Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Transmitirlle ao alumno as técnicas cuantitativas e cualitativas de investigación máis utilizadas no marco do márketing político.
Técnicas cuantitativas: A presentación das técnicas cuantitativas de investigación realizarase en torno a catro eixes temáticos centrados en procesos que se combinan na construción da evidencia empírica: os tipos de deseños da investigación cuantitativa, a selección dos casos, especialmente a través da mostraxe, o deseño dos instrumentos de medición e a recollida de datos.
Técnicas cualitativas: mostraranse os obxectivos, as características, as vantaxes e as limitacións das técnicas cualitativas de investigación para abordar os fenómenos sociais que suceden en escenarios naturais cun enfoque sensible ao contexto e orientado a obter un coñecemento deles caracterizado pola proximidade a axentes e escenarios, o detalle e a profundidade descritivos e o potencial analítico para responder ás preguntas sobre o porque e o como de tales fenómenos.
1.Técnicas cuantitativas:
1.1. Análise de resultados electorais: as dimensións do voto.
1.2. A enquisa: tipoloxía.
1.3. Elaboración de cuestionarios: tipos de variables, escalas.
1.4. Tipos e técnicas de mostraxe.
1.5. Análise descritivo.
1.6. Análise bivariante.
1.7. Análise multivariante.
1.8. Interpretación de resultados.
2.Técnicas cualitativas:
2.1. A entrevista en profundidade.
2.2. O grupo de discusión.
2.3. O análise de discurso.
Ander-Egg, E. “Métodos y técnicas de investigación social”. Lumen, Buenos Aires, 2001.
Azofra, MJ. “Cuestionarios”, CIS, Madrid, 2002.
Cea D’ancona, M.A. “Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social”. Síntesis, Madrid, 1996.
Conde Gutiérrez del Alamo, F. “Análisis sociológico del sistema de discursos”, CIS, Madrid, 2009.
Filgueira López, E. “Análisis de datos con SPSSWIN”. Alianza, Madrid, 2001.
García Ferrando, M., Ibáñez, J y Alvira, F. “El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación”. Madrid, Alianza Universidad Textos, 1990.
Lévy Mangin, JP & Varela Mallou, J. “Análisis multivariable para las ciencias sociales”. Prentice Hall, Madrid, 2005.
Morgan, DL, et al. “The Focus group kit”, SAGE, California, 1998.
Rodriguez Osuna, J. “Métodos de muestreo”. Cuaderno Metodológico nº1, Madrid, CIS, 1991.
Sánchez Carrión, J.J. “Manual de análisis de datos”. Madrid, Alianza, 1999.
Sierra Bravo, R. “Técnicas de Investigación Social”. Thomson, Madrid, 2003.
Valles, M.S. “Entrevistas cualitativas”. CIS, Madrid, 2002.
CE1 - Capacidade de xestionar o marketing de organizacións complexas e de de desenvolvemento e execucion de campañas de comunicacion especificas no marco dunha planificacion estratexica e integral
CE3 - Capacidade para comprender e coñecer en profundidade as funcións internas e externas da dirección estratexica dunha organizacion complexa, incluidas a xestion e o liderazgo dos equipos multidisciplinares
CE6 - Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos do marketing e da comunicación: empresarial, organizacional, institucional e política.
CE7 - Capacidade para desenvolver investigacións no ámbito do marketing e da comunicacion política.
CE12 - Capacidade para entender e transmitir, dende a óptica da consultoría, as necesidades de institucións, organizacións, do marketing político e da comunicación política, tanto a nivel interno como externo, de forma integral.
CE11 - Capacidade de deseñar e xestionar o marketing e a comunicacion en situacións de crise a nivel estratexico, operativo e táctico
CE15 - Capacidade para desenvolver un estudo avanzado sobre aspectos relevantes do marketing politico e a comunicación estratexica integral, así como defender a metodoloxía e as conclusións alcanzadas ante especialistas neste ámbito disciplinar
CE2 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na toma de decisións e na resolución de conflictos de carácter político en organizacións complexas, e no seguimento dos mesmos, tanto no nivel estratéxico como no operativo ou no táctico.
CE4 - Adquirir habilidades para adpatarse ao traballo nos equipos de marketing, comunicación e consultoría políticas, integrados por persoas de diversas disciplinas e/ou lideralos.
CE5 - Capacidade para utilizar as tecnoloxías máis avanzadas na xestión da consultoría política orientada aos gobernos e a las campañas no entorno 2.0 dende unha perspectiva estratéxica, así como para deseñar proxectos de marketing viral, interactivo, SEM-SEO, etc...
CE8 - Capacidade para deseñar planes de comunicación ligados á construcción de determinados productos políticos, implementalos e evalualos.
CE9 - Capacidade para a utilización avanzada de técnicas e procesos usados nas diversas fases da xestión do marketing político e da consultoría política en organizacións públicas e privadas.
CE16 - Capacidade para elaborar todo tipo de informes propios do ámbito da consultoría política
CE17 - Capacidade de xestionar as relacións cos clientes do consultor político, tanto no ámbito público como no privado.
CE18 - Capacidade para elaborar presentacións de alto nivel como parte do asesoramiento proporcionado polo consultor político.
Seguindo as directrices das ensinanzas adaptadas ao EEES a metodoloxía de ensino comprende unha serie de clases maxistrais ou expositivas, a realización de exercicios prácticos de laboratorio ou sesións interactivas, e as titorías. Fomentarase o traballo en grupo e a participación na clase.
- O sistema de avaliación de esta materia combina tres aspectos fundamentais contemplados nos plans de ensinanza adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior:
- A asistencia, participación e realización dos traballos que se propoñan nos seminarios, tanto individuais como grupais.
- Os alumnos terán que realizar un traballo cuxo contido se especificará e no que tenrán que aplicar as técnicas aprendidas e que servirá para calificar a asignatura.
Segundo consta na memoria do Master en Master en Márketing, Consultoría e Comunicación Política, os alumnos ademais das diferentes clases e titorías, deberán adicar unha media de 50 horas ao estudo, 25 para a preparación dos traballos e exposicións, 25 horas para a realización de traballos individuais.
Plan de continxencia
De cara aos posibles escenarios na nova normalidade do próximo curso académico 2020-2021, quero facer constar no apartado de Observacións as seguintes cuestións:
- Contidos: inicialmente non se prevé a modificación dos contidos, que se manterán tanto na previsión do Escenario 2 como do Escenario 3 e que serán axustados segundo a forma de docencia que se concrete en cada unha das devanditas situacións.
- Bibliografía: de producirse un novo confinamento, a bibliografía complementaria será facilitada polos docentes a través da aula Virtual.
- Metodoloxía de ensino: esta será reaxustada no seu momento, segundo a previsión de dispoñibilidade de aulas que estableza a Facultade para cada escenario. Aínda que e de maneira xenérica complementaranse no Escenario 2 as clases presenciais coa subida de material que permita tanto o seguimento dos contidos teóricos como prácticos da materia. No Escenario 3 complementarase a realización de clases telemáticas síncronas ou asíncronas, segundo o volume de alumnos matriculados, coa incorporación na aula Virtual de material que permita o seguimento dos contidos teórico-prácticos da materia.
- Sistema de avaliación: de maneira xenérica, tanto no Escenario 2 como no Escenario 3, fomentarase o sistema de avaliación continua, e en consecuencia, a entrega periódica de traballos que permitan o seu seguimento.
Maria Pereira Lopez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- maria.pereira.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Erika Jaraiz Gulias
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815177
- Correo electrónico
- erika.jaraiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Informática 1 |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Informática 1 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Informática 1 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Informática 1 |
11.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula de Informática 1 |
11.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula de Informática 1 |
21.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula de Informática 1 |
21.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Seminario 0.1 |