Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os avances na investigación de programas AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos en Lingua Extranxeira).
- Identificar exemplos prácticos de programas AICLE nas diferentes especialidades impartidas no Mestrado.
- Familiarizarse coa terminoloxía específica de cada unha das especialidades para o desenvolvemento das sesións AICLE.
- Elaborar materiales e recursos AICLE.
- Desenvolver proxectos didácticos AICLE innovadores orientados ao desenrolo da competencia plurilingüe.
- Familiarizar ao alumnado con iniciativas e proxectos de CLIL en Galicia, Europa e Norteamérica.
- AICLE: Introdución. Definición e contexto teórico.
- Aproximacións metodolóxicas en AICLE.
- Materiais e recursos AICLE nas diferentes áreas.
- Planificación docente en AICLE nas diferentes áreas.
- Análise e valoración de prácticas efectivas en AICLE.
Bibliografía básica:
Coyle, D., P. Hood y D. Marsh. Content and Language Integrated Learning CLIL. 2012
Council of Europe. The Common European framework for the Teaching and Learning of Languages. Cambridge: Cambridge University Press, 2001.
Council of Europe. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, teaching, assessment – Companion volume. Strasbourg: Council of Europe Publishing, 2020. [www.coe.int/lang-cefr]
Bibliografía complementaria:
Bentley, K. The TKT Course. CLIL Module. Cambridge University Press, 2012.
Brown, H. D. Principles of Language Learning and Teaching, Prentice Hall Regents, Englewood Cliffs, N. J., 1994.
Dalton-Puffer, C. Discourse in Content and language Integrated Learning (CLIL) classrooms. Amsterdam etc.: Benjamins, 2007.
Ellis, R., The Study of Second Language Acquisition, Oxford University Press, Oxford, 2004.
Eurydice Report. (2006). Content and Language Integrated Learning (CLIL) at school in Europe. European Commission. [http://www.eurydice.org/index.shtml; Aug 2006]
Lightbown, P. M. e Spada, N., How Languages are Learned, Oxford University Press, Oxford, 1993.
Madrid, D. y S. Hughes (eds.), Studies in Bilingual Education. Bern: Peter Lang, 2011.
Lorenzo, F., Trujillo, F.y J.M. Educación bilingüe. Integración de contenidos y segundas lenguas. Madrid: Editorial Síntesis, 2011.
Muñoz, C. (ed.), Segundas lenguas. Adquisición en el aula, Ariel, Barcelona, 2000.
Phillips, S. Young Learners. Oxford: OUP., 1994.
Skehan, P., Individual Differences in Second Language Acquisition, Edward Arnold, Londres, 1989.
Slattery, M. y J. Willis. English for Primary Teachers. A Handbook of Activities and Classroom Language. Oxford: OUP., 2001.
ICT and the Internet provide a rich source of CLIL materials. All these resources can help educate learners in today’s global society.
http://www.teachingenglish.org.uk
http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/teachingenglish
http://www.topenglishteaching.com
http://www.onestopenglish.com/
http://britishcouncil.org/kids.htm
Competencias xerais
B2 - Capacidade para aplicar o coñecemento así adquirido o seu campo profesional, con vistas ao desenvolvemento de argumentos e resolución de problemas.
B4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e coñecementos e razóns últimas que as sustentan ao público especializado e non especializado dun xeito claro e sen ambigüidades.
C2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 - Asumir como profesional e cidadá a grande importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Competencias Específicas
E4 - Desenvolver a competencia lingüística en lingua estranxeira orientada cara a docencia nas áreas específicas.
Competencias transversais
T2 - Coñecemento instrumental das TIC.
T4 - Traballar de forma colaborativa.
T5 - Capacidade de organización e planificación en eidos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T8 - Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidad educativa e coa sociedade en xeral no eido das súas áreas de coñecemento.
Teórico e práctico:
- As clases expositivas estarán adicadas ao desenvolvemento das competencias relacionadas co proceso de ensino-aprendizaxe dunha lingua extranxeira nas Educación primaria.
- Tarefas prácticas:
Exposicións por parte do alumnado.
Debates.
Traballos escritos.
Elaboración, desenvolvemento e presentación na clase dunha ‘lesson plan’ a entregar ao fin do semestre o un proxecto de investigación ou de integración CLIL.
- Titorías.
Esta metodoloxía será de aplicación no "Escenario 1". En caso de cambio de escenario, a metodoloxía será modificada según se indica na sección "Observacións: Plan de Continxencia".
Examen/Proxecto final: 70% da calificación final.
Participación e Tarefas encomendadas: 30% da calificación final.
Convocatoria extraordinaria de xullo: as tarefas preparadas durante o semestre contarán de novo un 30% da nota final. O alumnado que no preparou estas tarefas durante o curso perderá a porcentaxe que lle corresponde da nota final.
O alumnado dispensado da asistencia e repetidor será avaliado cun examen cuxa nota constituirá o 100% da calificación final.
Este sistema de avaliación será de aplicación no "Escenario 1". En caso de cambio de escenario, a avaliación será modificada segundo se indica na sección "Observacións: Plan de Continxencia".
Clases expositivas: 18
Traballo individual: 45
Total en horas de traballo individual: 63
Para o bo desenvolvemento do curso, recoméndae que o alumno participe das seguintes actividades e actitudes:
(a) Asistencia activa e participativa.
(b) Lectura da bibliografía recomendada.
(c) Implicación nas actividades prácticas propostas.
(d) Posuir un nivel intermedio-alto ou avanzado de inglés.
1) PLAN DE CONTINXENCIA
1.1 METODOLOXÍA
En caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3 a metodoloxía será adaptada ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de maneira que as actividades docentes que non poidan executarse de modo presencial desenvolveranse de modo virtual recurrindo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC, utillizando actividades orais e/ou escritas de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) e/ou asíncrono (principalmente a través de TEAMS ou Moodle) dependendo do tipo de actividade.
1.2. AVALIACIÓN
Na modalidade de docencia semipresencial (escenario 2) manterase, sempre que sexa posible, o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1. En caso de non ser posible, e, obviamente, no caso do escenario 3, as probas presenciais serán substituídas por probas telemáticas (síncronas e/ou asíncronas, orais e/ou escritas) utilizando as ferramentas institucionais”.
2) RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia compre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
3) PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer un uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse maís información ao respecto na seguinte ligazón: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
4) Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
5) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
6) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por cada docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
7) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
8) Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Fatima Maria Faya Cerqueiro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- fatima.faya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
18.01.2022 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
28.06.2022 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |