Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Ao finalizar a materia espérase que o alumnado sexa capaz de:
• Comprender os fundamentos da Economía Circular.
• Describir as principais características e principios da Economía Circular.
• Entender a diferenza entre os patróns de produción e consumo no modelo lineal e no modelo circular e a necesidade do cambio.
• Analizar datos e indicadores sobre Economía Circular.
Tema 1. Economía Circular: conceptos, enfoques e estratexias.
Tema 2. Principios e aplicacións da Economía Circular en diferentes niveis: eco-deseño, simbiose industrial e ciclos urbanos.
Tema 3. Obstáculos e motores da EC: Eco-innovación, Modelos circulares de produción e consumo, políticas.
Tema 4. Métrica e indicadores para a Economía Circular.
Tema 5. Sistema económico e Economía Circular: Modelo socioeconómico, globalización e impactos sociais.
BÁSICA
Jiménez Herrero, L. M., & Pérez Lagüela, E. (2019). Economía Circular - Espiral. Transición hacia un metabolismo económico cerrado. ASYPS - Ecobook.
Calisto Friant, M., Vermeulen, W.J, Salomone, R. (2020). A typology of circular economy discourses: Navigating the diverse visions of a contested paradigm. Resources, Conservation & Recycling, 16, 104917.
Vence, X. (2021). Economía circular transformadora y sostenibilidad, en Nogueira & Vence (dirs), Redondeando la economía circular. De los discursos oficiales a las políticas necesarias. Aranzadi.
Geisendorf, S., & Pietrulla, F. (2018). The circular economy and circular economic concepts—a literature analysis and redefinition. Thunderbird International Business Review, 60(5), 771–782. https://doi.org/10.1002/tie.21924
Stahel, W. R. (2019). Economía Circular para todos: Conceptos básicos para ciudadanos, empresas y gobiernos. Autoedición.
Llorente-González, L. J., & Vence, X. (2019). Decoupling or ‘Decaffing’? The Underlying Conceptualization of Circular Economy in the European Union Monitoring Framework. Sustainability, 11(18), 4898. https://doi.org/10.3390/su11184898
Malinauskaite, J. and Bugra Erdem, F (2021). Planned Obsolescence in the Context of a Holistic Legal Sphere and the Circular
Economy. Oxford Journal of Legal Studies 2021, Vol. 00, No. 0 pp. 1–31
doi:10.1093/ojls/gqaa061
Vence, Xavier & Pereira, Ángeles. (2018). Eco-innovation and Circular Business Models as drivers for a circular economy. Contaduría y Administración. 64. 10.22201/fca.24488410e.2019.1806.
COMPLEMENTARIA
Cerdá, E., & Khalilova, A. (2016). Economía Circular. Economía Industrial, 401, 11–20. http://www.minetad.gob.es/Publicaciones/Publicacionesperiodicas/Economi…? y KHALILOVA.pdf
EMF. (2013b). Towards the circular economy. Economic and business rationale for an accelerated transition. https://www.ellenmacarthurfoundation.org/publications
EMF, SUN, & McKinsey. (2015). Growth within: a circular economy vision for a competitive europe. In Ellen MacArthur Foundation. https://www.ellenmacarthurfoundation.org/assets/downloads/publications/…
Kirchherr, J., Reike, D., & Hekkert, M. (2017). Conceptualizing the circular economy: An analysis of 114 definitions. In Resources, Conservation and Recycling (Vol. 127). https://doi.org/10.1016/j.resconrec.2017.09.005
Korhonen, J., Honkasalo, A., & Seppälä, J. (2018). Circular Economy: The Concept and its Limitations. Ecological Economics, 143, 37–46. https://doi.org/10.1016/j.ecolecon.2017.06.041
Lacy, P., Long, J., & Spindler, W. (2019). The Circular Economy Handbook. Realizing the Circular Advantage. In Building Engineer (Vol. 94, Issue 11). Palgrave Macmillan. https://doi.org/10.36661/2596-142x.2019v1i1.10902
Sillanpää, M., & Ncibi, C. (2019). The Circular Economy. Case Studies about the Transition from the Linear Economy. Academic Press.
Stahel, W. (2010). The Performance Economy (2nd ed.). Palgrave Macmillan.
Weetman, C. (2017). A Circular Economy Handbook for business and supply chains: repair, remake, redesign, rethink. Kogan Page Limited.
Básicas e xerais
CX1 - Que os estudantes sexan capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
CX2 - Desenvolver a capacidade para a adaptación a contextos novos, cambiantes, globalizados ou multidisciplinares.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
Transversais
CT2- Desenvolver o razoamento crítico.
CT4- Adquirir compromiso coa ética e responsabilidade coa sociedade e o
desenvolvemento sustentable, incluíndo aspectos como inclusión e a promoción dunha
cultura de paz e valores democráticos.
CT5- Desenvolver e aplicar un pensamento holístico, reflexionando a partir da
integración de aprendizaxes diversas en campos multidisciplinares, que axude a abordar
situacións complexas.
Específicas
CE1- Entender e relacionar os conceptos crave da economía circular.
CE2- Desenvolver unha actitude e pensamento crítico cos obxectivos e comportamentos predominantes nas sociedades actuais, así como reflexionar sobre alternativas de actuación.
O ensino da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva, todas elas de carácter presencial.
Para isto un soporte esencial está constituído pola aula Virtual da materia, na que o alumnado pode atopar: i) a programación cronolóxica detallada das actividades, co contido previsto para cada unha das sesións de docencia expositiva e interactiva; ii) as presentacións para cada clase de docencia expositiva; iii) as instrucións das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva (publicacións, datos estatísticos,...); iv) as lecturas obrigatorias para cada tema.
As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do foro do Campus Virtual e o correo electrónico institucional.
O principal elemento de avaliación é o exame (60%). O segundo elemento de valoración constitúeo a realización das diversas actividades propostas en clase (30%). Como elementos complementarios valoraranse a asistencia e a participación activa nas clases (10%).
O sistema xeral obrigatorio de avaliación da aprendizaxe basearase na combinación de dúas metodoloxías:
a) Avaliación continua: participación activa en aulas interactivas, entrega de tarefas e realización do traballo final. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso e a súa ponderación indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
b) Exame final: proba sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Avaliación continua ............ 40%
Avaliación final ................... 60%
O sistema de avaliación na segunda oportunidade será igual que o descrito na primeira, de tal maneira que se terá en conta a nota referida á entrega de tarefas e participación na aula xa obtida (cualificación do 40%), e realizarase un novo exame sobre os temas explicados nas aulas (que volverá contar o 60% na cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases de taboleiro 9
Clases prácticas ou de computadora 12
Titorías en grupo ou individuais 3
Avaliación 2
Total horas traballo presencial na aula 26
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 27
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 6
Avaliación 1
Total horas traballo persoal do alumno 49
HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 75
Recomendase ó alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Plan de Continxencia
En aplicación do previsto nos documentos aprobados pola USC sobre a organización da docencia no curso 2021-2022 (Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, aprobado polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021), no Escenario 2 e no Escenario 3 levaranse a cabo as adaptacións que se indican a continuación.
Escenario 2 – DISTANCIAMENTO
Metodoloxía de ensinanza
Será unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
As titorías serán, preferentemente, de carácter telemático.
Para a docencia en remoto, empregaremos as seguintes plataformas:
Campus Virtual da USC como ferramenta de apoio no proceso de ensinanza / aprendizaxe:
· Materiais para o seguimento da materia
· Entrega e cualificación de tarefas
· Organización de grupos de traballo
· Comunicación co alumnado
Microsoft Teams como ferramenta para a organización de sesións síncronas, nos horarios establecidos polo centro, tanto para as aulas expositivas como para as interactivas.
Para o traballo nas aulas expositivas o alumnado deberá revisar, con antelación ao horario fixado para a materia, os contidos explicativos do tema facilitados polo profesorado na aula virtual da materia. A sesión expositiva correspondente dedicarase á explicación e aclaración dos contidos por parte do profesorado. Esta organizarase de xeito síncrono a través de MTeams.
Nas clases interactivas, o alumnado deberá realizar comentarios e debates de textos, así como realizar a presentación dun traballo final. O alumnado será informado ao comezo do curso da planificación de actividades e entregas. O debate presencial poderá ser substituído polo debate telemático, síncrono, a través de MTeams, ou pola realización e entrega de tarefas no Campus Virtual.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Mantense o sistema xeral obrigatorio descrito na programación, coas seguintes especificacións:
- A proba final será presencial ou telemática de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento no Escenario 2.
- As actividades de avaliación continua realizaranse de xeito presencial ou telemático, de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento no Escenario 2.
Escenario 3 – PECHE DAS INSTALACIÓNS
Metodoloxía de ensinanza
Toda a docencia será virtual, para a que empregaremos as seguintes plataformas:
Campus Virtual da USC como ferramenta de apoio no proceso de ensinanza / aprendizaxe:
· Materiais para o seguimento da materia
· Entrega e cualificación de tarefas
· Organización de grupos de traballo
· Comunicación co alumnado
Microsoft Teams como ferramenta para a organización de sesións síncronas, nos horarios establecidos polo centro.
Para o traballo nas aulas expositivas o alumnado deberá revisar, con antelación ao horario fixado para a materia, os contidos explicativos do tema facilitados polo profesorado na aula virtual da materia. A sesión expositiva correspondente dedicarase á explicación e aclaración dos contidos por parte do profesorado. Esta organizarase de xeito síncrono a través de MTeams.
Nas clases interactivas, o alumnado deberá realizar comentarios e debates de textos, así como realizar a presentación dun traballo final. O alumnado será informado ao comezo do curso da planificación de actividades e entregas. Combinaranse as sesións de debate de carácter telemático, síncrono, a través de MTeams, e a realización e entrega de tarefas no Campus Virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
Mantense o sistema xeral obrigatorio, coas seguintes especificacións:
A proba final será de carácter telemático, a través do Campus Virtual.
A avaliación interactiva será telemática, a través de debates e exposicións en MTeams, e tamén a través da realización e entrega de tarefas no Campus Virtual.
Xavier Vence Deza
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811567
- Correo electrónico
- xavier.vence [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Pereira Sanchez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- angeles.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 06 |
27.01.2022 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
27.01.2022 16:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |