Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A importancia das operacións internacionais e os continuos cambios que se producen na contorna internacional das empresas fan necesaria a formación de mulleres e homes conscientes dos aspectos específicos implicados e coñecedores das formas de analizar o contexto internacional para tomar decisións adecuadas aos requerimentos do novo marco. Con este fin impártese a materia Marketing Internacional. Trátase, polo tanto, de explicar as estratexias e políticas que se teñen demostrado eficientes en determinadas situacións, pero tamén de entrenar ao alumnado no proceso de toma de decisións en situaciones complexas e ambiguas, similares ás que poden presentárselle no seu futuro profesional.
Tema 1. Internacionalización da empresa
Tema 2. A contorna internacional
Tema 3. Análise e selección de mercados exteriores
Tema 4. Formas de entrada nos mercados exteriores
Tema 5: Estratexia de produto e marca nos mercados internacionais
Bibliografía básica:
Cerviño, J. (2006) Marketing Internacional: Nuevas Perspectivas para un Mercado Globalizado,
Pirámide, Madrid.
Bibliografía complementaria:
Alvarado, M e Martín, M. (2006) Publicidad y Cultura, Comunicación Social, Sevilla.
Cateora, P. e Graham, J. (2006) Marketing Internacional, McGraw Hill, México.
Czinkota, M. e Ronkainen, I. (2002) Marketing Internacional, McGraw Hill, México.
Durán, J.J. (2000) Estrategia y Economía de la Empresa Multinacional, Pírámide, Madrid.
García R. (2000) Empresas Españolas en los Mercados Internacionales, Esic, Madrid.
Guisado, M (2002) Internacionalización de la Empresa, Pirámide, Madrid.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
CX2. Capacidade para ter unha visión estratéxica dos problemas empresariais.
CX3. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CX4. Capacidade para resolver problemas en contornas novas ou descoñecidas.
CX5. Capacidade para tomar decisións de xestión na empresa en xeral, e nas súas diferentes funcións, en situacións de información incompleta.
CX7. Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de xestión empresarial e propostas de solución, utilizando tanto linguaxe oral e escrita como técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
CX 10. Capacidade para identificar, recoller e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CX11. Capacidade para continuar coa aprendizaxe autónoma.
CX12. Coñecemento da responsabilidade social da empresa.
CE3. Coñecemento das repercusións da internacionalización.
CE4. Capacidade para entender mercados e o marketing desde unha perspectiva estratéxica.
CE7. Capacidade para xestionar as operacións e os sistemas de información da empresa.
CT1. Sentido ético de xestión e xestión empresarial.
CT3. Capacidade de análise e síntese, planificación e organización.
CT6. Capacidade para integrar e traballar en equipos de composición diversa.
Competencias da materia:
CM1. Sensibilización da importancia dos negocios internacionais para as empresas.
CM2. Formación dunha actitude activa cara ao mercado internacional.
CM3. Coñecemento e análise do ambiente empresarial internacional e consecuente redución do risco percibido na actividade internacional.
CM4. Avaliación e comprensión das diferenzas internacionais e eliminación da perspectiva etnocéntrica.
CM5. Coñecemento das alternativas estratéxicas da empresa internacional.
CM6. Coñecemento de ferramentas de acción comercial.
CM7. Toma de decisións internacionais en condicións de incerteza.
Para o desenvolvemento teórico da materia, o enfoque docente adoptado recolle distintas alternativas metodológicas e é, ademais, flexible: a lección maxistral combínase coa análise de artigos de actualidade, exposicións do alumnado sobre aspectos teóricos, comentarios críticos, etc. As horas prácticas cóbrense con exercicios e análises de casos.
Establecerase un escenario de normalidade adaptada, con docencia expositiva e interactiva presenciais síncronas e titorías presenciais ou virtuais.
A avaliación desta materia será mediante exames e valoración da participación dos alumnos nas sesións interactivas e expositivas.
Concretamente, a cualificación da materia será o resultado de sumar as 2 puntuacións seguintes:
- Cualificación obtida no exame final, que contribuirá nun 50% á cualificación. Dito exame cubrirá todo o programa e incluirá todo o material exposto nas clases.
- Valoración da participación nas clases ao longo do curso, que contribuirá un 50% á cualificación. Diversas probas, casos e outro material docente será asignado nas clases e será recollido polo profesor/a.
Para aprobar a materia será condición necesaria (tanto en xaneiro como en xullo) que o alumno acade, polo menos, o 40% da puntuación posible no exame. Ademáis, o alumnado deberá superar, como mínimo, o 75% das probas propostas nas sesións interactivas. No caso de non chegar a esta porcentaxe (75%), a súa cualificación final será, únicamente, a nota acadada no exame, que será avaliado sobre 7 puntos, sendo necesario obter un 60% de dita puntuación para superar a materia.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Os procedementos e instrumentos de avaliación se realizarán nun escenario de normalidade adaptada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As distintas competencias serán avaliadas mediante evaluación continua e exame final:
Mediante avaliación continua: CX3, CX4, CX5, CX7, CX10, CX11, CX12, CE3, CE4, CE7, CT1, CT3, CT6, CM1, CM2, CM3, CM4, CM7.
Mediante exame final: CX2, CE3, CE4, CE7, CT3, CM3, CM4, CM5, CM6.
Estímanse 76,5 horas de traballo persoal do alumnado, asemade das de traballo presencial na aula.
O aproveitamiento das clases prácticas depende da profundización previa nos conceptos teóricos por parte do alumnado.
PLAN DE CONTINXENCIA
Aplicaranse as seguintes adaptacións nos apartados de METODOLOXÍA DA ENSINANZA e SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE en cada escenario alternativo que sexa de aplicación en función das indicacións da administración competente e da USC.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
O desenvolvemento das sesións realizarase nos horarios de clase establecidos do seguinte xeito en cada un dos escenarios alternativos:
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO):
- Expositivas: presencial e/ou non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Interactivas: presencial e/ou non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Titorías: non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
- Expositivas: non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Interactivas: non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Titorías: non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
O desenvolvemento da avaliación a través dos instrumentos establecidos neste apartado realizarase nas datas fixadas no calendario de probas finais e nos horarios de clase establecidos do seguinte xeito en cada un dos escenarios alternativos:
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO):
- Proba final teórica e práctica: presencial ou non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams), de acordo coas directrices que se establezan nese momento.
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do mail/campus virtual da USC) e resolución presencial ou non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
- Proba final teórica e práctica: non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do mail/campus virtual da USC) e resolución non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
Zaira Camoiras Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- zaira.camoiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 5 |
18.01.2022 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
29.06.2022 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |