Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Departamento externo vinculado ás titulacións, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Constitucional, Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Área externa M.U en Avogacía, Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A formación nesta materia ten por obxecto que o/a alumno/a adquira os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes necesarias para que teña sempre presente as implicacións tributarias e fiscais que leva o exercicio profesional da avogacía, tanto en relación ás obrigacións tributarias da profesión de avogado/a como das actuacións xurídicas que leve a cabo por encargo do cliente/s.
Tamén se pretende que o alumnado adquira os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes suficientes en materia de dereito constitucional, en particular en todo o relativo á estrutura e funcionamento do Tribunal Constitucional e os procesos de amparo e de inconstitucionalidade, en canto instrumentos xurídicos dos que pode ter que facer uso no seu exercicio profesional.
Finalmente, o/a alumno/a debe manexar con certa fluidez a estrutura e o funcionamento do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, en particular os seus procedementos e a incidencia da xurisprudencia dos devanditos tribunais sobre o dereito interno, dado que hoxe en día a defensa dos dereitos das persoas transcende ó ámbito das xurisdicións nacionais.
En concreto, preténdese que o alumno/a:
- Coñeza e manexe o esquema do sistema tributario español.
- Coñeza e manexe os diferentes tipos de tributos tanto estatais como transferidos ou propios da Comunidade Autónoma, así como os locais.
- Coñeza a repercusión que os tributos teñen nos distintos ámbitos do dereito.
- Manexe a liquidación e xestión dos tributos.
- Teña coñecemento e práctica do procedemento tributario, tanto administrativo como xudicial, e as súas características especiais.
- Coñeza e manexe o sistema de xustiza constitucional español.
- Coñeza e manexe o sistema de protección dos dereitos humanos en Europa.
- Coñeza e manexe o sistema de xustiza da Unión Europea.
- Desenvolva habilidades de redacción de distintos tipos de escritos e documentos en materia tributaria, constitucional e de defensa internacional dos dereitos.
- Sexa capaz de elixir o tipo de actuación máis adecuada ás distintas situacións relacionadas cos problemas expostos entre os poderes públicos e os cidadáns.
- Coñeza e sexa capaz de integrar a defensa e protección dos dereitos, no marco das relacións entre os cidadáns, entidades xurídicas e outras partes interesadas coa administración pública, en especial coa administración tributaria e as institucións da Unión Europea.
Modulo I: DEREITO TRIBUTARIO
Parte I: Procedemento tributario
CONTIDOS:
1. A xestión tributaria:
a) Iniciación do procedemento.
b) Comprobación.
c) Obtención de información.
d) A inspección dos tributos: actuacións inspectoras, facultades e prerrogativas, terminación e documentación, actas de inspección.
e) Liquidacións tributarias.
f) Prescrición e caducidade.
2. Recursos e reclamacións:
a) Recurso de reposición.
b) Reclamación económico-administrativa.
c) Procedementos especiais de revisión.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer os dereitos e deberes do contribuínte ante a Administración tributaria.
- Coñecer os diferentes procedementos tributarios (xestión, inspección, reclamación...).
Habilidades:
- Distinguir os distintos actos da Administración tributaria (liquidación, inspección...).
- Aplicar na práctica a normativa básica dos impostos de maior incidencia.
- Distinguir as exencións impositivas máis frecuentes e os supostos de non suxeición.
- Distinguir os procedementos tributarios e, de ser o caso, aqueles actos tributarios que son susceptibles de impugnación.
- Dirixir procedementos en materia tributaria.
- Dirixir reclamacións económico-administrativas.
Actitudes:
- Estar ao día das reformas tributarias.
- Apreciar a incidencia que poden ter os impostos nos asuntos encomendados.
- Ter en conta os prazos prescriptivos de cada imposto.
- Ter en consideración a incidencia da comprobación de valores tributarios.
- Apreciar a conveniencia de interpoñer recursos ou reclamacións, ou negociar a súa conformidade.
- Valorar as posibilidades de suspensión do acto impugnado.
TAREFAS:
- Entregar diversos documentos e supostos xurídicos para valorar e determinar a impugnación procedente.
- Sobre a base de prácticas realizadas noutras áreas, determinar os feitos impoñibles e as repercusións fiscais que poidan ter.
- Visitar a web da AEAT e outras páxinas e recursos tributarios na internet.
- A partir de supostos concretos, valorar as distintas posibilidades de actuación e elaborar os escritos ou peticións correspondentes.
- Examinar expedientes de xestión, sanción e inspección, comprobando as diferenzas entre estes e determinando os actos impugnables.
- Entregar resolucións tributarias susceptibles de impugnación.
- Elaborar escritos de impugnación.
- Exame das providencias de constrinximento en relación co expediente e ca súa impugnabilidade.
- Elaborar escritos de oposición a actos concretos do procedemento de constrinximento.
- Estudar diversos supostos nos que se poidan valorar as distintas opcións.
- Entregar actas de inspección para valorar a conveniencia de conformarse ou recorrer.
- Redactar solicitudes de suspensión.
- Formular e debater os problemas que crea a executabilidade dos actos da Administración tributaria.
Parte II: Imposto sobre a renda das persoas físicas
CONTIDOS:
1. IRPF:
a) Concepto e ámbito de aplicación.
b) Feito impoñible.
c) Suxeito pasivo.
d) Período impositivo e deivindicación.
e) Base impoñible.
f) Base liquidable.
g) Mínimo persoal e familiar.
h) Gravame autonómico.
i) Tipo de gravame.
j) Cotas liquidas e diferencial.
2. Especial referencia a actividades económicas:
a) Exercicio da avogacía.
b) Proceso de liquidación.
c) Integración e compensación.
d) Tarifas.
e) Deducións.
3. A actividade habitual do exercicio da profesión de avogado/a:
a) Exame da súa contabilidade;
b) Libros obrigatorios que se deben levar e as súas dilixencias.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a regulación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
- Coñecer o seu ámbito de aplicación (obrigacións formais) a persoas físicas, profesionais, empresarios, etc.
Habilidades:
- Aplicar na práctica a normativa básica deste imposto.
- Realizar a declaración fiscal deste imposto.
- Distinguir as exencións impositivas máis frecuentes e os supostos de non suxeición.
- Diferencialo do imposto sobre sociedades e ter en conta a súa conexión co IVE.
- Emisión de facturas.
Actitudes:
- Apreciar a incidencia que pode ter o imposto nos asuntos encomendados.
- Tomar conciencia das consecuencias do incumprimento das obrigacións formais tributarias.
- Ter en conta os prazos prescriptivos do imposto.
TAREFAS:
- Entregar diversos documentos e supostos xurídicos para valorar e determinar as súas consecuencias impositivas.
- Sobre a base das prácticas realizadas noutras áreas, determinar os feitos impoñibles e as repercusións fiscais que poden ter.
- Casos prácticos de emisión de facturas.
- Casos prácticos de como cubrir libros oficiais de contabilidade.
- Casos prácticos de elaboración de autoliquidacións trimestrais e anuais.
- Casos prácticos de liquidación do IRPF.
Parte III: Imposto sobre sucesións e doazóns
CONTIDOS:
1. Concepto e ámbito de aplicación.
2. Feito impoñible.
3. Suxeito pasivo.
4. Base impoñible.
5. Base liquidable.
6. Tipo de gravame
7. Cota tributaria: o coeficiente multiplicador.
8. Comprobación de valores.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a regulación, ámbito de aplicación e xestión do imposto.
- Coñecer o tratamento tributario das institucións de dereito autonómico.
Habilidades:
- Aplicar na práctica a normativa básica do imposto.
- Realizar a declaración fiscal deste imposto.
- Distinguir as exencións impositivas máis frecuentes e os supostos de non suxeición.
- Establecer a conexión e as diferenzas de sucesión e doazón.
- Manexar a conexión e as diferenzas co IRPF.
Actitudes:
- Valorar os distintos medios de impugnación sobre comprobación de valores.
- Apreciar a incidencia que pode ter o imposto nos asuntos encomendados.
- Tomar conciencia da obrigatoriedade das obrigacións tributarias relativas ao imposto.
TAREFAS:
- Casos prácticos de liquidación.
- Manexo do programa de liquidación ALIS.
- Examinar diversos supostos prácticos de comprobación e impugnación de valores.
Parte IV: Imposto sobre transmisións patrimoniais
CONTIDOS:
1. ITP:
a) Concepto e ámbito de aplicación.
b) Feito impoñible.
c) Operacións non suxeitas.
d) Suxeito pasivo.
e) Base impoñible.
f) Tipo de gravame.
g) Devindicación.
2. Referencia a institucións do Dereito civil de Galicia.
3. Referencia a operacións societarias e actos xurídicos documentados: principais operacións suxeitas.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a regulación do imposto, o seu ámbito de aplicación e as distintas operacións suxeitas.
- Coñecer as obrigacións formais tributarias relativas ao imposto.
Habilidades:
- Aplicar na práctica a normativa básica deste imposto.
- Realizar a declaración fiscal deste imposto.
- Identificación dos distintos tipos.
- Distinguir as exencións impositivas máis frecuentes e os supostos de non suxeición.
- Establecemento da conexión e diferenzas co IVE.
Actitudes:
- Apreciar a incidencia que pode ter o imposto nos asuntos encomendados.
- Ter en conta os prazos prescriptivos do imposto.
- Valorar os medios de impugnación contra a comprobación de valores.
- Tomar conciencia das obrigacións tributarias relativas á xestión do imposto.
TAREFAS:
- Supostos prácticos relativos ao imposto.
- Supostos prácticos de autoliquidación.
- Exame de xurisprudencia de casos suxeitos e non suxeitos.
- Supostos prácticos de impugnación de comprobación de valores.
Parte V: Imposto sobre sociedades
CONTIDOS:
1. Concepto básicos da contabilidade.
2. Imposto de sociedades:
a) Concepto e ámbito de aplicación.
b) Feito impoñible.
c) Suxeito pasivo.
d) Base impoñible.
e) Tipos de gravame.
f) Cota íntegra: deducións e bonificacións.
g) Ré ximes especiais.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a obrigatoriedade da contabilidade das empresas.
- Coñecer a tributación dos entes xurídicos.
- Coñecer o ámbito de aplicación do imposto sobre sociedades.
- Coñecer as obrigacións formais dos entes xurídicos ante a Administración tributaria.
Habilidades:
- Aplicar na práctica a normativa básica do imposto.
- Realizar a declaración fiscal do imposto.
- Distinguir as exencións impositivas máis frecuentes e os supostos de non suxeición.
- Diferenciar a tributación das persoas físicas, xurídicas e entes sen personalidade xurídica.
- Analizar un balance contable sinxelo.
- Identificar os libros de contabilidade.
Actitudes:
- Apreciar a incidencia que pode ter este imposto nos asuntos encomendados.
- Ter en conta os prazos prescritivos do imposto.
- Valorar a conveniencia, a efectos de tributación, de exercer unha actividade empresarial ou profesional como sociedade mercantil ou persoa física.
TAREFAS:
- Entregar balances para que identifiquen as diferentes partidas, posibles erros, etc.
- Casos prácticos de tributación de sociedades.
- Examinar xurisprudencia en relación coa consideración de gasto no imposto sobre sociedades.
Parte VI: Imposto sobre o valor engadido
CONTIDOS:
1. Referencia aos libros de contabilidade de actividades profesionais a efectos do IVE.
2. IVE:
a) Feitos impoñibles.
b) Non suxeicións e exencións.
c) Suxeito pasivo.
d) Base impoñible.
e) Tipos de gravame.
f) Cota tributaria: deducións e devolucións.
3. Aplicación ao exercicio da avogacía.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a regulación do imposto.
- Coñecer as distintas operacións suxeitas e as obrigacións formais relativas ao IVE e ante o IVE.
Habilidades:
- Aplicar na práctica a normativa básica do imposto.
- Realizar a declaración fiscal do imposto.
- Distinguir as exencións impositivas máis frecuentes e os supostos de non suxeición.
- Identificar a conexión e as diferenzas co IRPF e co ITP.
Actitudes:
- Apreciar a incidencia que pode ter este imposto nos asuntos encomendados.
- Ter en conta os prazos prescritivos do imposto.
- Valorar a incidencia do IVE nas actividades empresariais e profesionais.
- Tomar conciencia das consecuencias do incumprimento de obrigacións formais tributarias.
TAREFAS:
- Entregar diversos supostos xurídicos para que valoren e determinen as súas consecuencias impositivas.
- Casos prácticos de operacións suxeitas ao IVE.
- Examinar xurisprudencia de operacións suxeitas, non suxeitas e exentas.
- Cumprimentar modelos oficiais trimestrais e anuais.
Parte VII: Tributos locais
CONTIDOS:
1. Clasificación. Xeneralidades.
2. Xestión: recursos.
3. Imposto sobre actividades económicas.
4. Imposto sobre bens inmobles.
5. Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecemento da regulación dos impostos locais.
- Coñecemento do seu ámbito de aplicación, dos feitos impoñibles suxeitos e das obrigacións formais relativas á tributación local.
Habilidades:
- Aplicar na práctica a normativa básica dos impostos de maior incidencia.
- Diferenciar cada un dos distintos impostos.
- Dominar o esquema xeral da imposición local.
Actitudes:
- Apreciar a incidencia que poden ter os impostos nos asuntos encomendados.
- Ter en conta os prazos prescriptivos de cada imposto.
- Valorar os medios de impugnación ante actos de liquidación de tributos locais.
- Ter presente a incidencia da imposición local no desenvolvemento económico das actividades empresariais.
TAREFAS:
- Supostos prácticos dos distintos impostos.
- Redacción de escritos de impugnación de liquidación dos tributos.
Parte VIII: Tributos propios das Comunidades Autónomas
CONTIDOS:
1. Marco constitucional e legal.
2. Principios e condicións para o seu establecemento.
3. Estudo dalgunhas figuras autonómicas.
4. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecemento do deseño dun imposto autonómico.
- Coñecer a estrutura dun imposto con fins extrafiscais.
Habilidades:
- Identificar a normativa autonómica dos tributos propios.
- Aplicar a doutrina do Tribunal Constitucional sobre as figuras autonómicas impugnadas.
Actitudes:
- Apreciar a incidencia destes impostos nos asuntos encomendados.
- Valorar a incidencia dalgúns deles nas actividades empresariais.
TAREFAS:
- Creación dun imposto autonómico propio con atención á súa correcta estrutura.
Parte IX: A Unión Europea e a Fiscalidade
CONTIDOS:
1) Harmonización fiscal.
2) Limitacións á soberanía tributaria dos Estados membros.
3) Os instrumentos da harmonización fiscal e o seu efectos. Control.
4) Situación tributaria española en relación coa UE.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a normativa reguladora da fiscalidade europea.
- Coñecer os fundamentos, obxectivos, características básicas e as consecuencias do proceso de harmonización.
- Coñecer as medidas harmonizadoras.
- Coñecer a situación actual de España na harmonización fiscal na UE.
Habilidades:
- Detectar os casos nos que determinados tributos non cumpren os requisitos de harmonización.
Actitudes:
- Valorar se os tributos españois poden opoñerse ás normas de harmonización europeas.
TAREFAS:
- Examinar a regulación dos distintos impostos harmonizados e comentar se cumpren ou non a normativa da EU.
- Examinar a aplicación de impostos harmonizados a fin de comprobar se cumpren os criterios de harmonización.
MÓDULO II: DEREITO CONSTITUCIONAL
CONTIDOS:
1. A xurisdición constitucional: concepto, orixe e natureza.
2. O Tribunal Constitucional español: composición, posición, estrutura, funcionamento e competencias.
3. O control de constitucionalidade das leis: control abstracto e control concreto. Especial referencia á cuestión de inconstitucionalidade.
4. A defensa dos dereitos fundamentais.
5. O recurso de amparo:
a) Natureza e ámbito de aplicación. Especial referencia aos dereitos á tutela xudicial efectiva, defensa, dobre instancia, igualdade e prazo razoable.
b) Obxecto da protección constitucional no proceso de amparo. A pretensión de amparo constitucional.
c) As diversas modalidades do recurso de amparo, en particular, o recurso de amparo contra actos do poder xudicial.
d) Tramitación do recurso de amparo: O requisito do esgotamento da vía previa. Competencia, lexitimación, postulación, prazo para a interposición, requisitos da demanda e documentos, vista das actuacións, alegacións, etc. Especial referencia ás causas de inadmisión e ao incidente de suspensión do acto ou resolución recorrida.
e) A sentenza no proceso de amparo e os seus efectos.
f) O recurso de amparo con carácter previo á xurisdición internacional.
g) Colisión entre a xurisdición ordinaria e a xurisdición constitucional.
6. Os conflitos constitucionais. En particular, os conflitos en defensa da autonomía local.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o rol do Tribunal Constitucional no Estado de Dereito.
- Coñecer o sentido e alcance das diversas competencias do Tribunal Constitucional español.
- Coñecer a natureza, ámbito de aplicación, lexitimación, prazos e características da pretensión de amparo constitucional.
- Coñecer as peculiaridades do procedemento para a tramitación do recurso de amparo (en particular, as causas de inadmisión).
- Coñecer os efectos da sentenza que outorgue o amparo constitucional.
- Coñecer as peculiaridades da cuestión de inconstitucionalidade.
- Coñecer as peculiaridades dos procesos de conflitos en defensa da autonomía local.
Habilidades:
- Detectar cando concorren os requisitos esixidos polo lexislador para interpoñer un recurso de amparo constitucional.
- Ser capaz de redactar un escrito de recurso de amparo constitucional.
- Concretar o “petitum” adecuadamente.
- Saber cando é preciso motivar ao xuíz para que formule unha cuestión de inconstitucionalidade.
Actitudes:
- Valorar a conveniencia de formular o amparo constitucional, en particular, á luz da posible suspensión da resolución recorrida.
- Valorar a utilidade de incentivar a formulación dunha cuestión de inconstitucionalidade.
TAREFAS:
- Analizar diversas actuacións xudiciais nas que se cometeron presuntas vulneracións de dereitos fundamentais e debater sobre a conveniencia e a prosperabilidade dun posible recurso de amparo.
- Redactar unha demanda de amparo constitucional.
- Simular a vista dun recurso de amparo.
- Solicitar medidas cautelares e realizar o trámite de audiencia.
- Analizar diversas actuacións xudiciais nas que se presente a posibilidade de formular unha cuestión de inconstitucionalidade.
- Elaborar escritos e simular informes orais para convencer ao xuíz de formular unha cuestión de inconstitucionalidade.
- Formular alegacións ante o Tribunal Constitucional no procedemento de inconstitucionalidade.
MÓDULO III: DEREITO INTERNACIONAL E DA UNIÓN EUROPEA
CONTIDOS:
1. Tribunal Europeo de Dereitos Humanos: atribucións, competencias, composición, funcionamento, acceso e lexitimación.
2. Procedemento ante o TEDH.
3. A execución das sentenzas do TEDH. Xurisprudencia básica para España.
4. Aplicación do Dereito da Unión Europea:
a) Fontes do dereito da Unión Europea.
b) Principios para a aplicación do Dereito da Unión Europea: Primacía e efecto directo.
c) Tribunal de Xustiza da Unión Europea: competencias, atribucións, composición e funcionamento.
d) Os recursos directos ante o TXUE: lexitimación e procedemento.
e) A cuestión prexudicial.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o rol do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.
- Coñecer a súa natureza, ámbito de aplicación, lexitimación, prazos e características da demanda.
- Coñecer as peculiaridades do procedemento.
- Coñecer o efecto das súas sentenzas.
- Coñecer o rol do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
- Coñecer a súa natureza, peculiaridades e procedementos.
- Coñecer os efectos das súas sentenzas.
- Coñecer a aplicabilidade das directivas da Unión Europea.
Habilidades:
- Detectar cando concorren os requisitos esixidos polo lexislador para interpoñer unha demanda ante o TEDH.
- Ser capaz de elaborar unha demanda ante o TEDH.
- Concretar o “petitum”.
- Detectar cando concorren os requisitos esixidos polo lexislador para formular unha demanda ante o TXUE.
- Ser capaz de elaborar unha demanda ante o TXUE.
- Concretar o “petitum”.
- Detectar os casos nos que determinados tributos non cumpren os requisitos de harmonización.
Actitudes:
- Valorar a conveniencia de formular demandas ante instancias internacionais, como o TEDH ou o TXUE.
TAREFAS:
- Redacción de escritos de demanda ante o TEDH.
- Presentación de demandas directas ante o TXUE.
- Presentación de solicitudes de cuestións prexudiciais ante tribunais internos.
NORMATIVA:
- Constitución española
- Lei xeral tributaria
- Real decreto 1619/2012 do 30 novembro (Regulamento polo que se regulan os deberes de facturación)
- Real decreto 1794/2008 do 3 novembro (Regulamento de procedementos amigables en materia de imposición directa)
- Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos
- Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.
- Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, en materia de revisión en vía administrativa
- Real decreto 2063/2004, do 15 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral do réxime sancionador tributario
- Lei e regulamento do IRPF
- Lei e regulamento do IRNR
- Lei e regulamento do IS
- Lei e regulamento do IVE
- Lei do imposto sobre o patrimonio
- Texto refundido e regulamento do ITP e AJD
- Lei e regulamento do ISD
- Lei de financiamento das CCAA
- Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional
- Tratado de Lisboa
- Convenio europeo para a protección dos Dereitos Humanos
Para todos os textos legais de manexo necesario, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes.
DOUTRINA:
TRIBUTARIO:
CASADO OLLEIRO, G.; LOZANO SERRANO, C.; MARTIN QUERALT, J. y TEJEIRIZO LÓPEZ, J. M.: Curso de Derecho Financiero y Tributario, Ed. Tecnos (última edición).
CAYON GALIARDO, A. (dir.), Los Impuestos en España, Ed. Aranzadi, Pamplona (última edición).
MERINO JARA, I (Director): Procedimientos tributarios: aspectos prácticos. Ed. Bosch fiscalidad, (última edición).
PÉREZ ROYO, F. (Director); GARCÍA BERRO, F.; PÉREZ ROYO, I; ESCRIBANO LÓPEZ, F.; CUBERO TRUYO, A.; y CARRASCO GONZÁLEZ, F. M.; Curso de Derecho Tributario. Parte Especial, Ed. Tecnos, (última edición).
TRUYO, A. y CARRASCO GONZÁLEZ, F. M.; Curso de Derecho Tributario. Parte Especial, Ed. Tecnos (última edición).
CONSTITUCIONAL:
CAAMAÑO DOMÍNGUEZ et alli, Jurisdición y procesos constitucionales, MacGraw-Hill (última edición)
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, J. J. / BRAGE CAMAZANO, J., Los conflictos en defensa da autonomía local: una nueva competencia del Tribunal Constitucional, Revista Aragonesa de Administración Pública, nº 117, 200, pp. 459-502.
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, J. J., La justicia constitucional europea ante el siglo XXI, Ed. Tecnos, 2ª ed., Madrid, 2007.
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, J. J, Derechos fundamentales. Esquemas para el estudio y materiales de trabajo, Andavira, 2! ed., Santiago de Compostela, 2018.
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, J. J. / GUDE FERNÁNDEZ, A., La reforma del trámite de admisión del recurso de amparo, en PÉREZ TREMPS, P (coord.), La reforma del Tribunal Constitucional, Tirant lo Blanch, Valencia, 2007.
GIMENO SENDRA, V / MORENILLA ALLARD, P., Los procesos de amparo, Ed. Colex (última edición)
TENORIO SÁNCHEZ, P., El recurso de amparo ante el Tribunal Constitucional. Perspectivas de reforma, Ed. Wolters Kluwer, (última edición).
DEREITO INTERNACIONAL E DA UNIÓN EUROPEA:
Council of Bars and Law Societies of Europe: Guía para abogados ante el TEDH, Bruselas, 2014.
MORTE, C.; Cómo presentar una demanda ante el Tribunal Europeo de Derechos Humanos, Ed. Tirant, 2014.
PARDO IRANZO, V., IGLESIAS BUHIGUES, J.L, MONTERO AROCA, J., El sistema jurisdiccional de la Unión Europea, Ed. Aranzadi, 2013
SARMIENTO RAMÍREZ-ESCUDERO, D., El Derecho de la unión Europea, Ed. Marcial Pons, Madrid, 3era. Ed., 2020.
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder a xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que son proporcionadas polo servizo de biblioteca da USC e do ICA Santiago. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, etc.
Co estudo da materia "Práctica Xurídica Tributaria" o alumnado obterá os coñecementos, habilidades e destrezas que lle permitirán ter unha visión global do sistema tributario español e, en particular das principais obrigacións tributarias que levan as actuacións máis cotiás que se realizan no exercicio profesional, por exemplo en materia de contratación, sociedades, dereito sucesorio, etc., o que lle permitirá un asesoramento máis completo e eficaz aos seus clientes.
Co estudo da materia "Práctica Xurídica Constitucional" o alumnado obterá os coñecementos, habilidades e destrezas básicas que lle permitirán ter unha visión da primacía e influencia da Constitución e da xurisprudencia constitucional sobre as distintas materias xurídicas que se analizan noutros módulos do curso, á vez que comprobará a aplicación das cuestións constitucionais en situacións reais.
Co estudo da materia "Práctica Xurídica Internacional e da Unión Europea" o alumnado obterá os coñecementos, habilidades e destrezas básicas que lle permitirán ter unha visión clara da importancia do dereito comunitario e do sistema xudicial da Unión Europea e, en particular, da influencia das resolucións do TEDH e do TXUE en situacións reais de orde interna. Polo que se refire o dereito tributario, analizarase a influencia do TXUE na imposición española.
Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarao coa terminoloxía procesual e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e tecnicamente correcta.
Coa súa participación nas clases e a realización das actividades programadas polo profesorado, obterá unha visión global dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas, e comprobará a súa aplicación en situacións reais, así como as distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expoñer os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
Máis concretamente:
Competencias básicas (CB)
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais (CG)
CG1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3. Motivación pola calidade e excelencia profesional.
CG4. Capacidade de organización e planificación.
CG5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, desde unha perspectiva solidaria.
CG6. Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8. Capacidade de resolución de problemas.
CG9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT)
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios de alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE)
CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos en orde á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2. Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
CE4. Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
CE7. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8. Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE12. Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñibles para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas da profesión de avogado.
CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas m odalidades propias de cada ámbito procedimental.
CE14. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15. Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Para conseguir que o alumnado adquira as competencias esixidas e os obxectivos propostos, a metodoloxía e a programación basearanse nunha formación participativa e na asimilación progresiva de experiencias e argumentos xurídicos. Existe un cambio de mentalidade importante, xa que se trata de potenciar todas as capacidades do alumno/a, principalmente as habilidades, as técnicas e as actitudes necesarias para o exercicio profesional. O alumno/a pasa de ser un simple espectador pasivo a converterse nun protagonista activo da súa propia formación. Preténdese tamén que o trato sexa o máis personalizado posible, para conseguir unha formación de calidade.
Trátase de axudar os alumnos/as a que "aprendan a aprender" as claves para resolver calquera problema que se lles presente relacionado cos contidos da materia, tanto no ámbito substantivo como no procesual, cuxo contido básico dáse por suposto, dada a súa condición de licenciados ou graduados en Dereito. Partindo da base teórica xa adquirida na Facultade, perséguese que o profesorado se centre nas cuestións prácticas máis habituais e nos aspectos de máis interese profesional, atendida a frecuencia coa que se presentan na vida profesional cotiá.
Seguirase con preferencia o método do caso, servindo este como medio para que o alumno/a consiga os obxectivos previstos. Traballarase con casos extraídos ou inspirados na realidade, coas súas diferentes variables e co tratamento da xurisprudencia e da doutrina. Cando sexa preciso, combinaranse outros métodos. Ademais das simulacións, tamén se empregarán outras técnicas coas que o alumno/a leve a cabo as mesmas actividades que despois deberá realizar como avogado, tanto nas relacións co seu ámbito como no estudo e na resolución dos casos que se lle encomenden, sempre baixo un prisma eminentemente práctico e deontolóxico, e sen esquecer a vertente extraxudicial e de asesoramento xurídico, así como un enfoque global da profesión.
Por tanto, a análise e a resolución dos asuntos por parte do alumno/a, a elaboración de escritos procesuais e extraxudiciais, así como a preparación das alegacións e dos interrogatorios orais, son os sistemas habituais de traballo. Isto significa que o alumnado debe responsabilizarse de preparar adecuadamente os contidos concretos que serán obxecto de análise nas clases, así como de resolver os casos que o profesorado lle formule. Tamén, de ser o caso, os primeiros días de impartición da materia efectuarase un control de coñecementos sobre os contidos da materia para comprobar o nivel inicial de coñecementos dos alumnos.
Deste xeito, as actividades formativas que se realizarán na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, suscita cada tema; presentaranse os supostos prácticos que deberán resolver, os temas e as cuestións que deberán expoñer ou debater e os traballos que terán que realizar.
b) Docencia interactiva: Analizaranse e resolveranse os problemas formulados, efectuarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, os debates e as simulacións das actuacións profesionais que se programen. De ser o caso, programaranse visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional.
Tanto nas clases expositivas como nas interactivas, utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual ou colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Preténdese que o alumnado estude a situación, defina os problemas, chegue ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contraste ideas e sexa quen de defendelas e reelaboralas con novas achegas.
c) Titorías: Nelas orientarase ao alumnado para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e coas actividades da materia. En particular, orientaráselles na procura bibliográfica, realización de traballos e documentos profesionais, preparación de exposicións e de intervencións profesionais orais, revisión de prácticas, etc.
Os horarios de titorías serán fixados por cada docente e dados a coñecer con suficiente antelación ao alumnado. En todo caso, á finalización de cada clase o alumno/a poderá acordar co docente o momento máis idóneo para recibir o apoio necesario.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
- Procura de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a actividades programadas polo profesorado.
- Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
- Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periodicamente nos programas de titorías.
A actividade presencial complementarase co soporte virtual ofrecido a través da plataforma USC VIRTUAL e da plataforma da Escola de Práctica Xurídica, por medio das que se ofrecerán os materiais referidos aos contidos e aos supostos prácticos das diferentes partes que configuran a materia; ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento; recolleranse os traballos realizados polos alumnos; realizaranse probas de autoavaliación; habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais e remitiranse as cualificacións ao alumnado.
A) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe do alumnado utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% de asistencia real para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas indicadas obterase o 100 % da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a elaboración de traballos escritos e a presentación de exposicións orais un 40% e a realización de probas teórico-prácticas e outras actividades un 50%.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/o alumno/para demostra que descoñece partes esenciais do programa. Aos alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para que, de non superar esta avaliación, poidan presentarse ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases, serán valoradas. Por tanto, para que o alumno figure como "non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
B) Exame final
Os/as alumnos as que non superen o sistema de avaliación continua poderán realizar un exame final. Para acceder ao devandito exame é necesario acreditar unha asistencia real ás clases superior ao 60% das sesións impartidas. Unha porcentaxe inferior de asistencia conleva a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola comisión académica do Máster. Consistirá nunha proba de coñecementos e na resolución de varios supostos prácticos de diferente tipoloxía: preguntas tipo test, preguntas curtas, casos prácticos, elaboración de documentos profesionais e/ou informes xurídicos, actuacións profesionais orais, etc. A finalidade deste exame é comprobar que o/a alumno/a adquirise os coñecementos, habilidades e destrezas propios da materia e que é capaz de aplicalos a situacións de índole profesional.
O alumnado que acredite imposibilidade sobrevinda de asistir ás clases poderá solicitar a dispensa de asistencia. En tal caso, corresponderá á comisión académica do máster decidir acerca de dita solicitude. Para iso, a comisión deberá valorar especialmente, entre outros aspectos, se os coñecementos, habilidades e actitudes que o alumnado debe adquirir coa materia esixen necesariamente a asistencia presencial, á vista do seu contido eminentemente práctico, a metodoloxía empregada, as actividades para realizar, etc. Como regra xeral, todas as materias do máster presentan un elevado compoñente práctico, que esixe a presenza do alumnado para adquirir as competencias esixidas e os obxectivos propostos. No caso de ser concedida a dispensa de asistencia ás clases, o profesorado da materia deberá encomendar ao alumnado a realización das tarefas alternativas que considere necesarias para garantir a aprendizaxe, en condicións semellantes ao esixido ao resto dos compañeiros/as, entre as que se poderá incluír tamén a realización dun exame.
C) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que ou alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia "Práctica Xurídica Tributaria, Constitucional, Internacional e da Unión Europea" ten un total de tres créditos.
O tempo de estudo e de traballo individual que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das capacidades intelectuais particulares de cada alumno.
Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 24
Horas non presenciais: 51
Volume de traballo mínimo (en horas): 75
Antes de iniciarse ao estudo desta materia o/a alumno/a debe repasar e actualizarse nos coñecementos impartidos durante o grao en Dereito, sobre os contidos que son propios desta materia.
A preparación idónea da materia aconsella que o alumnado asista ás clases provisto do material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema previamente lido e cos traballos e tarefas encomendados xa realizadas na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, desde o primeiro día de clase trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles; e ten o hábito de preguntar nas clases todas as súas dúbidas.
Miguel Enrique Arenas Meza
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814706
- Correo electrónico
- miguelenrique.arenas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Julio Fernandez Rodriguez
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814723
- Correo electrónico
- josejul.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Cesar Garcia Novoa
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814678
- Correo electrónico
- cesar.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Teijo Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814704
- Correo electrónico
- carlos.teijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Jesús Matovelle Gómez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- mariajesus.matovelle [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h