Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer os fundamentos básicos da aprendizaxe por proxectos.
2. Valorar a importancia do traballo por proxectos como estratexia de mellora da calidade educativa no ámbito da motricidade e a Educación Física nas etapas de Educación Infantil e Primaria.
3. Analizar a presenza da motricidade e o xogo motor no currículum de Educación Infantil e o de Educación Física en Educación Primaria e valorar as súas posibilidades para aplicar enfoques metodolóxicos baseados na aprendizaxe de proxectos en ambas etapas educativas.
4. Coñecer e analizar críticamente experiencias de aprendizaxe por proxectos a través da motricidade en Educación Infantil e Educación Primaria.
5. Deseñar, xustificar, organizar e avaliar proxectos aplicados ao ámbito da motricidade e a Educación Física nas etapas de Educación Infantil e Primaria
1. Contidos motrices: capacidades físico-motrices, capacidades perceptivo-motrices, capacidades socio-motrices e habilidades motrices básicas.
2. Marco teórico da aprendizaxe por proxectos: marco histórico da aprendizaxe por proxectos, principais impulsores da aprendizaxe por proxectos, fundamentos teóricos básicos, elementos e fases a ter en conta para a aprendizaxe por proxectos, vantaxes e inconvintes de traballar por proxectos.
3. O traballo por proxectos e o currículum de Educación Infantil e de Educación Física en Educación Primaria: análise de ambos currículums e propostas para traballar por proxectos nesta área no ámbito escolar. Currículum integrado e Educación Física.
4. A aprendizaxe por proxectos integrando a motricidade en Educación Infantil e en Educación Física en Educación Primaria: presentación, búsqueda e análise crítica de experiencias de aprendizaxe por proxectos en Educación Física.
5. Deseño de propostas de aprendizaxe por proxectos a través da motricidade en Educación Infantil e en Educación Física en Educación Primaria en contextos escolares e non escolares: deseño e xustificación de propostas de aprendizaxe por proxectos a través de contos motrices en Educación Infantil e en Educación Física en Educación Primaria e para outros contextos non escolares.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Abelairas, C., Barcala, R., & Gil, P. (2016). Didáctica de la educación física en educación infantil. Madrid: Síntesis.
Contreras, O. & Gutiérrez, D. (Coords.) (2017). El aprendizaje basado en proyectos en Educación Física. Barcelona: Inde.
Vergara-Ramírez, J. J., (2015). Aprendo porque quiero. El aprendizaje basado en proyectos (ABP) paso a paso. Madrid: SM.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aranda, P. & Monleón, C. (2016). El Aprendizaje Basado en Proyectos en el área de Educación Física. Cuaderdos de divulgación del COLEFCCAFE-CV, 53-66.
Arias, A., Arias, D., Navaza, M. V., & Rial, M. D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Arias, A. & Rial, M. D. (1995). Traballar por proxectos nas aulas de infantil e primaria. Vigo: Xerais.
García de las Bayonas, M. & Baena-Extremera, A. (2017). Motivación en Educación Física a través de diferentes metodologías didácticas. Profesorado, Revista de currículum y formación del profesorado, 21(1), 387-402.
García-Ruíz, R. (2013). Enseñar y aprender en Educación Infantil a través de proyectos. Santander: Editorial de la Universidad de Cantabria.
González-Arévalo, C. (Coord.) (2014). Una educación física para la vida: Recursos prácticos para un aprendizaje funcional. Barcelona: Inde.
León-Díaz, O., Martínez-Muños, L. F., & Santos-Pastos, M. L. (2018). Análisis de la investigación sobre Aprendizaje Basado en Proyectos en Educación Física. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 21(2), 27-42.
Moya-Mata, I. & Peirats-Chacón, J. (2019). Aprendizaje Basado en Proyectos en Educación Física en primaria: un estudio de revisión. REIDOCREA, 8(2), 115-130.
Monguillot, M., González, C., Zurita, C., Almirall, L., & Guitert, M. (2015). Play the game: gamificación y hábitos saludables en educación física. Revista Apunts ,Educación Física y Deportes, 119, 71-79.
Pacheco, D. I., Canedo, A., Martín, B., Bleye, Y., & Gago, A. (2020). El trabajo por proyectos en el currículo educativo: principios metodológicos que lo fundamentan. International Journal of Developmental and Educational Psychology, 1(2), 197-208.
Peixoto-Pino, L. (2014). Proyecto interdisciplinar “escuela: comunidad olímpica”. Revista Retos, Nuevas Tendencias en Educación Física, Deporte y Recreación, 25, 140-143.
Peixoto-Pino, L., Rico-Díaz, J., & Arufe-Giráldez, V. (2019). Elaboración y aplicación de un proyecto interdisciplinar en las etapas de infantil y primaria sobre prevención de accidentes promovido desde el área de Educación Física. Revista Retos, Nuevas Tendencias en Educación Física, Deporte y Recreación, 35, 250-254.
Ramírez, V. (2017). Diseño e implementación de un programa de actividad física basado en la metodología ABP y su influencia en las competencias y valores del alumnado de sexto de primaria (tesis de doctorado).Universidad de Málaga: Facultad de psicología.
Segovia, Y. & Gutiérrez, D. (2018). Efecto de una unidad didáctica de educación deportiva por proyectos sobre las relaciones sociales y nivel de autonomía. Revista EMÁSF, 51, 89-103.
Competencias Básicas e Xerais
G6 - Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrentarse.
G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
CB6 - Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB8 - Que o estudantado sexa quen de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partires dunha información que, seendo incompleta ou limitada, inclúa reflexiónss sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
CB9 - Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades.
CB10 - Que os estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Transversais
T2 - Capacidade de adaptación a situacións novas.
T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
T4 - Traballar de forma colaborativa.
T5 - Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T8 - Ser capaz de comunicarse con sus compañeros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
Competencias Específicas
E7 - Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación coma á innovación e á avaliación.
E8 - Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E13 - Analizar e valorar críticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación coma na práctica docente, fomentando ol espírito crítico, reflexivo e innovador.
E16 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e aa innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar a ensinanza e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
E18 - Recoñecer aa investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación coma ferramenta continua de innovación e mejora educativa e social.
Exposición do profesor ou sesión maxistral (clases expositivas en gran grupo).
A primeira exposición en gran grupo estará dirixida a escoitar as expectativas, intereses e coñecementos previos do alumnado a través de determinadas actividades iniciais coa intención de axustar, o máis posible, a materia á demanda do grupo.
A utilización da exposición oral vai ir enfocada, xunto coa organización lóxica dos contidos de cada tema, a ofrecer momentos de crítica, de resolución de problemas, de cuestións baseadas en estudos científicos e en prácticas profesionais sobre unha cuestión determinada.
A exposición do docente ordeará o fío condutor da temática que se imparta, incentivando cara á participación e debate (discusión dirixida) do alumnado.
Utilizaranse exemplos de prácticas reais en centros educativos de Educación Infantil e Primaria (e doutros ámbitos) que acerquen os contidos teóricos á realidade das aulas xerando, a partir deles, situacións de debate e resolución de supostos prácticos.
Exposición en clases prácticas (grupos medianos).
Dividirase ao alumnado en grupos medianos que deberán deseñar una proposta teórico- práctica (proba mixta) partindo dos contidos asignados a cada un deles.
Unha vez deseñada deberán expoñela nas sesións interactivas, facendo as funcións de Mestres/as mentres os seus compañeiros/as participan en debates ou coma alumnado de Educación Infantil ou Primaria (presentación oral e aprendizaxe colaborativa).
O docente dirixirá a primeira sesión interactiva para acercarlle ao alumnado as habilidades e ferramentas necesarias para enfrontarse á exposición práctica deseñada por eles mesmos.
Clases en pequeno grupo. Prácticas tuteladas.
As actividades -en pequeno grupo ou individuais- servirán para resolver dúbidas e orientar cara á elaboración e exposición do traballo interactivo, facendo fincapé na importancia de saber buscar, seleccionar e basear o seu traballo en fontes documentais de rigor científico.
• Aprendizaxe colaborativa (participación en debates, clases interactivas…): 10%
• Traballos tutelados (preparación dunha proposta práctica a partires duns contidos asignados polo/a docente): 45%
• Presentación oral (exposición do traballo grupal): 45%
OBSERVACIÓNS: De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta é unha materia de 3 ECTS (75 horas)
Traballo presencial do alumnado: 21 horas
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas
Titorías: 3 horas
Traballo non presencial do alumnado: 51 horas
- Estudo autónomo, individual e en grupo: 12 horas
- Actividades na biblioteca, lecturas recomendadas e procura de fontes bibliográficas ou similares: 10 horas
- Elaboración dun traballo persoal, acorde á metodoloxía de traballo por proxectos estudado nas sesións expositivas e interactivas : 25 horas.
- Preparación da presentación oral do proxecto: 4 horas.
Lectura de textos e apuntamentos previa ás sesións.
Participación activa nas clases, titorías e outras canles complementarias como a virtual.
Cumprir o ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación contínua.
Ás sesión interactivas é imprescindible vir provisto de roupa e calzado deportivo, co pelo recollido (en caso de ter melena) e sen xoias, reloxos ou elementos voluminosos que poidan ser motivo de accidente ou lesión.
Asistencia a clase: o Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES. Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia. Ver tamén a Instrución Nº1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
Control da asistencia: presencial mediante sinatura.
Exención de docencia: o alumnado que teña concedida a exención oficial de docencia deberá poñerse en contacto cos profesores e profesoras da materia á maior brevidade posible. Nalgúns casos, poderase establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do alumno ou alumna, sempre que se respecten e garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da materia. Deberá respectar as datas establecidas para a entrega e exposición de traballos e facer un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual para un desenvolvemento axeitado da mesma, así como a súa superación. A cualificación deste alumnado farase sobre o 90% da nota.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade de aforro de tinta.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
OUTRAS QUE O ALUMNADO DEBE TER PRESENTE:
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
• Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAN DE CONTINXENCIA. ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA E ADAPTACIÓN DO SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE EN FUNCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA DO MOMENTO.
A) METODOLOXÍA.
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física):
• A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. Non obstante, e de xeito excepcional, co fin de facilitar a compatibilidade coas actividades discentes e a mellora gradual das competencias dixitais do profesorado e o alumnado, a docencia presencial poderase combinar coa docencia virtual.
• As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
• O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condición do escenario.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física):
• A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual, neste último caso, con preferencia polos mecanismos síncronos.
• Na docencia interactiva poderase combinar a presencialidade física e telemática, en todo caso, garantindo para a primeira un mínimo do 50% das horas prácticas.
• Garantirase o máximo grao de presencialidade física, dándolle preferencia á docencia interactiva.
• As titorías realizaranse, preferentemente, de xeito virtual.
• Adaptarase a metodoloxía ás condicións do centro e á normativa vixente nese momento. Se fose o caso poderíanse facer as exposicións (tanto por parte do profesorado coma do alumnado) de xeito virtual.
• O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Escenario 3. Peche das instalacións:
• A docencia (expositiva e interactiva) e titorías serán completamente de carácter virtual, con preferencia polos mecanismos síncronos.
• Todas as exposicións por parte do alumnado faranse de xeito virtual.
• O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condición do escenario.
B) SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE EN FUNCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA DO MOMENTO.
Para os tres Escenarios (Normalidade adaptada -sen restricións á presencialidade física, distanciamento e peche das instalacións):
• Aprendizaxe colaborativa (participación en debates, clases interactivas…): 10%
• Traballos tutelados (preparación dunha proposta práctica a partir duns contidos asignados polo docente): 45%
• Presentación oral (exposición do traballo grupal): 45%
OBSERVACIÓNS: De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
Control da asistencia e/ou participación:
• Escenarios 1 e 2: levarase un control de asistencia presencial mediante sinatura.
• Escenario 3: levarase o control do seguimento e participación nos foros e nas diferentes canles establecidas para manter a comunicación entre o grupo e entre este e o profesorado.
José Eugenio Rodríguez Fernández
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812014
- Correo electrónico
- geno.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Lucía Peixoto Pino
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Correo electrónico
- lucia.peixoto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
20:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
26.05.2022 16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
08.07.2022 16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |