Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Economía Aplicada
Áreas: Área externa M.U en Economía Circular, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar ao alumnado dos coñecementos básicos da contabilidade medioambiental e das ferramentas de cuantificación dos impactos no entorno.
Ensinar e aplicar os principais indicadores sobre a disposición das materias primas
1.- Contabilidade ambiental: definición, características e implicacións
2.- Principais ferramentas para a obtención de información (análises de fluxo de materiais, pegadas ambientais (e.g. ecolóxica, de carbono, hídrica, ...), análise ambiental , análise de ciclo de vida (ACV) e análise de custo de ciclo de vida (LCC)etc.)
3.- Indicadores de economía circular: nivel de autosuficiencia de materias primas, xeración e xestión de residuos etc..
BIBLIOGRAFÍA BASICA :
Aguilera Klink, F. e Alcántara, V. (comp.) (1994): De la economía ambiental a la economía ecológica, Icaria-Fuhem, Barcelona-Madrid. https://www.fuhem.es/media/ecosocial/File/Actualidad/2011/LibroEA_EE.pdf
Bermejo, R. (2011): Manual para una economía sostenible. Catarata, Madrid
Carpintero Redondo, O. (2005): El metabolismo de la economía española. Recursos naturales y huella ecológica (1955-2000). Fundación César Manrique. Teguise (Lanzarote). http://www.fcmanrique.org/recursos/publicacion/elmetabolismo.pdf
Comisión mundial del medio ambiente y del desarrollo (1987): Nuestro futuro común, Alianza Editorial, Madrid, 1988. http://www.ecominga.uqam.ca/PDF/BIBLIOGRAPHIE/GUIDE_LECTURE_1/CMMAD-Inf…
Degiert, M. Et al (2022): Life cycle cost analysis of agri-food products: A systematic review. Science of The Total Enviroment, v. 850
Hunkeler, D et al (2008): Environmental Life Cycle Costing. Taylor and Francis Group, Boca Raton.
Martinez-Sanchez, V. Et al (2015): Life cycle costing of waste management systems: Overview, calculation principles and case studies. Wastte Management, 36; 343-355
Martino Amadei, A. Et al (2021): A review of monetary valuation in life cycle assessment: State of the art and future needs. Journal of Cleaner Production, v. 329.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Comisión mundial del medio ambiente y del desarrollo (1987): Nuestro futuro común, Alianza Editorial, Madrid, 1988.
Costanza, R.; Perrings, C. e Cleveland, C.J. (eds.) (1997): The Development of Ecological Economics, Edward Elgar , Cheltenham.
Daly, H. E. e Cobb,Jr, J.B. (1989): Para el bien común. Reorientando la economía hacia la comunidad, el ambiente y un futuro sostenible, FCE, México, 1993.
Daly, H. E.(1999): Ecological Economics and the Ecology of Economics. Essays in Criticism, Edward Elgar , Cheltenham
Jacobs, M. (1991) : La economia verde. Medio ambiente, desarrollo sostenible y la política del futuro, Icaria-FUHEM, Barcelona- Madrid, 1996.
Jiménez Herrero, L. M. (1992): Medio ambiente y desarrollo alternativo. Gestión racional de los recursos para una sociedad perdurable, Iepala, Madrid.
Klare, M.T. (2003): Guerras por los recursos. El futuro escenario del conflicto global. Urano Tendencias, Barcelona
Martínez Alier, J. (1999): Introducción a la economía ecológica, Rubes, Barcelona
Martínez Alier, J. e Schlüpmann, K. (1991): La ecología y la economía, FCE, México.
Max-Neef, M.A. (1994): Desarrollo a escala humana. Conceptos, aplicaciones y algunas reflexiones, Editorial Nordan-Comunidad – Icaria Editorial, Montevideo-Barcelona.
Naredo, J.M. (2015): La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, J.M. e Parra, F. (comps.) (1993): Hacia una ciencia de los recursos naturales, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, J.M. e Valero, A. (dirs) (1999): Desarrollo económico y deterioro ecológico, Fundación Argentaria-Visor, Madrid.
Nieto, . e Riechmann, J. (Coords) (2003): Sustentabilidad y Globalización. Flujos monetarios, de energía y de materiales, Editorial Germania, Alzira (Valencia)
Pearce, D.W. y Turner, R.K. (1990): Economía de los Recursos Naturales y el Medio Ambiente, Celes
Regueiro-Ferreira, R.M. and Alonso-Fernández, P. (2022): Ecological elasticity, decoupling, and dematerialization: insights from the EU-15 study (1970–2018). Ecological Indicators 140 (2022) 109010. https://doi.org/10.1016/j.ecolind.2022.109010
Coñecer as bases da contabilidade ambiental. Realizar aplicacións prácticas.
Coñecer as implicacións da análise ambiental aos fluxos de materiais.
Coñecer as características da análise input‐output aplicado ao ámbito ambiental.
Coñecer os principais indicadores da economía circular.
Identificar métodos de aplicación do coñecemento científico sobre recursos naturais e
sustentabilidade ás diferentes problemáticas do desenvolvemento económico
Docencia en base a leccións maxistrais, con explicacións do profesorado acompañadas de lecturas por parte do alumnado de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións, e que constitúen estudos de caso. Igualmente, promocionarase a participación activa do alumnado en clase a través da análise e reflexión en grupo que lle permita individualizar contidos e aplicalos. Poderá haber actividades específicas que se deseñen para a súa realización telemática. As titorías serán prioritariamente presenciais, aínda que cabe a posibilidade de concertar ocasionalmente titorías telemáticas. Estará dispoñible un aula virtual da materia.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Sistema de evaluación continua.
Os criterios básicos polos que se rexerá a avaliación do alumnado son:
a) 10% en relación á participación nas clases e nos debates que se formulen polo profesorado sobre diferentes temas.
b) 30% en relación aos traballos obrigatorios (individuais ou en grupo) realizados encomendados polo profesorado e que poderán ser expostos en clase. Terase en conta a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia.
c) 60% en relación ao resultado da proba final escrita onde se avaliará o coñecemento adquirido ao longo das clases e nos textos recomendados para cada tema. O exame será presencial
Obterán a cualificación de non presentado aquelas persoas que non se presentasen ao exame ou non se sometan á avaliación de calquera outra actividade obrigatoria.
Estudantes con dispensa de asistencia a clase:
Quen teña dispensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial (10 puntos), tendo como contido os textos de lectura obrigatoria e outro material que se indicarán no seu momento, nunha primeira titoría, ao comezo do curso, ca/co alumna/alumno.
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
Na realización dos exercicios e traballos encomendados ou dos exames co obxecto de ser avaliados, deben seguirse certos estándares:
- Toda reprodución literal total ou parcial tomada dun libro, revista, publicación electrónica, páxina web, etc. debe citarse entre comiñas, referenciando correctamente a fonte de onde se tomou, de modo que se poida comprobar que a cita é correcta.
- Tamén deberá facerse dita referencia se é tomada a idea principal doutro texto aínda que baixo unha nova redacción.
- De non seguirse estas normas, considerarase que se está realizando un plaxio, é dicir, unha copia no substancial de obras alleas, facéndoas pasar como propias.
- Tamén se considerará plaxio se dita copia se fai doutro compañeiro ou compañeira, facéndose pasar como autor/a do documento, ou se entrega un documento que foi escrito por outra persoa, ou o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Só estará permitido o uso de ferramentas de intelixencia artificial para a consulta de información.
Os obxectivos e as competencias xerais conséguense co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia.
Os obxectivos e competencias avalíanse a través do exame e os traballos escritos que deban entregar, así como mediante as presentacións temáticas, resumes e comentarios previstos.
Sesións de seminario interactivo, titorías individuais e de grupo, a preparación do exame final serán elementos a través dos que o alumnado contribúa a mostrar a adquisición das competencias específicas. Avaliaranse mediante exame final.
24 HORAS CLASE PRESENCIAL
21 HORAS TRABALLO INDIVIDUAL
30 HORAS PREPARACIÓN EXAME
75 HORAS TOTAL
Recoméndase o seguimento continuado das clases e da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera conveniente consultar con frecuencia as principais fontes estatísticas recomendadas polo profesorado con obxecto de familiarizarse co seu uso e poder aplicar as técnicas de análise necesarias para o coñecemento da realidade económica que é obxecto de estudo.
Recoméndase, así mesmo, a consulta do material complementario que indique o profesorado a medida que este desenvolve o programa da materia. A lectura na prensa das noticias relacionadas co contido da materia debe ser un requisito básico. Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidera xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Utilizarase o campus virtual para informacións xerais sobre a materia e para o depósito de materiais que se consideren de utilidade.
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 7 |
Martes | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 7 |
Mércores | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática 7 |
Xoves | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática 7 |
12.12.2025 16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 7 |