Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
OBXECTIVOS
A materia persegue transmitir ao alumno unha visión omnicomprensiva de como os problemas xurídicos vinculados á familia e á persoa poden influír e de feito influíron na construción da Unión Europea e cales foron, son e serán as respostas xurídicas por parte das Institucións Comunitarias, así como o funcionamento daquelas respostas.
TEMARIO: PERSOA, FAMILIA E INTEGRACION EUROPEA
TEMA 1. A dimensión persoal e familiar na construción europea
1. A dimensión persoal e familiar na construción de Europa
2. O labor do TJUE no desenvolvemento dos dereitos e liberdades comunitarios
3. A libre circulación de persoas e a cidadanía europea
4. Os aspectos persoais e familiares sometidos á libre circulación
TEMA 2. A evolución normativa da cooperación xudicial civil
1. A cooperación xudicial civil
2. Do Terceiro Pilar ao Primeiro Pilar comunitario: a evolución da cooperación xudicial civil do Tratado de Maastricht ao Tratado de Ámsterdam
3. A cooperación xudicial civil na actualidade: Tratado de Lisboa e Programa de Estocolmo
TEMA 3. A evolución normativa europea en materia de persoas e familia
1. A creación dun verdadeiro espazo europeo de xustiza
2. O principio de recoñecemento mutuo e o principio de confianza mutua
3. A armonización material e o respecto á identidade cultural
TEMA 4- Matrimonio e efectos do matrimonio
1. Crises matrimoniais: o Regulamento de Bruselas II bis en materia matrimonial e de responsabilidade parental.
2. O Regulamento Roma III sobre lei aplicable a separación e o divorcio.
3. As propostas de regulamenos sobre réxime económico matrimonial e consecuencias patrimoniais das unións rexistradas.
TEMA 5- Protección de nenos, dereitos de custodia e visita, desplazamiento ilícito de nenos
1. O Regulamento Bruselas II bis.
2. O Convenio da Haia de 1996.
3. O Convenio da Haia de 1980 sobre desplazamento ilícito de nenos. Interacción dos instrumentos aplicables.
TEMA 6- Obrigas alimenticias
1. Regulamento 4/2009 do Consello de 18 de decembro de 2008, relativo á competencia, lei aplicable e o recoñecemento e a execución das resolucións e a cooperación en materia de obrigacións de alimentos.
2. Protocolo de Háia (2007) sobre a Lei aplicable ás obrigacións alimenticias
TEMA 7- Dereito de Sucesións
1. O Regulamento relativo á competencia, lei aplicable, o recoñecemento a execución das resolucións e os actos auténticos en materia de sucesións e a creación dun certificado europeo.
TEMA 8. Outras materias ligadas ao estado civil das persoas
1. O recoñecemento do nome e os apelidos inscritos noutros Estados membros.
2. As relacións de convivencia estable (rexistradas e non rexistradas) e os matrimonios do mesmo sexo.
3. Libro Verde para promover la libre circulación de los documentos públicos y el reconocimiento de las certificaciones de estado civil, de 14 de diciembre de 2010.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
VVAA. Derecho Privado Europeo, S. Cámara Lapuente, (coord.), Colex, 2003.
VVAA. Estudios de Derecho de familia y sucesiones, Santiago Álvarez (ed.), Santiago de Compostela 2009
S. Sanchéz Lorenzo, J. C. Fernández Rozas, Derecho, Derecho Internacional privado, 5ed. Civitas, 2011.
S. Sánchez Lorenzo, Derecho Privado Europeo, Comares, Granada, 2002.
R. Arenas García, Crisis matrimoniales internacionales, De Conflictu Legum, Universidad de Santiago de Compostela, 2004.
S. Álvarez González, Crisis matrimoniales internacionales y prestaciones alimenticias, Civitas, 1996.
C. Azcarraga Monzonis, Sucesiones Internacionales, Tirant, Valencia. 2008
E. Rodríguez Pinau, Régimen Económico matrimonial: Aspectos Internacionales, Comares, Granada, 2002.
A. Lara Aguado, El nombre en Derecho Internacional privado, Comares,1998.
O profesor encargado proporcionará materiáis docentes o longo das aulas.
COMPETENCIAS
A materia persegue que o alumno sexa capaz de:
- Identificar un problema xurídico vinculado á persoa, familia ou sucesións e determinar cando afecta ao funcionamento da integración europea.
- Coñecer o funcionamento dos principais instrumentos comunitarios dirixidos a dar resposta xurídica aos problemas que relacional persoa, familia e integración eropea.
- En especial, delimitar o ámbito de aplicación dos instrumentos comunitarios e o ámbito da normativa nacional de cada Estado Membro; especialmente, a española.
- Resolver correctamente unha cuestión xurídica en aplicación dos instrumentos comunitarios pertinentes.
- valorar críticamente a conveniencia, necesidade ou ausencia de necesidade da adopción de medidas comunitarias en relación cos problemas xurídicos vinculados a persoa e familia.
METODOLOXIA
Sen prexuízo da división formal das clases en expositivas e interactivas, as clases serán maioritariamente interactivas e ao longo das mesmas analizaranse tanto os aspectos teóricos do programa, canto, moi especialmente, os aspectos prácticos. Neste sentido, prestarase unha moi especial atención á práctica do Tribunal de Xustiza en relación ás materias obxecto de estudo, con análises pormenorizadas da maior parte das sentenzas ditadas polo Alto Tribunal comunitario que se vinculen á materia tratada.
Ditas sentenzas serán proporcionadas polo Profesor Encargado coa suficiente antelación para que os alumnos poidan analizalas con carácter previo ás clases, onde se discutirán os seus aspectos máis sobresaíntes.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
A avaliación terá lugar mediante un exame final a través do cal búscase valorar os coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico. Este exame suporá ata o 100% da cualificación, tendo en conta que se trata dunha asignatura en extinción . Dito exame poderá consistir na resolución de un ou más casos prácticos xunto cunha parte teórica.
TEMPO DE ESTUDO RECOMENDADO
O alumno deberá dedicar ao estudo e traballo persoal fóra das clases reguladas eun tempo aproximado de entre 1,5 e 2 horas por hora de clase presencial en función dos seus coñecementos previos e o aproveitamento persoal de cada cal.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
Resulta altamente recomendable que os alumnos teñan unha boa base de Dereito comunitario e de Dereito internacional privado, dado que non se dedicará tempo en clase a volver sobre contidos básicos de ambas as disciplinas, os cales daranse por sabidos.
Os alumnos que non posúan tales coñecementos contarán cunha bibliografía e materiais adicionais para alcanzalos, o que sen dúbida implicará un aumento moi significativo do tempo que deberán dedicar á preparación da materia fose do horario lectivo.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodología e evaluación según os escenarios.
Tratándose dunha materia que xa non forma parte das que se imparten actualmente no Master e que carece de docencia, o único que cambiaría no escenario 3 sería o tipo de exame final, que sería en liña e sincrónico a través da plataforma TEAMS ou outra que proporcionase a USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Santiago Alvarez Gonzalez
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Internacional Privado
- Teléfono
- 881814670
- Correo electrónico
- santiago.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade