Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común, Departamento externo vinculado ás titulacións, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Civil, Dereito Internacional Privado, Área externa M.U en Avogacía, Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A formación nesta área ten por obxecto que o alumnado adquira os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes nas especialidades xurídicas do dereito de familia, dereito de sucesións, propiedade horizontal, arrendamentos urbanos, danos e responsabilidade civil.
Máis concretamente, preténdese que o alumnado:
- Coñeza as consecuencias xurídicas da ruptura do matrimonio, da parella de feito e da súa ruptura.
- Coñeza os trámites procesuais aplicables en materia de familia.
- Saiba redactar demandas de separación e divorcio contenciosas e de mutuo acordo, así como en materia de alimentos e convenios reguladores.
- Saiba conciliar os intereses do cliente e da súa familia, con especial protección dos fillos menores, evitando situacións de conflito persoal.
- Coñeza o réxime das medidas provisionais nestes procesos.
- Aprenda a realizar a liquidación do réxime económico matrimonial, previa identificación deste, redactar convenios de liquidación e formular propostas de inventario e liquidación.
- Coñeza o réxime xurídico substantivo da filiación e as súas particularidades procesuais.
- Coñeza o réxime xurídico dos procesos sobre adopción de medidas xudiciais de apoio ás persoas con discapacidade e as súas particularidades procesuais.
- Aprenda a diferenciar as distintas formas de representación das persoas con discapacidade (garda de feito, curatela, curatela representativa e defensor xudicial), e o modo de levalas a cabo.
- Aprenda a diferenciar as distintas formas de protección de menores e a maneira de levalas a cabo.
- Identifique os problemas sucesorios máis frecuentes.
- Coñeza o modo de apertura da sucesión.
- Coñeza os distintos tipos de sucesión.
- Coñeza a sucesión testamentaria, cos diferentes tipos de testamentos.
- Coñeza cal é o contido mínimo dun testamento, así como os requisitos que debe reunir.
- Coñeza que é a lexítima, como se calcula e quen son os lexitimarios.
- Coñeza que é unha sucesión intestada e como se tramita.
- Coñeza que é un caderno particional, con inclusión da liquidación da sociedade de gananciais.
- Coñeza as especialidades en materia sucesoria do Dereito civil de Galicia.
- Coñeza as diferenzas existentes entre o Código civil e o Dereito sucesorio de Galicia.
- Identifique os problemas de interrexionalidade e internacionalidade en materia sucesoria.
- Identifique os efectos fiscais da sucesión.
- Coñeza como actúan os títulos de obra nova e división horizontal no tráfico xurídico, as súas especialidades, momento de constitución, requisitos, modificación, etc.
- Coñeza o réxime de uso dos edificios e distinga as peculiaridades da actuación sobre os elementos comúns e privativos dunha comunidade de propietarios.
- Coñeza as formas de constitución e extinción das comunidades de propietarios.
- Coñeza o contido habitual, a forma de aprobación, as maiorías necesarias para a modificación, etc. dos estatutos das comunidades de propietarios.
- Comprenda as contas dos administradores da comunidade.
- Coñeza as particularidades procesuais que se derivan do réxime da propiedade horizontal.
- Coñeza a forma de impugnación dos acordos da xunta de propietarios ante os tribunais e os distintos prazos que deben cumprirse segundo a vulneración que cause o acordo.
- Coñeza as posibilidades da comunidade de propietarios de reclamar xudicialmente a algún dos propietarios polo non pago das súas cotas á comunidade e a lexitimación para levar a cabo as ditas reclamacións.
- Saiba redactar un contrato de arrendamento, distinguindo as partes e cláusulas esenciais.
- Coñeza as peculiaridades dos arrendamentos urbanos de vivenda na lei 29/1994 e a súa aplicación, así como o réxime que se debe seguir respecto de arrendamentos anteriores.
- Aprenda a aplicar correctamente o réxime adecuado respecto da actualización da renda e a comunicar a extinción do contrato por diferentes causas.
- Coñeza as disposicións comúns que a lei aplica, indistintamente, ao arrendamento de vivenda e para uso distinto de vivenda.
- Coñeza as peculiaridades dos arrendamentos urbanos para uso distinto ao de vivenda e as súas particularidades respecto dos arrendamentos de vivenda.
- Manexe as particularidades dos procesos na materia arrendaticia.
- Coñeza, con carácter xeral, como actúa a responsabilidade no ámbito civil.
- Identifique os presupostos da acción civil, así como a doutrina xurisprudencial da obxectivización da responsabilidade civil.
- Coñeza as formas de determinación do dano a través das distintas probas.
- Coñeza os supostos nos que un avogado ou un xuíz poden incorrer en responsabilidade civil.
- Coñeza as distintas especialidades na materia de danos derivados do feito da circulación.
- Aprenda a utilizar lexislación aplicable en materia de danos derivados do feito da circulación.
- Aprenda a utilizar o baremo de valoración de danos en materia de tráfico.
- Coñeza o funcionamento do seguro de responsabilidade civil e do Consorcio de Compensación de Seguros.
- Saiba efectuar reclamacións xudiciais e extraxudiciais derivadas da responsabilidade civil.
Módulo I. DEREITO DE FAMILIA E PERSOA
Parte I: Matrimonio e procesos matrimoniais
CONTIDOS:
1. Xurisdición e competencia.
2. Intervención do Ministerio Fiscal.
3. Matrimonio e unións de feito.
4. Causas de separación, disolución e nulidade do matrimonio civil.
5. Os procesos xudiciais de separación e divorcio de mutuo acordo (artigo 777 LEC): o convenio regulador.
6. As medidas provisionais.
7. Os procesos de separación e divorcio contenciosos: procedemento e efectos. Particularidades da proba. Especial referencia á custodia compartida.
8. A mediación familiar.
9. Modificación posterior das medidas fixadas xudicialmente. Cesamento das medidas xudiciais.
10. Recursos.
11.Execución de sentenzas de separación e de divorcio: Dificultades executivas relacionadas co exercicio do dereito de visita e co pago de pensións (consecuencias civís e penais). A execución de sentenzas estranxeiras.
12. O proceso canónico de nulidade matrimonial: Causas. Procedemento ordinario e documental: as súas peculiaridades. Eficacia civil anulidade canónica. O procedemento de homologación das sentenzas canónicas de nulidade.
13. A liquidación do réxime económico matrimonial: En especial, disolución e liquidación da sociedade de gananciais.
14. Aspectos persoais-familiares vinculados con regulamentos comunitarios.
15. O Rexistro Civil: a) Natureza, contido e competencias; b) Dereitos e deberes ante o Rexistro civil; c) Principios de funcionamento; d) Estrutura e dependencia; e) Títulos inscribibles e asentos; f) Feitos e actos inscribibles; g) Publicidade; h) Recursos; i) Procedementos rexistrais.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as consecuencias xurídicas da ruptura do matrimonio ou da parella de feito.
- Coñecer os trámites procesuais especiais aplicables en materia de familia.
- Coñecer o réxime das medidas provisionais nestes procesos.
- Coñecer as especialidades en materia de unións de feito.
- Coñecer o funcionamento do proceso canónico de nulidade matrimonial.
- Aprender a realizar unha liquidación do réxime económico matrimonial.
Habilidades:
- Saber redactar demandas de separación e divorcio, tanto de mutuo acordo como contenciosas.
- Saber redactar demandas sobre alimentos e custodia, no caso de ruptura de unións de feito.
- Saber redactar un convenio regulador.
- Conciliar os intereses do propio cliente e da súa familia, con especial protección dos fillos menores, evitando as situacións de conflito persoal.
- Saber redactar un convenio de liquidación do réxime económico matrimonial de gananciais.
- Saber formular xudicialmente unha proposta de inventario e liquidación da sociedade de gananciais.
Actitudes:
- Defender o interese do cliente nunha negociación dunha ruptura consensuada.
- Propoñer os medios de proba oportunos en apoio das pretensións do cliente.
- Documentar convenientemente os acordos alcanzados polos cónxuxes ou integrantes da unión de feito.
- Recompilación da información necesaria para determinar a existencia dos bens que integren a sociedade de gananciais.
- Ter presentes os criterios de inclusión ou exclusión dos bens dos cónxuxes, no inventario dos integrantes da sociedade de gananciais.
- Documentar convenientemente a liquidación do réxime económico matrimonial.
- Informar o cliente dos efectos económicos da liquidación.
TAREFAS:
- Formulación de casos prácticos para que os alumnos soliciten a separación, divorcio e nulidade do matrimonio dos cónxuxes.
- Realización de simulacións de procesos de separación e divorcio, tanto de mutuo acordo como contenciosos, nas que os alumnos leven a cabo as diferentes actuacións procesuais de parte.
- Elaboración de convenios reguladores nos que os alumnos deban pronunciarse sobre as distintas medidas que afectan os cónxuxes.
- Redacción de escritos para solicitar a modificación de medidas acordadas xudicialmente.
- Formulación de casos prácticos para que os alumnos soliciten a nulidade canónica.
- Realización dunha liquidación de réxime económico matrimonial.
Parte II: Procesos sobre adopción de medidas xudiciais de apoio ás persoas con discapacidade, filiación, matrimonio e menores
CONTIDOS:
1. Procesos sobre adopción de medidas xudiciais de apoio ás persoas con discapacidade:
a) Intervención do Ministerio Fiscal.
b) Procedemento.
c) Medidas de apoio ás persoas con discapacidade.
d) Internamento non voluntario por razón de trastorno psíquico.
2. A determinación da paternidade:
a) Formas de determinación da filiación matrimonial e extramatrimonial.
b) Os procesos de filiación/paternidade. A impugnación da paternidade.
3. Outros procedementos:
a) Ingreso de menores con problemas de conduta en centros de protección específicos.
b) Entrada nun lugar para a execución forzosa das medidas de protección de menores.
c) Medidas relativas á restitución ou retorno de menores nos casos de subtracción internacional.
d) Oposición a resolucións administrativas en materia de protección de menores.
e) Determinación da necesidade de asentimento na adopción e da oposición a resolucións e actos da DGRN en materia de Rexistro civil.
4.Estatuto do menor e do adolescente.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as especialidades en materia de medidas de apoio das persoas con discapacidade, de menores e de filiación.
- Aprender a diferenciar as distintasmedidas de aopio e o modo de levalas a cabo.
- Coñecer as distintas formas de determinación da paternidade.
- Coñecer os distintos procedementos que poden afectar a menores.
Habilidades:
- Saber redactar demandas sobre medidas de apoio das persoas con discapacidade.
- Saber redactar demandas de determinación ou impugnación da paternidade.
- Saber formular a adopción de medidas cautelares nos procesos de filiación.
Actitudes:
- Análise dos efectos que haberán de instarse nos procesos de capacidade e filiación.
- Exame da proba que haberá de propoñerse no proceso para a determinación da filiación.
TAREFAS:
- Realización de casos prácticos para solicitar medidas de apoio das persoas con discapacidade, achega da proba pertinente, etc.
- Realización dunha demanda de determinación e/ou impugnación da paternidade, así como da contestación a esta.
Módulo II. DEREITO DE SUCESIÓNS
Parte I: A sucesión hereditaria
CONTIDOS:
1. Apertura.
2. Tipos de sucesión.
3. Delación.
4. Capacidade para suceder.
5. Incapacidades ou prohibicións sucesorias.
6. O acrecemento na sucesión testamentaria.
7. O dereito de representación.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o modo de apertura da sucesión.
- Coñecer os distintos tipos de sucesión.
- Coñecer quen pode suceder, así como as incapacidades e prohibicións.
- Coñecer os chamamentos ao non concibido e ao concibido.
- Coñecer o dereito de representación.
Habilidades:
- Diferenciar con claridade entre unha sucesión voluntaria e a legal.
- Diferenciar entre unha sucesión universal e particular.
- Manexo dos factores tempo e lugar na apertura das sucesións.
- Aplicar correctamente as causas de incapacidade e as prohibicións para suceder.
- Aplicar correctamente os instrumentos da delación e da representación.
Actitudes:
- Asesorar ao cliente da maneira máis conveniente segundo os distintos tipos de sucesión.
- Ter sempre presentes todas as particularidades que poden concorrer na sucesión (incapacidades, prohibicións, chamamentos, dereito de representación, delacións, etc.).
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que o alumno/a deba razoar sobre as diferentes causas de incapacidade para suceder.
- Partindo de diferentes supostos prácticos, o alumno/a debe valor ar a situación do cliente ante o dereito de representación.
Parte II: Sucesión testamentaria
CONTIDOS:
1. Testamento:
a) Tipos: hológrafo, aberto, pechado, en perigo de morte, militar, outorgado por español no estranxeiro, marítimo, etc.
b) Contido: herdeiro, herdeiro condicional, tipos.
c) A ineficacia do testamento.
2. Substitucións: Pupilar, exemplar e vulgar. A substitución fideicomisaria.
3. Legados: tipos (cousa allea, de cousa gravada, de cantidade, de cousa xenérica, alternativo, de crédito, en pago de débeda, etc.).
4. Lexítimas:
a) Cálculo e atribución da lexítima.
b) A lexítima viuval.
c) Efectos na lexítima das doazóns e legados.
d) As reservas hereditarias.
5. Mellora: A delegación de mellorar. Diferentes tipos de mellora e modo de mellorar. O seu obxecto. Revogación.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer que é a sucesión testamentaria, cos diferentes tipos de testamentos.
- Coñecer cal é o contido mínimo dun testamento, así como os requisitos que debe reunir.
- Coñecer que son os legados, os tipos e forma de constituílos.
- Coñecer que é a lexítima e quen son os lexitimarios.
Habilidades:
- Comprensión de que é a mellora e a súa relación coas lexítimas.
- Identificar claramente os distintos tipos de testamento.
- Comprensión de que é a lexítima e o seu xogo no dereito sucesorio.
Actitudes:
- Asesorar convenientemente ao cliente que vai efectuar un testamento.
TAREFAS:
- Redacción dunha nota para a realización dun testamento.
- Repartir os bens dunha herdanza, respectando as lexítimas.
- Realización dun testamento no que consten legados e herdeiros mellorados.
Parte III: Sucesión intestada
CONTIDOS:
1. Declaración de herdeiros: A orde de suceder. A sucesión dos colaterais. Dos ascendentes. Dos descendentes e fillos. Do cónxuxe viúvo.
2. Notarial.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer que é unha sucesión intestada e como se tramita.
Habilidades:
- Tramitar unha sucesión intestada.
Actitudes:
- Asesorar ao cliente sobre os trámites que debe seguir segundo a declaración de herdeiros que deba efectuarse ante un notario.
TAREFAS:
- Realizar unha nota para unha declaración de herdeiros ante un notario.
Parte IV: A sucesión e o Rexistro da Propiedade
CONTIDOS:
- Análise da documentación que se debe presentar no Rexistro da Propiedade en materia sucesoria.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a incidencia da sucesión no Rexistro da Propiedade.
- Títulos sucesorios e acceso ao Rexistro.
Habilidades:
- Diferenciar os distintos títulos sucesorios para os efectos rexistrais.
- Elaborar documentos aptos para os efectos de inscrición rexistral.
- Inscribir un título sucesorio.
Actitudes:
- Ter sempre presentes as consecuencias rexistrais da sucesión.
TAREFAS:
- Solicitude de inscrición ou inmatriculación.
- Recursos contra a denegación de inscrición.
Parte V: Aceptación, repudiación e colación da herdanza
CONTIDOS:
1. Aceptación da herdanza:
a) Lexitimación. A aceptación das persoas con discapacidade. Prazo. Cando se entende feita. Forma. Impugnación.
b) Clases: A beneficio de inventario (forma, prazo, inventario, consecuencias); Con dereito a deliberar. Aceptación polos acredores. Efectos. Irrevogabilidade. Responsabilidade do herdeiro. Retroactividade dos seus efectos.
2. Repudiación: Forma. Consecuencias. Renuncia efectuada en prexuízo de acredores. En chamamento testamentario e ab intestato.
3. Colación: Tipos. Casos nos que ten ou non ten lugar. Débedas. Doazóns feitas ao cónxuxe do fillo/a. Efectos da colación e repercusión sobre as lexítimas.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer cando se produce a aceptación dunha herdanza por parte dos herdeiros.
- Coñecer ata cando se pode repudiar unha herdanza e a maneira de facelo.
- Coñecer que é unha colación e cales son os seus efectos.
Habilidades:
- Determinar a conveniencia de aceptar ou repudiar unha herdanza.
- Elixir entre unha aceptación pura e simple ou a beneficio de inventario.
- Ter presente os efectos da colación, en relación coas lexítimas, á hora de que o causante proceda a doarlle bens a algún dos seus herdeiros forzosos.
Actitudes:
- Asesorar ao cliente en canto á conveniencia de aceptar unha herdanza pura e simple ou a beneficio de inventario.
- Asesorar ao cliente sobre cando e como se pode repudiar unha herdanza.
- Asesorar ao cliente sobre os efectos da colación ao doarlles bens aos seus herdeiros forzosos.
TAREFAS:
- Redactar unha nota ao notario para a realización dunha escritura de aceptación de herdanza pura e simple.
- Redactar unha nota ao notario para realizar unha aceptación de herdanza a beneficio de inventario.
- Exercicios prácticos para determinar os efectos da colación ao respecto das lexítimas.
Parte VI: Comunidade hereditaria
CONTIDOS:
1. Quen a constitúe.
2. Obxecto desta.
3. Funcionamento da comunidade hereditaria.
4. Administración dos seus bens.
5. Responsabilidade dos herdeiros.
6. O retracto de coherdeiros.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer que é unha comunidade hereditaria.
- Coñecer o réxime de administración dos bens que integran unha comunidade hereditaria.
- Coñecer que é un retracto entre coherdeiros.
Habilidades:
- Afacerse ao funcionamento interno dunha comunidade hereditaria.
- Deslindar que actos son de mera administración e cales non.
- Ter presente a responsabilidade dos herdeiros.
Actitudes:
- Asesorar ao cliente acerca de cal debe ser a súa actitude ante a administración dos bens da herdanza.
- Procurar o aseguramento dos bens da herdanza.
- Asesorar ao cliente sobre o retracto entre coherdeiros.
TAREFAS:
- Redacción dun estudo ou ditame sobre un caso real, co obxecto de determinar a posible responsabilidade dos herdeiros.
- Exercicios prácticos sobre un retracto entre coherdeiros.
Parte VII: A partición
CONTIDOS:
1. Contador testamentario.
2. Contador partidor dativo.
3. Partición feita polo testador.
4. Partición feita de común acordo polos herdeiros.
5. Partición xudicial:
a) Solicitude da división da herdanza: requisitos, cuestión dos acredores testamentarios.
b) Convocatoria dunha xunta para designar contador e peritos, intervención das partes, Ministerio Fiscal e acredores.
c) Formación de inventario, desacordo na súa formación, resolución, designación do contador e peritos.
d) Práctica das operacións divisorias, entrega da documentación ao contador, obrigación de cumprir o encargo e o prazo. Liquidación da sociedade de gananciais. Caderno particional.
e) Aprobación das operacións divisorias. Oposición a estas.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer que é unha partición realizada polo causante.
- Coñecer como se forma un inventario de bens e como formular oposición á inclusión dalgún ben.
- Coñecer un caderno particional, con inclusión da liquidación da sociedade de gananciais.
Habilidades:
- Diferenciar entre un contador testamentario, un contador partidor dativo e un contador xudicial.
- Determinar cando é máis ou menos interesante acudir ao nomeamento dun contador partidor dativo, en contraposición ao contador xudicial previsto na LAC.
- Respectar as lexítimas á hora de realizar unha partición.
- Impugnar un caderno particional con posibilidades reais de triunfar.
Actitudes:
- Advertir ao cliente sobre as vantaxes e desvantaxes que se poden dar na partición da herdanza.
TAREFAS:
- Redactar unha nota ao notario para a realización dunha partición efectuada no testamento polo causante.
- Escrito para pedir a partición xudicial dos bens dos causantes que constituían en vida un matrimonio.
- Formación dun inventario dos bens e oposición á inclusión de determinados bens.
- Designar un contador e peritos.
- Realización dun caderno particional no que se inclúa a disolución dunha sociedade de gananciais.
- Impugnar a partición realizada polo contador.
Parte VIII: As sucesións no Dereito civil de Galicia
CONTIDOS:
1. A delación.
2. Os pactos sucesorios: o usufruto voluntario de viuvez. O pacto de mellora, do dereito de labrar e posuír, das achegas.
3. A sucesión testada: o testamento aberto notarial. O testamento mancomunado, o testamento por comisario, as melloras testamentarias e legados.
4. As lexítimas.
5. A sucesión intestada: disposicións xerais da sucesión na Comunidade Autónoma de Galicia.
6. As particións.
7. Disposicións adicionais e transitorias na lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as especialidades en materia sucesoria do Dereito civil de Galicia.
- Coñecer as diferenzas existentes entre o Código civil e o Dereito sucesorio de Galicia.
Habilidades:
- Coñecer en profundidade cal é o dereito aplicable en cada caso concreto, tendo en conta a veciñanza civil.
- Distinguir entre o dereito aplicable.
- Garantir que nos testamentos que realicen os clientes quede realmente plasmada a vontade do testador.
Actitudes:
- Ter presentes as especialidades do Dereito civil de Galicia en materia de sucesións.
- Advertir ao cliente sobre a conveniencia de acollerse a algunha das figuras que concede o Dereito civil de Galicia en materia de sucesións e que non están recollidas no Dereito común.
TAREFAS:
- Nota para a realización dun testamento aberto.
- Realización dunha partición.
- Resolución de supostos.
Módulo III: PROPIEDADE HORIZONTAL
Parte I: Título constitutivo
CONTIDOS:
1. Obra nova e división horizontal: Formalidades. Requisitos. Constitución previa e posterior.
2. O edificio: Réxime de uso. Elementos privativos e comúns (alteración de elementos comúns, división, segregación e agrupación). Mantemento. Seguros.
3. Situacións asimiladas.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a importancia do título constitutivo.
- Coñecer como actúan os títulos de obra nova e división horizontal no tráfico xurídico, as súas especialidades, momento de constitución, requisitos, modificación, etc.
- Coñecer o réxime de uso dos edificios e distinguir as peculiaridades da actuación sobre os elementos comúns e privativos dunha comunidade de propietarios.
- Coñecer como debe ser a administración dunha comunidade de propietarios.
Habilidades:
- Manexar as escrituras de obra nova e división horizontal.
- Diferenciar os elementos privativos dos comúns.
- Interpretar e manexar as contas dunha comunidade de propietarios.
Actitudes:
- Afacerse a analizar o contido das escrituras de propiedade horizontal.
- Afacerse a analizar os libros de actas da comunidade.
- Procurar a democratización da linguaxe empregada na documentación xurídica.
TAREFAS:
- A través de casos prácticos extraídos da realidade, o alumno/a debe detectar os requisitos e a forma de constitución dos títulos de obra nova e división horizontal.
- Exercicios prácticos sobre as particularidades máis importantes que presenta a actuación sobre elementos privativos e comúns.
Parte II: Comunidades de propietarios
CONTIDOS:
1. O propietario: dereitos e deberes.
2. Constitución e extinción da comunidade de propietarios.
3. Estatutos: Contido. Redacción. Aprobación. Modificación. Uso compartido. Constitución e inscrición.
4. Funcionamento: Órganos comunitarios (adopción de acordos, redacción de actas). Administración. Réxime de gastos (cota de participación e criterios de repartición). Cargas. Mantemento.
5. Transmisión e extinción.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as formas de constitución e extinción das comunidades de propietarios.
- Coñecer o contido habitual, a forma de aprobación, as maiorías necesarias para a modificación, etc. dos estatutos das comunidades de propietarios.
- Saber cales son os dereitos e os deberes dos propietarios da comunidade.
- Coñecer cales son e como funcionan os órganos da comunidade de propietarios.
- Coñecer como funcionan as maiorías e as cotas de participación de cada propietario na adopción dos acordos sociais.
Habilidades:
- Ser capaz de poñer en funcionamento unha comunidade de propietarios.
- Distinguir a escritura de división horizontal dos estatutos comunitarios.
- Comprender as contas enviadas polo administrador á comunidade.
Actitudes:
- Afacerse a analizar con detemento as cláusulas dos estatutos comunitarios.
- Documentar convenientemente os acordos tomados.
- Defender os intereses do cliente nas xuntas de propietarios.
TAREFAS:
- Análise de diversa documentación dunha comunidade: estatutos, convocatorias, actas, etc.
- Realización de casos prácticos a través dos que o alumno/a capte a transcendencia dos estatutos das comunidades de propietarios á hora de rexer a vida da comunidade.
- Elaboración dun borrador dos estatutos da comunidade.
- Realización de casos prácticos que permitan aprender a redactar as convocatorias, as actas e a adopción de acordos da comunidade.
- Simulación dunha reunión da comunidade de propietarios á que asistan os alumnos/as como avogados.
Parte III: Particularidades procesuais derivadas do réxime de propiedade horizontal
CONTIDOS:
1. Lexitimación. As facultades do presidente.
2. A adopción de acordos pola xunta de propietarios e a súa impugnación xudicial.
3. A reclamación do non pago de cotas.
4. Outras actuacións procesuais: cesación de actividades prohibidas, etc.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as particularidades procesuais que se derivan do réxime da propiedade horizontal.
- Coñecer a forma de impugnación dos acordos da xunta de propietarios ante os tribunais e os distintos prazos que deben cumprirse segundo a vulneración que cause o acordo.
- Coñecer as posibilidades da comunidade de propietarios de reclamar xudicialmente a algún dos propietarios polo non pago das súas cotas á comunidade e analizar a lexitimación para levar a cabo as reclamacións.
Habilidades:
- Determinar o procedemento máis adecuado aos intereses do cliente.
- Distinguir as funcións propias do presidente e do secretario da comunidade.
- Distinguir entre as maiorías necesarias para tomar diferentes acordos comunitarios.
Actitudes:
- Examinar a documentación comunitaria precisa, co obxecto de determinar que acordos requiren unanimidade ou maioría.
- Defender os intereses do cliente, con independencia de que sexa un propietario ou a comunidade de veciños.
- Informar ao cliente de cales son as correntes xurisprudenciais existentes sobre o tema controvertido.
TAREFAS:
- Realización de casos prácticos sobre estratexias procesuais que hai que seguir en función da posición de parte que se ocupe no proceso.
- Preparar e tramitar procesos sobre impugnación de acordos sociais e sobre reclamación ao propietario do pago das súas cotas, tanto xudicial como extraxudicialmente.
Módulo IV: ARRENDAMENTOS URBANOS
Parte I: Arrendamentos de vivenda (aspectos substantivos)
CONTIDOS:
1. Os arrendamentos urbanos na lei 29/1994 do 24 de novembro.
2. Ámbito de aplicación da lei.
3. Evolución e reformas da LAU .
4. O contrato de arrendamento de vivenda:
a) Normas xerais.
b) Duración e renda.
c) Dereitos e obrigacións das partes.
d) Suspensión, resolución e extinción.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as peculiaridades dos arrendamentos urbanos de vivenda na lei 29/1994 e a súa aplicación, así como o réxime que se debe seguir respecto dos arrendamentos anteriores.
- Coñecer e aprender a aplicar correctamente o réxime ad ecuado respecto da actualización da renda.
- Coñecer as disposicións comúns que a lei aplica, indistintamente, ao arrendamento de vivenda e para uso distinto de vivenda.
Habilidades:
- Distinguir as distintas partes e cláusulas do contrato de arrendamento de vivenda e a súa forma de suspensión, resolución e extinción.
- Saber actualizar a renda.
- Saber comunicar a extinción por expiración do prazo.
Actitudes:
- Examinar detidamente o contrato de arrendamento, co obxecto de asesorar comprensiblemente ao cliente.
- Analizar sempre a xurisprudencia existente sobre a materia.
TAREFAS:
- Redacción de contratos de arrendamento de vivenda.
- Entregarlle ao alumno/a “contratos trampa” para que detecte os erros de contido.
- Realización de casos prácticos sobre o cálculo da actualización da renda.
Parte II: Arrendamentos para uso distinto do de vivenda (aspectos substantivos)
CONTIDOS:
1. Dereitos e obrigacións das partes. Cesión do contrato e subarrendamento. Resolución e extinción do contrato. Normas de dereito transitorio en canto á duración e á actualización da renda.
2. Disposicións comúns aos arrendamentos de vivenda e para uso distinto: Fianza e formalización do contrato de arrendamento.
3. A vertente económica nos arrendamentos: Renda, gastos, impostos, IVE, retención, etc. A fianza e as garantías adicionais.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as peculiaridades dos arrendamentos urbanos para uso distinto ao de vivenda e as súas particularidades respecto dos arrendamentos de vivenda.
- Saber cales son as disposicións comúns que a LAU aplica indistintamente ao arrendamento de vivenda e para uso distinto de vivenda.
Habilidades:
- Saber actualizar a renda.
Actitudes:
- Ter sempre presentes os intereses do cliente á hora de redactar as cláusulas do contrato.
TAREFAS:
- Redacción de contratos de arrendamento para uso distinto do de vivenda.
- Elaboración de escritos e resolución de casos prácticos.
Parte III: Aspectos procesuais: os procesos arrendaticios
CONTIDOS:
1. Esquema xeral. A regulación da materia arrendaticia na LAC.
2. Ámbito do xuízo ordinario e do xuízo verbal.
3. O xuízo de desafiuzamento.
4. Regras particulares: Competencia. Postulación. Determinación da renda. Rebeldía. Limitación de poderes das partes. A enervación. Depósitos e consignacións para recorrer. Eficacia da sentenza. Execución: particularidades.
5. O precario.
6. O xuízo de retracto: particularidades.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as particularidades dos procesos en materia arrendaticia.
- Distinguir as particularidades do xuízo de desafiuzamento e a súa regulación especial na LAC.
- Coñecer as peculiaridades do xuízo de retracto.
Habilidades:
- Elixir o proceso máis adecuado aos intereses do cliente.
- Redactar unha demanda e formular oposición.
- Saber como poñer fin ao arrendamento.
Actitudes:
- Examinar a proba existente e a súa preparación.
- Analizar sempre a xurisprudencia existente sobre a materia.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade, analizar a regulación da materia arrendaticia na LAC, en relación coa lexislación especial desta materia.
- Realizar notificacións e reclamacións previas á vía xudicial.
- Elaboración de escritos de demanda de desafiuzamento e de oposición a esta; así como de reclamación de rendas.
- Redacción de demandas de retracto e realización de casos prácticos para coñecer as particularidades deste tipo de xuízo.
Módulo V: SEGUROS PRIVADOS E DEREITO DE DANOS
Parte I: Introdución aos seguros privados e á responsabilidade civil
CONTIDOS:
1. Significado, fundamento e fontes.
2. Responsabilidade civil por actos propios.
3. Responsabilidade civil extracontractual por feito alleo.
4. Responsabilidade civil con regulación especial.
5. A prevención da responsabilidade civil: o seguro.
6. Presupostos da acción civil: Acción e culpa. Nexo causal. Obxectivización da responsabilidade civil. Doutrina xurisprudencial. Prescrición da acción.
7. Suxeitos: axentes produtores. A solidariedade. Intervención do prexudicado. A compensación de culpas. Carga da proba.
8. A responsabilidade civil "ex delito". Especialidades na LORPM (LO 5/2000).
9. Aspectos patrimoniais relacionados con regulamentos comunitarios.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer con carácter xeral como actúa a responsabilidade no ámbito civil.
- Coñecer formas como o seguro, que serven de prevención da responsabilidade civil que se poida derivar nos distintos ámbitos.
- Coñecer os presupostos da acción civil, así como a doutrina xurisprudencial da obxectivización da responsabilidade civil.
- Distinguir os suxeitos intervenientes na responsabilidade civil.
- Distinguir as especialidades da responsabilidade civil xurdida "ex delito".
Habilidades:
- Redactar unha demanda de responsabilidade civil.
- Formular unha reclamación extraxudicial por responsabilidade civil.
Actitudes:
- Asesorar convenientemente para previr a responsabilidade persoal.
- Ter sempre presente a xurisprudencia relativa á responsabilidade do art. 1902 do CC.
TAREFAS:
- Formulación e realización de casos prácticos nos que se aprecien as distintas formas de responsabilidade civil e a súa aplicación.
Parte II: Determinación e proba do dano
CONTIDOS:
1. Danos corporais, patrimoniais e morais.
2. Proba pericial (forense, médica, psicolóxica, na construción, contable...).
3. Outros medios de proba.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as formas de determinación do dano a través das distintas probas.
- Coñecer, valorar e utilizar a proba pericial nas súas distintas vertentes (a proba pericial forense, médica, psicolóxica, contable, etc.).
Habilidades:
- Interpretar correctamente os informes periciais, forenses e demais formas de determinación do dano.
- Saber cando se debe solicitar un informe pericial.
Actitudes:
- Informar o cliente sobre o contido do exame que lle vai realizar o médico forense.
- Empregar, en cada caso, os medios de proba máis adecuados.
TAREFAS:
- Formulación de supostos prácticos nos que o alumno deba propoñer e practicar as probas relevantes para a determinación do dano.
Parte III: Accións de responsabilidade por danos
CONTIDOS:
1. Danos derivados do ámbito sanitario.
2. Responsabilidade civil de avogados e xuíces.
3. Responsabilidade civil dos suxeitos intervenientes na construción.
4. Responsabilidade civil noutros ámbitos profesionais.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as peculiaridades das accións de responsabilidade por danos nos distintos ámbitos (sanitario, construción,...).
- Coñecer os supostos nos que un avogado ou un xuíz poden incorrer en responsabilidade civil.
- Coñecer a responsabilidade na construción derivada do art. 1591 do CC e da xurisprudencia sobre este, así como da LOE.
Habilidades:
- Distinguir os diferentes supostos de responsabilidade civil de xuíces e avogados.
- Diferenciar a cota de responsabilidade de cada un dos axentes intervenientes na construción por vicios ou defectos.
- Elixir a instancia adecuada á que dirixirse nos supostos de responsabilidade no ámbito sanitario e saber efectuar a correspondente reclamación.
- Calcular a valoración de danos e secuelas.
Actitudes:
- Solicitar a proba idónea en cada asunto.
- Analizar a orde xurisdicional máis beneficiosa para os intereses do cliente.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos, extraídos da realidade, baseados en informes periciais, redactar a demanda en reclamación dos danos producidos no ámbito sanitario, da construción, etc.
Parte IV: Danos derivados do feito da circulación
CONTIDOS:
1. Lexislación aplicable.
2. O accidente de c irculación: Atropelo. Colisión de dous ou máis vehículos. Resultado de lesións corporais e danos materiais. Intervención das forzas policiais (atestados).
3. O seguro voluntario.
4. Contrato.
5. Seguro de danos propios.
6. Valoración dos danos materiais (reparación antieconómica: valor venal, valor de mercado, valor de reparación).
7. Valoración do dano corporal no RDL 8/2004, do 29 de outubro, que aproba o texto refundido da lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos de motor: criterios, proba pericial, intervención das partes.
8. O seguro de responsabilidade civil de subscripción obrigatoria.
9. Consorcio de Compensación de Seguros.
10. Comisión liquidadora de entidades aseguradoras.
11. Responsabilidade civil e patrimonial da Administración.
12. Accións.
13. Particularidades dos procesos penais: perseguibilidade do feito circulatorio, denuncia, pensión provisional, o feito da circulación e o seu concurso con outros delitos, exercicio da acción civil...
14. Particularidades dos procesos civís:
a) Reclamación previa como requisito de procedibilidade.
b) Terminación do proceso penal por causa que dá lugar a un título executivo, a acción executiva. Proceso civil: carga da proba, acción de reclamación da compañía aseguradora por subrogación ex art. 43 LCS, os prexudicados e a súa postulación.
c) Reclamacións ao Consorcio de Compensación de Seguros.
d) Recursos: consignación e execución provisional.
15. Acción de repetición das compañías aseguradoras nos supostos de existencia de dolo (alcoholemia, condución temeraria, etc.)
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as distintas especialidades na materia de danos derivados do feito da circulación.
- Aprender a utilizar a lexislación aplicable en materia de danos derivados do feito da circulación.
- Aprender a utilizar o baremo de valoración de danos en materia de tráfico.
- Coñecer o funcionamento do seguro de responsabilidade civil e do Consorcio de Compensación de Seguros.
- Coñecer as especialidades en materia de responsabilidade civil e patrimonial da Administración.
- Coñecer as distintas especialidades que en materia procesual xera o tratamento destes tipos de danos.
Habilidades:
- Formular unha denuncia e unha demanda.
- Preparar a proba necesaria para o correspondente xuízo.
- Saber dirixirse á comisión liquidadora.
Actitudes:
- Elixir sempre a vía xudicial ou extraxudicial máis beneficiosa para os intereses do cliente.
- Ter presente a xurisprudencia existente sobre a materia.
TAREFAS:
- Redacción de escritos de demanda en reclamación de danos derivados do feito da circulación.
- Realización de supostos prácticos sobre aplicación do baremo de valoración de danos.
- Partindo de casos prácticos reais, analizar as distintas coberturas dos seguros voluntarios e a súa transcendencia na práctica.
- Realización de escritos de demanda ante o Consorcio de Compensación de Seguros.
- Tramitación simulada de procesos en materia de danos ocasionados con motivo da circulación e redacción dos correspondentes escritos procesuais de parte.
NORMATIVA:
- Constitución española de 1978
- Código civil, con disposicións complementarias
- Lei orgánica do poder xudicial
- Lei de axuizamento civil, con disposicións complementarias
- Lei de dereito civil de Galicia
- Lei de propiedade horizontal
- Lei de arrendamentos urbanos
- Lei de responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos de motor
- Lei do contrato do seguro
- Regulamento (CE) nº 2201/2003 do Consello, do 27 de novembro de 2003, relativo á competencia, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia matrimonial e de responsabilidade parental, polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1347/2000
- Regulamento (CE) nº 4/2009 do Consello, do 18 de decembro de 2008, relativo á competencia, a lei aplicable, o recoñecemento e a execución das resolucións e a cooperación en materia de obrigacións de alimentos
- Regulamento nº 593/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a lei aplicable ás obrigacións contractuais ("Roma I")
- Regulamento (CE) nº 864/2007 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de xullo de 2007, relativo á lei aplicable ás obrigacións extracontractuales ("Roma II")
- Regulamento (UE) nº 650/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 4 de xullo de 2012, relativo á competencia, a lei aplicable, o recoñecemento e a execución das resolucións, á aceptación e a execución dos documentos públicos en materia de sucesións mortis causa e á creación dun certificado sucesorio europeo
Para todos os textos legais de manexo necesario, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes que veñan acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.
DOUTRINA:
CIVIL:
AA.VV. BUSTO LAGO, JOSÉ MANUEL (dir.), Curso de Derecho Civl de Galicia, Ed. Altelier, (última edición)
DÍEZ PICAZO/GULLÓN BALLESTEROS, L., Fundamentos de Derecho civil patrimonial, vol. I y vol. IV, Ed. Thomson-Civitas (última edición).
DIEZ-PICAZO, L. y GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho civil, vol. IV: Derecho de familia. Derecho de sucesiones. Ed. Tecnos. Madrid (útima edición).
LASARTE ÁLVAREZ, C. Principios de Derecho Civil. Tomo VII. Derecho de Sucesiones, ed. Marcial Pons. Madrid (última edición).
LETE DEL RÍO/ LETE ACHIRICA, Derecho de obligaciones, vol. I, Ed. Thomson-Civitas, Cizur Menor (última edición).
PARDO GATO, JOSÉ RICARDO, Derecho Civil de Galicia. Código civil. Ley 2/2006 de 14 de junio de Derecho Civil de Galicia, Ed. Andavira (última edición)
REBOLLEDO VARELA, Á. L. (Coord.), Comentarios a la Ley de Derecho civil de Galicia. Ley 2/2006, de 14 de junio, ed. Thomson Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), (última edición).
INTERNACIONAL PRIVADO:
FERNÁNDEZ ROZAS, J.C., / SÁNCHEZ LORENZO, Derecho internacional privado, Ed. Civitas (última edición).
GARCIMARTÍN ALFÉREZ, F.J., Derecho internacional privado, Ed. Civitas - Thomson, Cizur Menor Navarra (última edición).
ESPLUGUES MOTA, C., / IGLESIAS BUHIGUES, J.L., Derecho internacional privado, Ed. Tirant Lo Blanch, Valencia (última edición).
PROCESUAL:
CORTÉS DOMÍNGUEZ Y MORENO CATENA , Derecho Procesal Civil. Parte Especial, Ed. Tirant lo Blanch (última edición)
DE LA OLIVA SANTOS, DIEZ-PICAZO, VEGAS TORRES, Derecho Procesal Civil. Parte especial, Ed. Cerasa (última edición).
GÓMEZ COLOMER, BARONA VILAR (coord.), Proceso civil. Derecho Procesal II, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
ORTELLS RAMOS (con outros), Derecho Procesal Civil, Ed. Aranzadi (última edición).
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais proporcionadas polo servizo de biblioteca da USC e do ICA Santiago. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, etc.
Co estudo desta materia o alumnado obterá unha serie de coñecementos, habilidades e destrezas que lle permitirán profundar nas máis xerais adquiridas na materia de "Práctica Xurídica Civil I" impartida durante o primeiro semestre; ademais de manexarse con certa profesionalidade nunha serie de campos do dereito privado que resultan de gran transcendencia e habitualidade na práctica forense, como é o dereito de familia, o dereito sucesorio, os arrendamentos urbanos e a propiedade horizontal ou o dereito de danos.
Máis concretamente, o alumno/a estará en condicións de:
- Saber redactar demandas de separación e de divorcio, tanto de mutuo acordo como contenciosas.
- Saber redactar un convenio regulador.
- Formular xudicialmente unha proposta de inventario e de liquidación da sociedade de gananciais.
- Saber redactar demandas de solicitude de medidas de aopio das persoas con discapacidade, filiación e menores.
- Saber diferenciar con claridade entre a sucesión voluntaria e a legal, así como entre a sucesión universal e a particular.
- Ter sempre presente todas as particularidades que poden concorrer na sucesión.
- Saber que é a lexítima e como se aplica.
- Diferenciar entre a sucesión testada e a intestada.
- Saber que é un testamento e os seus tipos.
- A partición da herdanza (os distintos tipos), estudo da partición xudicial (inventario, caderno, pericial, etc.) e as particularidades da sucesión no Dereito civil de Galicia.
- Coñecer o título constitutivo dunha comunidade de veciños e diferencialo dos estatutos.
- Saber cales son os dereitos e as obrigacións dos comuneiros e os órganos de goberno da comunidade.
- A impugnación dos acordos e as reclamacións formuladas pola comunidade.
- Os procedementos xudiciais en materia de propiedade horizontal.
- A redacción dos contratos de arrendamento, xa sexa de vivenda ou para uso distinto ao de vivenda.
- Os procedementos xudiciais vinculados aos arrendamentos urbanos.
- A responsabilidade civil e a determinación do dano (médicos, de construción e, en especial, os danos derivados do feito da circulación).
Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarao coa terminoloxía procesual e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e tecnicamente correcta.
Coa súa participación nas clases e a realización das actividades programadas polo profesorado, obterá unha visión global do proceso civil e dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas, e comprobará a súa aplicación en situacións reais, así como as distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expoñer os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
Máis concretamente:
Competencias básicas (CB)
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais (CG)
CG1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3. Motivación pola calidade e excelencia profesional.
CG4. Capacidade de organización e planificación.
CG5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, desde unha perspectiva solidaria.
CG6. Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8. Capacidade de resolución de problemas.
CG9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT)
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios de alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE)
CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos en orde á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2. Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
CE4. Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
CE7. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8. Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta pa ra a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución no que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental.
CE14. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15. Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Para conseguir que o alumnado adquira as competencias esixidas e os obxectivos propostos, a metodoloxía e a programación basearanse nunha formación participativa e na asimilación progresiva de experiencias e argumentos xurídicos. Existe un cambio de mentalidade importante, xa que se trata de potenciar todas as capacidades do alumno/a, principalmente as habilidades, as técnicas e as actitudes necesarias para o exercicio profesional. O alumno/a pasa de ser un simple espectador pasivo a converterse nun protagonista activo da súa propia formación. Preténdese tamén que o trato sexa o máis personalizado posible, para conseguir unha formación de calidade.
Trátase de axudar aos alumnos/as a que “aprendan a aprender” as claves para resolver calquera problema que se lles presente relacionado cos contidos da materia, tanto no ámbito substantivo como no procesual, cuxo contido básico dáse por suposto, dada a súa condición de licenciados ou graduados en Dereito. Partindo da base teórica xa adquirida na Facultade, perséguese que o profesorado se centre nas cuestións prácticas máis habituais e nos aspectos de máis interese profesional, atendida a frecuencia coa que se presentan na vida profesional cotiá.
Seguirase con preferencia o método do caso, servindo este como medio para que o alumno/a consiga os obxectivos previstos. Traballarase con casos extraídos ou inspirados na realidade, coas súas diferentes variables e co tratamento da xurisprudencia e da doutrina. Cando sexa preciso, combinaranse outros métodos. Ademais das simulacións, tamén se empregarán outras técnicas coas que o alumno/a leve a cabo as mesmas actividades que despois deberá realizar como avogado, tanto nas relacións co seu ámbito como no estudo e na resolución dos casos que se lle encomenden, sempre baixo un prisma eminentemente práctico e deontolóxico, e sen esquecer a vertente extraxudicial e de asesoramento xurídico, así como un enfoque global da profesión.
Por tanto, a análise e a resolución dos asuntos por parte do alumno/a, a elaboración de escritos procesuais e extraxudiciais, así como a preparación das alegacións e dos interrogatorios orais, son os sistemas habituais de traballo. Isto significa que o alumnado debe responsabilizarse de preparar adecuadamente os contidos concretos que serán obxecto de análise nas clases, así como de resolver os casos que o profesorado lle formule. Tamén, de ser necesario, os primeiros días de impartición da materia efectuarse un control de coñecementos sobre os contidos da materia para comprobar o nivel inicial de coñecementos dos alumnos.
Deste xeito, as actividades formativas que se realizarán na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará con apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, suscita cada tema; presentaranse os supostos prácticos que deberán resolver, os temas e as cuestións que deberán expoñer ou debater e os traballos que terán que realizar.
b) Docencia interactiva: Analizaranse e resolveranse os problemas formulados, efectuarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, os debates e as simulacións das actuacións profesionais que se programen. De ser o caso, programaranse visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional.
Tanto nas clases expositivas como nas interactivas, utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual ou colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Preténdese que o alumnado estude a situación, defina os problemas, chegue ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contraste ideas e sexa quen de defendelas e reelaboralas con novas achegas.
c) Titorías: Nelas orientarase ao alumnado para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e coas actividades da materia. En particular, orientaráselles na procura bibliográfica, realización de traballos e documentos profesionais, preparación de exposicións e de intervencións profesionais orais, revisión de prácticas, etc.
Os horarios de titorías serán fixados por cada docente e dados a coñecer con suficiente antelación ao alumnado. En todo caso, á finalización de cada clase o alumno/a poderá acordar co docente o momento máis idóneo para recibir o apoio necesario.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
a) Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
b) Busca de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
c) Asistencia a xuízos e a outras actividades programadas polo profesorado.
d) Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
e) Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
f) Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
g) Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
h) Participar periodicamente nos programas de titorías.
A actividade presencial complementarase co soporte virtual ofrecido a través da plataforma USC VIRTUAL e da plataforma da Escola de Práctica Xurídica, por medio das que se ofrecerán os materiais referidos aos contidos e aos supostos prácticos das diferentes partes que configuran a materia; ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento; recolleranse os traballos realizados polos alumnos; realizaranse probas de autoevaluación; habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais e remitiranse as cualificacións ao alumnado.
A) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe do alumnado utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% de asistencia real para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas anteriores obterase o 100 % da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5)da nota final, a realización e elaboración de traballos escritos un 20%, a realización de probas teórico-prácticas un 30% e a tramitación de actuacións profesionais simuladas e exposicións orais un 40%.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece partes esenciais do programa. Aos alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para que, de non superar este tipo de avaliación, poidan presentarse ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases, serán valoradas. Por tanto, para que o alumno figure como “non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
B) Exame final
Os/as alumnos/as que non superen o sistema de avaliación continua poderán realizar un exame final. Para acceder ao devandito exame é necesario acreditar unha asistencia real ás clases superior ao 60% das sesións impartidas. Unha porcentaxe inferior de asistencia conleva a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola comisión académica do Máster. Consistirá nunha proba de coñecementos e na resolución de varios supostos prácticos de diferente tipoloxía: preguntas tipo test, preguntas curtas, casos prácticos, elaboración de documentos profesionais e/ou informes xurídicos, actuacións profesionais orais, etc. A finalidade deste exame é comprobar que o/a alumno/a adquirise os coñecementos, habilidades e destrezas propios da materia e que é capaz de aplicalos a situacións de índole profesional.
O alumnado que acredite imposibilidade sobrevinda de asistir ás clases poderá solicitar a dispensa de asistencia. En tal caso, corresponderá á comisión académica do máster decidir acerca de dita solicitude. Para iso, a comisión deberá valorar especialmente, entre outros aspectos, se os coñecementos, habilidades e actitudes que o alumnado debe adquirir coa materia esixen necesariamente a asistencia presencial, á vista do seu contido eminentemente práctico, a metodoloxía empregada, as actividades para realizar, etc. Como regra xeral, todas as materias do máster presentan un elevado compoñente práctico, que esixe a presenza do alumnado para adquirir as competencias esixidas e os obxectivos propostos. No caso de ser concedida a dispensa de asistencia ás clases, o profesorado da materia deberá encomendar ao alumnado a realización das tarefas alternativas que considere necesarias para garantir a aprendizaxe, en condicións semellantes ao esixido ao resto dos compañeiros/as, entre as que se poderá incluír tamén a realización dun exame.
C) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que ou alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia "Práctica Xurídica Civil II" ten un total de seis créditos.
O tempo de estudo e de traballo individual que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, lóxicamente, das capacidades intelectuais particulares de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 48
Horas non presenciais: 102
Volume de traballo mínimo (en horas): 150
Antes de iniciarse ao estudo desta materia o/a alumno/a debe repasar e actualizarse nos coñecementos impartidos durante o grao en Dereito, sobre os contidos que son propios desta materia. Resulta aconsellable tamén ter aprobadas as materias de Práctica Xurídica Civil I e Práctica Xurídica Mercantil que se imparten no primeiro semestre do máster.
A preparación idónea da materia aconsella que o alumnado asista ás clases provisto do material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema previamente lido e cos traballos encomendados xa realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, desde o primeiro día de clase trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles; e ten o hábito de preguntar nas clases todas as súas dúbidas.
Maria Lourdes Noya Ferreiro
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814642
- Correo electrónico
- lourdes.noya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Belen Trigo Garcia
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814744
- Correo electrónico
- belen.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Javier Maseda Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Internacional Privado
- Teléfono
- 881814745
- Correo electrónico
- javier.maseda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Rodriguez Alvarez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814708
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luz M. Blanco Vidal
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- luz.blanco [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
María Fernández Escudero
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- maria.fernandez.escudero [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Maria Carmen Gonzalez Ferro
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- mdelcarmen.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Araceli Del Río Otero
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- araceli.delrio [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Jesus Waldo Maroño Gargallo
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- jesuswaldo.marono [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h