Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción) | 1ro curso (Si)
O obxecto da materia é o estudo da Administración de Sistemas de Información para a Dirección, a través dos seguintes obxectivos docentes:
1. Desenvolver no alumnado unha visión estratéxica do sistema de información para a dirección da empresa.
2. Familiarizar ao alumnado con diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión do sistema de información para a dirección.
3. Capacitar ao alumnado para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co sistema de información da empresa.
4. Desenvolver no alumnado as habilidades requiridas para xestionar o sistema de información da empresa.
Tema 1: O SISTEMA DE INFORMACIÓN NA EMPRESA
Tema 2: AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN NA EMPRESA
Tema 3: O DESENVOLVEMENTO DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN
Tema 4: ANÁLISE DE SISTEMAS
Básica
ARJONILLA, Jesús; MEDINA, José Aurelio (2010): La gestión de los sistemas de información en la empresa. Teoría y casos prácticos. Madrid: Pirámide
GÓMEZ VIEITES, A.; SUÁREZ REY, C. (2011): Sistemas De Información: Herramientas Practicas para la Gestión Empresarial. Madrid: Rama.
LAUDON, K.C.; LAUDON, J.P. (2016). Sistemas de información gerencial (14th edición). México: Pearson
Complementaria
COHEN KAREN, D.; ASÍN LARES, E. (2005). Sistemas de información para los negocios. Un enfoque de toma de decisiones. México: McGraw-Hill
DE PABLOS HEREDERO, C., LÓPEZ HERMOSO AGIUS, J.J., MARTÍN-ROMO ROMERO, S.; MEDINA SALGADO, S. (2019). Organización y transformación de los sistemas de información en la empresa. Madrid: ESIC (e-book)
O profesorado poderá recomendar bibliografía específica para cada tema.
Competencias Xerais:
CG2. Capacidade para dispor dunha visión estratéxica dos problemas empresariais.
CG7. Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como de técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
CG9. Dominio de diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión necesarios para dirixir unha empresa.
CG10.Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CG11.Capacidade para continuar coa aprendizaxe autónoma.
Competencias Específicas:
CE7. Capacidade para xestionar as operacións e os sistemas de información da empresa.
Competencias Transversais:
CT2. Capacidade de razoamento crítico
CT3. Capacidade de análise e síntese.
CT4. Capacidade de planificación e organización.
CT5. Capacidade de argumentación e comunicación
CT6. Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
As sesións expositivas teñen por finalidade introducir ao alumnado na xestión do sistema de información e no seu impacto na satisfacción do cliente e no resultado organizativo. O enfoque didáctico ten por obxectivo a formación do alumnado propiciando a comprensión dos procesos de información que sustentan as decisións empresariais e a modelización de diversos problemas coa finalidade de promover a calidade das decisións.
Para o desenvolvemento da parte teórica establécense as seguintes pautas de actuación:
• A exposición do tema e a presentación dos materiais de traballo complementaranse con exercicios e casos que fomenten a participación e o debate. Explicacións axustadas ao nivel de partida do alumnado. Considérase a materia como unha iniciación aos contidos establecidos.
• Conexión entre os contidos transmitidos e a realidade. Tanto exemplos como casos, sempre que sexa posible, versarán sobre feitos reais.
• Os contidos teóricos da materia desenvolveranse en clases expositivas de 2 horas, 1 días por semana. A parte práctica desenvolverase en clases interactivas en grupo reducido de 1,5 hora, 1 día por semana.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse de xeito presencial no horario oficial publicado polo centro.
Para as actividades asíncronas e para a entrega de tarefas habilitarase unha caixa de correos na aula virtual coa data e hora límite de entrega.
A asistencia ás sesións é obrigatoria, polo que o profesorado de cada grupo fará un seguimento da asistencia do alumnado e a súa participación nas sesións, sexan presenciais ou virtuais (en remoto).
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal que o alumnado que inclúe, entre outras, actividades de procura de información e material bibliográfico, lectura do devandito material e elaboración e defensa de traballos individuais ou colaborativos.
Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de retroalimentación sobre os resultados obtidos.
As titorías desenvolveranse de xeito presencial ou virtual (utilizando a ferramienta corporativa Microsoft Teams) no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle.
A avaliación da materia levarase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua no que se terán en conta todas as actividades realizadas ao longo do cuadrimestre (traballo cuadrimestral, probas de avaliación de contidos teóricos ou prácticos, casos de estudo, debates, etc.), considerando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa (100% da cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
O alumnado ao que se lle concedeu dispensa de asistencia seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota. Este exame será presencial ou en remoto (virtual) en función do escenario determinado pola evolución das condicións sanitarias.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
Primeira oportunidade ordinaria:
Avaliación continua: Participación en clase, resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos en grupo/individuais, probas de avaliación de contidos teóricos ou prácticos, e outras actividades vinculadas ás clases interactivas e expositivas. Peso na cualificación final: 100%.
Todas as competencias da materia serán avaliadas a través do proceso de avaliación continua.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Na segunda oportunidade extraordinaria de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. Abrirase un prazo para que o alumnado poida entregar todas aquelas actividades que non conseguiran unha cualificación de APROBADO na avaliación continua. Naqueles casos onde a actividade xa fose obxecto de corrección pública na clase presencial ou telemática, proporanse actividades substitutivas co mesmo peso na cualificación final.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado repetidor someterase ao mesmo réxime de avaliación.
A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas (total 112,5 horas).
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
• Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 45.
• Traballo persoal do alumnado: 67,5
Non existen requisitos previos, aínda que é recomendable dispor de coñecementos básicos de organización de empresas, das disciplinas ligadas ao ámbito operativo da empresa e de informática de xestión.
Plan de continxencia
No caso de que se decreten os escenarios 2 ou 3, a metodoloxía da ensinanza terá as seguintes adaptacións con respecto ao escenario 1, de normalidade adaptada:
No escenario 2 (distanciamento), as sesións expositivas/interactivas levaranse a cabo de xeito presencial ou virtual (a través de Microsoft Teams e o campus virtual) segundo as directrices establecidas polo decanato de cada centro ou o reitorado para o devandito escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
No escenario 3 (peche das instalacións), todas as sesións serán virtuais (a través de Microsoft Teams e o campus virtual, combinando actividades síncronas e asíncronas).
A materia seguirá un sistema de avaliación continua (100%).
Manuel Fernando Picon Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- fernando.picon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 02 |
10:30-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 02 |
01.06.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
01.06.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
11.07.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
11.07.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |