Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 57 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O principal obxectivo desta materia é analizar a forma de identificar, modelizar e estudar as situacións de conflito e comportamento estratéxico en contextos non cooperativos, tanto de carácter estrictamente económico como de índole extraeconómica. A consecución deste obxectivo pasa por:
1) Transmitir ao alumnado coñecementos de economía e empresa cos que comprender e analizar o comportamento estratéxico dos axentes económicos en xeral e das empresas en particular.
2) Fomentar no alumnado a capacidade de analizar as estratexias empresariais utilizando as ferramentas propias da ciencia económica en xeral e da teoría de xogos en particular.
3) Fomentar no alumnado a capacidade de elaborar informes que permitan tomar decisións estratéxicas axeitadas ao contexto económico no que operan as empresas así como o resto dos axentes económicos.
4) Capacitar ao alumnado para que sexa quen de identificar e analizar calquer situación de conflicto e interdependencia estratéxica, mais aló das estudadas específicamente no curso, e na que a metodoloxía empregada no curso sexa susceptible de ser utilizada.
Os contidos da materia resúmense en cinco capítulos:
1. Introducción á teoría de xogos non cooperativos
2. Xogos non cooperativos con información completa e análisis de situación modelizables coma xogos non cooperativos con información completa
- Competencia imperfecta
- Provisión de bens públicos
- Equipos e esforzo
- Aranceis e comercio internacional
- Bens comunáis
3. Xogos bayesianos estáticos e aplicacións económicas
- Subastas
- Competencia imperfecta con información privada
4. Xogos bayesianos dinámicos e aplicacións económicas
- Señalización
- Escrutinio
- Seguros
- Calidade
5. Xogos repetidos un número finito e infinito de veces e aplicacións de tipo económico
- Competencia en cantidades
- Competencia en prezos
- A traxedia dos bens comunais nun contexto de xogos repetidos
Básica:
• Antelo, M. (2019), Comportamiento estratégico, Barcelona: Ed. Reverté.
• Shy, O. (1996), Industrial Organization: Theory and Applications, MIT Press.
• Tadelis, S. (2013), Game Theory: An Introduction, Princeton University Press.
Complementaria:
Antelo, M. (2014), Economía de la información: Teoría y práctica, Madrid: McGraw-Hill.
Competencias específicas:
CE2: Coñecemento rigoroso dos modelos micro e macroeconómicos e a súa aplicación a situacións concretas.
CE7: Identificar os elementos que introducen ineficiencias na asignación de recursos por parte de axentes, institucións e sistemas económicos.
CE8: Anallizar e proponer cambios no deseño das organización e dos sistemas de incentivos que melloren o funcionamento dos mesmos na consecución de eficiencia.
CE11: Analizar o papel das institucións públicas na economía a través da regulación de mercados e da implementación de políticas que incidean na actividade empresarial.
C12: Analizar as vantaxas e os inconvintes da regulación e das políticas económicas e proponer alternativas.
CE13: Identificar o alcance e as limitacións das conclusións e xuizos que se deriven da utilización de teorías e modelos económicos.
Competencias transversais:
CT4: Capacidade para interaccionar e defender con rigor, claridade e precisión diante de especialistas traballos, propostas, novas ideas, etc.
CT5: Comunicación oral e escrita.
CT8: Capacidade para traballar nun contexto internacional.
CT10: Capacidade de análise e síntese.
Escenario 1 (normalidade adaptada):
Na materia de "Comportamento Estratéxico" combínanse as exposicións teóricas coa resolución de casos prácticos e o estudo de artigos científicos para analizar e comprender os contidos da mesma. Para facilitar este obxectivo, o alumnado terá unha guía específica da materia (notas de clase) que servirá de apoio e orientación para o seguimento da materia.
Esta materia forma parte dun master interuniversitario ofrecido polas Universidades de Santiago, Vigo e A Corula, polo que utiliza a plataforma virtual de ensino da Universidade de Vigo (Faitic) como soporte para impartir as diversas sesións das que consta. O alumnado tamén pode utilizar esta plataforma para interaccionar entre si e co profesor. Os estudantes da USC seguirán as clases de xeito presencial, mentres que os da Universidade de Vigo e da Coruña o farán simultánenamente, pero de xeito remoto.
Escenario 2 (distanciamento):
Esta é unha materia na que o número máximo de matriculados non superará os 15. Polo tanto, os alumnos que poden asistir de xeito presencial nas instalacións da USC non superará esa cifra. Neste caso, non procede implementar ningunha medida de adaptación da docencia.
Escenario 3 (peche de instalacións):
Nesta continxencia, a docencia pasará a desenvolverse completamente a distancia a través da plataforma docente da Universidade de Vigo (Faitic) e da ferramenta de docencia a distancia da mesma (EMeeting). A dinámica será a mesma que no escenario 2, pero agora as clases desenvolveranse en directo por via remota a través de Emmeting.
Escenario 1 (normalidade adaptada):
Proba obxectiva:
A proba obxectiva será una proba para avaliar a capacidade do alumnado para asimilar os conceptos fundamentáis da materia e interrelacionalos. Incluirá a resolución de problemas e exercicios e os comentarios pertinentes aos resultados acadados que poñan de manifestó que o alumnado coñece o contido e a intuición económicos dos resultados.
Esta proba obxectiva suporá o 60% da avaliación final.
Avaliación continua:
O 40% restante da puntuación final estará baseado na avaliación continua que se fará ao longo do curso e que consistirá na resolución e discusión de casos e exemplos practicos que se proporán de forma paralela ao desenvolvemento dos contidos do curso.
Escenario 2 (distanciamento):
A avaliación faráse coma no escenario 1.
Escenario 3 (peche das instalacións):
A avaliación faráse coma nos escenarios 1 e 2 coa salvedade de que o desenvolvemento da mesma será a distancia a través da plataforma Faitic.
Para as sesións maxistrais, é recomendable que o alumnado, ademáis do seguimento que debe facer das horas que o Plan de estudos ten asignadas a esta materia e que configuran as sesións que compoñen o curso, adique, en forma de traballo autónomo e non presencial, non menos de 30 horas mais para familiarizarse cos contidos da materia.
Para a realización e resolución dos casos de estudo que se proporán ao longo do curso, é recomendable que o alumnado adique non menos de 30 horas de traballo autónomo, ben sexa de xeito individual e/ou grupal.
Para o estudo da materia e o correcto seguimento da mesma é recomendable que o alumnado teña coñecementos de Microeconomía a nivel intermedio, así como un certo desenvolvemento e familiariedade coas nocións básicas tanto de matemáticas como de estatística.
Plan de continxencia:
Fronte a ameaza de rebrotes que poidan xordir pola Covid-19, a USC estableceu tres posibles escenarios para o desenvolvemento do curso: Escenario 1 (normalidade adptada), Escenario 2 (distanciamento) e Escenario 3 (peche das instalacións). A programación está pensada para o Escenario 1. De seguido, pasamos a detallar as medidas que serían adoptadas en caso de atoparnos no Escenario 2 ou no Escenario 3. Os cambios que se propoñen aplicaranse de xeito proporcionado desde o momento en que se active, por parte das Autoridades, cada un deses posibles escenarios e deixarán de aplicarse cando se desactive.
Polo que respecta á metodoloxía de ensinanza, sería adaptada, se fora necesario, do seguinte modo:
- Escenario 2: Esta é unha materia que terá unha matrícula non superior a 15 alumnos/as, polo que non procede ningunha medida de adaptación no que se refire á docencia.
- Escenario 3: Neste caso a docencia pasaría a desenvolverse de xeito totalmente remoto, é dicir, os alumnos da USC pasarían a ter o mesmo estatus de virtualidade que os das Universidades da Coruña e Vigo. A dinámica será a mesma que no Escenario 2, pero sen permitir que haxa asistencia presencial como sucedería no Escenario 1.
En caso necesario, o sistema de avaliación adaptarase do seguinte xeito:
- Escenario 2: A avaliación farase coma no Escenario 1.
- Escenario 3: A avaliación farase coma nos Escenarios 1 e 2 coa particularidade de que as probas e actividades faranse a distancia a través de Faitic.
Manel Antelo Suarez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811535
- Correo electrónico
- manel.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 5 |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula de Informática 5 |
17.02.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 31 |
17.02.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 31 |
07.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 31 |
07.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 31 |