Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Área externa M.U en Avogacía, Dereito Penal, Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A formación nesta materia ten por obxecto que o/a alumno/a adquira os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes necesarias para un adecuado exercicio profesional nos ámbitos específicos do dereito penal, a responsabilidade penal dos menores e os delitos relacionados coa violencia de xénero, profundando desta maneira e completando os coñecementos e habilidades adquiridas na materia de "Práctica xurídica penal I".
O estudante deberá adquirir os seguintes coñecementos, habilidades e aptitudes:
- Elaborar correctamente as distintas peticións de execución de sentenza en relación coas alternativas á pena de prisión, substitución de penas e indulto.
- Coñecer as diferentes fases que leva consigo a execución completa dunha sentenza penal que condena a unha pena privativa de liberdade.
- Distinguir as funcións da administración penitenciaria e do xulgado de vixilancia penitenciaria.
- Coñecer os dereitos e beneficios penitenciarios dos internos, segundo os diferentes casos.
- Saber adoptar a mellor postura para o seu cliente para a execución da sentenza e a eficaz defensa dos seus dereitos.
- Saber formular os correspondentes trámites e escritos na defensa dos dereitos do seu cliente, tanto na vía administrativa na xudicial.
- Coñecer o ámbito da xurisdición penal de menores, os principios que a inspiran e o papel que desempeñan os diferentes intervenientes.
- Obter unha visión xeral do procedemento de menores, que permita prever os seus trámites e os seus prazos, co fin de planificar, desde o inicio, a actividade da defensa que se ha de levar a cabo, para lograr o resultado pretendido en relación cos intereses do cliente.
- Saber realizar as principais actuacións propias da defensa no procedemento de menores.
- Coñecer o catálogo de medidas a impoñer e a finalidade de cada unha delas, así como a importancia da peza de responsabilidade civil.
- Diferenciar entre violencia de xénero e violencia doméstica e adquirir unha sensibilidade especial nesta materia.
- Coñecer a resposta institucional á violencia de xénero, a actuación dos diferentes profesionais (policía, médicos, letrados, fiscalía, tribunal) e protocolos existentes ante estas situacións, e os dereitos e axudas para as vítimas.
- Coñecer as particularidades xurídicas dos tipos delituosos relacionados coa violencia de xénero e os principais problemas interpretativos que presentan, así como as penas e medidas de seguridade aplicables.
- Coñecer as especialidades procesuais da investigación e do axuizamento (en particular, a orde de protección e a proba da violencia física e psíquica) dos delitos de violencia de xénero e saber desenvolverse nos diferentes trámites e comparecencias, con especial atención á orde de protección e ás probas a practicar.
Parte I: DEREITO PENITENCIARIO.
CONTIDOS:
1. Organismos penitenciarios.
2. Funcións do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria.
3. Ingreso en prisión. Programas e tratamento penitenciario.
4. Clasificación do penado. Sistema progresivo e clasificación en graos. Consecuencias da clasificación. Réxime aberto. O ingreso directo en réxime aberto.
5. A liberdade condicional e a súa posible revogación. Refundición e acumulación de condenas.
6. Comunicacións. Permisos de saída.
7. Réxime disciplinario: o expediente sancionador. Sancións e recompensas penitenciarias.
8. Dereitos, beneficios, solicitudes e recursos. Especial referencia á asistencia sanitaria e traballo remunerado en prisión; ao lugar de cumprimento, traslados e conducións; cacheo e rexistro de celas; medios coercitivos e recontos.
9. Licenciamento definitivo.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Execución da sentenza penal.
- Órganos competentes. Diferenzas.
- Funcionamento da Administración penitenciaria.
- O Xulgado de Vixilancia Penitenciaria.
- A defensa na execución de sentenza penal.
Habilidades:
- Posturas que é necesario adoptar na execución de sentenza en condición de avogados.
- Formulación de escritos.
Actitudes:
- Formulación de recursos.
- Comprensión do funcionamento da Administración Penitenciaria.
- Asesoramento en materia penitenciaria.
TAREFAS:
- Formulación de escritos que conteñan peticións en materia penitenciaria.
- Formulación de recursos ante o órgano sentenciador ou ante a Administración penitenciaria, segundo os casos.
Parte II: RESPONSABILIDADE PENAL DO MENOR.
CONTIDOS:
1. A LO 5/2000: a) Ámbito de aplicación da lei; b) Principios; c) As fiscalías especializadas en menores; d) Os xuíces de menores; e) Os equipos técnicos de menores; f) Os dereitos das vítimas e dos prexudicados;
2. Procedemento:
a) Instrución: Incoación. A actuación instrutora do Ministerio Fiscal. Participación do menor e do prexudicado. Informe do Equipo Técnico. As diferentes posibilidades de arquivo ou sobresemento.
b) A conclusión da instrución e remisión do expediente ao Xulgado de Menores, especial referencia aos escritos de alegacións e ás alternativas contrarias á celebración da audiencia.
c) As medidas cautelares.
d) A fase de audiencia: Actuacións previas. Sentenza de conformidade. Celebración da audiencia: contido.
e) A sentenza: Contido. Suspensión da execución do fallo.
3. Os diferentes tipos de medidas susceptibles de ser impostas e as súas regras.
4. Os recursos contra resolucións do fiscal e do xuíz.
5. A execución da sentenza: A competencia xudicial e administrativa (especial referencia ás competencias das comunidades autónomas). Quebrantamento. Substitución.
6. A responsabilidade civil.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Ámbito da xurisdición de menores. Principios desta.
- Coñecemento dos intervenientes e a súa función.
- Medidas que é necesario adoptar con menores. Principios.
- Funcionamento do proceso penal de menores.
Habilidades:
- Realización de escritos procesuais na xurisdición de menores.
- Enfoque dunha defensa ou dunha acusación en materia de menores.
Actitudes:
- Asesoramento en materia de menores.
- Coñecemento do sistema de execución de medidas.
TAREFAS:
- Casos prácticos.
- Formulación de escritos ante a fiscalía e o xulgado de menores.
Parte III: VIOLENCIA DOMÉSTICA E DE XÉNERO.
CONTIDOS:
1. Lexislación e actuación política en materia de igualdade: a) Lexislación; b) Programas de actuación vixentes, en especial as oficinas de asesoramento municipais, os servizos de asesoramento e defensa do Instituto da Muller, as casas de acollida, etc; c) Axudas, dereitos laborais e dereitos das estranxeiras vítimas de violencia de xénero; d) Mecanismos de control e seguimento da vítima de malos tratos.
2. Consecuencias xurídicas da violencia doméstica e de xénero: a) Diferenzas entre ambas; b) Referencia ás consecuencias civís; c) Consecuencias penais: a habitualidade; as circunstancias modificábeis da responsabilidade; as penas e medidas de seguridade aplicables e o seu quebrantamento.
3. A asistencia xurídica ás vítimas de violencia de xénero. A participación policial ante a violencia de xénero. As funcións e a actuación dos servizos médicos de urxencia e do médico forense. A intervención do Ministerio Fiscal nos procesos de violencia de xénero.
4. A medida cautelar de afastamento; asistencia letrada á vítima; e intervención do Ministerio Fiscal. Medidas civís cando existen menores vítimas, xa sexa directa ou indirectamente.
5. Procedemento xudicial en materia de violencia doméstica e de xénero: a) Competencia obxectiva, funcional e territorial; b) Principais actuacións a ter en conta na fase de instrución. Art. 416 LACrim dereito de dispensa; c) Medidas preventivas e de protección das vítimas de violencia de xénero, en particular, a orde de protección ás vítimas; d) Particularidades das fases intermedia e de xuízo oral, en especial os aspectos probatorios. Dereito de dispensa; e) Os xuízos rápidos.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Diferenzas entre a violencia doméstica e a violencia de xénero no Código penal.
- Tratamento procesual de ámbalas formas de violencia.
- Medidas cautelares.
- Competencia do Xulgado de violencia.
- Xuízos rápidos.
- Tratamento asistencial e psicolóxico da muller maltratada.
- Recordatorio do funcionamento da xurisdición penal.
Habilidades:
- Coñecementos do funcionamento da xurisdición penal.
- Redacción de escritos procesuais.
- Diferenza entre violencia de xénero e doméstica.
Actitudes:
- Sensibilidade ante a materia.
- Formulación de escritos procesuais.
TAREFAS:
- Casos prácticos sobre a materia.
- Xuízos penais simulados.
NORMATIVA:
- Código penal, con disposicións complementarias
- Lei de axuizamento criminal, con disposicións complementarias
- Lei orgánica do poder xudicial, con disposicións complementarias
- Lei orgánica xeral penitenciaria
- Regulamento penitenciario de desenvolvemento e execución da LO 1/1979
- Lei orgánica reguladora da responsabilidade penal de menores
- Lei de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
DOUTRINA;
PENAL:
ABEL SOUTO, M., Teorías de la pena y límites al "ius puniendi" desde el Estado democrático, Dilex, Madrid, 2006.
ABEL SOUTO, M., La pena de localización permanente, Comares, Granada, 2008.
ABEL SOUTO, M., La suspensión de la ejecución de la pena tras la Ley orgánica 1/2015, Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
ABEL SOUTO, M., "Las medidas del nuevo Derecho penal juvenil", en Actualidad Penal, nº 6, 2002, pp. 105-164.
ABEL SOUTO, M., "Internamientos penales de menores en la Ley orgánica 5/2000 y su reglamento de 30 de julio de 2004", en Anuario de Derecho Penal y Ciencias Penales, LXVII, 2006, pp. 99-106.
BUENO ARUS (coord.), Ley general penitenciaria. Comentarios, jurisprudencia, concordancias, doctrina, Ed. Colex (última edición).
CERVELLÓ DONDERIS, Derecho penitenciario, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
DÍEZ RIPOLLÉS, Derecho penal español, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
GÓMEZ RIVERO, M. C. (coord.), Nociones fundamentales de Derecho penal. Parte general, Tecnos, Madrid, 2022.
GÓMEZ RIVERO, M. C. (coord.), Nociones fundamentales de Derecho penal. Parte especial, tomos I y II, Tecnos, Madrid, 2022.
GÓMEZ TOMILLO, M. (dir.), Comentarios prácticos al Código penal. Tomo I, Parte general, artículos 1-137, Ed. Aranzadi, Cizur Menor, Pamplona (última edición).
GONZÁLEZ CUSSAC / CUERDA AMAU Y OTROS, Estudios sobre la responsabilidad penal del menor, Ed. Univ. Jaume I (última edición).
JUANATEY DORADO, Manual de Derecho penitenciario, Iustel (última edición).
MUÑOZ CONDE, Derecho Penal, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
ORTS BERENGUER / GONZÁLEZ CUSSAC, Compendio de Derecho penal, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
RODRÍGUEZ ALONSO / RODRÍGUEZ AVILÉS, Lecciones de Derecho penitenciario, Ed. Comares (última edición).
VIVES ANTÓN Y OTROS, Derecho Penal, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
PROCESUAL:
AA.VV., La ejecución de sentencias en el proceso penal, Ed. Aranzadi (última edición).
CERVELLÓ DONDERIS, La responsabilidad penal del menor, Ed. Tecnos (última edición).
GIMENO SENDRA, Derecho Procesal Penal, Ed. Castillo de Luna (última edición).
GRANDE SEARA / GONZÁLEZ PILLADO, La justicia penal ante la violencia de género ejercida por menores, Ed. Tiant lo blanch (última edicion).
LAGUNA PONTANILLA, Claves prácticas de los procesos por violencia de género, Ed. Aranzadi (última edición).
MAGRO SERVET Y OTROS, Guía práctica del menor y de la violencia de género y doméstica, Ed. La Ley (última edición).
MARTINEZ PARDO, La ejecución de las medidas en el proceso de menores, Ed. Tiant lo blanch (última edición).
MONTERO AROCA /GÓMEZ COLOMER / BARONA VILAR / ESPARZA LEIBAR / ETXEBARRÍA GUIRIDI, Derecho Jurisdiccional III. Procesal Penal, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
MORENO CATENA / CORTÉS DOMÍNGUEZ, Derecho Procesal Penal, Ed. Tirant lo blanch (última edición).
NAVARRO GARCÍA, El Juez de Vigilancia Penitenciaria y las medidas de seguridad, Ed. CGPJ (última edición).
PÉREZ MARTELL, El proceso del menor: Ley orgánica de responsabilidad penal del menor, Ed. Aranzadi (última edición).
VÁZQUEZ PORTOMEÑE (dir.), Violencia contra la mujer: Manual de Derecho penal y proceso penal, adaptado a la Ley 1/2015, de reforma del Código Penal, Valencia, Tirant lo Blanch, 2016.
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia y a outros recursos a través das bases de datos máis habituais por medio do servizo de biblioteca da USC e do ICA Santiago. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, etc.
Co estudo desta materia o alumnado profundará e completará os coñecementos e habilidades obtidas na materia de "Práctica Xurídica Penal I", encamiñándoo a perfeccionar o exercicio profesional nas tarefas de asesoramento e defensa no ámbito penal das persoas privadas de liberdade por resolución xudicial, dos maiores de 14 anos e menores de 18 que cometan feitos delituosos, e das vítimas de violencia de xénero.
Manexará deste xeito con fluidez as particularidades substantivas e procesuais que presenta o asesoramento e defensa das persoas que integran estes colectivos, capacitándose para:
- Comprender os instrumentos e especialidades que desde a perspectiva do Dereito penal e do Dereito procesual penal se dan en certos ámbitos seleccionados pola súa relevancia tanto social como desde a práctica profesional.
- Redactar documentos xurídicos, dirixir procedementos penais e exercer correctamente a profesión nos ámbitos referenciados.
- Distinguir o procedemento a seguir en función do feito para axuizar e as súas especialidades.
- Ser consciente das actuacións a seguir nos procesos de violencia de xénero, en particular respecto da orde de protección e resto de medidas que poden adoptarse.
- Coñecer as especialidades substantivas e procesuais no ámbito dos menores.
- Elaborar estratexias de defensa para garantir os dereitos dos reclusos.
Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarao coa terminoloxía procesual e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e unha técnica máis correcta.
Coa súa participación nas clases prácticas obterá unha visión global do proceso penal e dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas, e comprobará a súa aplicación en situacións reais, así como as distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expoñer os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
Máis concretamente:
Competencias básicas (CB)
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais (CG)
CG1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3. Motivación pola calidade e excelencia profesional.
CG4. Capacidade de organización e planificación.
CG5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, desde unha perspectiva solidaria.
CG6. Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8. Capacidade de resolución de problemas.
CG9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT)
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios de alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE)
CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos en orde á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2. Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
CE4. Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
CE7. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8. Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución na que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental.
CE14. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15. Saber desenvolver habilida des e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Para conseguir que o alumnado adquira as competencias esixidas e os obxectivos propostos, a metodoloxía e a programación basearanse nunha formación participativa e na asimilación progresiva de experiencias e argumentos xurídicos. Existe un cambio de mentalidade importante, xa que se trata de potenciar todas as capacidades do alumno/a, principalmente as habilidades, as técnicas e as actitudes necesarias para o exercicio profesional. O alumno/a pasa de ser un simple espectador pasivo a converterse nun protagonista activo da súa propia formación. Preténdese tamén que o trato sexa o máis personalizado posible, para conseguir unha formación de calidade.
Trátase de axudar os alumnos/as a que "aprendan a aprender" as claves para resolver calquera problema que se lles presente relacionado cos contidos da materia, tanto no ámbito substantivo como no procesual, cuxo contido básico dáse por suposto, dada a súa condición de licenciados ou graduados en Dereito. Partindo da base teórica xa adquirida na Facultade, perséguese que o profesorado se centre nas cuestións prácticas máis habituais e nos aspectos de máis interese profesional, atendida a frecuencia coa que se presentan na vida profesional cotiá.
Seguirase con preferencia o método do caso, servindo este como medio para que o/a alumno/a consiga os obxectivos previstos. Traballarase con casos extraídos ou inspirados na realidade, coas súas diferentes variables e co tratamento da xurisprudencia e da doutrina. Cando sexa preciso, combinaranse outros métodos. Ademais das simulacións, tamén se empregarán outras técnicas coas que o alumno/a leve a cabo as mesmas actividades que despois deberá realizar como avogado/a, tanto nas relacións co seu ámbito como no estudo e na resolución dos casos que se lle encomenden, sempre baixo un prisma eminentemente práctico e deontolóxico, e sen esquecer a vertente extraxudicial e de asesoramento xurídico, así como un enfoque global da profesión.
Por tanto, a análise e a resolución dos asuntos por parte do alumno/a, a elaboración de escritos procesuais e extraxudiciais, así como a preparación das alegacións e dos interrogatorios orais, son os sistemas habituais de traballo. Isto significa que o alumnado debe responsabilizarse de preparar adecuadamente os contidos concretos que serán obxecto de análise nas clases, así como de resolver os casos que o profesorado lle formule. Tamén, de ser o caso, os primeiros días de impartición da materia efectuarase un control de coñecementos sobre os contidos da materia para comprobar o nivel inicial de coñecementos dos alumnos.
Deste xeito, as actividades formativas que se realizarán na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, suscita cada tema; presentaranse os supostos prácticos que deberán resolver os alumnos, os temas e as cuestións que deberán expoñer ou debater e os traballos que terán que realizar.
b) Docencia interactiva: Analizaranse e resolveranse os problemas formulados, efectuarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, os debates e as simulacións das actuacións profesionais que se programen. De ser o caso, programaranse visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional.
Tanto nas clases expositivas como nas interactivas utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual ou colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Preténdese que o alumnado estude a situación, defina os problemas, chegue ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contraste ideas e sexa quen de defendelas e reelaboralas con novas achegas.
c) Titorías: Nelas orientarase ao alumnado para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e coas actividades da materia. En particular, orientaráselles na procura bibliográfica, realización de traballos e documentos profesionais, preparación de exposicións e de intervencións profesionais orais, revisión de prácticas, etc.
Os horarios de titorías serán fixados por cada docente e dados a coñecer con suficiente antelación ao alumnado. En todo caso, á finalización de cada clase o alumno/a poderá acordar co docente o momento máis idóneo para recibir o apoio necesario.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
- Procura de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a xuízos e a outras actividades programadas polo profesorado.
- Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
- Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periodicamente nos programas de titorías.
A actividade presencial complementarase co soporte virtual ofrecido a través da plataforma USC VIRTUAL e da plataforma da Escola de Práctica Xurídica, por medio das que se fornecerán os materiais referidos aos contidos e aos supostos prácticos das diferentes partes que configuran a materia; ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento; recolleranse os traballos realizados polos alumnos; realizaranse probas de autoavaliación; habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais e remitiranse as cualificacións ao alumnado.
A) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe do alumnado utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% de asistencia real para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas indicadas obterase o 100% da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a tramitación de actuacións profesionais simuladas e exposicións orais un 40%, a elaboración de traballos escritos un 20% e a realización de probas teórico-prácticas un 30%.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/o alumno/para demostra que descoñece partes esenciais do programa. Aos alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para que, de non superar esta avaliación, poidan presentarse ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases, serán valoradas. Por tanto, para que o alumno figure como "non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
B) Exame final
Os/as alumnos as que non superen o sistema de avaliación continua poderán realizar un exame final. Para acceder ao devandito exame é necesario acreditar unha asistencia real ás clases superior ao 60% das sesións impartidas. Unha porcentaxe inferior de asistencia conleva a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola comisión académica do Máster. Consistirá nunha proba de coñecementos e na resolución de varios supostos prácticos de diferente tipoloxía: preguntas tipo test, preguntas curtas, casos prácticos, elaboración de documentos profesionais e/ou informes xurídicos, actuacións profesionais orais, etc. A finalidade deste exame é comprobar que o/a alumno/a adquirise os coñecementos, habilidades e destrezas propios da materia e que é capaz de aplicalos a situacións de índole profesional.
O alumnado que acredite imposibilidade sobrevinda de asistir ás clases poderá solicitar a dispensa de asistencia. En tal caso, corresponderá á comisión académica do máster decidir acerca de dita solicitude. Para iso, a comisión deberá valorar especialmente, entre outros aspectos, se os coñecementos, habilidades e actitudes que o alumnado debe adquirir coa materia esixen necesariamente a asistencia presencial, á vista do seu contido eminentemente práctico, a metodoloxía empregada, as actividades para realizar, etc. Como regra xeral, todas as materias do máster presentan un elevado compoñente práctico, que esixe a presenza do alumnado para adquirir as competencias esixidas e os obxectivos propostos. No caso de ser concedida a dispensa de asistencia ás clases, o profesorado da materia deberá encomendar ao alumnado a realización das tarefas alternativas que considere necesarias para garantir a aprendizaxe, en condicións semellantes ao esixido ao resto dos compañeiros/as, entre as que se poderá incluír tamén a realización dun exame.
C) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que ou alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia de "Práctica xurídica penal II" ten un total de tres créditos.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 24
Horas non presenciais: 51
Volume de traballo mínimo (en horas): 75
Antes de iniciarse ao estudo desta materia o/a alumno/a debe repasar e actualizarse nos coñecementos impartidos durante o grao en Dereito, sobre os contidos que son propios desta materia. Resulta aconsellable tamén ter aprobada a materia de Práctica Xurídica Penal I que se imparte no primeiro semestre do máster.
A adecuada preparación da materia aconsella que o alumno/a asista a clase co material e os medios indicados en cada momento polo profesorado, e coas lecturas previas, os traballos e as actividades e tarefas encomendadas correctamente realizadas.
O/a alumno/a non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, desde o primeiro día de clase trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional, é capaz de dedicarlle diariamente un tempo ao estudo e preparación da materia e de preguntar nas clases todas as súas dúbidas.
Bernardino Varela Gomez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814641
- Correo electrónico
- bernardino.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Abel Souto
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814687
- Correo electrónico
- miguel.abel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luciano Prado Del Ríio
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- luciano.prado [at] rai.usc.gal
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Patricia Lopez Arnoso
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- patricia.lopez.arnoso [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Raquel Álvarez Barreiro
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- raquel.alvarez.barreiro [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Marta Sixto Tejo
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- marta.sixto.tejo [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Elvira Cangado Cibeira
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- elvira.cangado [at] rai.usc.gal
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Andrés Lago Louro
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- andres.lago.louro0 [at] rai.usc.gal
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
J.manuel Ucha Lopez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- josemanuel.ucha [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Maria De Los Angeles Catalina Benavente
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- angeles.catalina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor