Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia, Economía Aplicada
Áreas: Historia Moderna, Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer e utilizar recursos conceptuais e metodolóxicos para a comprensión, deconstrucción e transformación das desigualdades sociais derivadas dos sistemas de xénero.
- Familiarizar ás alumnas e aos alumnos coas novas metodoloxías de análise histórica con perspectiva de xénero. Unha achega aos vellos e os novos paradigmas. Analizar a vixencia histórica do sistema sexo/xénero como principio de organización social.
- Mostrar un balance historiográfico da historia das mulleres e do xénero. Particular atención ao caso de Galicia.
- Mostrar un balance historiográfico da historia das mulleres e do xénero. Particular atención ao caso de Galicia.
- Construir un coñecemento non androcéntrico que incorpore novas categorías de análise, constitua ás mulleres como suxeitos de coñecemento e estableza líneas de investigación que contribuan ao entendemento das desigualdades de xénero, así como ao cuestionamento e transformación da orde sociosimbólica que as sostén.
- Promover o coñecemento acerca da contribución social, científica e tecnolóxica das mulleres.
1.A perspectiva de xénero: conceptos, fontes e metodoloxía.
2.As mulleres nas sociedades pre-industriais: reproducción biolóxica, económica e social
3.As mulleres nas sociedades pre-industriais: educación, cultura e relixión
4.A desigualdade legal e os antecedentes do pensamento feminista
5.As mulleres nas sociedades contemporáneas: economía, traballo e educación
6.As mulleres e o cambio sociodemográfico e familiar.
Arias de Saavedra, I. y López-Guadalupe, M. (2015), Vida cotidiana en la Monarquía Hispánica. Tiempos y espacios, Granada, Universidad.
Bock G. (2001), La mujer en la historia de Europa, Barcelona, Crítica.
Bolufer Peruga, M. (2019), Mujeres y hombre en la Historia, una propuesta historiográfica y docente, Granada, Comares.
Bolufer Pergua, M. (1998), Mujeres e ilustración: la construcción de la feminidad en la Ilustración española, Valencia, IAM.
Borderías, C.; Carrasco, C. e Alemany, C. (comp.) (1994), Las mujeres y el trabajo. Rupturas conceptuales, Icaria, Barcelona.
Borderías, C. (ed.) (2009), Historia de las mujeres: perspectivas actuales, Icaria, Barcelona.
Duby, G.; Perrot, M. (2006), Historia de las mujeres. 5 vol. Taurus. Madrid.
Durán, M. A. (2018), La riqueza invisible del cuidado, Universitat de Valencia.
Espigado, G. y otras (2004), Mujer y deseo: representaciones y prácticas de vida, Cádiz, Universidad.
Franco Rubio, G. (coord.) (2010), Debates sobre la maternidad desde una perspectiva histórica (siglos XVI-XX), Icaria, Barcelona.
Franco Rubio, G. y Iriarte Goñi, A. (eds.) (2009), Nuevas rutas para Clío. El impacto de las teóricas francesas en la historiografía feminista española, Icaria, Barcelona.
Franco Rubio, G. (2018), El ámbito doméstico en el Antiguo Régimen, Síntesis, Madrid.
Gallego Franco, H. (2018), Feminidades y masculinidades en la historiografía de género, Comares, Granada.
Gallego Franco, H. y García Herrero, M.C. (eds.) (2018), Autoridad, poder e influencia: Mujeres que hacen historia, Icaria, Barcelona.
Morant, I. (ed.) (2005), Historia de las mujeres en España y en América Latina, Madrid, Cátedra.
Vol. 1: De la Prehistoria a la Edad Media
Vol. 2: El mundo moderno
Vol. 3: Del siglo XIX a los umbrales del XX
Vol. 4: Del siglo XX a los umbrales del XXI
Nash, M.(2004), Mujeres en el mundo. Historia, retos y movimientos, Madrid, Alianza Editorial.
Radl Philipp, R. (2010), Investigaciones Actuales de las Mujeres y del Género, Universidade de Santiago de Compostela
Rey Castelao, O. (coord.) (2011), Historia das mulleres en Galicia, Nigratrea, Santiago de Compostela:
Vol.1: Prehistoria e Idade Antiga: Mar LLinares
Vol. 2: Idade Media: M.C. Pallares Méndez
Vol. 3: Idade Moderna: O. Rey Castelao e S. Rial García
Vol. 4: Idade Contemporánea: H. Pernas Oroza
Rey Castelao, Ofelia, El vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna, Santiago, 2021
Rodríguez Galdo, M.X. (ed.) (1999), Textos para a Historia das Mulleres en Galicia, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.
Rodríguez Galdo, M.X. (dir.) (2014), Donantes de tiempo. Una valoración en perspectiva de género del trabajo de cuidados y de la aportación al bienestar por parte de las personas longevas, Instituto de la Mujer, Madrid.
Scanlon, G. (1986), La polémica Feminista en la España Contemporánea 1868-1974, Akal, Madrid
Sixto Barcia, Ana María, Letras entre ruecas, redes y arados. Mujeres y cultura letrada en Galicia, siglos XVV-XIX, Santiago, 2021
- Competencias Básicas:
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de decisión.
- Traballo en equipo.
- Aprendizaxe autónoma.
- Creatividade.
- Liderado.
- Iniciativa e espírito emprendedor.
-Competencias Xerais:
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Capacidade de resolución de problemas en novas áreas e contextos multidisciplinares.
- Capacidade para a integración de coñecementos.
- Razoamento crítico e capacidade de reflexión sobre responsabilidades sociais e éticas en relación co coñecemento.
-Capacidade de comunicación, tanto con colectivos especializados como non especializados.
- Capacidade de seguir unha aprendizaxe de forma continuada e autónoma
- Compromiso ético e deontolóxico.
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidad.
- Adaptación a novas situacións.
- Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
- Sensibilidade cara a temas da realidade social e económica.
- Espírito de superación.
-Competencias específicas:
Adquisición dun coñecemento histórico que permita unha perspectiva crítico-ideolóxica con respecto a nosa historia.
Adquisición dun coñecemento que permita unha perspectiva crítico-ideolóxica con respecto a historia das mulleres e dos homes nas distintas formacións sociais.
Descubrir e redescubrir novas formas de efectuar análises e lecturas da historia tanto da máis afastada no tempo como da máis recente.
Descubrir e estudar novas formas de efectuar análises e lecturas da historia referente aos roles e relacións de xénero.
-Competencias transversais:
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións transformadoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal, concretamente nos ámbitos económico e laboral.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de efectuar avaliacións políticas desde unha óptica de interconexións e transversal de xénero.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal, de xénero (mainstreaming), nos distintos niveis da educación institucional formal, isto é, da educación infantil, primaria e secundaria, e tamén nos campos da educación formal no ámbito comunitario.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal, de xénero (mainstreaming), en todas as esferas sociais, administrativas e políticas.
Perséguese a adquisición do coñecemento teórico básico na temática da teoría e investigación feminista e das mulleres co fin de que a alumna/alumno sexa capaz de analizar, comprender e investigar de forma adecuada as relacións de xénero actuais e poder desenvolver accións prácticas e impulsar estratexias político-sociais con respecto ao problema da igualdade de xénero.
Para a docencia teórica usarase un modelo de clase maxistral modificada para optimizar a interacción profesora-alumnado. Non entanto, seguindo unha concepción didáctico -comunicativo- interaccionista, combinarase a forma da clase maxistral con intervencións activas e alocucións das alumnas e dos alumnos (exposicións, resumos, formulación de preguntas para o pleno da clase etc.), isto é, achegas en relación co material que se usará nas distintas clases para profundar nos distintos complexos temáticos suscitados no espacio da aula. De modo concreto usaremos:
- Clases teóricas nas que, trala exposición inicial dun tema, procédese á discusión en grupo das posibilidades de execución dunhas determinadas accións e as posibles repercusións que isto pode ocasionar.
- Apoio de casos prácticos.
- Vídeos de diferentes actuacións e intervencións.
- Actividades prácticas sobre cada un dos temas expostos en clase e contidos no programa da materia.
Nesta materia establécese o sistema de avaliación continua. Para poder seguir este sistema é un requirimento a asistencia regular ás clases (tanto teóricas como prácticas) así como a participación activa nas clases e demais actividades programadas. Aquelas persoas matriculadas que non estivesen presentes en máis do 20% das comprobacións de asistencia quedarán excluídas do sistema de avaliación continua e só se poderán acoller ao sistema de avaliación única (exame final de 3 horas de duración).
Actividades que se poderán desenvolver no sistema de avaliación continua:
1. Probas periódicas de avaliación: Celebraranse dúas probas de avaliación, obrigatorias, consistentes na resposta a unha ou máis preguntas sobre a materia de explicación recente nas clases.
2. Traballo de curso: Co formato preestablecido polas profesoras, cada estudante deberá realizar un traballo persoal, consistente nunha redacción sobre un dos epígrafes ou sobre un dos temas do programa.
3. Exposición oral do traballo
4. Seminarios: A participación nos seminarios esixe realizar algunhas lecturas previamente sinaladas.
5. Participación activa na clase.
6. Exercicios prácticos: Sen periodicidade nin convocatoria predefinida realizaranse unha serie de prácticas consistentes en: comentarios sobre lecturas e datos de interese recomendados en clase; procura de información bibliográfica, documental ou estatística sobre unha temática proposta polas profesoras.
No caso de exención de docencia será sustituida a avaliación continua pola avaliación dos traballos con textos.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Dependerá de cada alumna e alumno, pero partese da base de que por un crédito ECTS se calcula, no contexto que nos ocupa, aproximadamente de 12-15 horas de traballo persoal á semana.
Recoméndase o seguimento continuo da materia durante todo o cuadrimestre. Para iso é conveniente asistir regularmente ás clases, incorporarse ao sistema de avaliación contínua, facer uso das titorías e asumir o hábito de lectura que permita desenvolver habilidades interpretativas sobre a materia do curso.
PLAN DE CONTINXENCIA
Que sigue o “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22”, aprobado polo Consello de Goberno d USC o día 30 de abril de 2021.
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
Neste escenario será de aplicación a metodoloxía habitual do traballo na aula para as aulas expositivas e interactivas e o seguimento da materia e as titorías.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Neste escenario será de aplicación unha metodoloxía combinada, iso é, combínase o traballo na aula co aulas on –line (por videoconferencias, etc.), especialmente nas aulas expositivas, adaptando o formato as aulas expositivas e interactivas e o seguimento da materia será de forma non presencial (vía telemática e correo electrónico).
Neste caso a avaliación continua seguirá sendo o sistema de avaliación preferente, indicándose con antelación as datas de entrega das tarefas, preguntas e do traballo-exposición. Procurarase que os textos estean dispoñibles na Aula virtual.
Aulas Interactivas
Traballarase co material e textos, preguntas e reflexións acerca dos textos y debates de lecturas/bibliografia propostos no programa para os diferentes núcleos temáticos do programa.
Escenario 3: Peche das instalacións
Neste escenario será de aplicación unha metodoloxía docente non presencial co aulas on –line (por videoconferencias, etc.) nas aulas expositivas e interactivas e o seguimento da materia será de forma non presencial (vía telemática e correo electrónico).
A avaliación continua será o sistema de avaliación preferente, indicándose con antelación as datas de entrega das tarefas así como do traballo final. Procurarase que os textos estean dispoñibles na Aula virtual.
Aulas Interactivas:
Traballarase co material e textos, preguntas e reflexións acerca dos textos y debates de lecturas/bibliografía propostos no programa para os diferentes núcleos temáticos do programa e o seguimento será de forma telemática, correo electrónico e aula virtual.
PLAXIO (TANTO PARA ENSINO PRESENCIAL COMO NON PRESENCIAL)
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na
Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de
cualificacións”.
Ofelia Rey Castelao
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812610
- Correo electrónico
- ofelia.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pedro Varela Vazquez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811695
- Correo electrónico
- pedro.varela.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
21.01.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
23.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |