Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Orientacións académica e profesional: O obxectivo principal do traballo fin de máster é que o alumnado aplique dun modo integrado os coñecementos e habilidades adquiridos nas materias do máster.
Orientación investigadora: O obxectivo principal do traballo fin de máster é iniciar ao alumnado na investigación nas áreas de coñecemento de Organización de Empresas, Comercialización e Investigación de Mercados ou Economía Financeira e Contabilidade.
Orientacións académica e profesional: O contido específico definirase para cada traballo individual. Pode consistir nunha proposta para a creación dunha empresa ou calquera outro proxecto relacionado coas competencias do máster.
Orientación investigadora: Deseño e realización dunha procura científica nalgunha das áreas de coñecemento implicadas no Máster: Organización de Empresas, Comercialización e Investigación de Mercados e Economía Financeira e Contabilidade. O contido específico definirase para cada traballo individual.
Web: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-ciencias-economicas-empresariais
Orientacións académica e profesional:
- Capacidade para definir os obxectivos do traballo.
- Capacidade para deseñar as tarefas, organizar os pasos a seguir para acadar os obxectivos e desenvolver o traballo de acordo co plan definido.
- Capacidade de busca e selección da información relevante para o traballo.
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos que sexan pertinentes para o traballo, integrándoos coa nova información conseguida.
- Capacidade para organizar e presentar a información de forma estruturada e clara.
- Capacidade para recoñecer as limitacións do traballo e propoñer liñas de investigación futuras.
Orientación investigadora:
Ademais das competencias anteriores, o traballo fin de máster da orientación investigadora desenvolverá as seguintes competencias:
- Capacidade para aplicar os métodos de investigación máis relevantes en dirección de empresas.
- Capacidade para deseñar un traballo de investigación.
- Capacidade para interpretar os resultados e extraer conclusións relevantes.
Orientacións académica e profesional: A/o estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas no máster. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación.
Orientación investigadora: A/o estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre a súa capacidade para a investigación en dirección de empresas.
Metodoloxía común ás tres orientacións:
Durante o desenvolvemento do traballo fin de máster programaranse sesións de traballo co/a profesor/a tutor/a, que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo.
O traballo será defendido oralmente pola/o estudante diante dunha comisión avaliadora nomeada pola Comisión Académica do máster.
Orientacións académica e profesional: Valorarase o contido, nivel de integración de coñecementos adquiridos en diferentes materias e actividades formativas do máster, achegas persoais, capacidade de análise crítica da información, estrutura, expresión e presentación oral.
Orientación investigadora: A avaliación terá en conta o contido, estrutura, fundamento teórico, adecuación e dominio da metodoloxía aplicada, bibliografía utilizada, relevancia das conclusións e implicacións directivas e capacidade para estimular liñas futuras de investigación.
Común ás tres orientacións:
Así mesmo, terase en conta o compromiso durante a realización do traballo, o seguimento das orientacións do titor/a, o cumprimento da programación de tarefas no desenvolvemento do traballo e a iniciativa.
O traballo, ademais de entregarse por escrito, deberá presentarse oralmente.
O tempo estimado para a realización do traballo é de 150 horas
Recoméndase o seguimento das orientacións do titor/a, así como o cumprimento dos prazos establecidos.
PLAN DE CONTINXENCIA
A USC establece 3 escenarios posibles: escenario 1 (normalidade adaptada), escenario 2 (distanciamento) e escenario 3 (peche das instalacións).
En canto á METODOLOXÍA DA ENSINANZA, a titorización realizarase de xeito presencial ou telemático no escenario 1, de xeito presencial ou telemático no escenario 2 e de xeito telemático no escenario 3, en función das indicacións da administración competente e da USC.
En canto ao SISTEMA DE AVALIACIÓN, a presentación e defensa do TFM realizarase de xeito presencial ou telemático no escenario 1, de xeito presencial ou telemático no escenario 2 e de xeito telemático no escenario 3, en función das indicacións da administración competente e da USC. En canto ao procedemento de defensa e aos criterios de avaliación atenderase ao disposto pola Normativa Académica da USC (tanto xeral como a específica do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na USC, aprobado polo Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016, e do Regulamento do Traballo de Fin de Máster en Dirección de Empresas da USC, ratificado no Consello de Goberno de 21 de maio de 2014), coas adaptacións que sexa preciso facer no escenario 2 e no escenario 3 en función das indicacións da administración competente e da USC.
Maria Del Carmen Castro Casal
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811633
- Correo electrónico
- carmela.castro.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Angel Otero Simon
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811597
- Correo electrónico
- miguel.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Maria Luisa Del Rio Araujo
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811634
- Correo electrónico
- marisa.delrio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Curto Rodriguez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811636
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sara Fernandez Lopez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811606
- Correo electrónico
- sara.fernandez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Dolores Alvarez Perez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- mdolores.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Milagros Vivel Bua
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811621
- Correo electrónico
- mila.vivel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Duran Santomil
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811596
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De La Concepcion Varela Neira
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811711
- Correo electrónico
- conchi.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adolfo Campos Vazquez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811600
- Correo electrónico
- adolfo.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Del Pilar Piñeiro Garcia
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- pilar.pineiro.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Romina García Chas
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811712
- Correo electrónico
- romina.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Ramon Porto Pedrido
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- josera.porto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Manuel Fernando Picon Garcia
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- fernando.picon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ruben Lado Sestayo
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811672
- Correo electrónico
- ruben.lado.sestayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paula Alvarez Gonzalez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811618
- Correo electrónico
- p.alvarez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor