Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos xerais de módulo relacionados coa materia
1. Situar aos estudantes na complexidade do discurso conceptual, temático, teórico e metodolóxico dos tempos educativos no conxunto dos tempos sociais, destacando as súas implicacións para a investigación educativa.
2. Potenciar o interese pola observación, a reflexión, o xuízo crítico e a valoración.
3. Coñecer a linguaxe cinematográfico: imaxe, texto, música, son, cor, efectos especiais.
4. Recoñecer a necesidade de educar en valores a través do cine.
5. Fomentar a extrapolación da experiencia a outros territorios, tratando de establecer comunicación con grupos investigadores y mediadores sociais interesados no tema.
6. Identificar e interpretar as transformacións e cambios que se están producindo no contexto da poboación que implican novas formas de interesarse pola formación ao longo da vida.
7. Adquirir capacidade para entender como se produce e desenvolve unha innovación no sistema educativo.
Obxectivos xerais da materia
1. Formar criterio a favor da afectividade, emocións e as formas de expresión máis adecuadas á sensibilidade e á experiencia estética.
2. Orientar a educación afectiva e a educación artística desde a perspectiva apropiada para as artes sonoras-visuais-virtuais.
Obxectivos específicos
1. Adquirir competencia conceptual empregando unha linguaxe técnica.
2. Identificar as nosas propias emocións e as dos demais.
3. Desenvolver destrezas emocionais.
4. Adoptar unha actitude positiva ante o desenvolvemento afectivo.
5. Tomar conciencia dos factores que inciden no desenvolvemento afectivo, na capacidade estética e na sensibilidade creativa.
6. Contribuír á formación de espectadores críticos e activos, que entenden a evolución da arte e os seus logros máis significativos.
7. Comprender o sentido das formas de expresión na construción de experiencia artística e a fusión de formas de expresión (expresión e experiencia artística), en relación coas artes as artes sonoras-visuales-virtuales.
8. Coñecer, estimar, elixir, realizar e sentir os valores estéticos como valores e como manifestación artística (expresión e experiencia estética).
9. Comprender a diferenza entre educación artística (por e para) e entender as competencias xerais e profesionais da educación artística, segundo proceda.
10. Promover e facilitar a integración e participación en procesos formativos baseados na afectividade, a aprendizaxe emocional e o benestar subxectivo.
11. Utilizar o cine como un instrumento para xerar procesos de intervención pedagóxica.
0. Introdución: O sentido da materia no Plan de Estudos do Máster.
1. A dimensión afectiva como problema de educación.
2. A educación artística como disciplina e o coñecemento da educación.
3. A Pedagoxia Mesoaxiolóxica como campo de coñecemento pedagóxico emerxente: Construción de ámbitos de educación.
4. Marco conceptual: Afecto e emocións e clasificación das emocións.
5. Conciencia emocional: Coñecer e recoñecer para chegar a controlar as emocións.
6. Benestar emocional e calidade de vida.
7. Cine, educación e emocións: Cinefórum.
A. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Del revés. Inside Out en versión original (2015). EEUU: Pixar Animation Studios (Prod.) e Walt Disney Pictures (Dist.).
TOURIÑÁN, J. M. (2010). Introducción. Artes y educación. Fundamentos de pedagogía mesoaxiológica. A Coruña: Netbiblo.
TOURIÑÁN, J. M. (2011). Claves para aproximarse a la educación artística en el sistema educativo: educación “por” las artes y educación “para” un arte. Revista ESE, Estudios Sobre Educación, 21, 61-81.
GUTIÉRREZ, Mª C. e TOURIÑÁN, J. M. (2010). La educación de la sensibilidad y de los sentimientos como educación “de” la afectividad. Claves para aproximarse a la educación afectiva “por” las artes. En J. M. Touriñán (Dir.) Artes y educación. Fundamentos de Pedagogía Mesoaxiológica (pp 264-309). A Coruña: Netbiblo.
PEREIRA, C. (2010). El cine como ámbito de educación. La educación “por” y “para” el cine”. En J. M. Touriñán (Dir.) Artes y Educación. Fundamentos de Pedagogía Mesoaxiológica. (pp. 238-262). A Coruña: Netbiblo.
B. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ASENSIO; J. M., GARCÍA CARRASCO, J., NUÑEZ CUBERO, L. e LARROSA, J. (Coords.) (2006). La vida emocional. Las emociones y la formación de la identidad humana. Barcelona: Ariel [Libro y CD].
GUTIÉRREZ MOAR, M. C. (2004). Afectividad y aprendizaje educativo. Hacia una Pedagogía de la Prevención (Tesis Doctoral). Santiago de Compostela, Universidad de Santiago de Compostela. Facultad de Ciencias de la Educación. (Tesis publicada por la USC en formato CD-ROM con el ISBN 84-9750-325-2.
GUTIÉRREZ, Mª C., PEREIRA, Mª C. e VALERO, L. F. (2006). El cine como instrumento de alfabetización emocional. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 18, 229-260.
RAPOSO, M. (Coord.) (2010). El cine en la educación: Realidades y propuestas para su utilización en el aula. Santiago de Compostela: Tórculo Artes Gráficas S.A.
SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ (SGEP) (2005). Educar nos afectos, frear a violencia. Sobre a educación afectivo-emocional. Unidade Didáctica 23 no Día Escolar pola Paz (30 de xaneiro de 2005). Santiago de Compostela: Lúdica 7.
TOURIÑÁN, J. M. (2012). La relación educativa. Congreso Internacional de Filosofía de la Educación. Conferencia de clausura.
TOURIÑÁN, J. M. (2013a) El significado de la función pedagógica y la necesidad de generar principios de acción. Revista Española de Pedagogía, 71 (254), 29-47.
TOURIÑÁN, J. M. (2013b). Conocer, enseñar y educar no significan lo mismo. El carácter y el sentido de la educación como referentes de su significado desde la mirada pedagógica. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 25 (1), 25-46.
TOURIÑÁN, J. M. e LONGUEIRA, S. (2010). La música como ámbito de educación. Educación «por» la música y educación «para» la música. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria,22 (2), 151-181.
TOURIÑÁN, J. M. e outros (Grupo SI(e)TE. Educación) (2012). Creatividad, educación e innovación: emprender la tarea de ser autor y no sólo actor de sus propios proyectos. Revista de Investigación en Educación, 10 (1), 7-29.
Competencias xerais do máster às que contribúe a materia
- Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
- Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dunha maneira clara e sen ambigüidades.
- Posuír e facer uso das habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo principalmente autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais do módulo e específicas do máster ás que contribúe a materia
- Reflexionar sobre a tarefa profesional en ciencias da educación para implementar políticas de igualdade
- Expor alternativas de novos usos ante o ocaso das funcións que estes establecementos desempeñaron tradicionalmente.
- Identificar e desglosar as tarefas que poden exercer os centros de interpretación da cultural escolar nos tempos actuais.
Competencias particulares do módulo e da materia ás que contribúe a materia
- Analizar propostas educativas en procesos de desenvolvemento comunitario para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Competencias específicas da materia
- Competencia conceptual para o uso da linguaxe técnico.
- Identificar o sentido das formas de expresión na construción de experiencia artística e a fusión de formas de expresión (expresión y experiencia artística), en relación coas artes sonoras-visuales- virtuales.
Competencias transversais do máster
CT1. Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos, así como os mecanismos básicos para a participación cidadanía como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT2. Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dun Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT3. Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro y fóra da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa busca da calidade no proceso de ensinanza-aprendizaxe como signo de identidade.
CT4. Xerar unha actitude para a sostenibilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT5. Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer».
Seguiranse as directrices xerais do Máster.
A metodoloxía docente combina diferentes elementos centrados na aprendizaxe do alumnado: clases teóricas expositivas, que contemplan participación do alumnado, e clases interactivas nas que a actividade e participación do alumnado son fundamentais. Elaboraranse dúas tarefas fóra da aula no tempo de traballo autónomo da materia que poden ser resoltas individual ou grupalmente. Ademais, contémplanse as titorías para a resolución de dúbidas e o reforzo de contidos. Cabe sinalar que toda a materia está deseñada cara a capacidade de construción do alumnado da súa aprendizaxe e coa intención de que esta aprendizaxe sexa significativa.
O carácter semipresencial desta materia incide na necesidade dun traballo ordeado e sistemático por parte do alumnado e dun adecuado seguimento nas titorías.
Na Aula Virtual da materia estárán dispoñibles as ligazóns aos documentos de estudo.
A materia contempla a posibilidade de realización da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo (ApS) nas condicións establecidas polo profesorado.
Nas sesións de aulas desenvolveranse:
a) Os contidos básicos da materia nas sesións expositivas.
b) Videoforum sobre unha película
As tarefas a realizar polo alumado son as seguintes:
1. Estudo dos contidos da materia.
2. Elaboración dun mapa conceptual de carácter individual tomado como referencias os documentos Touriñán 2010 e 2011 recollidos da bibliografía básica.
3. Elaboración dunha práctica específica sobre o viedeoforum. Pode ser elaborada en pequeno grupo (máximo 3 compoñentes).
As tarefas entregaranse a través da Aula Virtual da materia
A docencia expositiva e interactiva será en xeral presencial con certas medidas de protección correspondendo ao Escenario 1: Normalidade adaptada. Se impartirá nun aula que permita o distanciamento adecuado. Cabo indicar que, en función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia semipresencial (Escenario 2) e telemática ou online (Escenario 3).
Plan de Continxencia, curso académico 2021-2022
Indicamos os criterios para a programación e o desenvolvemento do curso académico 2020-21 na USC, tendo en conta a situación xerada pola presencia da COVID-19 e as disposicións das autoridades sanitarias. Actuacións recollidas nos seguintes documentos:
1. Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-21, acordadas polo Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020.
2. Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-21,publicadas o 27 de xuño de 2020.
3. Resolución reitoral pola que se dispoñen medidas fronte á COVID-19 para o inicio do curso 2020-21, publicada o 2 de setembro de 2020.
4. Instrución 5/2020 da Secretaría Xeral pola que se establecen medidas para un uso seguro dos medios telemáticos na docencia, a avaliación e o funcionamento dos órganos colexiados no curso 2020-21, publicada o 17 de setembro de 2020.
5. Acordo sobre a adaptación da organización e avaliación das prácticas académicas externas na USC para o curso 2020-21, adoptado polo Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020.
6. Guía para a realización de probas telemáticas. Curso 2020-21, publicada o 4 de decembro de 2020.
7. Instrución da Secretaría Xeral 7/2020 sobre cambio nas datas de realización de exames por incidencia da COVID-19, publicada o 10 de decembro de 2020.
8. Resolución reitoral pola que se autoriza a defensa ante o titor ou titora dos traballos de fin de grao no curso 20-21, publicada o 19 de xaneiro de 2021.
9. Instrución da Xerencia de 27 de xaneiro de 2021 pola que se dispoñen medidas para a aplicación da orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
10. Instrución III/2021 da Xerencia de 16 de febreiro de 2021 pola que se dispoñen medidas para a aplicación da orde do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e modificación das medidas de prevención específicas previstas na orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
11. Guía de actuacións fronte ao coronavirus (COVID-19) para os centros e persoal da USC con traballo presencial, en actualización continuada, sendo a última edición a nº 32, publicada o 16 de abril de 2021.
Segundo estes documentos e dada a imposibilidade de predicir a situación sanitaria na que nos encontraremos ao inicio do curso, 2021-2022 é necesario adoptar medidas que permitan un desenvolvemento seguro da docencia, incorporando esa información na programación das materias a impartir na Universidade de Santiago de Compostela tanto nas titulacións de Grao e Máster.
Como norma xeral, debe considerarse al respecto o carácter presencial da docencia na USC, xunto coa necesaria flexibilidade para a adaptación da actividade universitaria aos diversos escenarios, así como á consideración das diferenzas entre as facultades e as titulacións que se imparten nos seus campus.
Escenario 1. Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física). Totalidade da docencia presencial tendo en conta as medidas de autoprotección de seguridade establecidas. Mantense o programa da materia, coas adaptacións pertinentes.
a) Presentación da asignatura e explicación do programa. Presencial.
b) Asistencia e participación na aula de clases.
c) Clases expositivas: presentación, explicación de temas. Contido Expositivo Docencia presencial. Todo dispoñible no Campus Virtual é responsabilidade do alumnado ir mirando os temas. A docencia expositiva será presencial. De xeito excepcional, co fin de facilitar a compatibilidade coas actividades discentes e a mellora gradual das competencias dixitais do profesorado e o alumnado, a docencia presencial poderase combinar coa docencia virtual ata un máximo do 10% das horas totais da materia.
d) Clases interactivas: A docencia interactiva será presencial. Actividades prácticas -individuais y/o grupais- dentro e fóra do aula por ser materia semipresencial. Valoración dun 30 %
e) Tutorías individuais e/ou Grupais de traballo de curso presenciais no despacho.
f) Avaliación Modular Continua e Sumativa. Traballo de modulo V (70%) e Traballo da materia (30%) e Outras actividades formativas 10%.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física). A docencia será mixta combinando presencialidade e non presencialidade con docencia síncrona e asíncrona procurando, na medida do posible, reforzar o contacto entre profesorado e alumnado, fomentar a continuidade e seguimento do proceso, e garantir a equidade da presencialidade na formación de todo o alumnado.
a) Presentación da asignatura e explicación do programa. Presencial e/ou virtual.
b) Asistencia e participación na aula de clases. Presencial e/ou virtual
c) Clases expositivas: A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual, neste último caso con preferencia polos mecanismos síncronos. Os centros definirán a distribución da docencia presencial e virtual para cada titulación.
Presentación, explicación de temas. Contido Expositivo. Docencia presencial e/ou virtual. Todo dispoñible no Campus Virtual é responsabilidade do alumnado ir mirando os temas. Subiranse as presentacións expositivas e outros materiais complementarios. Material que pode empregarse para as actividades propostas. Docencia expositiva presencial e virtual a través de videoconferencia habilitada pola Facultade de Ciencias da Educación co sistema lifesize, creación dun equipo Microsoft Teams e/ou Skype.
d) Clases interactivas: Garantirase o máximo grao de presencialidade físic a, dándolle preferencia á docencia interactiva. Na docencia interactiva, poderase combinar a presencialidade física e telemática, en todo caso garantindo para a primeira un mínimo do 50% das horas prácticas de cada materia. Actividades prácticas -individuais y/o grupais- dentro e fóra da aula por ser materia semipresencial. Valoración dun 30 %. Realización, seguimento e avaliación a través titorías presenciais e virtuales no Campus Virtual, correo electrónico, a través de videoconferencia habilitada pola Facultade de Ciencias da Educación co sistema lifesize, creación dun equipo Microsoft Teams e/ou Skype.
e) Titorías individuais e/ou grupais de traballo de curso: Deberase priorizar a programación de titorías (incluídas as do TFM) por vía telemática.
Presenciais nos despachos ou virtuais a través do Campus Virtual, correo electrónico, videoconferencia habilitada pola Facultade de Ciencias da Educación co sistema lifesize, equipo Microsoft Teams e/ou Skype.
f) Avaliación Modular Continua e Sumativa. Traballo de modulo V (70%) e Traballo da materia (30%) e Outras actividades formativas 10%.
Escenario 3: Peche das instalacións. A totalidade a docencia será non presencial respectando os horarios establecidos para as materias. Realizarase un mínimo de docencia non presencial síncrona do 50%. O profesorado ao comezo do paso ao escenario 3, determinará e publicará, na e-aula virtual, as sesións que se levaran a cabo de forma síncrona e informará dos medios dixitais a través dos cales desenvolveranse as sesións.
a) Presentación da asignatura e explicación do programa. Virtual.
b) Asistencia e participación na aula de clases. Virtual
c) Clases expositivas: Docencia expositiva virtual. Presentación, explicación de temas. Contido Expositivo. Docencia virtual. Todo dispoñible no Campus Virtual é responsabilidade do alumnado ir mirando os temas. Subiranse as presentacións expositivas e outros materiais complementarios. Material que pode empregarse para as actividades propostas. Docencia expositiva virtual a través de videoconferencia habilitada pola Facultade de Ciencias da Educación co sistema lifesize, creación dun equipo Microsoft Teams e/ou Skype.
d) Clases interactivas: Docencia interactiva virtual. Actividades prácticas -individuais y/o grupais- fóra da aula. Valoración dun 30 %. Realización, seguimento e avaliación a través titorías virtuales no Campus Virtual, correo electrónico, videoconferencia habilitada pola Facultade de Ciencias da Educación co sistema lifesize, creación dun equipo Microsoft Teams e/ou Skype.
e) Titorías individuais e/ou grupais de traballo de curso virtuales a través do Campus Virtual, correo electrónico, videoconferencia habilitada pola Facultade de Ciencias da Educación co sistema lifesize, equipo Microsoft Teams e/ou Skype.
f) Avaliación Modular Continua e Sumativa. Traballo de modulo V (70%) e Traballo da materia (30%) e Outras actividades formativas 10%.
Tarefas para os 3 escenarios:
Inicialmente as cualificacións dos estudantes baseábanse na avaliación continua do seu rendemento académico e nos resultados que obteñan na realización das actividades académicas: O proceso de avaliación por módulos para o curso 2020-2021 articúlase do seguinte xeito:
O traballo de Módulo V significará un 70 % (Máximo) segundo as directrices pertinentes e o 30% virá determinado polo el equipo docente e o traballo que programa dentro e fóra da aula ao ser unha materia semipresencial.
Sección 1. A Pedagoxía mesoaxiolóxica como instrumento de educación estética e afectiva: dende a educación da sensibilidade á educación dos sentimentos (10%):
1. Estudar o contido a través dos materiais dispoñibles no campus virtual
2. Elaborar de forma individual un mapa conceptual do “Texto 1” (co apoio da Tese central): TOURIÑÁN, J. M. (2010). Introducción. En, Artes y educación. Fundamentos de pedagogía mesoaxiológica. A Coruña: Netbiblo.
Sección 2: Educación, cine, emociones y afectividade: Dende la educación da sensibilidade á educación dos sentimentos (20%):
1. Estudar o contido a través dos materiais dispoñibles no campus virtual
2. Realizar a práctica do cinefórum asociada a unha película (Pode realizarse individual ou grupalmente ata 3 estudantes).
A asistencia é condición necesaria para poder executar o proceso de avaliación da materia.
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas. Por elo, contémplanse dous supostos na avaliación da materia:
a) Avaliación por materia. Neste caso a parte práctica suporá o 40% da cualificación e a parte teórica que será avaliada por unha proba final o 60%.
b) Avaliación por módulo. O 30% da cualificación correspóndese coa parte práctica e o 70% co traballo de módulo.
As tarefas a realizar polo alumado na parte práctica da materia son as seguintes:
- Elaboración dun mapa conceptual
- Elaboración dunha práctica específica sobre o videoforum
O alumnado que non poda acollerse á avaliación de módulo deberá realizar unha proba de carácter teórico na data sinalada polo calendario de exames do máster.
Plan de Continxencia para o curso académico 2021-2022
O escenario 1. Normalidade adaptada: Mantén o sistema de avaliación presente no programa; pero cabo dicir que, en función da evolución da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptala a escenarios de docencia semipresencial (escenario 2) e telemática ou online (escenario 3).
Clases expositivas 9 horas
Clases interactivas 12 horas
Titorías obrigatorias e avaliación 5 horas
Traballo autónomo do alumnado: 51 horas
Horas totais de dedicación á materia por parte de cada alumna/o: 75
O obxectivo xeral do máster “Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario” é adquirir unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese doutoral. Os contidos do mesmo relaciónanse coas liñas de investigación que veñen desenvolvendo os grupos de investigación da área de Teoría e Historia da Educación. Para elo establécense seis módulos:
1.- Metodoloxía de Investigación e Intervención en Realidades e Procesos Socioeducativos
2.- As Políticas Educativas e Culturais nos Procesos de Desenvolvemento
3.- Educación para a Cidadanía e Diversidade Cultural
4.- A Educación no Desenvolvemento Comunitario Local, Enfoques Teóricos, Iniciativas e Experiencias Prácticas
5.- Problemas Emerxentes e Alternativas Educativas-Sociais nas Comunidades nun Mundo Globalizado
6.- Traballo de Investigación Tutelado (TIT)
A materia “Educación, emocións e afectividade” (3 ECTS) pertence ao Módulo V que comprende, ademais as materias:
•Xénero e Educación Social (3 ECTS)
•A conciliación dos tempos educativos e sociais (3 ECTS)
•Persoas maiores, memoria comunitaria e patrimonio educativo (3 ECTS)
•A relación da Institución Libre de Ensino (ILE) cos movementos pedagóxicos europeos (3 ECTS)
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a asistencia regular e a participación nas sesións expositivas e interactivas. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require do estudo, que como tarefa persoal precede e sucede ao labor na aula, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario.
Será indispensable manter comunicación periódica coas profesoras da materia nos horarios de titorías estipulados, para a resolución das dúbidas que podan suscitar o proceso de estudo e a elaboración das tarefas encomendadas.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)
(http://www.usc.é/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasist…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía máis participativa. Cabe recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Nos casos contemplados na normativa, o alumnado poderá solicitar Exención oficial de Docencia ou Dispensa. Máis información dispoñible en https://www.usc.gal/gl/centros/cc_educacion/xestions.html
Ao longo da materia entregaranse as directrices específicas de cada tarefa.
Este Programa está sometido ás disposicións legais vixentes e aos acordos axustados a dereito que sobre normas de disciplina académica establezan os órganos de goberno da universidade de Santiago de Compostela.
As especificacións sobre a elaboración do traballo do módulo V serán comunicadas pola coordinación do máster.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)
(http://www.usc.é/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasist…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da asignatura, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabo recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Nos casos contemplados na normativa dá Facultade, vos/as alumnos/as poderán solicitar Exención oficial de Docencia ou a Dispensa a clase.
- A necesidade de atender ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre dispénsaa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. http://www.usc.é/é/goberno/secxeral/instrucions.html
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a Exención Oficial de Docencia. O procedemento a seguir co alumnado que solicite e ten EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA e/ou DISPENSA A CLASE (Instrución 1/2017) As situacións son tres: 1. Exención de docencia ás clases expositivas, 2. Exención de docencia a todas as sesións si así se determina, 3. Dispensa de asistencia (todas as sesións) .
Plan de Continxencia para o curso académico 2021-2022
Ante o escenario 1. Normalidade adaptada a situación 1 de exención de docencia ás clases expositivas obriga a acudir ás interactivas traballando en grupo ou individualmente segundo o caso. Nas situacións 2 Exención de docencia a todas as sesións si así se determina e 3. Dispensa de asistencia (todas as sesións) será un plan de titorización (presencial e/ou virtual a través de medios online: Campus virtual da USC, Microsoft Teams, Skype) e avaliación personalizada realizando individualmente as tarefas especificadas no programa.
Si a situación de urxencia obríganos a evolucionar ao Escenario 2. Distanciamento ou Escenario 3. Peche das instalacións nos tres casos procederase a seguir un plan de titorización (virtual a través de medios online: Campus virtual da USC, Microsoft Teams, Skype) e avaliación personalizada realizando individualmente as tarefas especificadas no programa.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade aforro de tinta.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de Xénero no ámbito universitario, recoméndase facer un uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián do aula como en vos traballos académicos encomendados. Pódese obter información respecto diso no enlace: http://www.usc.é/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/linguax…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NO AULA
"Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por o/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo".
OUTRAS RECOMENDACIONES
- A necesidade de que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.é) na súa comunicación co profesorado.
- O alumnado poderá solicitar cambio de grupo nas asignaturas nas que exista máis dunha sesión de clases interactivas. A información sobre as Xestión do cambio de grupo atópase na Páxina Web da Facultade de Ciencias da Educación no seguinte enlace ? http://www.usc.é/gl/centros/cc_educacion/grupo.html
- Respecto de a normativa de protección de datos. De acceso no seguinte enlace ? https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
- Obrigatoriedade de empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola facultade e autorizadas como institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
- Ter en conta que o proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases e titorías) é un proceso privado, enténdese por privado un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PLAN DE CONTINGENCIA, PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022
Adaptación ás directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura.
METODOLOXÍA: A metodoloxía que se expón aplicaríase no caso dos escenarios 1 e 2.
No escenario 2, poderíanse impartir as clases expositivas e interactivas en grupos pequenos de forma presencial e virtual a través das diferentes plataformas que ten habilitadas a universidade (videoconferencia habilitada pola Facultade de Ciencias da Educación co sistema lifesize, Teams, Campus Virtual, Zoom, Skype, etc.). Neste escenario as titorías poderían ser tanto presenciais como virtuales.
No escenario 3, a docencia desenvolverase de xeito virtual, facendo uso das ferramentas dispoñibles (videoconferencia habilitada pola Facultade de Ciencias da Educación co sistema lifesize, Teams, Campus Virtual, Zoom, Skype, etc.) e realizando un seguimento continuado do traballo do alumnado. As titorías serán de carácter virtual. As actividades deseñadas desenvolveranse de xeito virtual síncrona.
AVALIACIÓN: Modular: O traballo de Módulo V significará un 70 % (Máximo) segundo as directrices pertinentes e o 30% virá determinado polo el equipo docente e o traballo que programa dentro e fóra da aula ao ser unha materia semipresencial.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022
- METODOLOXÍA:
A metodoloxía exposta aplicarase no caso dos escenarios 1 e 2.
Ademais, no escenario 2, adaptaranse as ratios aos aforos das aulas e poderase apoiar a docencia e as titorías con medios virtuais (Teams e Campus Virtual), segundo as directrices que estableza a Facultade.
No escenario 3, a docencia desenvolverase de maneira virtual, facendo uso das ferramentas dispoñibles (Teams e Campus Virtual) e facendo seguimento das tarefas. Complementarase o material dispoñible na Aula Virtual. No caso do alumnado que non se acolla á aval iación por módulo, o exame ou proba final desenvolveríase de maneira virtual.
- AVALIACIÓN:
Tanto nos escenarios 1, 2 e 3 seguiríase mantendo o proposto neste programa, tanto si é unha avaliación por módulo como de materia individual.
No escenario 3 a proba de avaliación será elaborada virtualmente a través da Aula Virtual.
María Del Carmen Gutierrez Moar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813887
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Silvana Longueira Matos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813771
- Correo electrónico
- silvana.longueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:30-20:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.05.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12.07.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |