Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento da lexislación fiscal vixente, no que respecta ás obrigas tributarias empresariais, de imposición directa e indirecta.
Capacidade para aplicar a lexislación fiscal e internacional, con especial interese nos convenios, para evitar a dobre imposición.
Coñecemento dos tributos esixidos polas distintas administracións públicas españolas, en relación coa actividade económica.
Capacidade para aplicar la lexislación fiscal empresarial na práctica tributaria
1. Introdución ao sistema tributario español:
a. Principais conceptos impositivos
b. Procedemento administrativo. Nocións básicas.
2. A Imposición indirecta:
a. O Imposto sobre o Valor Engadido
b. Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados
c. Impostos Especiais e aduaneiros
d. Outros tributos propios das CC.AA. e das facendas locais, no ámbito empresarial.
3. A Imposición directa:
a. O Imposto de Sociedades,
b. IRPF no ámbito empresarial
c. Outros impostos directos da CC.AA. e facenda local.
Básica:
O Código Tributario, que recolle a lexislación tributaria española, instrumento básico de uso para o alumno, de imprescindible manexo, interpretación e comprensión para a superación da mesma.
Ademais, o alumno ten a posibilidade de obter os textos íntegros das diferentes leis tributarias a través da web da Axencia Estatal de Administración Tributaria: www.aeat.es o del BOE: www.boe.es
- Albi Ibañez, E. et al., Sistema fiscal español, I y II, Ariel Economía, Barcelona, última edición.
- Caramés Vieitez, L. (2004), Economía Pública Local, Civitas, Madrid.
- Pla Vall y Salvador Cifre (2015): Impuesto sobre sociedades. Regimen general y empresas de reducida dimensión. Tirant Tributario, Valencia.
- Mellado Benavente (coor.) (2015). Guia del Impueso de Sociedades. CISS. Madrid
Vázquez Taín, Miguel A.: El Impuesto sobre el Valor Añadido, Tirant Tributario, Valencia, última edición.
Complementaria:.
- Sixto Alvarez y R. García Olmedo. Contabilidad y Fiscalidad: Impuesto sobre Sociedades e IVA Edicciones CEF.
- Pérez Royo, F., Derecho financeiro y tributario (parte general), Tomson Civitas, última edición.
- Ruiz-Huerta, J. y Villoria, M. (2010). Gobernanza democrática y fiscalidad, Tecnos, Madrid.
Ao longo del curso facilitarase outra bibliografía complementaria.
BASICAS XERAIS:
G1 - Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito financeiro e contable da empresa, en situacións de incerteza que emulen a realidade, así como para xestionar a información.
G2 - Capacidade para elaborar e defender argumentos sobre cuestións especializadas e resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do coñecemento adquirido sobre a realidade financeira e contable da empresa, as teorías, os modelos e os métodos axeitados.
G3 - Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de xestión financeira e contable e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como de técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
G4 - Capacidade de traballo en equipo e desenvolvemento de habilidades directivas. A toma de decisións conleva determinados riscos que é fundamental tomar de forma consciente. Esta toma de decisións require a integración da información aportada por persoas con distintos puntos de vista e información que pode resultar dispar ou responder a objectivos diferentes. Oalumnado, deberá ser capaz de integrar estes puntos de vista distintos, desenvolvendo as habilidades sociais para interactuar como membros de un equipo de traballo.
G5 - Capacidade crítica e autocrítica. O alumnado ten que ser capaz de formarse un criterio propio, integrando os coñecementos adquiridos, para determinar as bases sobre as que asentar os seus posicionamentos.
G6 - Capacidade de aprendizaxe autónoma para que o alumno poida seguir actualizándose constantemente no ámbito financeiro e contable, no que xurden continuamente novas teorías e prácticas.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de un modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
T1.- Organización e planificación
T3 - traballo en equipo
T4 - Sentido ético
ESPECÍFICAS
E4 - Capacidade para integrar a ética na xestión como valor recollido nos Códigos de Conduta, co obxectivo financeiro da empresa e a capacidade de xerar valor de unha forma sostible.
E7 - Capacidade para determinar a adecuación, en termos de rendibilidade e risco, dos activos que se negocian nos mercados financeiros ao perfil do inversor ou ben, para poder establecer puntos de referencia para a valoración de proxectos empresariais de inversión e financiación.
E8 - Coñecemento e comprensión do papel da información contable como mecanismo para a avaliación e o control
A materia ten como finalidade que os alumnos de máster obteñan coñecementos avanzados, complementarios aos adquiridos no grao, sobre a estrutura tributaria española, desde a perspectiva empresarial. O contido se orienta cara o coñecemento dos aspectos fundamentais dos principais tributos que gravan a realización de actividades económicas, tanto desde o punto de vista directo como indirecto. Para isto, o alumno aprenderá a coñecer, manexar e aplicar a lexislación fiscal, así como todo o relativo aos procedementos de aplicación práctica dos tributos.
Estas actividades, desenvolvidas na aula, deberán complementarse co traballo persoal do alumno: lectura e comprensión do material bibliográfico entregado, preparación e resolución de supostos prácticos, etc. Este traballo autónomo será guiado polo profesor, nas horas destinadas a titorías.
Para o curso 2020-2021 contémplanse 3 posibles escearios:
Esceario 1:Docencia presencial
O contido da materia impártese no primeiro semestre do curso, cunha carga lectiva de 4,5 créditos ECTS. Deste xeito e, dacordo co horario establecido polo Centro, a distribución semanal da carga lectiva farase combinando as aulas expositivas coas interactivas. Esta mestura permitirá, en primeiro lugar, unha aproximación teórica aos aspectos máis relevantes da meteria, seguida de estudos de caso
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, tendo en conta as directrices que establezan tanto o Decanato como a Reitoría e as medidas sanitarias oportunas en cada momento. Para o docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da mesma plataforma, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, ademáis dos traballos individuais, colectivos, clases expositivas e interactivas telemáticas, con distinto peso relativo segundo a altura do curso na que se produza a entrada en vigor deste esceario 3. En todo caso, as titorías será exclusivamente por vía telemática, a través do Teams, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
En tódolos dos escearios é obxectivo potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado, o que inclúe elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación activa, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcional á materia. Os materiais empregados deben cumprir a normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
A avaliación poderá realizarse a través de varias probas presenciais durante o semestre, e de traballos individuais e/ou en grupo, de xeito que os alumnos demostren os coñecementos que van adquirindo, acerca das obrigas tributarias asociadas á realización das actividades empresariais, á estrutura dos diferentes tributos e á aplicación da normativa fiscal vixente en cada momento
- Tendo en conta a metodoloxía das ensinanzas descritas no apartado anterior, a avaliación combina a actividade interactiva e expositiva.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comenzo deste curso. As probas poderán ser presenciais ou virtuais dependendo do esceario. Así, no esceario 1 será presenciais, para o 2 presenciais ou telemáticas, dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría, e telemática no esceario 3. Nos supostos de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudulentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación dos alumnos realizarase a través dun proceso continuo no que se levarán a cabo varias probas parciais durante o cuadrimestre, de tal xeito que os alumnos poidan mostrar además dos coñecementos adquiridos, aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa. Estas probas serán compensatorias da materia obxeto da mesma, sempre e cando o alumno supere o 40% de cada una delas e a media sexa igual ou superior a 5.
De non realizar ningunha das probas anteriores, ou non tendo superado algunha, o alumno deber facer un exame final, coas partes pendentes ou non examinadas. Neste exame deberá de superarse, polo menos, o 40 % da cada unha das partes, se a media é igual ou superior a 5.
Os alumnos que xa se examinaron en cursos anteriores da materia, poderán manifesta-la súa opción de ir só ao exame final, ao igual que os alumnos de intercambio ou con dispensa de asistancia a clase, nas condicións establecidas no apartado anterior. Neste caso, a nota do exame representará o 100 % da cualificación final.
Clases expositivas 18
Clases interactivas 24
titorías en grupo moi reducido 6
Estudio autónomo individual ou en grupo 60
Escritura de exercicios, conclusións e
outros traballos 20
Lecturas recomendadas, actividades en
biblioteca ou similar 10
Outros traballos en ordenador e prácticas 10
Outras actividades en grupo grande: Exame 2
Total volume de traballo 150h
La evaluación podrá realizarse a través de varias pruebas presenciales durante el semestre, y de trabajos individuales y/o en grupo, de manera que los alumnos demuestren los conocimientos que van adquiriendo, acerca de las obligaciones tributarias asociadas a la realización de las actividades empresariales, la estructura de los diferentes tributos y a la aplicación de la normativa fiscal vigente en cada momento
Para a comprensión da materia é esencial o manexo da lexislación tributaria, ademais da técnica e resultados contables, por isto, os alumnos deberán ter avanzados estes aspectos. En caso de que non sexa así, recoméndase unha inmersión nestes ámbitos, que lle permitan entender a lexislación impositiva e as disposicións ao respecto.
Plan de Continxencia no suposto de que se active o Esceario 2 (docencia presencial e virtual) ou o Esceario 3 (docencia virtual)
- Metodoloxía de ensinanza.
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría, e as medidas sanitarias establecidas nese momento. Para a docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da misma plataforma, previa cita acordada co profesorado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, combinando traballos individuais e colectivos, clases expositivas e interactivas con distinto peso relativo segundo a algura do curso no que se produza este esceario 3. As titorías será exclusivamente por vía telemática, a través de Teams, previa cita acordado co profesrado da materia.
En calquera dos escearios previstos para o curso 2020-2021 potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado, con elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas periódicas que se reaizarán a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcionado á materia e os materiais empregados deben cumprir coa normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
- Sistema de avaliación no suposto de que haxa que activar o esceario 2 ou 3.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comenzo deste curso. As probas poderán ser presenciais ou virtuais dependendo do esceario. Así, no esceario 1 será presenciais, para o 2 presenciais ou telemáticas, dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría, e telemática no esceario 3. Nos supostos de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudulentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación dos alumnos realizarase a través dun proceso continuo no que se levarán a cabo varias probas parciais durante o cuatrimestre, de maneira que se poidan mostrar ademáis dos aspectos adquiridos, aspectos legais tales coma a claridade e a capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a súa participación activa. Estas probas serán liberatorias, sempre que o alumno supere o 40% de cada unha delas e a media sexa igual ou superior a 5.
De non realizar ningunha das probas anteriores ou non supere algunha delas, debe facer o exame final, que constará das partes examinadas e pendentes ou das non examinadas. Neste exame deben superarse alomenos o 40% de cada unha das partes, si a media é igual ou superior a 5.
Os alumnos que se examinaron en cursos anteriores da materia, poderá manifestar a súa opción de ir so ao exame final, ao igual que os alumnos de intercambio ou con dispensa de asistencia a clase, nas condicións establecidas no apartado anterior. Neste suposto, a nota do exame será o 100% da cualificación final
Francisco Javier Santalices Romero
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- francisco.santalices [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Cadaval Sampedro
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |
20.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 15 |
20.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
05.07.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
05.07.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 15 |