Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Civil, Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprensión de conceptos básicos en materia de relacións de xénero e dereito privado
Cotexo de relacións sociais e xurídicas
Coñecemento dos mecanismos xurídicos que regulan a cuestión da igualdade de xénero
Identificación da lexislación aplicable
Reflexión sobre a evolución normativa en materia de xénero, con especial referencia á lexislación da Unión Europea e española, tanto estatal como autonómica
Debate sobre a aplicación práctica das medidas adoptadas en materia de igualdade material
Roles de xénero, modelos de socialización e relacións xurídicas
Dereito antidiscriminatorio. Xénero e multidiscriminación
Dereito antidiscriminatorio no ámbito do dereito privado: dereito da persoa, relacións familiares, acceso a bens e servizos, titularidade de bens e dereitos, responsabilidade
Dereito antidiscriminatorio no ámbito do Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- AAVV, Manual de conceptos jurídicos básicos, Colex, Madrid, 2021.
- AAVV, El derecho a la igualdad efectiva de mujeres y hombres una evaluación del primer decenio de la Ley Orgánica 3/2007, Ed. Aranzadi, 2018.
- AAVV, Diversidad de género e igualdad de derechos : manual para una asignatura interdisciplinar, Valencia/Madrid, 2012
- AAVV, La violencia de género en la ley : reflexiones sobre veinte años de experiencia en España, Madrid, 2010
-AAVV, Tutela jurisdiccional frente a la violencia de género : aspectos procesales, civiles, penales y laborales , Valladolid, 2009
- AAVV, La transposición del principio antidiscriminatorio comunitario al ordenamiento jurídico laboral español, Valencia, 2010
- AAVV, El levantamiento del velo: las mujeres en el derecho privado, Valencia, 2011
- AAVV, Mujeres, contratos y empresa desde la igualdad de género, Tirant lo Blanch, Valencia, 2014
- AAVV, Construyendo la igualdad. La feminización del Derecho privado, Ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
- AAVV, Mujer, maternidad y Derecho, Ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2019.
- ESPÍN ALBA, Isabel, Transexualidad y tutela civil de la persona, Madrid, 2008
- FERREIRO REGUEIRO, Consuelo, “Violencia de género y negociación colectiva”, en Violencia de género y derecho del trabajo: estudios actuales sobre puntos críticos, Madrid, 2012, p.p. 467 a 512
- FERREIRO REGUEIRO, Consuelo, “Pensión de viudedad a favor de un transexual que no pudo contraer matrimonio con el fallecido por falta de sentencia firme declaratoria del cambio de sexo”, Aranzadi social, 2005, p.p. 472 a 475
- MARTÍN VALVERDE, A., RODRÍGUEZ-SAÑUDO GUTIÉRREZ, F. y GARCÍA MURCIA, J.: Derecho del Trabajo (última edición).
- VALDÉS DAL-RÉ, F.; Igualdad de género y relaciones laborales: entre la ley y la negociación colectiva, Editorial Reus, S.A. (Madrid, 2010).
Adquisición dun coñecemento que permite unha perspectiva crítico-ideolóxica con respecto á situación das mulleres e dos varóns na nosa sociedade e os seus dereitos e de analizar as posibilidades de cambios na dinámica social a través da lexislación, así como do cumprimento da mesma con respecto aos roles e relacións de xénero, educación e a socialización humana nos moi diversos áreas económicos, laborais, sociais, científicos, institucionais, de postos de decisión, culturais e políticos.
No "escenario 1" das directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, adoptadas pola Universidade de Santiago de Compostela, a docencia será, preferente e fundamentalmente, de carácter presencial.
Para a docencia teórica usarase un modelo de clase maxistral modificada para optimizar a interacción profesor-alumno. No entanto seguindo unha concepción didáctico -comunicativo- interaccionista combinarase a forma da clase maxistral con intervencións activas e alocucións das alumnas e dos alumnos (exposicións, resumos, formulación de preguntas para o pleno da clase etc.), isto é, achegas en relación co material que se usará nas distintas clases para profundar nos distintos complexos temáticos suscitados no espacio do aula. De modo concreto usaranse:
• Clases teóricas,
• Apoio de casos prácticos
• Actividades prácticas (de casos xurídicos e de “pizarra”) sobre cada un dos temas expostos en clase e contidos no programa da asignatura
Sobre a metodoloxía para aplicar nos escenarios 2 e 3, consúltese, en “Observacións”, o apartado dedicado ao “Plan de continxencia”.
Realizarase didácticamente un seguimento continuado, incluíndo a realización e exposición de traballos e probas escritas.
Valorarase tamén a participación e a asistencia ás clases teóricas e ás prácticas correspondentes, fundamentais para adquirir a formación profesional e científica prevista.
Advírtese que, de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a participación en calquera das actividades indicadas será obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que cumprimente algunha delas en ningún caso será a de NON PRESENTADO.
Os alumnos aos que se lles recoñeza exención de docencia serán avaliados no exame final (100% da nota).
Sobre o sistema a aplicar nos escenarios 2 e 3, consúltese, en “Observacións”, o apartado dedicado ao “Plan de continxencia”.
PLAXIO (TANTO PARA ENSINO PRESENCIAL COMO NON PRESENCIAL)
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
AVALIACIÓN CURSO SIN DOCENCIA
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición do máster non haberá docencia presencial desta materia, as/os estudantes matriculados na mesma deberán contactar cuanto antes coas docentes responsables da materia para precisar o sistema de avaliación. En todo caso, de non acordarse outra cosa, a/o alumna/o será avaliada/o mediante traballos, actividades e un exame final nas convocatorias previstas.
Dependerá de cada alumna e alumno, pero partese da base de que por un crédito ECTS se calculase, no contexto que nos ocupa, aproximadamente de 12-15 horas de traballo persoal á semana.
1. Asistencia regular ás aulas.
2. Participación activa das alumnas e alumnos na clase.
Plan de continxencia
Metodoloxía do ensino:
No "escenario 2", a docencia presencial completarase coa virtual, de acordo coas fórmulas que determine o Centro no que se imparte a materia. No "escenario 3", a docencia pasará a ser completamente virtual.
Cando a docencia expositiva deba impartirse “en remoto”, utilizarase o Campus Virtual, así como as ferramentas de Microsoft Teams, Skype empresarial, Forms, etc.).
Para a docencia interactiva que se imparta “en remoto”. utilizaranse as ferramentas recentemente indicadas, a través das cales se realizarán actividades de xeito síncrono (p. ex. resolución de cuestionarios) e asíncrono (p. ex., preparación e entrega de traballos), podendo estas consistir en tarefas individuais ou no desenvolvemento dun traballo colaborativo.
Sistema de avaliación e aprendizaxe
Nos escenarios docentes 2 e 3, as probas realizaranse de forma telemática a través das ferramentas citadas. O seu valor será o mesmo que o atribuído no escenario docente 1.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o reflectido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Paz Garcia Rubio
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814648
- Correo electrónico
- mpaz.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alicia Villalba Sanchez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814614
- Correo electrónico
- alicia.villalba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Marta Otero Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814647
- Correo electrónico
- marta.otero.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
27.05.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13.07.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |