Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia oriéntase á pregunta que aporta a educación á sociedade. Desde o punto de vista da función, a educación aporta desenrolo formativo da condición humana individual, social, histórica e de especie, e iso implica desenrolo cívico, que, de acordo co sentido cultural e territorial da educación, identifícase como desenrolo cívico da diversidade, como formación para a convivencia cidadán dende a perspectiva dos dereitos de terceira e cuarta xeración.
Podemos racionalizar criterios para toma de decisións nesta cuestión da convivencia cidadán pacífica planetaria razoando sobre o carácter e o sentido da educación, a relación educativa, a convivencia cualificada e especificada e a converxencia de identidade, diversidade e territorialidade. Non só a sociedade civil é un axente moral dentro da relación sociedade-poder-lexitimación, senón que a sociedade civil ten que estar formada para cumprir o seu cometido; o desenvolvemento cívico é un obxectivo da formación e compoñente da orientación formativa temporal de cada comunidade.
O obxectivo xeral do máster EDUCACIÓN, DIVERSIDAD CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO é adquirir unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover o seu iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese doctoral.
OBXECTIVOS XERAIS DE MÓDULO RELACIONADOS COA MATERIA
Analizar as estreitas relacións existentes entre educación, democracia e cidadanía na época contemporánea.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
• Analizar as chaves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construción da cidadanía.
• Estar en condicións de formular indicadores de calidade e equidad nas políticas de cidadanía e integración, a nivel xeral e local.
OBXECTIVOS DERIVADOS DA MATERIA
• Definir e analizar principios de determinación do concepto de educación en valores
• Coñecer os fundamentos teóricos do carácter e o sentido da educación en relación coas dimensións xerais de intervención, as áreas de experiencia e as formas de expresión
• Analizar as chaves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construción da cidadanía.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA
• Ser capaz de seleccionar textos idóneos en relación coa educación para a cidadanía en perspectiva intercultural
• Coñecer e comprender enfoques teóricos achega da conexión entre educación intercultural e educación para a cidadanía, desde o sentido da educación
Desenvolver coñecementos e destrezas que capacitan para o uso e a construción de experiencia axiológica respecto da formación cívica.
1. O desenvolvemento cívico como coñecemento pedagóxico: cualificación, especificación e sentido de responsabilidade compartida e derivada no desenvolvemento cívico. Transformar a información en coñecemento e o coñecemento en educación para o desenvolvemento cívico.
2. A educación en valores: o permanente e o cambiante. Carácter e sentido da educación como base do seu significado.
3. Posibilidade e necesidade da educación en valores. Elixir, comprometerse, decidir e realizar (integración afectiva, cognitiva e creativa) o valor.
4. A sociedade civil como axente moral e o desenvolvemento cívico como obxectivo: a actitude intercultural como exercicio de educación en valores e cualificación do significado de educación.
5. A relación educativa: convivencia, conflito e mediación. O reto da liberdade comprometida cos principios de educación, que fundamentan as finalidades.
6. Conclusión: A converxencia de identidade, diversidade e territorialidade. Dos dereitos de terceira xeración aos dereitos de cuarta xeración (do desenvolvemento cívico ao desenvolvemento dos pobos).
Morín, E. y otros (2002) Desafíos de la mundialización. Cuadernos de la Fundación M. Botín (2) Observatorio de análisis y tendencias. Santander.
Olveira Olveira, Mª E. (1999): A familia como transmisora da identidade de orixe: A emigración española a Francia. Santiago de Compostela: Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.
Olveira Olveira, Mª E. (2000): Interculturalismo en Europa: El referente de las segundas generaciones españolas en Francia. Revista Española de Pedagogía, 216, 341-357.
Olveira Olveira, Mª E. y otros (2003): Emigración, interculturalismo y legitimación cultural. Las Sociedades Gallegas en el Exterior. Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación, (8), 9-20.
Pérez Díaz, V. (1997) La esfera pública y la sociedad civil. Madrid, Taurus.
Reboul, O. (1972). ¿Transformar la sociedad? ¿Transformar la educación? Madrid, Narcea.
Touriñán, J. M. (2016). La relación educativa es un concepto con significado propio vinculado al carácter de la educación. En Pedagogía mesoaxiológica y concepto de educación. Santiago: Andavira, 2ª ed., Cap. 2, pp. 79-131. (DOCUMENTO DE CONCEPTO).
Touriñán, J. M. (2016). La educación intercultural es cualificación del significado de educación vinculada al sentido de la educación. En Pedagogía mesoaxiológica y concepto de educación. Santiago: Andavira, 2ª ed., Cap. 3, pp. 133-173. (DOCUMENTO DE CONCEPTO).
Touriñán, J. M. (2016). La educación para el desarrollo de los pueblos. Un escalón de la educación para la convivencia ciudadana planetaria y una orientación formativa temporal, necesaria. En Pedagogía mesoaxiológica y concepto de educación. Santiago: Andavira, 2ª ed., Cap 5, pp. 209-245. (DOCUMENTO DE CONCEPTO).
Touriñán, J. M. (2017). Procesos de educación no formal y museísmo pedagógico: construyendo el ámbito de educación ‘museo’. En A. SHIGUNOV; I. FORTUNATO y J. M. TOURIÑÁN (Coords.). Educação não formal e museus: aspectos históricos, tendências e perspectivas. São Paulo: Edições Hipótese, pp. 64-112. Libro completo disponible en PDF en la web http://dondestalaeducacion.com/documentos/textos.html. (DOCUMENTO DE CONCEPTO).
Touriñán, J. M. (2018). Concepto de educación y construcción de ámbitos: la perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía. En J. M. TOURIÑÁN y S. LONGUEIRA (Coords.), La construcción de ámbitos de educación. Pedagogía general y aplicada. Santiago de Compostela: Andavira, pp. 19-124. (DOCUMENTO DE APOYO A LA EXPLICACIÓN EN CLASE).
Touriñán, J. M. (Dir.) (2012). Desarrollo cívico, sentido intercultural de la educación y convivencia cualificada y especificada. A Coruña: Netbiblo, Cap 1, epígs. 2-3-4-5-10-11. Libro completo disponible en PDF en la web http://dondestalaeducacion.com (Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
Touriñán, J. M. (2014). Dónde está la educación. Actividad común interna y elementos estructurales de la intervención. A Coruña: Netbiblo. Cap. 7, epíg. 2 y Cap. 8, epígs. 6 y 7: Educar con valores es una competencia profesional y educar en valores es una materia escolar. Edición agotada; disponible en PDF en la web http://dondestalaeducacion.com (también puede consultar el mismo contenido en J. M. Touriñán, 2016, Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención; Santiago de Compostela: Andavira, Cap. 7, epíg. 2 y Cap. 8, epígs. 6-7: Educar con valores una competencia profesional insoslayable e irrenunciable). (Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
Touriñán, J. M. (2018). Síntesis del contenido del vídeo 1 sobre perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía (La perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía 1: conocimiento de la educación y concepto de educación). Sesiones docentes correspondientes al Curso de Pedagogías Alternativas, Cali: Redipe, 2018. http://dondestalaeducacion.com/documentos/textos.html
(Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
Touriñán, J. M. (2018). Síntesis del contenido del vídeo 2 sobre perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía (La perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía 2: construir el ámbito de educación, hacer el diseño educativo y generar intervención). Sesiones docentes correspondientes al Curso de Pedagogías Alternativas, Cali: Redipe, 2018. http://dondestalaeducacion.com/documentos/textos.html
(Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
Touriñán, J. M. (2019). Saber para construir ámbitos de educación, valorando educativamente cada medio utilizado, es Pedagogía. En SI(e)TE (2019). Saber para hacer en educación. Santiago de Compostela: Andavira, capítulo 7. (Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
Sauca, J. Mª y Wences, Mª I. (Eds.) (2007). Lecturas de la sociedad civil. Un mapa contemporáneo de sus teorías. Madrid: Trotta. (Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
UNESCO (1997) Nuestra diversidad creativa. Informe de la comisión mundial de cultura y desarrollo. París. Unesco.
Pódense consultare documentos relacionados cos temas na web individual de la Usc: http://webspersoais.usc.es/persoais/josemanuel.tourinan/ e tamén https://www.youtube.com/channel/UCzbNAzwFApNMViix5_HDz0w
Hai desenrolos conceptuais específicos na web personal: http://dondestalaeducacion.com
Tamén nos libros que se referencian de seguido:
Touriñán, J. M. (2017). Mentalidad pedagógica y diseño educativo. De la Pedagogía general a las pedagogías aplicadas en la función de educar. Santiago de Compostela: Andavira.
Touriñán, J. M. (2016). Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención pedagógica. A Coruña: Bello y Martínez.
Touriñán, J. M. (2021). Pedagogía, de las artes. La perspectiva mesoaxiológica. Santiago de Compostela: Andavira.
COMPETENCIAS A LAS QUE CONTRIBUYE LA MATERIA
1. Identificar competencias sociais e interculturais en perspectiva local e global.
2. Avaliar programas de educación intercultural e de educación para a cidadanía.
3. Avaliar a consistencia dun programa de implementación dirixido á integración de familias inmigrantes.
4. Formular indicadores de calidade e equidade nas políticas de cidadanía e integración, a nivel xeral e local.
5. Identificar as características do sector particular da formación continua de persoas adultas.
6. Usar experiencias axiolóxicas sobre os contextos pedagóxicos tendentes á construción da cidadanía
Seguiranse as directrices xerais de máster. De xeito particular nesta materia realizaranse actividades teóricas e prácticas dentro e fóra do aula virtual. Contémplase a posibilidade de traballos de carácter conceptual e probas de carácter temático. Dado o carácter semipresencial desta materia, contemplaranse as actividades anteriores en relación á súa posibilidade de realización en modalidade de espazo e tempo asíncrono. A asistencia ás sesión presenciais son condición necesaria para poder ser executado o proceso de avaliación na materia.
Cada estudante, ademais da actividade diaria, debe realizar a avaliación por módulo, atendendo ás directrices específicas desa modalidade. Esta materia pertence ao Módulo III e neste caso o traballo non é sobre unha tese ou sobre un artigo susceptible de síntese en forma de mapa conceptual, como corresponde aos Módulos I e II, respectivamente. No Módulo III trátase de facer un traballo de recensión sobre artigos e libros propostos desde a materia. Nesa modalidade a distribución do peso na avaliación entre traballo de avaliación por módulo e actividade diaria en clase será de 70% traballo de módulo e 30% actividade diaria.
Nesta materia, se por algunha razón extraordinaria un estudante puidera optar respecto da avaliación por módulo, se contempla, para ese caso de avaliación extraordinaria, a realización de unha proba teórica escrita y será concretada individualmente si se dese o caso. O estudante, nesta proba escrita,, deberá redactar a súa resposta e organizala en tres partes: estrutura do documento, contido fundamental e conclusións. Nas conclusións a resposta necesariamente permitirá ver que di o documento elixido respecto da teses fundamental da materia e que parte da tese central se desenrola no artigo elixido. O estudante pode preparar e facer o seu resumen na casa e levar o escrito preparado ao exame como documento de consulta para a súa redacción final na aula.
A distribución do peso da cualificación na avaliación extraordinaria (proba teórica escrita) será a mesma que na avaliación por módulo: 30% para a actividade diaria e 70% para a proba teórica. Cada parte debe ser aprobada para o sumatorio final (polo menos 1.5 e 3.5 respectivamente). Si se dera o caso de insuficiencia na materia no resultado final, manteríase a nota de cada parte para a seguinte convocatoria.
Os estudantes deberán realizar como parte da súa actividade diaria interactiva, una actividade en grupo de carácter conceptual na clase, tomando como punto de partida un dos documentos especificados no programa como documentos de concepto, de maneira que os estudantes definan e relacionen 10 conceptos vencellados co título e o contido central do artigo elixido en forma de mapa conceptual. Para esta actividade en grupo de traballo daranse directrices específicas nas sesións presenciais. E estarán dispoñibles por escrito na aula virtual desde comenzó do curso no documento denominado TESE da materia, que especificará o peso do traballo no 60% respecto da nota final correspondiente ao 30% que está estipulado para a actividad diaria e ademáis ampliará a bibliografía de referencia.
Titorías obrigatorias 6 horas
Actividades (traballos, comentarios, etc.) 102 horas
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudio, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudio e de iniciación ás tarefas investigadoras
Calquera circunstancia persoal que puidera alterar o normal seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesorado á maior brevidade. De non facelo non se poderá considerar a súa influencia na avaliación do rendemento académico.
Ao comezo das clases da materia entregaranse as directrices específicas, detallando as posibles actividades así como o soporte documental de base.
Este Programa está sometido ás disposicións legais vixentes e aos acordos axustados a dereito que sobre normas de disciplina académica establezan os órganos de goberno da universidade de Santiago de Compostela.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. Os traballos da materia serán entregados a través da Aula Virtual. No caso de que algunha tarefa sexa solicitada polo profesorado en formato físico (papel impreso), teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
cado_WEB_USC.pdf
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA. Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAN DE CONTINXENCIAS 2021-22:
Este programa está sometido as disposicions vixentes e polo tanto, está condicionado as observacions que se determinen no seu momento debido a restricción de acceso as aulas.
- METODOLOXÍA:
A metodoloxía exposta aplicarase no caso dos escenarios 1 e 2.
Ademais, no escenario 2, adaptaranse as ratios aos aforos das aulas e poderase apoiar a docencia e as titorías con medios virtuais (Teams e Campus Virtual), segundo as directrices que estableza a Facultade.
No escenario 3, a docencia desenvolverase de maneira virtual, facendo uso das ferramentas dispoñibles (Teams e Campus Virtual) e facendo un seguimento continuado do traballo. As titorías serán de carácter virtual. O exame ou proba final desenvolveríanse de maneira virtual e o traballo combinando sesións de seguimento síncronas e traballo asíncrono do alumnado.
- AVALIACIÓN:
No escenario 1 o exame será presencial. No escenario 2 o exame seguirá as recomendacións establecidas polos protocolos aprobados pola Facultade de Ciencias da Educación, podendo realizar as probas finais virtualmente e con carácter síncrono.
No caso do escenario 3, a proba final será síncrona e realizarase a través do Campus Virtual.
Nos tres escenarios o traballo entregarase a través da tarefa habilitada na Aula Virtual da materia no prazo acordado ao inicio do semestre.
-INDICACIÓN REFERIDA AO PLAXIO E AO USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Manuel Touriñan Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813757
- Correo electrónico
- josemanuel.tourinan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Esther Olveira Olveira
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813763
- Correo electrónico
- Mariaesther.olveira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13.01.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |