Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Ofrecer unha visión integral das finanzas aplicable ao máis alto nivel de dirección empresarial, e vinculada coa estratexia xeral da empresa e coas demais áreas de decisión.
Reforzar o coñecemento dos principios das finanzas e a súa aplicación práctica.
Orientar os coñecementos e técnicas financeiras cara á xestión baseada no valor.
Aplicar, con soporte informático, os coñecementos adquiridos en finanzas, cunha clara orientación cara ao apoio á toma de decisións por parte da alta dirección.
E todo iso cunha especial atención á contorna habitual no que se han de desenvolver os alumnos, caracterizado por pequenas e medianas empresas.
TEMA 1. PRINCIPIOS DE FINANZAS EMPRESARIAIS
TEMA 2. ANÁLISE FINANCEIRA E CREACIÓN DE VALOR.
TEMA 3. PLANIFICACIÓN FINANCEIRA A CURTO E LARGO PRAZO
TEMA 4. VALORACIÓN DE PROXECTOS E VALORACION DE EMPRESAS
TEMA 5. PRODUCTOS FINANCEIROS E ESTRUCTURA FINANCEIRA DA EMPRESA
Básica:
- RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Estrategias de Planificación Financiera Aplicada, Andavira, 2011
Complementaria:
- BENNINGA, S. y SARIG, O., Corporate finance: a valuation approach, McGraw-Hill, 1997.
- BENNINGA, S., Principles of Finance with Excel, Oxford University Press, 2006
- BLACK, A; WRIGHT, P. e BACHMAN, J., En busca del Valor para el Accionista, Price Waterhouse Coopers, Madrid, 1999.
- DAMODARAN, A., Damodaran on Valuation, John Wiley, 2006.
- GRINBLATT, M. e TITMAN, S., Financial Markets and Corporate Strategy, Irwin/McGraw-Hill, 1998.
- HAWAWINI, G. e VIALLET, C., Finance for Executives. Managing for Value Creation, South-Western College Publishing, Cincinnati, Ohio, 1999.
- HIGGINS, R. C., Analysis for financial management, Irwin-McGraw Hill, Nova York, 1998.
- HIRT, G. A. e BLOCK, S. B., Fundamentals of investment management, Irwin McGraw Hill, 1999.
- KEOWN, A. J.; SCOTT, D. F.; MARTIN, J. D. e PETTY, I. W., Introducción a las finanzas. La práctica y la lógica de la dirección financiera, Prentice Hall, 1999.
- KNIGHT, J., Value Based Management. Developing a Systematic Approach to Creating Shareholder Value, McGraw-Hill, 1997.
- LÓPEZ MARTÍNEZ; F. J., Manual de cash management, Ediciones Deusto, 1996.
- PENMAN, S., Financial Statement Analysis and security valuation, Mcgraw-Hill, 2007.
- RODRIGUEZ SANDIAS, A., e ITURRALDE JAINAGA, T., Modelización Financiera Aplicada, Ediciones Delta, 2007.
- SENGUPTA, C., Financial Modeling, John Wiley & Sons, 2004.
- SHAPIRO, A. e BALBIRER, S., Modern Corporate Finance, Prentice Hall, 2000.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- CT1. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
- CT2. Capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos.
- CT3. Capacidade para deseñar proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa.
- CT4. Dominio de diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión necesarios para dirixir unha empresa.
- CT5. Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
- CT6. Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrito como de técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
- CT7.Capacidade para continuar coa aprendizaxe autónoma.
- CT8. CapacidadE para realizar a xestión económico-financeira dunha empresa.
-CT9. Capacidades transversais: Capacidade de análise e síntese, planificación e organización, e capacidae para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
Competencias específicas da materia:
- CM1. Coñecer o papel das finanzas e do departamento de finanzas no proceso de creación de valor da empresa.
- CM2. Realizar unha análise financeira en profundidade da situación da empresa e as súas perspectivas de futuro, tanto de forma individual como en relación á competencia.
- CM3. Realizar a planificación e presupuestación a curto, medio e longo prazo na empresa.
- CM4. Coñecer os instrumentos financeiros a disposición da empresa.
- CM5. Construír modelos de simulación informatizados para resolver problemas financeiros e planificar as consecuencias económico-financeiras das decisións empresariais.
- CM6. Coñecer as técnicas de valoración de empresas.
Ao tratarse dunha materia de Máster é especialmente importante que o alumnado perciba a aplicabilidad dos contidos da mesma. Todos os contidos que se expliquen na materia irán acompañados de múltiples exemplos e da resolución de casos prácticos, cuxa resolución farase individualmente e/ou en pequenos grupos de traballo, utilizando como ferramenta básica a folla de cálculo. Así mesmo, fomentarase a revisión de fontes bibliográficas que axude ao alumnado a ter unha visión máis integral e favoreza a profundización nos temas que poidan ser de máis interese para o alumnado.
O desenvolvemento das sesións realizarase nos horarios de clase establecidos en calquera dos 3 escenarios posibles, coa seguinte metodoloxía en cada un de ditos escenarios:
1. ESCENARIO 1 (NORMALIDADE ADAPTADA):
- Expositivas: presencial.
- Interactivas: presencial.
- Titorías: presencial ou non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
2. ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO):
- Expositivas: non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Interactivas: presencial e non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Titorías: non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
3. ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
- Expositivas: non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Interactivas: non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Titorías: non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
A avaliación terá en conta:
1) 50%: avaliación continua das actividades que se indicarán ó iniciar o curso. Será necesario a asistencia ao 70% das clases para que puntúe a valoración obtida na avaliación continua.
2) 50%: exame final
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
O desenvolvemento da avaliación a través dos instrumentos anteriores realizarase nas datas fixadas no calendario de probas finais e nos horarios de clase establecidos en calquera dos 3 escenarios posibles, do seguinte xeito en cada un de ditos escenarios:
1. ESCENARIO 1 (NORMALIDADE ADAPTADA):
- Proba final teórica e práctica: presencial.
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC) e resolución presencial.
2. ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO):
- Proba final teórica e práctica: presencial ou non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams), de acordo coas directrices que se establezan nese momento.
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC) e presentación presencial ou non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
3. ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
- Proba final teórica e práctica: non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC) e presentación non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
TRABALLO PERSOAL NO AULA
Clases de aula en grupo: 12 horas
Clases de seminario en grupo: 22 horas
Tutorías en grupo moi reducido: 6 horas
Avaliación no aula: 5 horas
TOTAL TRABALLO PRESENCIAL NO AULA: 45 HORAS
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 27,5 horas
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 horas
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 20 horas
Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10 horas
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 67,5
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Instrumento 1 (continua): CM1, CM2, CM3, CM4, CM5, CM6, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9.
Instrumento 2 (exame teórico): CM1, CM2, CM3, CM4, CM5, CM6, CT3, CT4, CT6, CT9.
Requírense coñecementos básicos de finanzas. Considérase fundamental a asistencia a clase como forma de comprender e asimilar o contido da materia. Con respecto ás horas de dedicación non presencial, estímase que o alumno que asistiu a clase deberá dedicar tempo ao repaso do visto en clase e a aplicar e afianzar os coñecementos mediante a resolución de problemas, así como profundar na materia mediante a revisión bibliográfica. Cun traballo constante ao longo do cuadrimestre a preparación do exame final non debería implicar un número excesivo de horas de estudo.
Ademais, recoméndase aos alumnos que fagan uso das horas de tutorías para a resolución de dúbidas ou aclaración de conceptos. Doutra banda, tendo en conta o papel fundamental que o traballo sobre a folla de cálculo xoga nesta materia, aconséllase que o alumno que non se move con soltura neste terreo procure mellorar o seu manexo tanto co seu esforzo persoal como facendo uso das horas de tutorías.
Aplicarase o indicado nos apartados de METODOLOXÍA DA ENSINANZA e SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE coas adaptacións ao escenario que sexa de aplicación en función das indicacións da administración competente e da USC.
Sara Fernandez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811606
- Correo electrónico
- sara.fernandez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
19:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Venres | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
21.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
21.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
01.07.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
01.07.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |