Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Fiscalidade Internacional e Comunitaria
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo deste Curso céntrase no análise da harmonización fiscal europea, tanto do procedemento normativo e os seus resultados no que atinxe á harmonización dos impostos indirectos coma do papel do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas na chamada harmonización negativa, valorando a importancia da xurisprudencia comunitaria para supera-las reticencias estatais, ó tempo que se pon de relevo como se xeran, en ocasións, efectos non desexados, debido ó enfoque da harmonización dende a perspectiva fundamental do mercado. Os estudantes deberán alcanzar un aprendizaxe suficiente e riguroso sobre as materias impartidas, cos seguintes puntos de referencia:
-A harmonización fiscal en a Unión Europea. Antecedentes. Evolución. Trascendencia no sistema tributario español.
-A harmonización dos impostos indirectos:
* Impostos sobre vendas e transaccións comerciais.
* Impostos sobre consumos.
1. Impostos indirectos que gravan a concentración de capitais.- 2. Imposto sobre o Valor Engadido. A) Sistema común do IVE. B) Réximes especiais. C) Exención e reembolso do IVE.- 3. Impostos sobre consumos específicos. A) Réxime xeral B) Armonización e aproximación de lexislacións da imposición sobre bebidas alcohólicas, labores do tabaco e produtos enerxéticos. C) Especial referencia á fiscalidade ambiental.- 4. Impostos aplicables aos automóbiles de turismo.- 5. Cooperación administrativa e asistencia mutua. 6. A armonización de segundo grao do Tribunal de Xustiza.
AA.VV. (2007), Convenios fiscales internacionales y fiscalidad comunitaria, CISS, Valencia.
AA.VV. (2003), Lo stato della fiscalità nell’Unione europea. L’esperienza e l’efficacia dell’armonizzazione, tomos I y II, Ministero dell’Economia e delle Finaze, Roma.
ALVAREZ GARCÍA, S. (2000), “Armonización de la imposición indirecta en la Unión Europea”, en Estudios en Homenaje a Ricardo Pedreira Pérez.
AVERY JONES (2000), “A comment on progresive taxation of non-residents and intra-EC allocation of personal allowances”, European Taxation, August.
CALDERON CARRERO, J. M. (2006), “Consolidación Fiscal e Importación de Pérdidas: el caso Marks & Spencer”, Noticias de la UE, n. º257.
CALDERON CARRERO, J. M. (2007), “La compatibilidad comunitaria de los impuestos de salida y de las reglas de reembolso de garantías exigidas en relación con impuestos contrarios al Derecho Comunitario: el caso N”, Revista de Contabilidad y Tributación, enero.
CALDERÓN CARRERO, J. M./RUIZ ALMENDRAL, V. (2005), “¿Es compatible la norma española anti-Directive Shopping con el Derecho Comunitario?”, Jurisprudencia Tributaria Aranzadi, n.º11.
CRAIG et alter (2002), “ECJ renders wide-reaching decision on German Thincapitalization rules”, Tax Notes International, vol.28, n.º12.
DASSESSE (2001), “The ECJ’s Decision in AMID and its Implications for Belgian Companies”, Bulletin for International Fiscal Documentation vol. 55/2001.
DAVITS (2006), “What the ECJ´s N decision means for Dutch exit taxes”, International Tax Review, October.
DE BROE (2005), “Hard times for emigration taxes in the EC”, in Essays in Honor of Maarten Ellis, Kluwer.
DOUMA, S. (2006), “The three Ds of Direct Tax Jurisdiction: Disparity, Discrimination and Double Taxation”, European Taxation, November.
GONZALEZ SANCHEZ, E. (2005), Corporate tax harmonisation in the EU, Universidad del País Vasco.
ROCHE LAUNA, I. (2000), La integración europea como límite a la soberanía fiscal de los Estados Miembros. Armonización de la imposición directa en la Comunidad Europea), Tirant lo Blanch, Valencia.
VAN RAAD (2006), “Revisiting a 1981 Perspective on EC Non-Discrimination Rules in Income Tax Matters”, British Tax Review, nº3.
VANISTENDAEL (2006), “The ECJ at the Crossroads: Balancing Tax Sovereignty against the Imperatives of the Single Market”, European Taxation, September.
• Coñecemento do proceso de armonización fiscal no ámbito da Unión Europea: análise dos logros obtidos na fiscalidade indirecta así como dos obxectivos da futura política fiscal da Unión. Especial atención á incidencia do proceso constitucional europeo.
• Coñecer e comprender os distintos aspectos en que o Dereito da Unión Europea se manifesta no ámbito da fiscalidade indirecta.
• Identificar as diversas fases de evolución do Dereito Tributario Europeu e extraer os datos necesarios para a comprensión da realidade actual da fiscalidade na Unión Europea.
• Comprensión da importancia das decisións do Tribunal de Xustiza da Unión Europea para a construción do ordenamento tributario europeo. A armonización indirecta ou de segundo grao.
A actividade docente realizarase de modo exclusivo a través do uso do campus virtual. Para iso, seguirase un desenvolvemento en diversas fases:
• En primeiro lugar, o profesor incluirá no campus virtual diversos materiais:
o Realizará unha introdución teórica da materia e de cada tema, achegando ao alumno unha primeira aproximación aos contidos específicos.
o Ofreceranse materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.
o Ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
• O profesor posteriormente, para cada un dos ítems indicados numericamente nos contidos da materia presentará aos alumnos no campus virtual:
o Supostos prácticos a resolver.
o Temas a debater e dos traballos para realizar.
o Probas de autoavaliación
o Estarán tamén a disposición do alumno exemplos de supostos prácticos, probas de autoavaliación e/ou debates xa resoltos para que poidan servirlle como modelo
• Desenvolverase un programa de titorías personalizado a través do correo electrónico. Se a dinámica do grupo o require, tamén se estruturarán a través de instrumentos de foro algún tipo de titoría en grupo reducido para a elaboración e desenvolvemento de traballos.
• En cada un dos ítems, o profesor procederá a realizar a través da aula virtual un test e un caso práctico de avaliación do alumno. Unha vez corrixidos, publicará as solucións e dará cumprida conta dos fallos detectados, a través dun retorno xeral e, no seu caso, dos comentarios individualizados que procedan.
• Unha vez completados os distintos ítems do proceso de aprendizaxe, o profesor:
o Proporá a través dun foro de debate un debate sobre un tema de actualidade da materia, onde será necesario que o alumno interveña con contidos orixinais e polo menos en dúas ocasións para poder obter unha avaliación favorable na devandita actividade.
o Encargará ao alumno a redacción dun traballo sobre algunha cuestión da materia, de perfil teórico, práctico ou mixto. O devandito traballo será desenvolvido polo alumno, co apoio titorial do profesor, e constituirá un elemento básico na avaliación do mesmo.
A avaliación terá lugar mediante a combinación dos distintos ítems desenvolvidos polo alumno no campus virtual. Valoraranse os test e casos prácticos de avaliación, que suporán un 15% da nota final cada un; a participación no debate, que implicará outro 20% da nota final; e a elaboración do traballo, cuxa valoración suporá o 50% da nota final, do cal o 30% corresponderase co manexo das fontes e valoración dos aspectos formais e o 70% cos contidos desenvolvidos polo alumno.
Total horas de traballo no campus virtual 30
Total horas traballo persoal do alumno 75
Seguir con regularidade as actividades propostas e participar activamente nas mesmas.
PLAN DE CONTINXENCIA
Non se prevén adaptacións para o caso de que conforme ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura fose necesario pasar ós escenarios 2 ou 3, pois trátase dun título que se imparte íntegramente de xeito non presencial.
Maria Odete Batista De Oliveira
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Fiscalidade Internacional e Comunitaria
- Correo electrónico
- mariaodete.batista [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Antonio Vaquera García
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Fiscalidade Internacional e Comunitaria
- Correo electrónico
- antonio.vaquera [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h