Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Xeografía, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Básica, Análise Xeográfica Rexional, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Trátase de conseguir que as alumnas e alumnos cheguen a un coñecemento en profundidade do complexo temático da saúde, cambio social e multiculturalismol, temas fundamentais con respecto aos cales persisten importantes diferenzas en función do xénero.
Trátase de enfocar os mecanismos múltiples, ocultos, evidentes e de toda índole que interveñen na temática específica dende ángulos epistemolóxicos e teóricos múltiples.
Un obxectivo específico consiste no coñecemento e a avaliación dos múltiples aspectos que inciden na temática saúde, vellez e construción sexual, temática que alude á dinámica sexuada que ofrece múltiples aspectos de diferenzas en función do xénero que requiren por parte das nosas e os nosos futuros profesionais en educación, xénero e igualdade e estudos das mulleres unha abordaxe práctica social, cultural, política, económico etc. especial.
Preténdese preparar ademais para a investigación específica do fenómeno, así como para intervencións específicas que permiten emprender accións concretas que facultan a transformación dos hábitos e conceptos de saúde, da valoración da vellez e o seu significado en función do xénero e das identidades sexuais dende unha visión global da educación e socialización humana existente.
Dende un punto de vista global, o coñecemento adquirido debe servir para fundamentar e complementar a formación académica, investigadora e profesional na temática das relacións e roles de xénero e educación e das mulleres, así como para as actuacións prácticas profesionais correspondentes, obxecto específico do presente máster.
Módulo 1 Diferenzas de xénero dende unha perspectiva cognitivo-social
Módulo 2 Rol dos patróns culturais dende perspectiva psicolóxica
Módulo 3 Saúde mental e asimetrías de xénero
Módulo 4 Novas Masculinidades e cambio social
Módulo 5 Feminismos periféricos.
ACKER, S. Género y educación. Madrid: Narcea, 1996
bELL hOOKS (2004): “Mujeres Negras. Dar forma a la teoría feminista” en bell hooks, et alt: Otras inapropiables. Feminismos desde las fronteras, Col. Mapas, Trafican-tes de Sueños, Madrid, pp. 33-50.
BOURDIEU Pierre: La dominación masculina. Anagrama, 2000, Barcelona.
DUBY, G. e PERROT, M. (DIRS.). Historia de las mujeres en Occidente. Madrid: Taurus, 1991-1993
FLECHA GARCÍA, C. La educación de las mujeres : nuevas perspectivas. Sevilla: Universidad de Sevilla, 2001
-Las Mujeres en la legislación educativa española : Enseñanza Primaria y Normal en los siglos XVIII y XIX. Sevilla: Gihus, D.L. 1997
-Las Primeras universitarias en España : 1872-1910. Madrid: Narcea, 1996
HARDING, S. “Del problema de la mujer en la ciencia al problema de la ciencia en el feminismo”, en S. HARDING: Ciencia y feminismo. Madrid: Morata, 1996
INSTITUTO DE LA MUJER. Guía de Coeducación. Síntesis sobre la Educación para la Igualdad de Oportunidades entre Mujeres y Hombres. Madrid: Instituto de la Mujer, 2008
JABARDO, M. (ed.) (2012): Feminismos negros. Un antología, Traficantes de sueños, Colecc. Mapas, Madrid, disponible en http://www.bibliotecafragmentada.org/wp-content/uploads/2012/11/Feminis…
KIMMEL, Michael: La Producción Teórica sobre la Masculinidad: Nuevos aportes. Santiago de Chile, Editorial de las Mujeres, 1992.
LEWIS, Reina y MILLS, Sara. (2003). Feminist Postcolonial Theory. A Reader. Edinburgh University Press.
LORDE, Audre.(2003). La hermana, la extranjera. Artículos y conferencias, Madrid, horas y HORAS, la editorial, pp.115-135 (Ed original 1983)
MATOS, Marlise y PARADIS, Clarisse (2013): Los feminismos latinoamericanos y su compleja relación con el Estado: debates actuales, Íconos. Revista de Ciencias Sociales. Num. 45, pp. 91-107.
MERINO, A. (COORD.). Mujeres y educación durante el franquismo: en imágenes. Madrid: Creaciones Vicent Gabrielle, 2010
MONTERO, M. La conquista del espacio público : mujeres españolas en la universidad (1910-1936). Madrid: Minerva, 2009
RIAÑO, P. H. (2020). Las invisibles. Madrid: Capitán Swing Libros.
RODRIGUEZ MARTINEZ, Pilar (2011): Feminismos Periféricos, Rev. Sociedad & Equidad Nº 2.
SANCHEZ, T. (2020). Sexo y género: una mirada interdisciplinar desde la psicología y la clínica. Revista de la Asociación Española de Neuropsiquiatría, 40(138).
SUBIRATS, M. Conquistar la igualdad: la coeducación hoy, en REVISTA IBEROAMERICANA DE EDUCACIÓN, Nº 6, 1994.
-Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación. Barcelona : Octaedro, 2007
Competencias
Competencias Específicas:
- Competencia na comprensión e análise dos distintos aspectos da saúde dende unha visión do xénero e das mulleres.
- Competencia na comprensión e análise das múltiples dimensións do proceso de cambio social e do multiculturalismo dende a perspectiva das mulleres e do xénero.
- Analizar a problemática de xénero dende a psicoloxía educativa
- Saber identificar diferentes problemas e necesidades en relación coa temática da saúde, cambio social e xénero
- Ser capaces de definir obxectivos e elaborar plans de intervención na temática multidiciplinar multiculturalismo, saúde e xénero que contribúan a transformar a educación e a socialización das persoas
- Desenvolver criterios para seleccionar estratexias de intervención no ámbito da educación en relación coa temática multiculturalismo, saúde e xénero.
Competencias Transversais:
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións transformadoras da igualdade de xénero dende unha perspectiva transversal, concretamente nos ámbitos económico e laboral.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de efectuar avaliacións políticas dende unha óptica de interconexións e transversal de xénero.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero dende unha perspectiva transversal, de xénero (mainstreaming), nos distintos niveis da educación institucional formal, isto é, da educación infantil, primaria e secundaria, e tamén nos campos da educación formal no ámbito comunitario.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero dende unha perspectiva transversal, de xénero (mainstreaming), en todas as esferas sociais, administrativas e políticas.
Competencias actitudinales
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de decisión.
- Traballo en equipo.
- Aprendizaxe autónoma.
- Creatividade.
- Liderado.
- Iniciativa e espírito emprendedor.
Clases expositivas
Nelas clarificarase o sentido de cada bloque temático, identificaranse os seus conceptos e ideas clave, utilizando con recursos visuais que contribúan a aclarar e exemplificar os contidos fundamentais e promovan a interacción do alumnado.
Clases interactivas
Nelas fomentarase a participación e discusión na aula, e a elaboración de traballos en pequenos grupos (documentos escritos e defensa deles) sobre aspectos abordados no programa.
Proponse unha metodoloxía activa que fomente a participación do alumnado na construción do seu propio coñecemento sobre os temas propostos con vistas á consecución das competencias xerais, instrumentais, interpersoais e específicas descritas e da súa aplicación
Traballo individual dos alumnos
Fomentarase o traballo autónomo e a auto-aprendizaxe. O traballo individual implicará, ademais dunha lectura comprensiva e reflexiva dos materiais indicados, a elaboración documentos escritos sobre os contidos abordados en cada bloque temático.
Titorías
O seu obxectivo será orientar o alumnado sobre os centros de interese que conveña a afondar dende o punto de vista documental, bibliográfico.
Docencia virtual
A través da plataforma virtual da USC, facilitarase material ao alumnado, así como posibilidade de responder a dúbidas do alumnado
Avaliación continua
Valorarase
- O esforzo continuado da alumna/ou ao longo longo do curso, tendo en conta
- A participación na aula: preguntas, respostas ás preguntas da profesora, etc.
- Grao de cumprimento e calidade das actividades realizadas das propostas en cada tema
- E se procede, en función dos resultados das actividades anteriores e como elemento de valoración realizarase algunha proba, de curta duración, sobre un ou varios temas do programa.
AVALIACIÓN NO CURSO 2022/23
Dado que durante o curso 2022/23 non haberá docencia presencial desta materia, os/as estudantes matriculados na mesma deberán contactar canto antes coas docentes responsables da materia no curso 2022/23 para acordar o sistema de avaliación. En todo caso, de non acordarse outra cousa, a/o alumna/o será avaliada/o mediante un exame final nas convocatorias previstas.
PLAXIO (TANTO PARA ENSINO PRESENCIAL COMO NON PRESENCIAL)
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
O total de horas para esta materia calcúlase en torno a 125 horas.
O tempo de estudo e traballo persoal dependerá de cada alumna e alumno, pero pártese da base de que por un crédito ECTS se calculará, aproximadamente de 12-15 horas de traballo persoal á semana.
A materia ten 5 créditos e correspóndenlle 40 h presenciais (8 por crédito ECTS) distribuídas da seguinte forma:
Clase Expositiva: 15h.
Clase Interactiva: 20h.
Titorías: 5h.
Polo que respecta ao traballo autónomo do alumnado, será de 85 h. distribuídas da seguinte forma:
Estudo autónomo (individual e/ou en grupo): 45h.
Elaboración de traballos para exposición na aula: 30h.
Preparación de preguntas e debates na aula: 10h.
- Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva ao redor da materia.
- Utilizar as titorías para clarificar as dúbidas.
O temario preciso así como a bibliografía específica será explicado e entregado ao alumnado por cada profesora e profesor na clase.
PLAN DE CONTINXENCIA
Que sigue o “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22”, aprobado polo Consello de Goberno de USC o día 30 de abril de 2021.
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
Neste escenario será de aplicación a metodoloxía habitual do traballo na aula para as aulas expositivas e interactivas e o seguimento da materia e as titorías.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Neste escenario será de aplicación unha metodoloxía combinada, iso é, combínase o traballo na aula co aulas on –line (por videoconferencias, etc.), especialmente nas aulas expositivas, adaptando o formato as aulas expositivas e interactivas e o seguimento da materia será de forma non presencial (vía telemática e correo electrónico).
Neste caso a avaliación continua seguirá sendo o sistema de avaliación preferente, indicándose con antelación as datas de entrega das tarefas, preguntas e do traballo-exposición. Procurarase que os textos estean dispoñibles na Aula virtual.
Aulas Interactivas
Traballarase co material e textos, preguntas e reflexións acerca dos textos y debates de lecturas/bibliografia propostos no programa para os diferentes núcleos temáticos do programa.
Escenario 3: Peche das instalacións
Neste escenario será de aplicación unha metodoloxía docente non presencial co aulas on –line (por videoconferencias, etc.) nas aulas expositivas e interactivas e o seguimento da materia será de forma non presencial (vía telemática e correo electrónico).
A avaliación continua será o sistema de avaliación preferente, indicándose con antelación as datas de entrega das tarefas así como do traballo final. Procurarase que os textos estean dispoñibles na Aula virtual.
Aulas Interactivas:
Traballarase co material e textos, preguntas e reflexións acerca dos textos y debates de lecturas/bibliografía propostos no programa para os diferentes núcleos temáticos do programa e o seguimento será de forma telemática, correo electrónico e aula virtual.
Avaliación
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
Neste escenario será de aplicación a metodoloxía habitual da avaliación.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Neste caso a avaliación continua seguirá sendo o sistema de avaliación preferente, indicándose con antelación as datas de entrega das tarefas, preguntas e do traballo-exposición. Traballarase co material e textos, preguntas e reflexións acerca dos textos y debates de lecturas/bibliografia propostos no programa para os diferentes núcleos temáticos do programa. Procurarase que os textos estean dispoñibles na Aula virtual.
O exame final, de ser o caso, será preferentemente presencial.
Escenario 3:
A avaliación continua será o sistema de avaliación preferente, indicándose con antelación as datas de entrega das tarefas así como do traballo final. Traballarase co material e textos, preguntas e reflexións acerca dos textos y debates de lecturas/bibliografía propostos no programa para os diferentes núcleos temáticos do programa e o seguimento será de forma telemática, correo electrónico e aula virtual. Procurarase que os textos estean dispoñibles na Aula virtual.
Non haberá exame final que será substituído pola avaliación continua exclusiva (reflexións e preguntas sobre os textos e o traballo /exposición (50% e 50% da nota respectivamente).
PLAXIO (TANTO PARA ENSINO PRESENCIAL COMO NON PRESENCIAL)
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación Curso Sen Docencia
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición do máster non haberá docencia presencial desta materia, as/os estudantes matriculados na mesma deberán contactar canto antes coas docentes responsables da materia para precisar o sistema de avaliación. En todo caso, de non acordarse outra cosa, a/o alumna/o será avaliada/o mediante un traballo nas convocatorias previstas.
Jorge Garcia Marin
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881812109
- Correo electrónico
- jorge.marin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María José Sampedro Vizcaya
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813794
- Correo electrónico
- mariajose.sampedro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
03.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13.07.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |