Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A presenza da materia de ‘Xénero e Educación Social’ no Máster de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario, comporta un desafío para os distintos profesionais da Educación que se orienten cara ó deseño de actuacións socioeducativas desde unha perspectiva de xénero. Neste sentido, abordar a diferenciación social do xénero feminino e do masculino como problemática emerxente implica un compromiso no desenvolvemento de traballos de investigación capaces de ofrecer –ou de analizar en profundidade– alternativas educativas que transformen á sociedade.
Os obxectivos da materia responden á necesaria aproximación conceptual e metodolóxica para o fomento de investigación sobre xénero e educación social.
Así, podemos destacar os seguintes:
- Coñecer e reflexionar sobre a construción social das identidades de xénero.
- Coñecer e analizar os diferentes contextos de acción educativo-social que promoven a igualdade de oportunidades entre o xénero feminino e o masculino.
- Analizar, desde unha perspectiva crítica e reflexiva, o enfoque educativo das políticas de igualdades entre mulleres e homes.
- Dotar de elementos conceptuais, metodolóxicos e instrumentais para investigar desde unha perspectiva de xénero.
1.Construción social da identidade de xénero
Socialización diferenciada na construción dos estereotipos e roles de xénero. Factores de cambio e de reprodución social.
2.Desigualdade de xénero en función de diferentes indicadores:
A educación: expectativas de rendemento, fracaso e abandono escolar. O emprego e o mercado laboral. A Conciliación da Vida Persoal, Familiar e Laboral. O ocio feminino. Os Procesos de Empoderamento: Poder, toma de decisións, política e participación social. A Violencia de Xénero e a múltiple discriminación: discapacidade, idade, inmigración, etnia, ruralidade, monoparentalidade e fogares unipersoais, persoas sen fogar, poboación reclusa-delincuente, drogodependencia, orientación sexual-identidade sexual, relixión. Outras desigualdades: linguaxe sexista, saúde, deporte, publicidade, brecha dixital, acoso sexual, infanticidio femenino.
3. Investigar con perspectiva de xénero.
Estatísticas sobre mulleres. Introdución da variable sexo e fontes de nesgo na produción de datos. Feminismos e investigacións feministas.
BÁSICA
Bourdieu, Pierre (2000). La dominación masculina. Barcelona: Anagrama.
Gradaílle, Rita; Marí, Rosa e Caballo, M. Belén (2015). La igualda de género y el empoderamiento de las mujeres: desafío del milenio en clave educativa y social. Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa, 61, 41‐57.
Gradaílle, Rita e Varela, Laura (2018). Recursos comunitarios y medidas de conciliación de las familias del alumnado de Educación Primaria en Galicia. Obets. Revista de Ciencias Sociales, 13(1), 69‐92.
Jato Seijas, E. e Iglesias da Cunha, L. (Coords.) (2003). Xénero e Educación Social. Santiago de Compostela: Laiovento.
COMPLEMENTARIA
Acker, Sandra (1995). Género y educación. Reflexiones sociológicas sobre mujeres, enseñanza y feminismo. Madrid: Narcea.
Amorós, Celia (1998). 10 palabras claves sobre mujer. Navarra: Verbo Divino.
Blanco, N. (Coord.) (2001). Educar en Femenino y en Masculino. Madrid: Akal.
Cobo, R. (Ed.) (2008). Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas. Madrid: Los Libros de la Catarata.
García de León, Mª Antonia (2011). Cabeza moderna, corazón patriarcal (un diagnóstico social de género). Madrid: Siglo XXI. Pp. 13-18.
Gradaílle Pernas, R. (2005). Educación e socialización da muller na Galicia rural. Sada (A Coruña): Edicións do Castro.
Grown, C. (2008). Indicators and Indexes of Gender Inequality: What do they measure and what do they miss? Mayra Buviníc et al. (Eds.), Equality for Women. Where Do We Stand on Millennium Development Goal 3? Washington DC: The World Bank. 93-145.
Iglesias da Cunha, L. e Jato Seijas, E. (2007). La profesión de Agente de Igualdad de Oportunidades en los diferentes contextos de la Educación Social. Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa, 35, pp. 99-112.
Instituto de la Mujer (2017). Mujeres y hombres en España. Madrid: Instituto de la Mujer. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
Marañón, Iria (2017). Educar en el feminismo. Barcelona: Plataforma editorial.
PNUD (2010). Informe Regional sobre Desarrollo Humano para América Latina y el Caribe 2010. Actuar sobre el futuro: romper la transmisión intergeneracional de la desigualdad. hdr.undp.org/sites/default/files/rhdr-2010-rblac.pdf
Schüssler, Renate (2007). Género y educación. Cuaderno temático. Lima (Perú): PROEDUCA-GTZ. https://www.oei.es/historico/genero/documentos/egenero.pdf
Subirats, Marina e Brullet, Cristina (1988). Rosa y Azul. La transmisión de los géneros en la escuela mixta. Madrid: Instituto de la mujer.
Varela, Nuria (2005). Feminismo para principiantes. Barcelona: Ediciones B.
Recursos electrónicos
EDUSO. Portal de la Educación Social. http://www.eduso.net/
GÉNEROS. Multidisciplinary Journal of Gender Studies: http://hipatiapress.com/hpjournals/index.php/generos
INSTITUTO DE LA MUJER Y PARA LA IGUALDAD DE OPORTUNIDADES: http://www.inmujer.gob.es/home.htm
REVISTA PEDAGOGÍA SOCIAL. http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria/
REVISTA RES. Nº 21. Educación social y género. http://www.eduso.net/res/21/articulo/redaccion
XUNTA DE GALICIA. Igualdade: http://igualdade.xunta.es/
Busca de información e documentación:
o Sobre a desigualdade de xénero como problema social.
o Sobre políticas de igualdade de oportunidades.
o Sobre a profesionalización dos Axentes de Igualdade de Oportunidades.
Procedemento metodolóxico:
o Definición de problemas de investigación relacionados coa diferenciación de xénero.
o Elaboración de instrumentos de observación e entrevista para investigar sobre xénero e educación social.
o Análise de propostas educativas en procesos de desenvolvemento comunitario para a igualdade de oportunidades".
o Busca de iniciativas locais en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes".
o Manexo de datos e construción de indicadores de desigualdade de xénero.
Procesos de comunicación social e científica:
o Contraste de opinións, relatos e reflexións persoais sobre a construcción social das identidades de xénero e a tarefa profesional en Ciencias da Educación orientada a implementar políticas de igualdade.
o Participación activa en redes sociais e profesionais relacionadas coa temática do xénero e a educación social.
o Redacción dun informe breve con fundamentos teóricos, empíricos e analíticos sobre unha realidade educativo-social relacionada coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Esta materia comprenderá tódolos ámbitos de práctica docente-discente: lectura e análise de textos, elaboración de contidos, exposición de temas polas profesoras e/ou alumnos/as, redacción de traballos, participación en debates a modo de seminarios, foros, etc. Neste sentido, desenvolveranse múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que dean conta dos contidos referidos no programa, así como a análise de distintos documentos que conforman a bibliografía básica e complementaria.
Impulsaranse diferentes dinámicas –tanto individuais como grupais– que posibiliten a participación e incentiven o diálogo das persoas matriculadas neste curso. Aboradrase, a través de distintas estratexias metodolóxicas, a temática da materia. Entre outras, podemos destacar o estudo de casos, a observación e a entrevista, procurando en todo momento axustar os contidos do seminario aos intereses investigadores do alumnado. A aprendizaxe será acompañada polo uso activo do Campus Virtual.
A avaliación que deseñamos defínese en función das seguintes características: formativa, continua, cooperativa e integral. Como tal responderá aos obxectivos, aos contidos, á metodoloxía e ás actividades desenvolvidas por parte das profesoras e do alumnado. Neste sentido, aínda que algunhas actividades teñan un carácter grupal, a avaliación terá un carácter individual.
A avaliación desta materia contémplase como resultante da integración das dinámicas e procesos de traballo que se articulen para o desenvolvemento das diferentes actividades programadas.
- Asistencia e participación activa nas sesións de aula. Lectura dos documentos indicados como básicos, así como dalgunhas referencias recomendadas en función do interese de cada estudante no marco do tema traballado. 20%
- Realización individual dun traballo escrito que describa e analice a situación de desigualdade/discriminación das mulleres nun determinado campo, como por exemplo en educación, emprego, saúde, lecer, deporte ou publicidade, e as implicacións para futuras investigacións en ciencias da educación. 80%
Para a valoración do traballo escrito teranse en conta os seguintes criterios:
- Cumprimento cos aspectos formais: Identificación do traballo, Mínimo de 6 e máximo 12 páxinas, citación de fontes consultadas, introdución, numeración de apartados, bibliografía, anexos.
- Claridade na redacción; capacidade analítica e crítica; calidade nas fontes documentais; orixinalidade; conclusións desde un pensamento propio.
AVALIACIÓN POR MÓDULOS
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a "avaliación por módulos" para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse. En sesión de coordinación, o 26 de xullo de 2018 decídese suprimir a "avaliación por móudlos" quedando esta opción habilitada para o alumnado de cursos anteriores que manifeste o seu interese en seguir adscrito a esta modalidade de avaliación. No curso 2019-200 reanúdase a opción de avaliación por módulo.
- Lecturas e realización de traballos individuaiss e en grupo (45% do tempo).
- Sesións de clase maxistral (20% do tempo).
- Debates en pequeno e gran grupo (15% do tempo)
- Videoforums (10% do tempo).
- Titorías personalizadas (10% do tempo).
De cara a un maior aproveitamento da materia, fanse as seguintes recomendacións para o estudo:
- Asistir con regularidade ás sesións de clase e participar activamente no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Tomar anotacións nas sesións de exposición teórica de contidos.
- Realizar lecturas críticas, analíticas e reflexivas dos diferentes documentos recomendados na materia, así como de libros e/ou publicacións complementarias.
- Realizar os traballos –individuais e grupais– que se encarguen oportunamente nas diferentes sesións de clase.
COMUNICACIÓN CO PROFESORADO
A necesidade de que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula e o seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
ASISTENCIA A CLASES
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa".
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
En atención á instrución reitoral 1/2007 sobre a Dispensa de Asistencia a Clase (http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html), o alumnado que concurra nestas circunstancias terá que facer os traballos de aula no tempo e forma que se especifiquen no Campus virtual. Ademais, naqueles casos que se indiquen como traballos grupais, o alumnado con dispensa poderá realizalos de modo individual.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
Por sentido de coidado e de responsabilidade co ámbito natural e humano, nesta materia esíxese para a presentación de traballos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir polas dúas caras do folio en calidade "aforro de tinta".
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
PLAN DE CONTINXENCIA
Atendendo ao PROTOCOLO DE CENTRO PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA NA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN NO CURSO 2020-2021 que segue as bases do aprobado en Consello de Goberno o 19 de xuño de 2020 o Plan de Continxencia será o seguinte:
Escenario 2. Distanciamento
METODOLOXÍA. A programación da Facultade de Ciencias da Educación estabelece: para a semana o 1 ao 5 de marzo e do 8 ao 12 de marzo unha docencia mixta presencial e non presencial. En ambos casos realizaranse un mínimo de docencia non presencial síncrona do 50% das sesións expositivas e interactivas a través da plataforma Teams, Skpe ou outras que faciliten a comunicación co alumnado. Establecerase o mecanismo de control da asistencia e participación nas sesións non presenciais síncronas.
AVALIACIÓN. As actividades e tarefas serán as comunicadas no Campus Virtual. Para as que requiran presentación pública utilizarase a plataforma Teams no horario establecido para a materia. O traballo de avaliación do curso / de avaliación de módulo será entregado no Campus virtual ou por correo electrónico á figura do Coordinador/a de módulo.
Escenario 3. Peche das instalacións
METODOLOXÍA. Realizarase un mínimo de docencia non presencial sincrona do 50% das sesións expositivas e interactivas a través da plataforma Teams, Skpe ou outras que faciliten a comunicación co alumnado. Establecerase o mecanismo de control da asistencia e participación nas sesións non presenciais síncronas.
AVALIACIÓN. Igual que no escenario 2.
Maria Lucia Iglesias Da Cunha
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813745
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rita Gradaille Pernas
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813817
- Correo electrónico
- rita.gradaille [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:45-19:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:45-19:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:45-19:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
06.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |