Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Área externa M.U en Avogacía, Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A formación nesta área ten por obxecto que o alumnado adquira os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes en materia de dereito da Seguridade Social, necesarios de cara ao asesoramento de empresas e traballadores, á análise e á redacción de documentos xurídicos, á dirección de procedementos administrativos e xudiciais e, en xeral, ao correcto exercicio da profesión neste ámbito prestacional.
Trátase de formar aos alumnos/as nesta especialidade xurídica do Dereito laboral, tanto no que concirne á adquisición práctica de coñecementos sobre as normas que regulan os distintos ámbitos da Seguridade Social, enfocada a ter unha visión dos diferentes réximes que conforman o sistema, como a coñecer e manexar cada ámbito da normativa que regula o sistema da Seguridade Social español incluídas as normas supranacionais (tanto as referidas ao ámbito da UE como os instrumentos internacionais asinados por España con outros países), integrando todas elas co fin de conseguir a solución máis adecuada en cada caso.
Neste sentido, faise precisa unha análise profunda de toda a normativa que regula as obrigacións dos empresarios relativas á alta, á cotización e a todo o que fai referencia á recadación e aos diversos responsables desta, así como ás implicacións que dela se derivan.
Obxectivo primordial é tamén coñecer a protección que o sistema da Seguridade Social lles outorga aos traballadores e traballadoras ante as diversas continxencias ás que dá cobertura, desde a perda puntual da saúde, no caso das incapacidades temporais, pasando pola perda definitiva desta, que pode dar lugar ao recoñecemento da invalidez, ou as prestacións de xubilación, para chegar á protección que por morte e supervivencia recoñece o noso sistema, sen esquecer a protección por desemprego que dunha maneira intensa vén sendo obxecto de continuas reformas.
Preténdese clarificar o concepto de cada unha das referidas prestacións, os requisitos esixidos para causar o dereito pretendido e, sobre todo, analizar a dinámica destes ante as eventualidades que en cada un poidan presentarse e que poden levar á necesidade de reclamar o recoñecemento do correspondente dereito ante os órganos xurisdicionais.
A actualidade laboral mostra unha crecente preocupación pola prevención dos riscos laborais, a saúde dos traballadores e a importancia de que as empresas e os traballadores cumpran coas súas obrigacións no ámbito da prevención dos riscos laborais, para garantir un ambiente laboral propicio para ambas as partes. Para conseguir este obxectivo, proporcionaranse os coñecementos necesarios en materia do marco normativo básico de prevención dos riscos laborais e os dereitos e deberes básicos derivados desta materia, as consecuencias xurídicas das continxencias profesionais e no ámbito da Seguridade Social, así como as distintas responsabilidades administrativas e as súas consecuencias. En definitiva, trátase de crear conciencia e sensibilizar no terreo da prevención dos riscos laborais.
Dunha maneira máis detallada, trátase de que o alumnado:
- Coñeza e manexe a diversa normativa que regula o sistema español da Seguridade Social e a normativa supranacional aplicable, sendo capaz de ter unha actitude integradora e global na aplicación das normas.
- Coñeza os réximes da Seguridade Social en España, así como as peculiaridades de cada un deles e a súa distinción, tendo en conta que cada réxime está pensado para un colectivo determinado.
- Coñeza as obrigacións e os dereitos do empresario e do traballador en materia de Seguridade Social e as implicacións da prestación de servizos.
- Coñeza as situacións de “alta de pleno dereito” e saiba redactar documentos de alta, baixa e variación de datos na Seguridade Social.
- Coñeza a natureza e as funcións de cada un dos organismos que interveñen nas relacións da Seguridade Social, a responsabilidade e intervención de cada un deles e as particularidades procesuais da súa intervención.
- Coñeza as diferenzas entre obrigados e responsables da cotización e detecte as obrigacións de empresarios e traballadores por falta de cotización.
- Coñeza as bases e tipos aplicables a cada unha das continxencias protexidas e as bonificacións de determinadas modalidades contractuais.
- Coñeza a validez das cotizacións realizada fóra de España.
- Coñeza as distintas competencias en materia recadatoria, os mecanismos de abono das cotas, as responsabilidades pola falta de pagamento das cotas, o procedemento executivo de reclamación de cotas, os mecanismos para diferir o pago e os prazos de exercicio dos dereitos de reclamación.
- Sexa consciente de que calquera relación laboral leva consigo obrigacións de cotización á Seguridade Social e saiba valorar as consecuencias do non pago das cotas e a súa repercusión sobre a empresa.
- Coñeza as distintas prestacións sociais do sistema da Seguridade Social, as continxencias protexidas, o nivel de requisitos para cada unha, os responsables das prestacións en función do tipo de continxencia, o alcance e prestación da asistencia sanitaria e sexa capaz de elaborar escritos dirixidos aos órganos competentes para solicitar o recoñecemento de prestacións.
- Coñeza as prestacións por incapacidade temporal, lesións permanentes non invalidantes, incapacidade permanente, fillo a cargo, maternidade, xubilación, morte e supervivencia, etc.
- Ser capaz de detectar o alcance das secuelas para solicitar e discutir o grao de incapacidade.
- Coñeza os métodos de cálculo das distintas prestacións, a súa contía, duración, feito causante e suxeito responsable do pago.
- Coñeza os dereitos de protección ante o desemprego e os requisitos a cumprir para obter tal protección.
- Coñeza e manexe con soltura a normativa en materia de prevención dos riscos laborais e as consecuencias do seu incumprimento.
- Saiba asesorar ao cliente sobre as posibles prestacións ás que ten dereito e sobre a normativa de prevención dos riscos laborais, valorando, no seu caso, a oportunidade de exercer accións xudiciais.
Parte I. REGULACIÓN.
CONTIDOS:
1. Regulación.
2. Fontes normativas.
3. Especial referencia aos convenios bilaterais, multilaterais e á normativa da Unión Europea (regulamentos comunitarios).
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as principais características das normas que regulan o encadramento e a protección da Seguridade Social.
- Coñecer a normativa de aplicación no caso de prestación de servizos supranacionais.
- Coñecer os procedementos de recoñecemento de dereitos da Seguridade Social no ámbito da Unión Europea.
Habilidades:
- Manexar a diversa normativa que regula o sistema español de Seguridade Social.
- Manexar a normativa supranacional aplicable ás relacións da Seguridade Social.
- Integrar as lagoas legais no caso de aplicación de diversas normas concorrentes.
Actitudes:
- Ter presente a pluralidade normativa existente nas relacións da Seguridade Social.
- Valorar a oportunidade de acollemento a unha determinada regulación.
- Ter unha actitude integradora e global na aplicación de normas.
- Manter correctas relacións coas administracións públicas que interveñen nas relacións da Seguridade Social.
TAREFAS:
- Analizar, partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, diferentes supostos nos que sexa necesario aplicar as normas que regulan esta materia.
- Procurar, desde a "posta en escena" dun caso práctico real, que os alumnos razoen, dialoguen e coñezan os criterios xurisprudenciais sobre a normativa reguladora da materia.
- Analizar de maneira individualizada as fontes normativas que rexen o sistema da Seguridade Social.
- Formular un caso e redactar un informe sobre a normativa aplicable.
Parte II. O RÉXIME XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL E OS RÉXIMES ESPECIAIS.
CONTIDOS:
1. O réxime xeral.
2. Sistemas especiais.
3. Réximes especiais da Seguridade Social.
4. Especial referencia ao réxime do traballo autónomo.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer os réximes da Seguridade Social en España.
- Coñecer as peculiaridades de cada un deles e a súa distinción.
Habilidades:
- Detectar a norma aplicable en función do réxime da Seguridade Social aplicable.
- Observar globalmente o sistema da Seguridade Social español e aproximarse ás peculiaridades de cada un dos sistemas.
Actitudes:
- Evitar a aplicación de normas do réxime xeral a aqueles réximes que non o sexan.
- Ter presente que cada réxime está pensado para un colectivo determinado.
- Aproximarse ao distinto réxime de prestacións que se prevé para cada un dos réximes.
TAREFAS:
- Exercicios prácticos de utilización de prestacións en cada un dos réximes.
- Cualificar xuridicamente o encadramento correcto dos traballadores no réxime de Seguridade Social correspondente.
- Procurar, dende a "posta en escena" dun caso práctico real, que os alumnos/as razoen, dialoguen e coñezan os criterios legais e xurisprudenciais sobre a determinación do réxime de Seguridade Social que se lles expoña.
Parte III. ACTOS DE ENCADRAMENTO E PERMANENCIA NO SISTEMA DA SEGURIDADE SOCIAL.
CONTIDOS:
1. Inscrición, afiliación, altas e baixas.
2. Situacións asimiladas á alta.
3. O convenio especial coa Seguridade Social.
4. O INSS, o ISM, a TXSS, o Servizo Público de Saúde, as Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social: funcións e competencias.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as obrigacións e os dereitos do empresario e do traballador en materia de Seguridade Social.
- Coñecer as implicacións da prestación de servizos no ámbito da Seguridade Social.
- Coñecer as situacións de "alta de pleno dereito".
- Coñecer a natureza e as funcións de cada un dos organismos que interveñen nas relacións da Seguridade Social.
- Coñecer as particularidades procesuais da intervención de cada un dos citados organismos.
Habilidades:
- Detectar os requisitos que esixen determinadas prestacións en relación ca alta ou situación asimilada.
- Detectar as responsabilidades de cada un dos organismos que interveñen na relación da Seguridade Social e a súa lexitimación procesual.
Actitudes:
- Ter en conta as implicacións da Seguridade Social na relación laboral.
- Resaltar a importancia da alta ou da situación asimilada á alta para lucrar determinadas prestacións do sistema.
- Delimitar claramente a responsabilidade e a intervención de cada un dos organismos que interveñen na relación da Seguridade Social.
TAREFAS:
- Realizar escritos de petición e/ou reclamación ante os diferentes órganos: TXSS, INSS, etc.
- Formular diversos supostos sobre actos de encadramento e discutilos.
- Redactar reclamacións contra actos de encadramento defectuosos.
Parte IV. COTIZACIÓN.
CONTIDOS:
1. Suxeitos obrigados e responsables.
2. Bases e tipos de cotización: especial referencia á cotización dos contratos a tempo parcial.
3. A cota: reducións e bonificacións da cota en determinadas modalidades contractuais.
4. Validez das cotizacións en función da normativa internacional e comunitaria: correspondencia de prestacións.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as diferenzas entre obrigados e responsables da cotización.
- Coñecer as bases e os tipos aplicables a cada unha das continxencias protexidas.
- Coñecer as bonificacións de determinadas modalidades contractuais e analizar a súa oportunidade de acollemento.
- Coñecer a validez das cotizacións realizadas fóra de España.
Habilidades:
- Detectar as obrigacións dos empresarios e traballadores pola falta de cotización.
- Ter en conta os custos da Seguridade Social nos custos empresariais da relación laboral.
- Aprender a elixir a modalidade contractual a utilizar en función das bonificacións da Seguridade Social que existan.
- Aprender a calcular as cotas que se deberán ingresar.
Actitudes:
- Ser conscientes de que calquera relación laboral leva consigo unhas obrigacións de cotización á Seguridade Social.
- Ser conscientes da responsabilidade no pago das cotas.
- Actualización anual e permanente sobre as bonificacións á Seguridade Social como instrumento de fomento de emprego.
TAREFAS:
- Calcular os custos da Seguridade Social en función dos salarios e as bases.
- Manexar os tipos de cotización correspondentes ás distintas continxencias protexidas.
- Partindo de supostos reais, calcular os custos da Seguridade Social en determinadas reclamacións de cantidade.
- Realizar reclamacións contra actas de liquidación de cotas por parte da inspección de traballo.
Parte V. RECADACIÓN.
CONTIDOS:
1. Competencia.
2. Responsable do pago.
3. Ingreso: prazo, documentación e xustificación deste.
4. Falta de pagamento: reclamación de cotas, actas de liquidación e recadación en vía executiva.
5. Procedemento de constrinximento.
6. Aprazamento e fraccionamento de pago.
7. Prescrición.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as distintas competencias en materia recadatoria.
- Coñecer os mecanismos de abono das cotas á Seguridade Social.
- Coñecer as responsabilidades por falta de pagamento das cotas.
- Coñecer o procedemento executivo de reclamación de cotas da Seguridade Social.
- Coñecer os mecanismos para diferir o pago.
- Coñecer os prazos de exercicio dos dereitos de reclamación.
Habilidades:
- Dominar o procedemento de recadación de cotas da Seguridade Social.
- Manexar os mecanismos de reclamación en materia de recadación.
- Ser conscientes das posibilidades de aprazar ou fraccionar os pagos e a oportunidade de pedilos.
Actitudes:
- Ter sempre presentes os mecanismos de pago en prazo e forma das obrigacións da Seguridade Social.
- Valorar as consecuencias da falta de pagamento de cotas e a súa repercusión sobre a empresa.
- Valorar a concorrencia dos requisitos n ecesarios, en cada caso, para proceder ao aprazamento da débeda.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que se discuta, en función da causa ou motivo alegado, sobre a responsabilidade no pago das cotas da Seguridade Social.
- Redactar solicitudes de fraccionamento e/ou aprazamento de pago.
- Realizar reclamacións dentro do procedemento administrativo de recadación executiva.
Parte VI. PRESTACIÓNS DA SEGURIDADE SOCIAL (I).
CONTIDOS:
1. As prestacións non contributivas e contributivas. Especial referencia ao Ingreso Mínimo Vital (IMV).
2. Continxencias profesionais: o accidente de traballo e a enfermidade profesional.
3. As continxencias comúns.
4. Determinación de continxencias e responsabilidade das prestacións.
5. A asistencia sanitaria.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as distintas prestacións sociais do noso sistema da Seguridade Social.
- Coñecer as continxencias protexidas e o nivel de requisitos para cada unha en función da continxencia determinante.
- Coñecer o procedemento de determinación de continxencia no caso de discusión sobre esta.
- Coñecer os responsables das prestacións da Seguridade Social en función do tipo de continxencia.
- Coñecer o papel das Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social na cobertura dos riscos profesionais e dos riscos comúns.
- Coñecer o alcance e a prestación da asistencia sanitaria.
- Coñecer os distintos períodos ficticios de cotizacións a efectos de pensións.
Habilidades:
- Saber determinar, en función do cumprimento dos requisitos, o tipo de prestación que lles corresponde aos beneficiarios.
- Saber determinar o alcance e a protección das continxencias profesionais.
- Saber determinar o alcance, os requisitos e a protección que se outorgan ás continxencias comúns.
- Saber determinar que dereitos outorga a denominada asistencia sanitaria.
Actitudes:
- Detectar, en función dos feitos, a concorrencia de continxencias comúns ou profesionais.
- Discernir claramente as obrigacións formais por parte da empresa e do traballador, así como da entidade xestora ou colaboradora, que deben cumprirse en cada caso para prestar a asistencia requirida.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que se discuta, en función da causa ou motivo alegado, sobre a determinación de continxencia.
- Analizar a casuística, tendo en conta os precedentes xudiciais, sobre accidente de traballo.
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que se discuta a obrigación de prestar asistencia sanitaria e o seu alcance.
- Redactar escritos e reclamacións referidas ao procedemento de determinación de continxencia.
Parte VII. PRESTACIÓNS DA SEGURIDADE SOCIAL (II).
CONTIDOS:
1. As prestacións por fillo a cargo.
2. A incapacidade temporal: por continxencia común e profesional.
3. Protección da parentalidade: prestacións por nacemento e coidado de menor, prestacións por risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural.
4. Prestacións por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.
5. Lesións permanentes non invalidantes.
6. A responsabilidade empresarial por falta de cotización ou infracotización.
7. A automaticidade das prestacións.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as prestacións correspondentes por fillo a cargo.
- Coñecer o feito causante e as prestacións de incapacidade temporal, derivadas de continxencias comúns e profesionais.
- Coñecer as melloras voluntarias nas prestacións de incapacidade temporal con cargo á empresa.
- Coñecer o réxime de protección e o dereito a prestacións por nacemento e coidado de menor, por risco durante o embarazo e por risco durante a lactación natural.
- Coñecer o réxime de protección e o dereito ante situacións de lesións permanentes non invalidantes.
- Coñecer a responsabilidade empresarial neste tipo de prestacións no caso de falta de cotización ou infracotización.
- Coñecer o principio de automaticidade das prestacións da Seguridade Social a favor do traballador.
Habilidades:
- Saber elaborar escritos dirixidos aos organismos competentes para solicitar o recoñecemento de prestacións.
- Determinar con claridade os requisitos formais para o recoñecemento de prestacións e o seu abono.
- Determinar con claridade a responsabilidade no abono das diversas prestacións por parte de cada organismo.
- Detectar a importancia da continxencia profesional para o recoñecemento de prestacións.
Actitudes:
- Manexar con soltura os conceptos de continxencia protexida tendo presente o feito causante destas.
- Ser conscientes da responsabilidade que, en materia de prestacións, se lles pode imputar á empresa no caso de falta de cotización ou infracotización.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que se discuta, en función da causa ou motivo alegado, sobre a determinación de continxencia.
- Analizar a casuística, tendo en conta os precedentes xudiciais, sobre as prestacións analizadas neste bloque.
- Redactar escritos e reclamacións referidas ao procedemento de determinación de continxencia.
- Traballar sobre escritos reais de reclamacións previas.
- Estudo de informes médicos.
- Cualificar a pretensión partindo dun suposto previamente entregado.
- Proporcionar demandas sen «solicito» para redactalo.
- Redactar distintas solicitudes con peticións acumulativas, alternativas ou subsidiarias.
- Simulacións de xuízos: a) efectuar exercicios prácticos sobre posibles estratexias procesuais que adoptar contra a demanda (posibles excepcións, conformidade, etc.); b) practicar a técnica das alegacións (ratificación da demanda, contestación); c) exercicios sobre a fase de proba (proposición: especial atención á documental; práctica: estudo da proba documental contraria, técnica da pregunta e licitude da proba, etc.); d) técnica das conclusións (estrutura e resumo do esencial das pretensións e acreditación cos medios de proba practicados).
- Elaborar un protocolo persoal para acudir á vista.
- Formalizar e analizar os criterios xurisprudenciais ao respecto en vía de recurso.
Parte VIII. PRESTACIÓNS DA SEGURIDADE SOCIAL (III).
CONTIDOS:
1. A incapacidade permanente: graos, continxencia que a xera, base reguladora e prestación.
2. Responsabilidade empresarial por falta de alta, cotización e infracotización.
3. A recarga de prestacións en materia de Seguridade Social.
4. O SOVI.
5. Os compromisos de pensións e as melloras voluntarias das prestacións pactadas en convenio colectivo.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a incapacidade permanente en todos os seus graos.
- Coñecer os requisitos para causar esta pensión, en función da continxencia.
- Coñecer como se calcula a prestación correspondente e a súa contía.
- Aplicar a normativa comunitaria de Seguridade Social para o exame dos requisitos e o cálculo da prestación.
- Coñecer a responsabilidade da empresa nos casos de falta de alta ou de cotización defectuosa, así como nos casos de accidente de traballo por falta de medidas de seguridade.
- Coñecer o alcance e a natureza dos compromisos de pensións, así coma doutras melloras voluntarias pactadas en instrumentos negociais.
Habilidades:
- Ser capaz de detectar o alcance das secuelas para o efecto de solicitar e discutir o grao de incapacidade.
- Ser capaz de revisar o cumprimento dos requisitos para acceder ás prestacións analizadas.
- Detectar a posible responsabilidade empresarial e as súas consecuencias no feito causante.
Actitudes:- Manexar con soltura os conceptos de continxencia protexida tendo presente o seu feito causante.
- Ser conscientes da responsabilidade que en materia de prestacións pode imputárselle á empresa no caso de falta de cotización ou infracotización en relación con esta continxencia.
- Valorar a oportunidade de exercer accións xudiciais discutindo as continxencias estudadas ou os seus graos.
- Analizar a conveniencia de proba anticipada, en especial a pericial.
- Velar pola lectura e a corrección da acta de xuízo.
- Ter conciencia da rigorosidade dos sinalamentos e dos prazos.
- Preparar de forma responsable os procesos nos que se debe intervir como avogado da parte.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que se discuta, en función da causa ou motivo alegado, sobre a determinación de continxencia.
- Analizar a casuística, tendo en conta os precedentes xudiciais, sobre as prestacións analizadas neste bloque.
- Estudo de informes médicos e ditames do EVI.
- Redactar escritos e reclamacións referidas ao procedemento de determinación de continxencia.
- Traballar sobre escritos reais de reclamacións previas.
- Redactar distintas solicitudes con peticións acumulativas, alternativas ou subsidiarias.
- Simulacións de actuacións administrativas e procesuais.
Parte IX. PRESTACIÓNS DA SEGURIDADE SOCIAL (IV).
CONTIDOS:
1. Xubilación: concepto, beneficiarios, idade mínima e período de cotización.
2. Coeficientes redutores en réximes especiais.
3. Prestación económica: base reguladora e porcentaxe de pensión.
4. Contías máximas e mínimas da pensión.
5. Revalorización e complementos.
6. A xubilación anticipada. A xubilación parcial. A xubilación activa.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o sistema de protección por xubilación na Seguridade Social, con especial atención aos requisitos esixibles.
- Coñecer o método de cálculo da pensión resultante.
- Aplicar a normativa comunitaria de Seguridade Social para o exame dos requisitos e o cálculo da prestación.
- Coñecer as peculiaridades sobre idade e período de cotización por aplicación dos coeficientes reductores.
- Coñecer os requisitos e o réxime da xubilación parcial e da anticipada.
Habilidades:
- Ser capaz de analizar con detalle a concorrencia dos requisitos para causar esta pensión.
- Ser capaz de calcular a pensión resultante tendo en conta as bases que se acheguen e a idade do beneficiario.
- Aprender a discernir na pensión os diversos complementos e revalorizacións que se aplican sobre esta.
- Manexar con soltura os diversos conceptos que integran esta prestación.
- Manexar con soltura a aplicación dos coeficientes reductores e a súa incidencia na pensión de xubilación.
Actitudes:
- Ponderar a conveniencia de acceder a sistemas de xubilación anticipada ou parcial e a súa incidencia futura.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que se discuta, en función da idade e outras circunstancias, sobre o dereito ao acceso á prestación de xubilación.
- Analizar a casuística, tendo en conta os precedentes xudiciais, sobre as prestacións analizadas neste bloque.
- Realizar follas de cálculo da base reguladora.
- Traballar sobre escritos reais de reclamacións previas.
- Redactar distintas solicitudes con peticións acumulativas, alternativas ou subsidiarias.
- Simulacións de actuacións administrativas e procesuais.
Parte X. PRESTACIÓNS DA SEGURIDADE SOCIAL (V).
CONTIDOS:
1. Morte e supervivencia: Auxilio por defunción. Pensión de viuvez. Pensión de orfandade. Pensión a favor de familiares. Subsidio temporal a favor de fillos e irmáns. Indemnización especial no caso de falecemento por continxencia profesional.
2. O seguro de vida pactado en convenio colectivo.
3. O recargo de prestacións en materia de Seguridade Social.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as prestacións da Seguridade Social pola morte da persoa traballadora.
- Coñecer os requisitos e método de cálculo das distintas prestacións que se poden xerar, a súa contía e duración.
- Coñecer os dereitos que outorgan as melloras voluntarias da Seguridade Social pactadas en convenio.
Habilidades:
- Detectar o elenco de prestacións da seguridade social e as melloras convencionais que xorden tras a morte.
- Prever os posibles beneficiarios desta, así como os distintos responsables no seu pago.
- Manexar con soltura os diversos conceptos que integran esta prestación.
- Manexar os requisitos que deben cumprir os posibles beneficiarios.
Actitudes:
- Concienciar ás empresas da responsabilidade da falta de cumprimento das obrigacións convencionais, en especial á referida ao seguro de vida.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que se discuta a procedencia ou cuantía das diversas prestacións.
- Analizar a casuística, tendo en conta os precedentes xudiciais, sobre as prestacións analizadas neste bloque.
- Redactar escritos e reclamacións referidas aos procedementos de recoñecemento destas prestacións.
- Traballar sobre escritos reais de reclamacións previas.
- Redactar distintas solicitudes con peticións acumulativas, alternativas ou subsidiarias.
- Simulacións de actuacións administrativas e procesuais.
Parte XI. PROTECCIÓN POR DESEMPREGO.
CONTIDOS:
1. Prestacións a nivel contributivo e non contributivo.
2. O desemprego contributivo: situación legal de desemprego, base reguladora, contía e duración.
3. O subsidio por desemprego: clases, duración e contía.
4. A protección por desemprego a nivel internacional: exportación de prestacións.
5. Conexión con outras prestacións.
6. A protección do cesamento de actividade nos traballadores por conta propia ou autónomos.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a protección da seguridade social ante a continxencia do desemprego.
- Coñecer o método de cálculo da prestación contributiva e importe da asistencial.
- Coñecer a dinámica da protección por desemprego fóra de España.
Habilidades:
- Detectar e recoñecer as situacións legais de desemprego.
- Calcular a duración da prestación e a súa contía, así como os métodos de cálculo.
- Manexar con soltura os diversos conceptos que integran esta prestación, así como a dinámica da mesma.
- Manexar os requisitos que se deben cumprir para ter dereito a tal protección.
Actitudes:
- Asesorar debidamente en relación coas prestacións por desemprego.
TAREFAS:
- Realizar supostos prácticos en que deba aplicarse a normativa correspondente (dereito, duración, contía...).
- Debater sobre os problemas máis habituais que aparecen nestas prestacións.
- Analizar a casuística, tendo en conta os precedentes xudiciais, sobre protección por desemprego.
- Coñecer e analizar a dinámica propia das prestacións e a súa relación con outras prestacións da Seguridade Social: incapacidade temporal, maternidad, etc.
- Traballar sobre escritos reais de reclamacións.
- Examinar actas de xuízos e sentenzas.
- Proporcionar resolucións administrativas reais para redactar as preceptivas reclamacións previas e as demandas debidamente fundamentadas.
- Simulación de actuacións procesuais.
Parte XII. A PREVENCIÓN DOS RISCOS LABORAIS: CONCEPTOS BÁSICOS E MARCO NORMATIVO.
CONTIDOS:
1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
2. O traballo e a saúde: os riscos profesionais e os danos derivados do traballo.
3. Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais.
4. Dereitos e deberes do empresario.
5. Dereitos e deberes dos traballadores.
6. A responsabili dade do empresario ante o accidente do traballo.
OBXECTIVOS:
Coñecementos
- Adquirir os coñecementos necesarios para entender os conceptos básicos da prevención dos riscos laborais.
- Coñecer a normativa que regula a prevención dos riscos laborais.
- Coñecer os dereitos e os deberes de empresarios e traballadores no ámbito da prevención dos riscos laborais.
- Coñecer o alcance da responsabilidade empresarial ante o accidente de traballo.
Habilidades:
- Detectar a importancia da prevención de riscos laborais no ámbito da empresa.
- Distinguir os factores de risco para a saúde laboral.
- Manexar a diversa normativa que regula o sistema español de prevención dos riscos laborais.
- Detectar as obrigacións dos empresarios e dos traballadores no ámbito da prevención dos riscos laborais.
Actitudes:
- Concienciar e sensibilizar da importancia da prevención dos riscos laborais.
- Manexar os conceptos básicos en materia de prevención dos riscos laborais.
- Detectar as situacións de risco na empresa.
- Saber aplicar a normativa que regula o sistema de prevención dos riscos laborais.
- Delimitar claramente a responsabilidade do empresario e a do traballador.
TAREFAS:
- Realizar supostos prácticos en que deba aplicarse a normativa correspondente.
- Analizar a casuística sobre os distintos factores de risco no traballo.
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que se discutan os dereitos e deberes de empresarios e de traballadores na prevención dos riscos laborais.
Parte XIII. AS CONSECUENCIAS XURÍDICAS DAS CONTINXENCIAS PROFESIONAIS POR INFRACCIÓN DA PREVENCIÓN DOS RISCOS LABORAIS.
CONTIDOS:
1. Consecuencias xurídicas das continxencias profesionais: relevancia penal, civil e laboral das infraccións en materia de prevención dos riscos laborais.
2. Infraccións en materia de prevención dos riscos laborais: a responsabilidade administrativa.
3. Consecuencias no ámbito da Seguridade Social: a recarga de prestacións.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as consecuencias xurídicas derivadas dos incumprimentos en materia de prevención dos riscos laborais.
- Coñecer as principais normas que regulan a responsabilidade por infracción da prevención dos riscos laborais.
Habilidades:
- Detectar as diferentes infraccións no ámbito da prevención dos riscos laborais.
- Manexar a normativa aplicable segundo o tipo de infracción.
- Detectar as posibles responsabilidades de empresarios e traballadores e as súas consecuencias xurídicas.
Actitudes:
- Valorar as consecuencias das infraccións en materia de prevención dos riscos laborais.
- Concienciar sobre a prevención e ilustrar sobre as infraccións e os seus efectos.
TAREFAS:
- Realizar supostos prácticos en que deba aplicarse a normativa correspondente.
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que se distingan as distintas responsabilidades (penal, civil, laboral, administrativa e de Seguridade Social).
NORMATIVA:
- Compendio de lexislación da Seguridade Social, debidamente actualizado.
- Lei reguladora da xurisdición social, debidamente actualizada.
- Compendio de lexislación en materia de prevención de riscos laborais, debidamente actualizado.
DOUTRINA:
BLASCO LAHOZ, J. F. e LÓPEZ GANDÍA, J., Curso de Seguridad Social, Ed. Tirant lo Blanch (Valencia), última edición.
IGARTUA MIRÓ, Mª. T., Sistema de prevención de riesgos laborales, Ed. Tecnos, última edición.
ROMERO RODENAS, Mª.J., TARANCÓN PÉREZ, E., Manual de prestaciones básicas del régimen general de la Seguridade Social, Ed. Bomarzo, última edición.
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais proporcionadas polo servizo de biblioteca da USC e do ICA Santiago. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, El Derecho, Lex.gal, entre outras.
Co estudo desta materia o alumnado obterá unha serie de coñecementos básicos que lle permitirán enfrontar calquera cuestión xurídico-laboral relacionada co ámbito xurídico da Seguridade Social, tanto no que respecta a coñecer e saber diferenciar os diversos actos administrativos de encadramento ou afiliación, como ás obrigacións e aos dereitos que a Seguridade Social recoñece derivados da afiliación e da cotización.
Unha vez manexados tales conceptos faise preciso profundar nas diversas prestacións que o sistema da Seguridade Social recoñece, para que o alumno teña claro todo o esquema de protección social que se ofrece, coñecendo cales son os requisitos de acceso ás diversas prestacións que entran dentro do ámbito de protección e cales son as prestacións concretas que se lles recoñecen aos beneficiarios.
Coñecer o alcance da protección contributiva e a non contributiva, e continuar co estudo pormenorizado das prestacións sanitarias, recuperadoras, substitutivas de renda e, en definitiva, clarificar a dinámica de cada prestación individualmente considerada, así como os mecanismos de recoñecemento, reclamación e revisión tanto en vía administrativa como en vía xudicial.
Coa súa participación nas clases prácticas obterá unha visión global da Seguridade Social e en concreto do proceso de Seguridade Social, afrontando os problemas máis habituais que presenta o recoñecemento destes dereitos e as estratexias para afrontar o seu recoñecemento xudicial. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundamentada e para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expoñer os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
No que respecta á prevención de riscos laborais, o alumnado detectará as situacións máis comúns de risco no traballo e coñecerá os dereitos e os deberes básicos de empresarios e traballadores en materia preventiva, así como a normativa básica aplicable nos respectivos postos de traballo. O obxectivo global é concienciar sobre o benestar no traballo e conseguir unha contorna de traballo de calidade, e para iso a través de supostos prácticos incidirase na importancia do cumprimento das normas de prevención dos riscos laborais e das consecuencias do seu incumprimento.
Máis concretamente:
Competencias básicas (CB)
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en medida autodirigido ou autónomo.
Competencias xerais (CG)
CG1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3. Motivación pola calidade e excelencia profesional.
CG4. Capacidade de organización e planificación.
CG5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, desde unha perspectiva solidaria.
CG6. Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8. Capacidade de resolución de problemas.
CG9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT)
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios de alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE)
CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos en orde á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2. Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
CE4. Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
CE7. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8. Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución na que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedi mental.
CE14. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15. Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Para conseguir que o alumnado adquira as competencias esixidas e os obxectivos propostos, a metodoloxía e a programación basearanse nunha formación participativa e na asimilación progresiva de experiencias e argumentos xurídicos. Existe un cambio de mentalidade importante, xa que se trata de potenciar todas as capacidades do alumno/a, principalmente as habilidades, as técnicas e as actitudes necesarias para o exercicio profesional. O alumno/a pasa de ser un simple espectador pasivo a converterse nun protagonista activo da súa propia formación. Preténdese tamén que o trato sexa o máis personalizado posible, para conseguir unha formación de calidade.
Trátase de axudar aos alumnos/as a que “aprendan a aprender” as claves para resolver calquera problema que se lles presente relacionado cos contidos da materia, tanto no ámbito substantivo como no procesual, cuxo contido básico dáse por suposto, dada a súa condición de licenciados ou graduados en Dereito. Partindo da base teórica xa adquirida na Facultade, perséguese que o profesorado se centre nas cuestións prácticas máis habituais e nos aspectos de máis interese profesional, atendida a frecuencia coa que se presentan na vida profesional cotiá.
Seguirase con preferencia o método do caso, servindo este como medio para que o alumno/a consiga os obxectivos previstos. Traballarase con casos extraídos ou inspirados na realidade, coas súas diferentes variables e co tratamento da xurisprudencia e da doutrina. Cando sexa preciso, combinaranse outros métodos. Ademais das simulacións, tamén se empregarán outras técnicas coas que o alumno/a leve a cabo as mesmas actividades que despois deberá realizar como avogado, tanto nas relacións co seu ámbito como no estudo e na resolución dos casos que se lle encomenden, sempre baixo un prisma eminentemente práctico e deontolóxico, e sen esquecer a vertente extraxudicial e de asesoramento xurídico, así como un enfoque global da profesión.
Por tanto, a análise e a resolución dos asuntos por parte do alumno/a, a elaboración de escritos procesuais e extraxudiciais, así como a preparación das alegacións e dos interrogatorios orais, son os sistemas habituais de traballo. Isto significa que o alumnado debe responsabilizarse de preparar adecuadamente os contidos concretos que serán obxecto de análise nas clases, así como de resolver os casos que o profesorado lle formule. Tamén, de ser o caso, os primeiros días de impartición da materia efectuarse un control de coñecementos sobre os contidos da materia para comprobar o nivel inicial de coñecementos dos alumnos.
Deste xeito, as actividades formativas que se realizarán na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, suscita cada tema; presentaranse os supostos prácticos que deberán resolver, os temas e as cuestións que deberán expoñer ou debater e os traballos que terán que realizar.
b) Docencia interactiva: Analizaranse e resolveranse os problemas formulados, efectuarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, os debates e as simulacións das actuacións profesionais que se programen. De ser o caso, programaranse visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional.
Tanto nas clases expositivas como nas interactivas, utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual ou colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Preténdese que o alumnado estude a situación, defina os problemas, chegue ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contraste ideas e sexa quen de defendelas e reelaboralas con novas achegas.
c) Titorías: Nelas orientarase ao alumnado para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e coas actividades da materia. En particular, orientaráselles na procura bibliográfica, realización de traballos e documentos profesionais, preparación de exposicións e de intervencións profesionais orais, revisión de prácticas, etc.
Os horarios de titorías serán fixados por cada docente e dados a coñecer con suficiente antelación ao alumnado. En todo caso, á finalización de cada clase o alumno/a poderá acordar co docente o momento máis idóneo para recibir o apoio necesario.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
a) Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
b) Busca de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
c) Asistencia a xuízos e a outras actividades programadas polo profesorado.
d) Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
e) Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
f) Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
g) Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
h) Participar periodicamente nos programas de titorías.
A actividade presencial complementarase co soporte virtual ofrecido a través da plataforma USC VIRTUAL e da plataforma da Escola de Práctica Xurídica, por medio das que se ofrecerán os materiais referidos aos contidos e aos supostos prácticos das diferentes partes que configuran a materia; ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento; recolleranse os traballos realizados polos alumnos; realizaranse probas de autoevaluación; habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais e remitiranse as cualificacións ao alumnado.
A) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe do alumnado utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% de asistencia real para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas indicadas obterase o 100 % da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a tramitación de actuacións profesionais simuladas e exposicións orais un 30%, a realización de probas teórico-prácticas un 30%, a elaboración e presentación de traballos escritos un 30%.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece as partes esenciais do programa. Aos alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para que, de non superar esta avaliación, poidan presentarse ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases, serán valoradas. Por tanto, para que o alumno figure como “non presentado” na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
B) Exame final
Os/as alumnos as que non superen o sistema de avaliación continua poderán realizar un exame final. Para acceder ao devandito exame é necesario acreditar unha asistencia real ás clases superior ao 60% das sesións impartidas. Unha porcentaxe inferior de asistencia conleva a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola comisión académica do Máster. Consistirá nunha proba de coñecementos e na resolución de varios supostos prácticos de diferente tipoloxía: preguntas tipo test, preguntas curtas, casos prácticos, elaboración de documentos profesionais e/ou informes xurídicos, actuacións profesionais orais, etc. A finalidade deste exame é comprobar que o/a alumno/a adquirise os coñecementos, habilidades e destrezas propios da materia e que é capaz de aplicalos a situacións de índole profesional.
O alumnado que acredite imposibilidade sobrevinda de asistir ás clases poderá solicitar a dispensa de asistencia. En tal caso, corresponderá á comisión académica do máster decidir acerca de dita solicitude. Para iso, a comisión deberá valorar especialmente, entre outros aspectos, se os coñecementos, habilidades e actitudes que o alumnado debe adquirir coa materia esixen necesariamente a asistencia presencial, á vista do seu contido eminentemente práctico, a metodoloxía empregada, as actividades para realizar, etc. Como regra xeral, todas as materias do máster presentan un elevado compoñente práctico, que esixe a presenza do alumnado para adquirir as competencias esixidas e os obxectivos propostos. No caso de ser concedida a dispensa de asistencia ás clases, o profesorado da materia deberá encomendar ao alumnado a realización das tarefas alternativas que considere necesarias para garantir a aprendizaxe, en condicións semellantes ao esixido ao resto dos compañeiros/as, entre as que se poderá incluír tamén a realización dun exame.
C) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que ou alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia de "Práctica xurídica laboral II" ten un total de tres créditos.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 24
Horas non presenciais: 51
Volume de traballo mínimo: 75
Antes de iniciarse ao estudo desta materia o/a alumno/a debe repasar e actualizarse nos coñecementos impartidos durante o grao en Dereito, sobre os contidos que son propios desta materia. Resulta aconsellable tamén ter aprobada a materia de Práctica Xurídica Laboral I que se imparte no primeiro semestre do máster.
A preparación idónea da materia aconsella que o alumnado asista ás clases provisto do material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema previamente lido e cos traballos encomendados xa realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, desde o primeiro día de clase trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles; e ten o hábito de preguntar nas clases todas as súas dúbidas.
Pedro Blanco Lobeiras
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- pedro.blanco.loberias [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
M. Victoria Regueira Rodríguez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- victoria.regueira [at] rai.usc.gal
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Emilio Fernandez De Mata
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- emilio.fernandez.demata [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Lara Maria Munin Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Correo electrónico
- lara.munin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Paula Méndez Domínguez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- paula.mendez.dominguez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h