Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Conceptualizar términos específicos da materia: diversidade funcional, accesibilidade, adaptación, etc.
• Analizar os recursos existentes para actividades motrices.
• Comprender e coñecer os dereitos das persoas con diversidade funcional ao acceso aos espazos naturais para o seu uso, goce, coñecemento e posta en valor.
• Coñecer os criterios que deben cumprir as instalacións nos espazos naturais para ser accesibles.
• Analizar e recoñecer as características dos equipamentos de Educación Ambiental accesibles.
• Adquirir criterios para a adaptación e accesibilidade nas actividades motrices na natureza.
• Analizar os límites da accesibilidade nas contornas naturais.
• Tomar conciencia dos valores e percepcións persoais sobre as persoas con diversidade funcional.
• Persoas con diversidade funcional: concepto, características, dereitos e necesidades.
• Análise das actitudes ante a diversidade funcional. Análise propia. Integración, inclusión e accesibilidade.
• Características dos equipamentos en espazos naturais (instalacións, servizos e programas) considerados inclusivos.
• Actividades motrices en espazos naturais para as persoas con diversidade funcional: características básicas.
• Análise de espazos naturais, recursos e itinerarios para mellóraa da accesibilidade: en busca de equipamentos inclusivos.
• Estudo de casos de organización , deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre desde a perspectiva da diversidade funcional: granxas – escola, aulas de educación ambiental, vías verdes, etc.
Básica
Arribas, H.F. (2012). El montañismo como práctica de ocio inclusivo. Revista Pedagógica Adal, 15(25), 27-32.
Casino-Aguilera, J.Á. (2016). Un nuevo paradigma para un futuro más saludable y con valores. Deporte inclusivo, actividad física inclusiva y educación física inclusiva. Revista Nacional e Internacional de Educación Inclusiva, 9(2), 69-86.
Fuentes, V. ., García-Domingo, M. ., Amezcua, P. ., y Amezcua Aguilar, T. (2020). La Atención a la Diversidad Funcional en Educación Primaria. REICE. Revista Iberoamericana Sobre Calidad, Eficacia Y Cambio En Educación, 19(1), 105–122. https://doi.org/10.15366/reice2021.19.1.006
Moscoso, D. y Muñoz, Victor. (2012). Deporte, Inclusión y Diversidad Social. Anduli. 11. 13-19. https://revistascientificas.us.es/index.php/anduli/article/view/3660/31…
Fernández-Atienzar, D., González-Lázaro, J., y Arribas-Cubero, H.F. (2018). Senderismo inclusivo: accesibilidad al medio natural en Castilla y León. E-MásF: Revista Digital de Educación Física., 9(54), 41–49.
Hernández-Beltrán, V., Gámez-Calvo, L., Rojo-Ramos, J., & Gamonales, J. M. (2021). La Joëlette como herramienta de inclusión. Revisión de la literatura. E-Motion: Revista De Educación, Motricidad E Investigación, (16), 47-68. https://doi.org/10.33776/remo.v0i16.5127
Martín-PAredes,N. y Chacón-López, H. (2017). La equinoterapia como nueva práctica educativa para la diversidad funcional. Perfiles y actitudes del terapeuta. Etic@net: Revista científica electrónica de Educación y Comunicación en la Sociedad del Conocimiento, 17, 1, pp 168-184. DOI: https://doi.org/10.30827/eticanet.v17i1.11921
Miteco (2017). Guia Técnica de Accesibilidad en Espacios Naturales. Organismo Autónomo Parques Nacionales y Fundación ONCE. https://www.miteco.gob.es/es/red-parques-nacionales/guia-accesibilidad-…
Pérez-Campos, C., Fernández-Gavira, J., Alcaraz-Rodríguez, V., & Heredia-Moyano, F. J. (2018). Modelos de negocio inclusivos en el medio natural. El caso del Campus Diversia. Journal of Sports Economics & Management, 8(2), 107-115.
Complementaria
ARRÁEZ MARTINEZ, J.M. (1996): Motricidad, autoconcepto e integración de niños ciegos. Málaga, Aljibe.
CAMPAGNOLE, S.H. (1998): La silla de ruedas y la educación física. Barcelona, Paidotribo.
COMITÉ OLÍMPICO ESPAÑOL (1994): Deportes para minusválidos físicos, psíquicos y sensoriales. Madrid.
CUENCA CABEZA, M. (1999): “Ocio y Formación. Hacia la equiparación de oportunidades mediante la Educación de Ocio”, en Documentos de Estudios de Ocio, nº 7 Bilbao, Universidad de Deusto.
FEBRER DE LOS RÍOS; SOLER VILA (1990): Cuerpo, dinamismo y vejez. Barcelona, INDE.
GARCIA MINGO, J.A. (1992): Actividades físicas y deporte para minusválidos. Madrid, Campomanes Libros, S.L.
Garel, JP. (2007). Educación física y discapacidades motrices. Barcelona: Editorial Inde
Martínez, R., De Haro, R. y Escarbajal, A. (2017). Una aproximación a la educación inclusiva en España. Revista de Educación Inclusiva, 3(1), 149-164. https://revistaeducacioninclusiva.es/index.php/REI/article/view/217
Mendoza, N. (2009). Propuestas prácticas de Educación Física inclusiva para la etapa de secundaria. Barcelona: Editorial Independiente.
MIÑANA ESTRUCH, J.J.; VALLÉS ARÁNDIGA, A. (1995): “Ecología litoral: una experiencia de Educación Ambiental en niños ciegos”, en Integración nº 18.
MUTUA DE ACCIDENTES DE TRABAJO Y ENFERMEDADES PROFESIONALES DE LA SEGURIDAD SOCIAL (2004): Guía del Camino de Santiago para personas con discapacidad.
Otero, A. (Dir) (2003). Deporte y discapacidad. Córdoba: Excma. Diputación de Córdoba.
Perez, J. (Coord) (2008). Discapacidad, calidad de vida y Actividad Físico-Deportiva. Madrid: Dirección general de deportes
RIOS HERNÁNDEZ, Mercedes; BLANCO RODRIGUEZ, Antonio; BONANY JANÉ, Tate; CAROL GRES, Neus (1998): El juego y los alumnos con discapacidad. Barcelona, Paidotribo.
SETIEN SANTAMARÍA, Mª L. (coord.) (2000): “Ocio, calidad de vida y discapacidad”. Actas de las Cuartas Jornadas de la Cátedra de Ocio y Minusvalías. Bilbao, Universidad de Deusto.
VILLAVILLA ASENJO, H. (2001): Deporte y naturaleza. El impacto de las actividades deportivas y de ocio en el medio natural. Madrid, Talasa.
SETIEN SANTAMARÍA, Mª L. (coord.) (2000): “Ocio, calidad de vida y discapacidad”. Actas de las Cuartas Jornadas de la Cátedra de Ocio y Minusvalías. Bilbao, Universidad de Deusto.
Torrebadella, X. (2013). La joëlette: una original adaptación para el senderismo inclusivo. EFDeportes.com Revista Digital. 18-184. https://www.efdeportes.com/efd184/la-joelette-para-el-senderismo-inclus…
VILLAVILLA ASENJO, H. (2001): Deporte y naturaleza. El impacto de las actividades deportivas y de ocio en el medio natural. Madrid, Talasa.
Básicas
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares)
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns ultimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que será en gran medida autodirixido ou autónomo.
Xerais
CG5 - Que os estudantes sexan capaces de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornas naturais, en concreto saber deseñar unha actividade educativa orixinal sobre unha contorna natural previamente elixida.
Específicas
CE7 - Que os e as estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
CE9 - Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.
CE11 – Que o alumnado adquira habilidades para tomar decisións e a resolución de conflitos e imprevistos que se poidan presentar na organización e desenvolvemento de actividades.
Da materia
CM1 - O alumnado aprenderá a recoñecer e a modificar as súas propias actitudes cara á inclusión das persoas con diversidade funcional nos ámbitos de lecer.
CM2 - O alumnado saberá recoñecer as zonas de uso público dos espazos naturais (instalacións, servizos, programas e actividades) que polas súas características (físicas, de comunicación e sociais) considéranse inclusivas.
CM3 - O alumnado será capaz de elaborar propostas de transformación e mellora de infraestruturas e equipamentos de educación ambiental, patrimonial e de lecer, de face a conseguir que poidan ser empregadas e gozadas polas persoas con diversidade funcional.
Referido ao traballo presencial do alumnado (21 horas):
• Durante as sesións expositivas ofrecerase ao alumnado unha síntese actualizada sobre as características das zonas de uso público dos espazos naturais (instalacións, servizos, programas e actividades) que se consideran inclusivas ou accesibles para persoas con diversidade funcional, así como charlas e debates con empresas e asociación do ámbito da diversidade funcional.
• Nas sesións interactivas, presentaranse actividades prácticas para realizar en grupo para o recoñecemento das actitudes persoais cara á inclusión das persoas con diversidade funcional nos ámbitos de lecer, e propoñerase o estudo de casos referidos aos contidos da materia.
• Saídas de campo e/ou visitas a un equipamento de educación ambiental ou patrimonial accesible e/ou a unha contorna natural para a práctica de actividades motrices na natureza, nos cales o alumnado constatará, analizará os contidos expostos nas sesións expositivas e elaborará un informe sobre a ou as mesma.
En canto ao traballo non presencial do alumnado (54 horas):
• No aula virtual empregarase un sistema de aula invertida para fomentar a realización das actividades e participar de forma significativa nos foros de agua, debidas e debates. (16 horas)
• As lecturas recomendadas, obrigatorias nalgúns casos: artigos científicos ou textos seleccionados e realización individual de recensións a expoñer nas sesións presenciais. (12 horas).
• Indicarase a visita a outros equipamentos de educación ambiental ou patrimonial para valorar a súa accesibilidade, e a asistencia como oíntes a conferencias sobre os contidos da materia (12 horas).
• Confección individual dos informes e recensións coas súas reflexións, conclusións e as súas aprendizaxes sobre as experiencias vividas (14 horas).
• O alumnado será atendido nas sesións de titoría para orientar o seu traballo.
Hai que ter en conta que debido a natureza da materia realizaranse saídas e prácticas de campo ás que o alumnado deberá asistir obrigatoriamente tal e como figura no sistema de avaliación.
En calquera escenario utilizaranse exclusivamente os medios telemáticos proporcionados no Campus Virtual da USC.
Lembramos que a Normativa da USC indica que será necesario asistir a un mínimo de asistencia para ser avaliado, o cal se fixa no 80%.
Debido ao carácter experiencial do propio máster e desta materia a avaliación será continua, comprendendo o proceso e o resultado, asumindo que ambos deben contribuír á adquisición de coñecementos e á reflexión permanente, onde todo será avaliado.
Mediante a elaboración das actividades, tarefas, informes e o exame os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas.
Primeira oportunidade
Cada alumno seleccionará unha das seguinte opcións:
Opción A sen traballo de módulo
— Proba obxectiva 40 %.
— Elaboración e exposición do ou os informes para realizar sobre as saídas 30 %
— Propostas de actividades: 20 %
— Participación activa nas sesións 10%
En caso de dispensa de asistencia a clase a porcentaxe anterior será de 50, 10, 40 e 0 respectivamente
Opción B sen traballo de módulo
— Informe ou informes a realizar: 40 %.
— Exposición e avaliación por pares do ou os informes para realizar sobre as saídas 30 %
— Propostas de actividades: 20 %
— Participación activa nas sesións 10%
En caso de dispensa de asistencia a clase a porcentaxe anterior será de 50, 10, 40 e 0 respectivamente
A cualificación de cada apartado terá que superar o 50% da nota máxima de forma independente senón será cualificado como NP; manteranse as cualificación dos apartados que estean superados nas convocatorias do presente curso académico. O mesmo sucede no caso de non chegar o mínimo de asistencia na primeira convocatoria, e logo non se terá en conta.
Segunda oportunidade
— No caso de que sexa no primeiro ano, manteranse as opcións anteriores e manteranse as cualificacións superadas se se solicita via email e non será obrigatorio superar os apartados de forma independente para superar a materia.
Se non coincide co curso académico da primeira oportunidade, terase que realizar a avaliación como indican no devandito ano.
Terceira Oportunidade ou Segundo ano académico e sucesivos
— O sistema de avaliación será o que corresponda ao devandito curso académico.
Os informes confeccionaranse tendendo en conta a normativa APA en vigor e cun emprego adecuado da linguaxe, sen faltas de ortografía nin de puntuación; en caso de existencia das mesmas terán unha puntuación negativa.
Para superar a materia terase que superar de forma independente todos e cada un dos apartados nas opcións anteriores; as cualificacións só se gardarán no mesmo curso lectivo da primeira convocatoria, independentemente de que se presente ou non e será cualificado como “Non presentado”.
Estudantes con dispensa de asistencia a clase (segundo a normativa da USC)
Estes estudantes deben informar da súa situación ao profesorado na mesma semana na aplicación da exención a fin de realizar de inmediato o plan de traballo e a avaliación da materia de adaptarse ás súas circunstancias particulares.
En todo caso, deberán prestar atención ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, onde indica que para aprobar a materia debe asistir á ou ás prácticas de actividades ao aire libre que se indican no calendario das clases programadas e guía didáctica, que nesta materia son as saídas de campo indicadas no horario da materia.
Para as sesións expositivas presentarse un traballo académico que supla a parte no presencial autorizada e que será acorado de forma individual co profesor coordinador.
Alumnado con diversidade funcional
Calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, debería xustificar a súa situación a través dun documento expedir polo servizo acreditado pola USC (Servizo de Participación e Integración Universitaria ( SPIU) da USC) para estes efectos e informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente, #a fin de que poidan acordar o máis axiña posible o plan de traballo da/do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares e/ou evaluativas
Se algunha persoa incorrese nunha falsificación ou outro tipo de fraude e a mesma fose descuberta, será cualificada con "suspenso" nas convocatorias correspondentes ao ano académico na cal sucedese o incidente e as actuacións do profesorado rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
TRABALLO PRESENCIAL (27 HORAS)
Clase presencial en grupo completo, 12 horas
Clases prácticas ou interactivas, 6 horas
Titorías, 2 horas
Realización de exercicios escritos ou exames, 2 horas
Outras tarefas coa docente da materia, como visitas a equipamentos de educación ambiental ou contornas naturais accesibles, 5 horas
TRABALLO PERSOAL (48 HORAS)
Estudo autónomo individual ou en grupo, 11 horas.
Elaboración das conclusións obtidas a partir das sesións prácticas, redacción dos resultados do estudo de casos, elaboración dos datos recolleitos nas visitas a equipamentos e/ou contornas naturais, redacción dos contidos recompilados nas conferencias, 9 horas.
Lecturas recomendadas e procura bibliográficas, 10 horas.
Asistencia a actividades recomendadas: visitas a espazos naturais ou patrimoniais accesibles, asistencia como oínte a conferencias, etc. 4 horas.
Outras tarefas propostas pola profesora da materia: gamificación, análise do funcionamento dun equipamento de educación ambiental accesible, análise de actividades adaptadas e/ou en espazos accesibles para persoas con diversidade funcional, etc., 14 horas.
A materia ten un claro carácter experiencial, polo que a participación activa nas sesións, tanto teóricas como interactivas será fundamental para a adquisición e interiorización das competencias.
Un traballo continuo da materia, mediante a estrutura de traballo proposta na opción A axudará a alcanzar as competencias a conseguir a través de tarefas e actividades lúdicas, que seguen unha progresión e planificación específica para alcanzar as mesmas.
Este programa podería sufrir modificacións por necesidades docentes. Estas serán comunicadas debidamente ao alumnado e con suficiente antelación.
A materia ten un desenvolvemiento na USC Virtual e información adicional na páxina do Máster http://www.masterdaen.es/inicio.html
Comunicacións
Toda comunicación realizarase mediante as cintas oficias da USC e mediante o Campus Virtual.
Elaboración e confección da documentación
Empregarase as ferramentas dixitais institucionais para a confección e elaboración de calquer informe, documentación ou traballo que sea necesario presentar na materia.
Entrega de documentación
Todos os traballos entregarasen en formato electrónico na plataforma virtual oficial, non admitíndose nada en formato papel
Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Protección de datos:
Aplicarase a normativa e política da USC, dispoñible en https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Miguel Cons Ferreiro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821062
- Correo electrónico
- miguel.cons [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Marcos Mecias Calvo
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821074
- Correo electrónico
- marcos.mecias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 30 |
31.05.2024 17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
09.07.2024 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |