Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo básico é que os estudantes adquiran un marco referencial básico teórico-práctico da educación ambiental e especialmente do paradigma de sustentabilidade; que permita coñecer a realidade e dificultades acerca da integración da educación ambiental nos nosos sistemas sociais e educativos, e capacite para promover estratexias cara a devandita integración.
1.- A Educación Ambiental: cuestións previas
1.1.- Distintas presentacións da educación ambiental: conceptualización.
1.3.- Aspectos metodolóxicos básicos da educación ambiental.
2.- A Educación Ambiental hoxe: revisión de aspectos concretos
2.1.- O Desenvolvemento Sostible: conceptualización e principios derivados
2.2.- A educación ambiental para o Desenvolvemento Sostible.
2.3.- A ambientalización dos centros escolares. Posibilidades didácticas.
3.- A interpretación ambiental.
4.- Estudio de casos de organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre
Bibliografía Básica
GIORDAN,A.; SOUCHON,Ch.;1995. La Educación Ambiental. Guía Práctica. Ed. Díada, Sevilla.
LÓPEZ, R.; 2003. Educación Ambiental y su Didáctica. Ed. Servicio de Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial de Lugo, Lugo.
Bibliografía Complementaria
BENAYAS, J. y otros; 2003. La Investigación en educación ambiental en España. Ed. Ministerio de Medio Ambiente
GIOLITTO,P.; 1984. Pedagogía del Medio Ambiente . Ed. Herder, Barcelona.
GUTIERREZ,J. y otros (Edts.); 1997. Líneas de investigación en Educación Ambiental. Proyecto Sur, Granada.
LÓPEZ, R.; 2002. La integración de la educación ambiental en el diseño curricular. Un estudio longitudinal en educación Primaria (Tesis Doctoral). Ed. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago.
LÓPEZ,R. Y JIMÉNEZ,Mª.P.; 2002. “Evolución de la educación ambiental en Galicia”. Innovación educativa; nº 12, pp. 47-87.
LÓPEZ, R.; 2003. “Panorámica de la evolución de la educación ambiental en España”. Revista de Educación; nº 331, mayo-agosto 2003, pp. 241-264
LÓPEZ, R.; GARCÍA, J.A.; 2008. A Axenda 21 Escolar Galega. Ed. Consellería de Medio Ambente da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
LÓPEZ, R.; TABOADA,J; LÓPEZ, N; 2008. Impacto ambiental en centros da USC. Ed. Consellería de Medio Ambente da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
MARTÍN PALMERO, F. (edt.) y otros; 2004. Desarrollo Sostenible y huella ecológica. Ed. Netbiblo, A Coruña.
MEIRA, P.; 1998. Educación Ambiental. Fontes e recursos documentais. Concello de Oleiros, Coruña
NOVO,Mª (coordra.); 1999. Los desafíos ambientales. Reflexiones y propuestas para un futuro sostenible. Ed. Universitas, Madrid.
MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE; 1999. Libro Blanco de la Educación Ambiental en España. Madrid.
UNESCO-PNUMA.- Colección: Programa Internacional de Ed. Ambiental. Ed. Catarata, Bilbao.
XUNTA DE GALICIA; 2000. Estratexia Galega de Educación Ambiental. Ed. Xunta Galicia. Santiago de C.
Teranse en conta fundamentalmente as seguintes competencias básicas e específicas do Master
1.-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
5.- Que os estudantes sexan capaces de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornas naturais, en concreto deseñar unha actividade educativa orixinal sobre unha contorna natural previamente elixida
7.- Que os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
9.- Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais.
A metodoloxía de ensino- aprendizaxe oriéntase a promover nos estudantes unha progresiva adquisición de coñecementos relacionados coa educación ambiental, así como de competencias útiles para o ensino da mesma e a iniciación a traballos neste campo. Combinará a presentación dos principais puntos polo profesor co traballo individual e colectivo dos estudantes, procura, lectura e síntese de información, debates e análise crítica de investigacións, exercicios prácticos, e o desenvolvemento e a presentación dun traballo en relación con algunha das cuestións tratadas.
A maiores das sesións expositivas e prácticas, haberá saídas ou excursións á natureza e ao parque eólico de Sotavento.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
As sesións expositivas desenvolveranse na aula correspondente.
As sesións interactivas desenvolveranse no laboratorio de ciencias.
As titorías desenvolveranse presencialmente ou a través do correo electrónico ou Teams.
Mantéñense as saídas á natureza e excursións previstas sempre que garantan as condicións sanitarias requiridas.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
As sesións expositivas desenvolveranse na aula correspondente ou a través da aplicación Teams. Neste caso manterase o horario establecido para esta docencia.
As sesións interactivas desenvolveranse na aula correspondente. Seguiranse as indicacións e rotacións de grupos e horarias establecidas pola Facultade de Formación do Profesorado.
As modificacións serán informadas a través do campus virtual da materia.
As titorías desenvolveranse presencialmente ou a través do correo electrónico ou Teams.
Mantéñense as saídas á natureza e excursións previstas sempre que garantan as condicións sanitarias requiridas.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
As sesións expositivas desenvolveranse a través da aplicación Teams e do campus virtual. Manterase o horario establecido para esta docencia.
As sesións interactivas desenvolveranse mediante tarefas que se colgarán no campus virtual da materia.
A comunicación entre docente e alumnado levarase a cabo a través do campus virtual. As titorías desenvolveranse de xeito virtual, a través do correo electrónico ou Teams
Suspéndense as saídas á natureza e excursións previstas, buscando alternativas virtuais que permitan o desenvolvemento das competencias asociadas a estas actividades.
-Asistencia e participación activa nas actividades presenciais (sesións de aula como saídas e/ou excursións). Para ter avaliación positiva, os estudiantes deberán asistir polo menos ao 80% do traballo presencial previsto. Este apartado terá unha contribución máxima á nota final do 20% da mesma.
-Realización de traballos prácticos propostos nas actividades presenciais (individuais ou en pequeno grupo), e especialmente realización e presentación dun traballo sobre un problema ambiental a escoller polo alumnado, sobre o que se aplique unha metodoloxía de resolución de problemas. Este apartado terá unha contribución máxima á nota final dun 40% da mesma.
-Probas específicas. Este apartado terá unha contribución máxima á nota final dun 40% da mesma.
O alumnado que non acade a nota mínima en algún dos apartados será cualificado como "Non Presentado".
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
ALUMNADO DE 2ª CONVOCATORIA E POSTERIORES. A/o estudante deberá falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia. Este plan de traballo será acordado entre o docente e o estudante. Se este alumnado non asiste ás titorías, ou se pon en contacto co docente, dentro deste prazo para pautar o plan de traballo, entenderase que se atén á avaliación ordinaria. Independentemente do escenario docente no que nos atopemos.
ALUMNADO CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA (atendendo ás normas citadas na Instrución nº 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias e Normativa para a concesión de dispensa da asistencia a clase aprobada pola Xunta de Facultade), deberá acordar un plan específico de traballo co profesorado dentro das dúas primeiras semanas do semestre, ou na mesma semana da solicitude de ser o caso, con independencia do escenario docente no que nos atopemos.
ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS. Deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, presentando o xustificante oportuno, a fin de adaptar o plan de avaliación ás súas necesidades, con independencia do escenario docente no que nos atopemos.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA:
O proceso e os instrumentos de avaliación serán os citados nos parágrafos anteriores.
CONCRECIÓNS RESPECTO AOS ESCENARIOS 2 (DISTANCIAMENTO) E 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
En termos xerais, a avaliación mantén as pautas citadas anteriormente coas seguintes puntualizacións:
1. Asistencia e participación: será valorada pola asistencia ás sesións virtuais e á entrega de traballos ou informes no prazo establecido.
2. As presentacións orais, de non poder manterse presencialmente, realizaranse mediante videos (ou presentacións de powerpoint con audios no caso de non dispor de dispositivos de gravación de imaxe) que serán colgados no espazo habilitado con ese fin no campus virtual.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: 24 horas
Docencia presencial expositiva en grupo completo: 9
Docencia Interactiva en grupo: 12 horas
Titoría: 3 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (non presencial): 51 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou traballos da materia (individual ou grupo): 5 horas
- Actividades en biblioteca, ou procuras bibliográficas: 8 horas
- Lecturas recomendadas: 7 horas
- Asistencia a actividades recomendadas (charlas, etc.): 3 horas
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 3 horas
- Estudo autónomo (individual ou en grupo): 25 horas
Recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades e tarefas propostas no aula.
Recoméndase asistir en horario de titorías para as orientacións que se precisen relacionadas cos traballos prácticos así como o que concierne ao estudo da materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
Seguindo o documento "Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021, aprobado polo consello de goberno do 19 de xuño de 2020" os respectivos apartados de metodoloxía e avaliación contemplan as seguintes adaptacións:
En relación á METODOLOXÍA:
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
As sesións expositivas desenvolveranse na aula correspondente.
As sesións interactivas desenvolveranse no laboratorio de ciencias.
As titorías desenvolveranse presencialmente ou a través do correo electrónico ou Teams.
Mantéñense as saídas á natureza e excursións previstas sempre que garantan as condicións sanitarias requiridas.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
As sesións expositivas desenvolveranse na aula correspondente ou a través da aplicación Teams. Neste caso manterase o horario establecido para esta docencia.
As sesións interactivas desenvolveranse na aula correspondente. Seguiranse as indicacións e rotacións de grupos e horarias establecidas pola Facultade de Formación do Profesorado.
As modificacións serán informadas a través do campus virtual da materia.
As titorías desenvolveranse presencialmente ou a través do correo electrónico ou Teams.
Mantéñense as saídas á natureza e excursións previstas sempre que garantan as condicións sanitarias requiridas.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
As sesións expositivas desenvolveranse a través da aplicación Teams e do campus virtual. Manterase o horario establecido para esta docencia.
As sesións interactivas desenvolveranse mediante tarefas que se colgarán no campus virtual da materia.
A comunicación entre docente e alumnado levarase a cabo a través do campus virtual. As titorías desenvolveranse de xeito virtual, a través do correo electrónico ou Teams
Suspéndense as saídas á natureza e excursións previstas, buscando alternativas virtuais que permitan o desenvolvemento das competencias asociadas a estas actividades.
En relación á AVALIACIÓN:
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA:
O proceso e os instrumentos de avaliación serán os citados nos parágrafos anteriores.
CONCRECIÓNS RESPECTO AOS ESCENARIOS 2 (DISTANCIAMENTO) E 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
En termos xerais, a avaliación mantén as pautas citadas anteriormente coas seguintes puntualizacións:
1. Asistencia e participación: será valorada pola asistencia ás sesións virtuais e á entrega de traballos ou informes no prazo establecido.
2. As presentacións orais, de non poder manterse presencialmente, realizaranse mediante videos (ou presentacións de powerpoint con audios no caso de non dispor de dispositivos de gravación de imaxe) que serán colgados no espazo habilitado con ese fin no campus virtual.
Luis Aladino Llaneza Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 22 |
Venres | |||
16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 22 |
27.05.2022 17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
14.07.2022 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |