiroa: particularidades da fase de embargo e da fase de aseguramento. Medios de realización dos bens embargados. Pagamento ao acreedor executante.
8. Execución non en diñeiro: particularidades.
9. Execucións especiais.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a finalidade e modalidades do proceso de execución.
- Coñecer o funcionamento do proceso de execución civil nas súas diferentes modalidades.
Habilidades:
- Desenvolver a execución provisional e definitiva en todas as súas modalidades e trámites.
Actitudes:
- Valorar a conveniencia da execución provisional.
- Procurar garantir o éxito da pretensión executiva: analizar exhaustivamente o título de execución, as cuestións procesuais, a posible integración e determinación do patrimonio do debedor, medidas de localización e investigación de bens, etc.
- Valorar na execución en diñeiro, a oportunidade de realizar os bens por medios diferentes á poxa xudicial.
TAREFAS:
- Análise de resolucións xudiciais e de títulos de execución extraxudiciais susceptibles de execución forzosa.
- Redactar demandas de execución provisional e escritos de oposición á execución das obrigacións en diñeiro e non en diñeiro.
- Redactar demandas de execución definitiva dos artigos 545.1 e 545.2 da LAC, tanto na execución de obrigacións en diñeiro como non en diñeiro, e en relación cos títulos xudiciais e non xudiciais; así como redactar a oposición a estas.
- Presentar os recursos que correspondan ante actos concretos do proceso de execución que vulneren normas procesuais ou procedimentais ou vaian en contra do disposto no título de execución.
- Redactar demandas e contestacións de terzaría de dominio e de mellor dereito.
- Redactar diversos escritos da execución: Optando pola indemnización de danos e prexuízos ou porque o deber sexa realizado por un terceiro a conta do executado; Solicitar unha mellora ou unha redución do embargo; Opoñerse ao embargo de determinado ben; Presentar a liquidación de danos e perdas ou de froitos e rendas; Pedir a ampliación da demanda por ulteriores vencementos da débeda; Solicitar medidas de aseguramento dos bens embargados; Pedir a investigación xudicial dos bens do debedor; Solicitar a realización dos bens por persoa ou entidade especializada; Solicitar a entrega dos bens en administración ou a adxudicación dos bens poxados pola cantidade estipulada legalmente; Pedir a finalización da administración en pago, etc.
- Simular vistas de execución.
Parte VIII. PROCESOS ESPECIAIS
CONTIDOS:
1. Breve introdución aos procesos especiais regulados no libro IV da LAC: ámbito de aplicación e esquema procedimenta l básico.
2. O xuízo monitorio: Supostos en que procede. Documentación da débeda reclamada. Competencia. Petición inicial. Requirimento de pago. Despacho da execución. Pago. Oposición: A conversión en xuízo verbal ou ordinario.
3. Outros procesos especiais: Serán estudados nas materias de “Práctica Xurídica Mercantil” (xuízo cambiario) e “Práctica Xurídica Civil II” (procesos non dispositivos e procesos sobre división xudicial de patrimonios).
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer cando son de aplicación os procesos especiais que regula a LAC.
- Ter un esquema claro dos procedementos dos denominados procesos especiais.
- Coñecer o ámbito, as fases e o funcionamento do xuízo monitorio.
Habilidades:
- Saber concretar o obxecto das pretensións que se tramitan a través dos denominados procesos especiais.
- Saber concretar o obxecto das pretensións que se tramitan polo xuízo monitorio.
- Asegurarse dos presupostos procesuais.
- Preparar adecuadamente os documentos que deben acompañar a petición inicial.
- Saber precisar a petición.
- Elaborar os escritos básicos do xuízo monitorio.
- Prever a posible estratexia que debe adoptar o demandado.
Actitudes:
- Valorar a conveniencia de acudir ás vías procesuais privilexiadas.
- Valorar a conveniencia de pagar, non contestar ou de opoñerse no xuízo monitorio.
- Afacerse a preparar de forma responsable os procesos nos que se debe de intervir como avogado/a de parte.
TAREFAS:
- Presentar os casos simulando unha entrevista con clientes.
- Presentar diferentes casos nos que os alumnos deban resolver os presupostos procesuais máis habituais neste tipo de procesos.
- Cualificar a pretensión partindo dun suposto previamente entregado.
- Proporcionar peticións iniciais de xuízo monitorio sen suplico para redactalo.
- Propoñer unha acumulación de cantidades debidas.
- Redactar escritos procesuais, incluíndo os de petición inicial e de oposición, fixándose especialmente nos presupostos procesuais, a correcta descrición dos feitos, os fundamentos de dereito aplicables e a correcta individualización da petición.
- Completar escritos nos que previamente se suprimisen termos xurídicos usuais do foro.
- Efectuar exercicios prácticos de posibles estratexias procesuais que poden adoptar ante a petición inicial: escrito de oposición (causas alegables), acreditación do pago, etc.
NORMATIVA:
- Constitución española de 1978.
- Código civil, con lexislación sustantiva complementaria.
- Regulamento nº 1215/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á competencia xudicial, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia civil e mercantil.
- Convenio de Lugano do 30 de outubro de 2007, relativo á competencia xudicial, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia civil e mercantil.
- Regulamento (CE) nº 2201/2003 do Consello, do 27 de novembro de 2003, relativo á competencia, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia matrimonial e de responsabilidade parental, polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1347/2000.
- Regulamento (CE) nº 4/2009 do Consello, do 18 de decembro de 2008, relativo á competencia, a lei aplicable, o recoñecemento e a execución das resolucións e a cooperación en materia de obrigacións de alimentos.
- Regulamento nº 593/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a lei aplicable ás obrigacións contractuais ("Roma I").
- Regulamento (CE) nº 864/2007 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de xullo de 2007, relativo á lei aplicable ás obrigacións extracontractuais ("Roma II").
- Regulamento (UE) nº 650/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 4 de xullo de 2012, relativo á competencia, a lei aplicable, o recoñecemento e a execución das resolucións, á aceptación e a execución dos documentos públicos en materia de sucesións mortis causa e á creación dun certificado sucesorio europeo.
- Regulamento (UE) n ° 1259/2010 do Consello, do 20 de decembro de 2010, polo que se establece unha cooperación reforzada no ámbito da lei aplicable ao divorcio e á separación xudicial.
- Regulamento (UE) 2016/1103 do Consello, do 24 de xuño de 2016, polo que se establece unha cooperación reforzada no ámbito da competencia, a lei aplicable, o recoñecemento e a execución de resolucións en materia de réximes económicos matrimoniais
- Lei hipotecaria.
- Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.
- Lei 5/2019, de 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario.
- Lei de axuizamento civil, con lexislación procesual complementaria.
- Lei orgánica do poder xudicial.
Para todos os textos legais de manexo necesario, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes que veñan acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.
DOUTRINA:
CIVIL:
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO (coord.): Manual de Derecho civil. Derechos reales, ed. Bercal, Madrid (última edición).
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO (coord.): Manual de Derecho Civil. Obligaciones, ed. Bercal, Madrid (última edición).
BUSTO LAGO, JOSE MANUEL (dir.), Curso de Derecho Civl de Galicia, Ed. Atelier, 2015
DÍEZ PICAZO/GULLÓN BALLESTEROS, L, Fundamentos de Derecho civil patrimonial, vol. I y vol. IV, Ed. Thomson-Civitas (última edición)
LASARTE ÁLVAREZ, C: Principios de Derecho Civil. Tomos IV (Propiedad y derechos reales de goce) y V (Derechos reales y derecho hipotecario), ed. Marcial Pons, Madrid (última edición).
LETE DEL RÍO/LETE ACHIRICA, Derecho de obligaciones, vol. I, Ed. Thomson-Civitas, Cizur Menor (última edición).
PARDO GATO, JOSE RICARDO, .Derecho Civil de Galicia: (Código civil – Ley 2/2006, de 14 de junio, de derecho civil de Galicia), Ed. Andariva, 2015
INTERNACIONAL PRIVADO:
FERNÁNDEZ ROZAS /SÁNCHEZ LORENZO, Derecho internacional privado, Ed. Civitas (última edición).
GARCIMARTÍN ALFÉREZ, Derecho internacional privado, Ed. Civitas - Thomson (última edición).
ESPLUGUES MOTA/IGLESIAS BUHIGUES, Derecho internacional privado, Ed. Tirant Lo Blanch (última edición).
PROCESUAL:
CORTÉS DOMÍNGUEZ y MORENO CATENA, Derecho Procesal Civil. "Parte General y Parte Especial", Ed. Tirant lo Blanch (última edición)
DE LA OLIVA SANTOS, DIEZ PICAZO, Derecho Procesal Civil. El proceso de declaración. El proceso de ejecución, Ed. Cerasa (última edición).
GIMENO SENDRA, Derecho Procesal Civil I, Ed. Castillo de Luna (última edición).
MONTERO AROCA, GÓMEZ COLOMER, BARONA VILAR y CALDERÓN CUADRADO, Derecho Jurisdiccional II. Proceso civil, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
ORTELLS RAMOS (con otros autores), Derecho Procesal Civil, Ed. Aranzadi (última edición).
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder a xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que lles proporciona o servizo de biblioteca da USC e do ICA Santiago. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, El Derecho, etc.
Co estudo desta materia o alumnado obterá unha serie de coñecementos básicos que lle permitirán:
- Realizar os tipos de contratos máis habituais na práctica.
- Distinguir a sociedade civil doutras formas societarias.
- Manexar os dereitos reais de garantía.
- Aplicar as técnicas de negociación e de resolución de conflitos.
- Asegurarse das cuestións procesuais (xurisdición, competencia, capacidade, lexitimación, procedemento, contía, postulación...) e, en particular, coidar o enfoque da lexitimación pasiva.
- Afacerse a facer uso das diferentes actividades previas reguladas legalmente.
- Interpoñer e contestar demandas sinxelas, dominar a técnica probatoria e das conclusións, etc.
- Elaborar escritos de interposición, impugnación e oposición de recursos.
- Procurar garantir o éxito da pretensión executiva: analizar exhaustivamente o título de execución, as cuestións procesuais, a posible integración e determinación do patrimonio do debedor, medidas de localización e investigación de bens.
Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarao coa terminoloxía civil e procesual, facilitándolle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e técnica correcta.
Coa súa participación nas clases e a realización das actividades programadas polo profesorado, obterá unha visión global da contratación civil e do proceso civil, así como dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas, á vez que comprobará a súa aplicación en situacións reais e as distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expoñer os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
Máis concretamente:
Competencias básicas (CB)
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais (CG)
CG1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3. Motivación pola calidade e excelencia profesional.
CG4. Capacidade de organización e planificación.
CG5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, desde unha perspectiva solidaria.
CG6. Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8. Capacidade de resolución de problemas.
CG9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT)
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios de alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE)
CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos en orde á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2. Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
CE4. Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
CE7. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8. Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución no que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental.
CE14. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15. Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Para conseguir que o alumnado adquira as competencias esixidas e os obxectivos propostos, a metodoloxía e a programación basearanse nunha formación participativa e na asimilación progresiva de experiencias e argumentos xurídicos. Existe un cambio de mentalidade importante, xa que se trata de potenciar todas as capacidades do alumno/a, principalmente as habilidades, as técnicas e as actitudes necesarias para o exercicio profesional. O/a alumno/a pasa de ser un simple espectador pasivo a converterse nun protagonista activo da súa propia formación. Preténdese tamén que o trato sexa o máis personalizado posible, para conseguir unha formación de calidade.
Trátase de axudar os alumnos/as a que “aprendan a aprender” as claves para resolver calquera problema que se lles presente relacionado cos contidos da materia, tanto no ámbito substantivo como no procesual, cuxo contido básico dáse por suposto, dada a súa condición de licenciados ou graduados en Dereito. Partindo da base teórica xa adquirida na Facultade, perséguese que o profesorado se centre nas cuestións prácticas máis habituais e nos aspectos de máis interese profesional, atendida a frecuencia coa que se presentan na vida profesional cotiá.
Seguirase con preferencia o método do caso, servindo este como medio para que o alumno/a consiga os obxectivos previstos. Traballarase con casos extraídos ou inspirados na realidade, coas súas diferentes variables e co tratamento da xurisprudencia e da doutrina. Cando sexa preciso, combinaranse outros métodos. Ademais das simulacións, tamén se empregarán outras técnicas coas que o/a alumno/a leve a cabo as mesmas actividades que despois deberá realizar como avogado/a, tanto nas relacións co seu ámbito como no estudo e na resolución dos casos que se lle encomenden, sempre baixo un prisma eminentemente práctico e deontolóxico, e sen esquecer a vertente extraxudicial e de asesoramento xurídico, así como un enfoque global da profesión.
Por tanto, a análise e a resolución dos asuntos por parte do alumno/a, a elaboración de escritos procesuais e extraxudiciais, así como a preparación das alegacións e dos interrogatorios orais, son os sistemas habituais de traballo. Isto significa que o alumnado debe responsabilizarse de preparar adecuadamente os contidos concretos que serán obxecto de análise nas clases, así como de resolver os casos que o profesorado lle formule. Tamén, de considerarse necesario, os primeiros días de impartición da materia efectuarase un control de coñecementos sobre os contidos da materia para comprobar o nivel inicial de coñecementos dos alumnos.
Deste xeito, as actividades formativas que se realizarán na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, suscita cada tema; presentaranse os supostos prácticos que deberán resolver os alumnos, os temas e as cuestións que deberán expoñer ou debater e os traballos que terán que realizar.
b) Docencia interactiva: Analizaranse e resolveranse os problemas formulados, efectuarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, os debates e as simulacións das actuacións profesionais que se programen. De ser o caso, programaranse visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional.
Tanto nas clases expositivas como nas interactivas utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual ou colectivamente sométano á análise e á toma de decisións. Preténdese que o alumnado estude a situación, defina os problemas, chegue ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contraste ideas e sexa quen de defendelas e reelaborarlas con novas achegas.
c) Titorías: Nelas atenderanse os/as alumnos/as para analizar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e coas actividades da materia.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
- Procura de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a xuízos e a outras actividades programadas polo profesorado.
- Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
- Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periodicamente nos programas de titorías.
A actividade presencial complementarase co soporte virtual ofrecido a través da plataforma USC VIRTUAL e da plataforma da Escola de Práctica Xurídica, por medio das que se subministrarán os materiais referidos aos contidos e aos supostos prácticos das diferentes partes que configuran a materia; ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento; recolleranse os traballos realizados polos alumnos/as; realizaranse probas de autoavaliación; habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais e remitiranse as cualificacións ao alumnado.
A) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe dos/as alumnos/as utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao/á alumno/a a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas anteriores obterase o 100 % da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a realización e presentación de traballos escritos un 20%, a realización de probas teórico-prácticas un 30% e a tramitación de actuacións profesionais simuladas e de exposicións orais un 40%.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece partes esenciais do programa. Para os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, a efectos de que, de non aprobar por medio deste sistema, poidan presentarse ao exame final.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases, serán valoradas. Por tanto, para que o alumno figure como “non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
B) Exame final
Os/as alumnos/as que non superen o sistema de avaliación continua terán que realizar un único exame final; sendo imprescindible para poder acceder ao devandito exame ter acreditada, como mínimo, unha asistencia ás clases superior ao 60 %. Unha porcentaxe de asistencia inferior leva a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia.
Os/as alumnos/as con dispensa de asistencia ás clases deberán acudir directamente ao exame final da materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola Comisión Académica do Máster, e consistirá na resolución dunha proba de coñecementos e de varios supostos prácticos (tipo test, preguntas curtas, casos prácticos, documentos profesionais, informes xurídicos, actuacións profesionais orais). A finalidade deste exame é comprobar se o alumno/a ten adquiridas as destrezas e habilidades necesarias para aplicar os coñecementos proporcionados polo profesorado a situacións de índole profesional.
C) Revisión de exames
En cumprimento dá normativa dá USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que ou alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia "Práctica Xurídica Civil I" ten un total de seis créditos.
O tempo de estudo e de traballo individual que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, lóxicamente, das capacidades intelectuais particulares de cada alumno/a. Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 48
Horas non presenciais: 102
Volume de traballo mínimo (en horas): 150
Antes de iniciarse ao estudo desta materia o alumno/a debe repasar e actualizarse nos coñecementos impartidos durante o grao en Dereito sobre obrigacións e contratos e sobre o proceso civil.
A preparación idónea da materia aconsella que o alumnado asista a todas as clases co material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema previamente lido e cos traballos encomendados xa realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar a materia se, xunto co dito anteriormente, desde o primeiro día de clase trata de introducirse e comprender a terminoloxía xurídica especifica da materia; é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles; e ten o hábito de preguntar nas clases todas as súas dúbidas.
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19:
A) Escenario 1)
Desenvolverase de maneira presencial conforme figura nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.).
B) Escenario 2 (docencia mixta: presencial e en liña)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, que virá condicionada pola modalidade concreta que establezan as autoridades competentes (previsiblemente, unha parte dos alumnos en ensino presencial e outra parte en liña).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse presencialmente ou de maneira virtual (a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado), en función da localización do alumnado en cada momento.
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse conforme ao previsto para os escenarios 1 e 3, no caso de ser a docencia mixta (alumnos en aula e alumnos conectados virtualmente).
4. As titorías realizaranse presencialmente e/ou a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado, en función da localización do alumnado en cada momento.
5. De non ser posible a realización do exame final da materia de maneira presencial para o alumnado que non supere a avaliación continua, efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
C) Escenario 3 (docencia non presencial)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, impartíndose a docencia no horario habitual para as clases presenciais, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, etc.).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse de maneira virtual, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse a través do correo electrónico, do Campus Virtual da USC, da web da EPJ e doutras plataformas virtuais (Teams, Zoom...) a través das cales se imparta a docencia non presencial.
4. As titorías realizaranse a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado.
5. O exame final da materia efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
María Belén Trigo García
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814744
- Correo electrónico
- belen.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Lotario Vilaboy Lois
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814634
- Correo electrónico
- lotario.vilaboy [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paula Paradela Arean
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Internacional Privado
- Teléfono
- 881814746
- Correo electrónico
- paula.arean [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros