Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Foron establecidos dende a importancia do deseño e implementación do sistema informativo de xestión (SIG) como garantía para a supervivencia empresarial. En concreto, trátase de:
- Destacar a interdependencia dos ámbitos directivo e informativo (en particular, na identificación dos elementos críticos para unha dirección estratéxica, no seguimiento de plans, na retroalimentación e incentivación da adaptación empresarial...etc.).
- Delimitar e analizar as necesidades informativas derivadas de toma de decisións e o control na contorna xeral (filosofías directivas, tecnoloxías produtivas e de información, ámbitos legal e político...) en que se desenvolve a xestión empresarial.
- Poñer en evidencia as novas técnicas e ferramentas dun sistema informativo integral de carácter estratéxico mostrando as súas posibilidades para o logro de vantaxes competitivas sostenibles así como deseñar adecuadas metodoloxías de traballo para o seu desenvolvemento tanto no que se refire ao control de xestión como ao control interno, en particular, e en relación con este último, os aspectos esenciais da metodoloxía de análise e xestión de riscos.
- Reflexionar sobre os novos requerimientos informativos, tanto de carácter financeiro como operativo, dos distintos stakeholders empresariais, derivados das ideas de responsabilidade social corporativa, a posición dos reguladores e/ou as presións institucionais, así como da forma adecuada de satisfacelos desde un punto de vista estratéxico.
Os contidos recollidos na Memoria da titulación agrupanse nos seguintes temas:
1. Significado, valor e caracterización da información en relación coa actividade da xestión e decisión.
2. Información para a toma de decisions (I).
3. Información para a toma de decisions (II).
4. Información para o control.
5. Introducción ao control interno
6. O control interno no novo contexto do Bo Goberno Corporativo.
7. Estratexia, obxectivos e riscos.
BÁSICA:
Buendía, D. y García, E. (coordinadores) (2016). Casos prácticos de contabilidad de gestión. Madrid: Editorial Pirámide.
Committee of Sponsoring Organizations of the Treadway Commission (COSO) (2012): Risk Assessment in Practice. New York: COSO.
Committee of Sponsoring Organizations of the Treadway Commission (COSO) (2004 y modificaciones posteriores): Enterprise Risk Management. Integrated Framework. Executive Summary Framework.
HORGREN, C.T.(2012): Contabilidad de custos. un enfoque gerencial. Prentice Hall.
COMPLEMENTARIA:
AMAT SALAS, O; Y SOLDEVILLA, P. [2011]: Contabilidade e xestión de custos; Barcelona : Profit.
ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE CONTABILIDADE E ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS. AECA ( varios años) . Documentos Serie Contabilidade de xestión.
BLANCO DOPICO, Mª I. (1994): Contabilidade de custos. Análise e control, Pirámide, Madrid.
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A. e Muñoz Rodríguez, MªC. (1997): Contabilidade de xestión e excelencia empresarial, Ariel Economía, Barcelona.
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A.; GUTIÉRREZ DÍAZ, G.; DONOSO ANES, R. E MARTÍN GARRIDO, J. (1997): Contabilidade de custos e contabilidad de xestión: exercicios e soluciones, Mc Graw-Hill, Madrid.
GARCÍA SUAREZ, J.L. (Coordinador) (2010) Cálculo, análise e xestión de custos. Guia práctica para a sua aplicación na empresa. Delta Publicaciones.
GARCÍA SUAREZ, J.L. (Coordinador) (2013) Cálculo de Custos e control de gestión. 70 casos de aplicación práctica. Delta Publicaciones.
GONZÁLEZ FERNANDEZ, F.J. (2010): Reducción de costes e mellora de resultados en mantenimento. A xestión mediante indicadores. Fc. Editorial.
LÓPEZ GONZÁLEZ, E.; MENDAÑA CUERVO, C.; RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, M.A. (2001): Exercicios de contabilidade de costes e de gestión, Pirámide, Madrid.
MALLO RODRIGUEZ, C.; KAPLAN, R.S.; MELJEM S. y GIMÑENEZ, C. (2000): Contabilidade de custos e estratégica de xestión, Prentice Hall, Madrid.
REQUENA RODRÍGUEZ, J.M.; MIR ESTRUCH, F.; BEIRA RÍOS, S. (2002): Contabilidade de custos e de xestión : cálculo, análise e control de custos para a toma de decisions, Ariel, Barcelona.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, R. (2002): Contabilidad de costes e de gestión: supuestos prácticos, Mc Graw-Hill, Madrid.
SÁEZ TORRECILLA, A.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A.; Gutiérrez Díaz, G. (2004): Contabilidade de custos e contabilidade de xestión, 2ª ed., Mc Graw-Hill, Madrid.
COMPETENCIAS XERAIS
CG1 Coñecemento avanzado en dirección de empresas, fundamentalmente nos seus métodos, técnicas e áreas de aplicación.
CG2 Capacidade para dispoñer dunha visión estratéxica dos problemas empresariais.
CG3 Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG5 Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito da empresa en xeral e, en particular, das súas diferentes funcións, en situacións de información incompleta.
CG6 Capacidade para elaborar a defender argumentos sobre cuestións especializadas e resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do coñecemento adquirido sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos adecuados.
CG7 Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como de técnicas de presentación a públicos especializados e non especializados.
CG8 Capacidade para diseñar Proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa.
CG11 Capacidade para continuar co traballo autónomo.
COMPENTENCIAS ESPECÍFICAS
A Contribuir a comprensión do sistema de información contable dende unha perspectiva interdisciplinar.
B Recoñecer o papel da contabilidade de custos y de xestión como unha ferrramenta para a posta en práctica e control da estratexia y a xestión empresarial.
C Aprender a elaborar, presentar e analizar informes que sirvan de base para a resolución de problemas e a toma de decisións empresariais. A sua vez, esto supón:
Coñecer e manexar as distintas fontes de datos (financeiros y no financeiros) as que un controller pode recurrir para elaborar un informe.
Coñecer os distintos tipos de fichas/documentos/modelos nos que se poden recoller os datos necesarios para elaborar un informe.
Coñecer e manexar os principais tipos de informes que se poden elaborar dependendo do obxectivo perseguido, do tipo de problema a resolver ou decisión a adoptar e dos usuarios (internos/externos) a quen se dirixa.
Coñecer a normativa (o as recomendacións) que afectan á elaboración de informes.
D Concienciar acerca da necesaria visibilidade do control empresarial. Insertar o control interno na actuación integral da organización e relacionar os seus contidos cos das distintas actividades propias da xestión empresarial.
E Contribuir á comprensión do ciclo información-comunicación válida e fiable. Capacitar o alumno para captar e informar oportunamente sobre os cambios.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 Sentido ético da dirección e xestión empresarial,
CT3 Capacidade de análise e síntese
CT6 Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
ESCENARIO 1_Normalidade adaptada
A metodoloxía básica a seguir será a clase maxistral e a realización de actividades presenciais, nas cales se impartirá tanto teoría como práctica. O alumno deberá ler con antelación os temas que se lle indiquen e nas sesións de aula dedicadas ás clases teóricas imos analizar, debater e explicar os aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ademais a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma. As sesións dedicadas a clases prácticas consistirán basicamente en expor exercicios, para resolvelos de xeito autónomo intercambiando opinións e dúbidas cos seus compañeiros, facendo o profesor os comentarios pertinentes sobre os aspectos máis relevantes do mesmo. Con este enfoque non só se pretende chegar á solución dos exercicios, senón que outro dos obxectivos é que se interprete e analice a información que nos proporcionan os casos e a súa solución e, de forma adicional, potenciar o traballo en equipo.
Co obxectivo de controlar a progresión dos alumnos, así como o grao de comprensión, capacitación e asimilación do contido da materia, avaliaranse os traballos e demais actividades entregadas. Estas actividades obrigatorias inclúen traballo persoal e en grupo (procura de material bibliográfico, lectura do devandito material, elaboración de informes, presentación dos resultados, entre outros). Para a realización destes traballos o alumnado conta co apoio na aula e con titorías co profesorado encargado da materia. Tamén se farán exames ao longo do período lectivo.
Vanse a utilizar as ferramentas dispoñibles na USC Virtual como apoio á docencia na materia, co obxectivo de favorecer a comunicación entre os estudantes e os profesores e, en consecuencia, expor debates e outras cuestións e dúbidas relacionados coa materia. A participación do alumno terase en conta na cualificación final.
ESCENARIO 1_Normalidade adaptada
A avaliación da materia leva a cabo a través de dúas actuacións:
(1) Avaliación continua (50%): terá en conta todas as actividades realizadas ao longo do cuadrimestre considerando aspectos tales como o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa en clase. En particular, na avaliación continua valoraranse:
a) a asistencia a clases (requírese un mínimo do 85%),
b) o traballo realizado en clases e a participación (razoada) nas mesmas.
c) traballo(s) e casos que se entregarán por escrito e presentaranse en clase.
d) probas de nivel, a realizar en datas que se indicarán na aula virtual, co fin de controlar o grao de comprensión e asimilación por parte dos alumnos do contido da materia.
Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CG1, CG2, CG3, CG5, CG6, CG7, CG8, CG11, A, B, C, D, E, CT1, CT3
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, o seu ponderación e seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso. Poderán establecerse actividades de avaliación obrigatorias non puntuables.
(2) Exame final teórico-práctico (50%): avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos adquiridos, así como a súa aplicación a casos prácticos.
Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CG3, CG6, CG8, CG11, C, E, CT3
De acordo coa lexislación vixente, a cualificación final da materia (obtida pola combinación das dúas actuacións anteriores) realizarase nunha escala numérica, de 0-10 con decimal
NOTAS XERAIS
En todos os escenarios o sistema de avaliación será o mesmo en ambas as oportunidades de exame (decembro/xaneiro e xuño/xullo) e para todos os alumnos. O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo persoal distribúense do seguinte modo:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 42 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 6 horas
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 30 horas
- Preparación de presentacións orais, debates ou similar:12 horas
Total horas traballo persoal do alumno: 90
As horas presenciais, que inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, tutorías e avaliación, representan 60 horas.
Para lograr o máximo aproveitamento e asimilación nesta asignatura por parte do alumno é importante que con anterioridad ao desenvolvemento de cada tema o alumno proceda á lectura do material pertinente. Así mesmo, es imprescindible para superar a asignatura polo sistema de avaliación continua, a asistencia a clase e levar o estudo da materia ao día.
O idioma en que se imparte a materia é o español.
Aplicaranse as seguintes adaptacións nos apartados de METODOLOXÍA DO ENSINO e SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE en cada escenario alternativo que sexa de aplicación en función das indicacións da administración competente e da USC.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía do ensino
ESCENARIO 2_Distanciamento
Con carácter xeral o proceso de ensino-aprendizaxe seguirá as mesmas pautas que no escenario 1, aínda que a docencia presencial na aula convivirá coa virtual. A docencia virtual contará con mecanismos síncronos e/ou asíncronos. As titorías serán virtuais.
Na aula virtual da materia o alumnado disporá de todo o material necesario para preparar a materia Unha vez traballados os temas nas diferentes semanas propostas para o seu estudo, os alumnos disporán dunha proba de autoavaliación para cada tema, así como a proposta de diferentes actividades a resolver para o seu cómputo na avaliación continua. Ademais, se teñen dúbidas durante este proceso de aprendizaxe, estas serán comunicadas a cada profesor a través do e-mail institucional e serán resoltas de forma individual ou colectiva o máis axiña posible.
ESCENARIO 3_Peche das instalacións
Con carácter xeral o proceso de ensino-aprendizaxe seguirá as mesmas pautas que no Escenario 1 (combinación de sesións de teoría e práctica). No entanto, neste caso a docencia será completamente de carácter virtual, con mecanismos síncronos e/ou asíncronos. Para a aprendizaxe utilizarase o campus virtual da materia e a plataforma Teams.
Na aula virtual da materia o alumnado disporá de todo o material necesario para preparar a materia Unha vez traballados os temas nas diferentes semanas propostas para o seu estudo, os alumnos disporán dunha proba de autoavaliación para cada tema, así como a proposta de diferentes actividades a resolver para o seu cómputo na avaliación continua. Ademais, se teñen dúbidas durante este proceso de aprendizaxe, estas serán comunicadas a cada profesor a través do e-mail institucional e serán resoltas de forma individual ou colectiva o máis axiña posible.
Sistema de avaliación
ESCENARIO 2_Distanciamento
A avaliación da materia leva a cabo a través de dúas actuacións:
(1) Avaliación continua (50%): terá en conta todas as actividades realizadas ao longo do cuadrimestre considerando aspectos tales como o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación en clase. En particular, na avaliación continua valoraranse:
a) a asistencia a clases (requírese un mínimo do 85%),
b) o traballo realizado en clases e a participación (razoada) nas mesmas.
c) traballo(s) e casos que se entregarán por escrito e presentaranse en clase ou mediante as plataformas habilitadas para iso
d) probas de nivel, a realizar en datas que se indicarán e realizarán na aula virtual, co fin de controlar o grao de comprensión e asimilación por parte dos alumnos do contido da materia.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, o seu ponderación e seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso. Poderán establecerse actividades de avaliación obrigatorias non puntuables.
Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CG1, CG2, CG3, CG5, CG6, CG7, CG8, CG11, A, B, C, D, E, CT1, CT3
(2) Exame final teórico-práctico (50%): avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos adquiridos, así como a súa aplicación a casos prácticos. Esta proba será presencial ou telemática de acordó coas directrices que indique o Decanato ou o Reitorado e as medidas sanitarias establecidas nese momento.
Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CG3, CG6, CG8, CG11, C, E, CT3
De acordo coa lexislación vixente, a cualificación final da materia (obtida pola combinación das dúas actuacións anteriores) realizarase nunha escala numérica, de 0-10 con decimal.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 3_Peche das instalacións
A avaliación da materia leva a cabo a través de dúas actuacións:
(1) Avaliación continua (50%): terá en conta todas as actividades realizadas ao longo do cuadrimestre considerando aspectos tales como o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación en clase. En particular, na avaliación continua valoraranse:
a) a asistencia a clases (requírese un mínimo do 85%),
b) o traballo realizado en clases e a participación (razoada) nas mesmas.
c) traballo(s) e casos que se entregarán por escrito e presentaranse en clase ou mediante as plataformas habilitadas para iso
d) probas de nivel, a realizar en datas que se indicarán e realizarán na aula virtual, co fin de controlar o grao de comprensión e asimilación por parte dos alumnos do contido da materia.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, o seu ponderación e seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso. Poderán establecerse actividades de avaliación obrigatorias non puntuables.
Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CG1, CG2, CG3, CG5, CG6, CG7, CG8, CG11, A, B, C, D, E, CT1, CT3
(2) Exame final teórico-práctico (50%): avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos adquiridos, así como a súa aplicación a casos prácticos. Esta proba terá carácter telemático e realizarase a través da aula virtual.
Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CG3, CG6, CG8, CG11, C, E, CT3
De acordo coa lexislación vixente, a cualificación final da materia (obtida pola combinación das dúas actuacións anteriores) realizarase nunha escala numérica, de 0-10 con decimal.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En todos os escenarios, 1, 2 e 3, o estudante deberá cumprir cos principios de mérito individual e autenticidade e só poderá facer uso dos materiais permitidos polo docente. Si durante a realización da proba, ou á finalización desta, obsérvanse indicios de que algún estudante non actuou conforme aos principios de mérito individual e autenticidade será convocado para a realización dunha proba oral por Teams sobre a materia obxecto de exame. Aqueles/as alumnos/as dos convocados que non se conecten ao mesmo e/ou que, a xuízo dos profesores, non realicen un razoamento adecuado ás preguntas expostas e, por tanto, considérese que non actuaron de acordo cos principios de mérito individual e autenticidade, serán cualificados como suspensos (nota: 0).
Maria Milagros Vivel Bua
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811621
- Correo electrónico
- mila.vivel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Venres | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
20.01.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
20.01.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
01.07.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
01.07.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |