Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia oriéntase á pregunta que aporta a sociedade á educación. Desde o punto de vista da función, a sociedade aporta desenvolvemento do sistema educativo e do sistema escolar de calidade e podemos racionalizar criterios para tóma de decisións en política educativa distinguindo decisión técnica, ética, política e moral, diferenciando acción política, acción moral personal e acción da sociedade civil e razoando sobre Descentralización, democratización, calidade, dereitos e decisións decisiones no marco da relación xustiza-poder-verdade (ética-política-pedagoxía).
OBXECTIVO XERAL DO MÁSTER NO QUE PARTICIPA A MATERIA
Adquirir por parte do estudante dunha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese doutoral
OBXECTIVOS DO MÓDULO NO QUE PARTICIPA A MATERIA
- Promover unha adecuada información sobre os tópicos e cuestións que articulan a fundamentación, o sentido e os significados de política educativa.
- Xerar espírito de investigación e capacidade crítica ao redor dos presentes temáticas.
- Definir e analizar principios de determinación e racionalización da política científica e da política educativa.
- Coñecer os fundamentos das políticas socioeducativas.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA
1. Definir e analizar principios de determinación da política científica e da política educativa.
2. Coñecer os fundamentos das políticas socioeducativas.
3. Comprender a complexidade estrutural da decisión en política educativa.
4. Entender a relación calidade-equidade-liberdade-excelencia en sistemas educativos que defenden a descentralización, a autonomía, a libertade de ensino e a democratización en educación.
5. Adquirir destrezas e coñecementos para interpretar as orientacións do sistema educativo atendendo ás decisións de política educativa e de política científica.
6. Adquirir coñecementos para o uso e construción de experiencias acerca da estrutura complexa da decisión en política educativa.
7. Aplicar os contidos a problemas de toma de decisións de liberdade de ensino, democratización e autonomía.
8. Identificar a condición espacio-temporal da política educativa.
9. Identificar a condición axilóxico-cultural da política educativa.
1. Conceptualización de política da educación, política educativa e educación política.
2. Organización de sistemas educativos.
3. Tipos de decisións: morais, políticas e técnicas.
4. Descentralización como proceso orientado cara á liberdade de ensino, á democratización e á autonomía dos centros.
5. Democratización como extensión democrática, como organización democrática e como transmisión de ideais democráticos.
6. Sistemas educativos e comunidades como instrumentos de desenrolo, adecuación e coherencia respecto de valores de calidade, equidade, liberdade, excelencia, innovación, participación e compromiso na escola.
7. A necesidade de converxencia entre razóns administrativas e epistemolóxicas en política educativa.
8. A complexidade estrutural da decisión en políticas educativa e científica.
9. Modelos de organización para a xestión de recursos que permiten diferenciar as políticas educativa e científica.
CONSEJO DE UNIVERSIDADES (1999). Indicadores en la universidad: información y decisiones. Madrid, MEC. (Informes anuales de publicación consecutiva).
SEMINARIO INTERUNIVERSITARIO TEORÍA EDUCACIÓN (SITE). Seminario anual que publica temas de interese para o contido da materia. El SITE tamén propicia os Congresos nacionais de Teoría da Educación (2000 e 2001 preferentemente) de periodicidade bienal que reflicten avances nos contidos da materia.
SISTEMAS EDUCATIVOS (s.f.). Consultar as bases documentales, as páginas informativas e os boletins e informes d Banco Mundial, OCDE, GPS education, INCE, EURYDICE, CIDE, REDINED, CINDOC, DIALNET, CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA Y FUNDACIÓN GALICIA EUROPA. Ministerio de Educación. Ministerio de Ciencia e Innovación.
SOCIEDAD ESPAÑOLA DE PEDAGOGÍA (s.f.). La SEP organiza cada catro anos o congreso nacional que recolle temáticas de interese sobre a materia, desde o punto de vista da investigación e a actualización.
Touriñán, J. M. (2002). Educación y gestión cultural. Exigencias de la competencia técnica. Revista de Educación, Número extraordinario de 2002, 179-198. (Documento de concepto).
Touriñán, J. M. (2019). La transferencia de conocimiento como proceso: de la universidad al sector educativo. Una mirada desde la Pedagogía. Revista Boletín Redipe, 8 (3), 19-65. (Documento de concepto).
Touriñán, J. M. y Rodríguez, A. (1993). Conocimiento de la Educación, decisiones pedagógicas y decisiones de política educativa. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, (5), 33-58. (Documento de concepto).
Touriñán, J. M. (2009). La escuela entre la permanencia y el cambio. Revista de Ciencias de la Educación, (215), 127-148. (Documento de concepto).
Touriñán, J. M. (2017). Mentalidad pedagógica y decisiones técnicas, morales y políticas. Donde hay educación, hay riesgo. La mentalidad pedagógica es técnica, no política. En Touriñán, J. M. (2017). Mentalidad pedagógica y diseño educativo. De la Pedagogía general a las pedagogías aplicadas en la función de educar. Santiago de Compostela: Andavira, pp. 569-644. (DOCUMENTO DE APOYO A LA EXPLICACION EN CLASE).
Touriñán, J. M. (2018). Síntesis del contenido del vídeo 3 sobre perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía (Video 3: La perspectiva mesoaxiológica de la pedagogía 3: la función de educar como competencia técnica). Sesiones docentes correspondientes al Curso de Pedagogías Alternativas, Cali: Redipe, 2018. http://dondestalaeducacion.com/documentos/textos.html
(Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
Touriñán, J. M. (2008). Universidad, investigación e innovación: principios de determinación en la política científica y en la política educativa, en J. Evans y E. Kristensen (Eds.), Investigación, desenvolvemento e innovación. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela, pp. 11-50. (Documento de apoio ao desenvolvemento conceptual).
Touriñán, J. M. (2014a). Dónde está la educación. Actividad común interna y elementos estructurales de la intervención. A Coruña: Netbiblo. Cap. 6 (Agentes de la educación). Edición agotada; disponible en PDF en la web http://dondestalaeducacion.com (también puede consultar el mismo contenido en J. M. Touriñán, 2016, Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención; Santiago. Andavira, Cap. 6. (Documento de apoio ao desenvolvemento conceptual).
Touriñán, J. M. (2014b). Crisis ‘de’ la educación, crisis ‘en’ la educación y crisis de valores: la educación en crisis. En SI(e)TE (2014). Educación y crisis económica actual. Barcelona: Horsori Editorial, pp. 7-35. (Documento de apoio ao desenvolvemento conceptual).
Touriñán, J. M. (2014c). La acción de la sociedad civil no es la acción política. Un problema de formación y no una nueva antinomia pedagógica. En SI(e)TE (2014). Política y educación (Desafíos y propuestas). Madrid: Dykinson, pp. 105-143. (Documento de apoio ao desenvolvemento conceptual).
VÁZQUEZ, G., SARRAMONA, J. y TOURIÑÁN, J. M. (2009). La escuela, en crisis. La escuela entre la permanencia y el cambio. XXVIII Seminario interuniversitario de Teoría de la Educación. Oviedo: http://www.uniovi.es/site09. Publicado como Vázquez, G.; Sarramona, J. y Touriñán, J. M. (2009). La escuela, en crisis, en J. V. Peña y C. Fernández (Coords.), La escuela en crisis. Barcelona: Octaedro, pp. 17-78. (Documento de apoio ao desenvolvemento conceptual).
Hai dispoñibles desenrolos conceptuais específicos na web personal: http://dondestalaeducacion.com
Pódense consultar documentos relacionados cos temas na web individual de la Usc: http://webspersoais.usc.es/persoais/josemanuel.tourinan/
Tamen nos libros que se referencian de seguido:
Touriñán, J. M. (2017). Mentalidad pedagógica y diseño educativo. De la Pedagogía general a las pedagogías aplicadas en la función de educar. Santiago de Compostela: Andavira.
Touriñán, J. M. (2016). Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención pedagógica. A Coruña: Bello y Martínez.
COMPETENCIAS XERAIS DO MÁSTER ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo;
2. Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
3. Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
4. Facer uso das habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo principalmente autodirigido ou autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS DO MÓDULO E ESPECÍFICAS DO MÁSTER ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. Alcanzar unha adecuada comprensión estrutural e dinámica acerca dos exercicios de política educativa.
2. Identificar factores, respostas e procesos de cambio presentes nos máis notados exercicios de política educativa dos escenarios occidentais.
3. Analizar importantes fitos lexislativos na materia.
4. Integrarse e comunicarse no seo de equipos multidisciplinares de investigación.
COMPETENCIAS PARTICULARES DO MÓDULO ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. Dominar as destrezas técnicas e analíticas que fagan posible a comprensión dos factores de toda índole que condicionan os exercicios de política educativa
2. Utilizar os coñecementos que permitan unha avaliación crítica destas políticas
3. Analizar as relacións entre políticas de desenvolvemento e benestar social.
Seguiranse as directrices xerais de master. De xeito particular nesta materia realizaranse actividades teóricas e prácticas no aula. Contémplase a posibilidade de traballos de carácter temático e conceptual.
A metodoloxía docente combina diferentes elementos centrados na cultura da aprendizaxe e o ensino: clases teóricas participativas, prácticas de aula, tutorización e compromiso coa aprendizaxe significativa. A asistencia é condición necesaria para poder executar o proceso de avaliación da materia.
Todos os alumnos, ademáis da actividade diaria, deben realizar a avaliación por módulo, atendendo ás directrices específicas desa modalidade. Mentres que no Módulo I o traballo céntrase na análise dunha tese doctoral xa defendida, no Módulo II, o traballo céntrase na elaboración de redes nomológicas e na análise de términos chave que fan posible establecer un mapa conceptual desde os conceptos dun artigo xa publicado. Nesta modalidade a distribución do peso na avaliación entre traballo de avaliación por módulo e actividade diaria en clase será de 70% traballo de módulo e 30% actividade diaria.
Nesta materia, si por alguna razón extraordinaria un alumno puidera optar respecto da avaliación por módulo, se contempla, para ese caso de avaliación extraordinaria, a realización de unha proba teórica escrita sobre o contido dun dos documentos de estudo que están especificados no programa como documentos de concepto, e será elixido polo alumno entre os catro existentes. O alumno, para a proba escrita, deberá redactar un resumen do documento elexido, organizando a súa resposta en tres partes: estrutura do documento, contido fundamental e conclusións (nas conclusión, a resposta necesariamente permitirá ver que dí ese documento elexido sobre o obxectivo fundamental da materia e que parte da tese central da materia se desenrola no artigo elexido). O alumno pode preparar e facer o resumen na sua casa y levar o escrito preparado ao examen como documento de consulta para a redacción final na aula.
A distribución do peso da cualificación na avaliación extraordinaria (proba teórica escrita) será a mesma que na avaliación por módulo: 30% para a actividade diaria e 70% para a proba teórica. Cada parte debe ser aprobada para o sumatorio final (polo menos 1.5 e 3.5 respectivamente). Si se dera o caso de insuficiencia na materia no resultado final, manteríase a nota de cada parte para a seguinte convocatoria.
Os alumnos deberán realizar como parte da súa actividade diaria interactiva, prácticas de carácter conceptual na clase, tomando como punto de partida os documentos especificados no programa como documentos de concepto, de maneira que se incida nas diferenzas entre dereitos e liberdades, legitimidad e legalidad, decisións técnicas morais e políticas, decisións en educación política, política da educación e política educativa, relación poder, xustiza e verdade e condiciones espazo-temporais e condicións axiológico-culturais da decisión política. Para esta actividade en grupo de traballo daranse directrices específicas na sesión presencial.
Clases expositivas 9 horas
Clases interactivas 12 horas
Titorías obrigatorias 3 horas
Actividades (traballos, comentarios, etc.) 51 horas
Traballo total do alumno 75 horas
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsables docentes da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.
Recoméndase, aos efectos do estudio, contemplar esta materia "La toma de decisiones en política educativa" en relación cos obxectivos de Modúlo AS POLÍTICAS EDUCATIVAS E CULTURAIS NOS PROCESOS DE DESENVOLVEMENTO que lles son afíns.
Observacións
O máster denominado EDUCACIÓN, DIVERSIDADE CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO é o resultado da actualización do programa de doutoramento con Mención de Calidade (MCD2005-00235) Teoría e Historia da Educación adaptado á normativa establecida no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
Este máster ten unha orientación investigadora de carácter propedéutico para acceder ao programa de doutoramento en EDUCACIÓN.
Os seus contidos están relacionados coas liñas de investigación que veñen desenvolvendo os grupos do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social.
O obxectivo xeral do máster EDUCACIÓN, DIVERSIDADE CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO é adquirir unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese doutoral.
O máster denominado EDUCACIÓN, DIVERSIDADE CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO está dividido en seis módulos:
1.- Metodoloxía de Investigación e Intervención en Realidades e Procesos Socioeducativos.
2.- As Políticas Educativas e Culturais nos Procesos de Desenvolvemento.
3.- Educación para a Cidadanía e Diversidade Cultural.
4.- A Educación no Desenvolvemento Comunitario Local, Enfoques Teóricos, Iniciativas e Experiencias Prácticas.
5.- Problemas Emerxentes e Alternativas Educativas-Sociais nas Comunidades nun Mundo Globalizado.
6.- Traballo de Investigación Tutelado (TIT).
O Módulo II comprende tres materias:
- Políticas educativas, inmigración e benestar social (6 créditos).
- Educación social e políticas culturais (3 créditos).
- A toma de decisións en política educativa (3 créditos).
Ao comezo das clases da materia entregaranse as directrices específicas, detallando as posibles actividades así como o soporte documental de base.
Este Programa está sometido ás disposicións legais vigentes e aos acordos axustados a dereito que sobre normas de disciplina académica establezan os órganos de goberno da Universidade de Santiago de Compostela
Observacións COVID 19:
Este programa está sometido ás disposicións vixentes e polo tanto, está condicionado as observacións que se determinen no seu momento debido á restrición de acceso ás aulas.
Jose Manuel Touriñan Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813757
- Correo electrónico
- josemanuel.tourinan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Rodriguez Martinez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813764
- Correo electrónico
- antonio.rodriguez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:45-19:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13.01.2020 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
08.06.2020 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |