Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
— Analizar o papel, tarefas e competencias profesionais do formador/a e coñecer diferentes modalidades de formación de formadores/as.
— Coñecer e valorar proxectos de formación de formadores/as e profesionais de axuda
— Saber delimitar as características e pautas básicas para a aplicación do modelo sistémico á formación de formadores/as e profesionais de axuda.
1. As profesións de axuda. Políticas e prácticas de formación e profesionalización.
2. Perfil profesional dos/as formadores/as e os profesionais de axuda.
2.1. Procesos formativos de construción da identidade profesional e de desenvolvemento de competencias.
2.2. Programas e comportamentos de desenvolvemento profesional dos formadores/as. Boas prácticas de formación.
3. A formación desde o modelo sistémico.
3.1. Principios, pautas e procesos
3.2. A formación teórica.
3.3. A formación profesional.
Bibliografía Básica:
Álvarez Núñez, Q. (2017). Pedagogía Sistémica e Interculturalidad: claves para construír un aula inclusiva. Revista Lusófona de Educaçao, 37, 165 - 179
Del Pozo, P. (2009). Formación de Formadores (2 ª ed). Pirámide
Real Decreto 1697/2011, de 18 de novembro, polo que se establecen cinco certificados de profesionalidade da familia profesional Servicios socioculturais e a comunidade que se inclúen nol Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade. Boletín Oficial del Estado, 309, de 24 de decembro de 2011, 141437-141469. https://www.boe.es/boe/dias/2011/12/24/pdfs/BOE-A-2011-20102.pdf.
Valcarce, M. (2016). O/A formador/a, unha ocupación de axuda, determinante na vulnerabilidade laboral. En M. Valcarce y A. F. Rial (edit.), Vulnerabilidade, Formación para o traballo, orientación e comunidade na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (pp. 289-313) Santiago de Compostela: Servizo de Publicación e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
Bibliografía complementaria:
Aguayo, C. (2007). Profesión y profesionalización: hacia una perspectiva ética de las competencias en trabajo social. Revista Tendencia y Retos, 12, 107-117. http://www.ts.ucr.ac.cr/binarios/revistas/co/rev-co-tendencias-0012-07…
Álvarez Núñez, Q. (2012). La teoría de sistemas y las organizaciones educativas: el camino del orden. En Ll. Ballester y A. J. Colom (eds.) Intervención sistémica en familias y organizaciones socioeducativas (pp. 159-204). Octaedro.
Álvarez Núñez, Q. (2013). La pedagogía sistémica: una educación basada en el equilibrio, el orden y la vinculación. RELADEI Revista Latianoamericana de Educación Infantil, 2(3), 71-98.
Booth, T., Ainscow, M., Black-Hawkins, K., Vaughan, M. e Shaw, L. (2002). Índice de inclusión. Desarrollando el aprendizaje y la participación en las escuelas. Obra traducida por Ana Luisa López. UNESCO. Recuperado de https://bit.ly/3wgyVvR
Cordero, M. (Coord.) (2007). Aula de Pedagogía Sistémica. Aula de Innovación Educativa, 158, 8-38.
Fernández Cruz, M. (2006). Desarrollo profesional docente. Grupo Editorial Universitario.
Fernández Pérez, J. (2001). Elementos que consolidan al concepto de profesión. Notas para s u reflexión. Revis ta electrónica de investigación educativa, 3 (1), 2 4-39.
Ferrer-Sama, P. (2009). La acreditación de los profesionales de la orientación. En L. M. Sobrado y A. Cortés (Coords.), Orientación Profesional. Biblioteca Nueva.
Franke-Griksch, M. (2004). Eres uno de nosotros. Miradas y soluciones sistémicas para docentes, alumnos y padres. Alma Lepik editorial
Irarreta, A. (2008). Formación de formadores después de Bolonia. Díaz de Santos.
Jover, G. e Ruiz, M. (2013). El código deontológico de la profesión docente: evolución y posibilidades. Edetania, 43, 114-131.
López Franco, I. (2010). La inclusión, un nuevo reto para la educación. Educación y Futuro, 23, 51-61.
López Yáñez, J. (2005). La Ecología Social de la Organización. Una perspectiva educativa. La Muralla
Navío, A. (2007): El resultado de los programas de formación de formadores: Análisis comparativo de dos realidades institucionales. Revista de Curriculum y Formación del Profesorado, 11(2), 2 - 2 3
Parellada, C. (Coord) (2006). Tema del mes: Un nuevo paradigma educativo: la pedagogía sistémica. Cuadernos de Pedagogía, 360, 54-93.
Parellada, C. e Traveset, M. (2016). Las redes sutiles de la educación. Las ideas claves de la Pedagogía sistémica multidimensional. Octaedro.
Parra Dussan, C. (2010). Educación inclusiva: Un modelo de educación para todos. Isees, 8, 73-84. Recuperado de https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/3777544.pdf
Ros-Garrido, A., Navas-Saurin, A e Marhuenda Fluixá, F. (2017). Teorías implícitas del profesorado de formación profesional para el empleo. Estudios pedagógicos, 43(1), 269-288. DOI: http://dx.doi.org/10.4067/S0718-07052017000100016T.
Sicora, A. (2012). Práctica reflexiva y profesiones de ayuda. Cuadernos de trabajo social, 19, 45-58. https://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/26719/1/Alternativas_19_03.pdf
Sobrado, L. M. (2012). Formación y desarrollo profesional de los orientadores educativos. En L. M. Sobrado, E. Fernández Rey y M. L. Rodicio (Coords.), Orientación Educativa, Biblioteca Nueva.
Soriano, J. (2005). Los procesos de la relación de ayuda. Desclée de Brouwer.
Tejada, J. (2002). La formación de formadores: Apuntes para una propuesta de plan de formación. Revista Educar. 30, pp. 91-118.
Tejada, J., Fernández, E., Jurado, P., Mas, O., Navío, A. e Ruiz, C. (2008). Implicaciones de la evaluación de impacto: una experiencia en un programa de formación de formadores. Bordón Revista de Pedagogía, 60(1), 163-186. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2692009
Tejada. J. (Coord.) (2007). Formación de formadores. Thomson.
Traveset, M. (2007). La pedagogía sistémica. Fundamentos y práctica. Graó.
Traveset, M. (2016). Pensar con el corazón, sentir con la mente. Recursos didácticos de educación emocional sistémica multidimensional. Octaedro
UIDV (07/03/2015). Principios básicos de la pedagogía sistémica. Recuperado de https://bit.ly/3eQIxb0
Vaillant, D. e Marcelo, C. (2001). Las tareas del formador. Aljibe
Valcarce, M. (noviembre, 2002). Técnicas e instrumentos para a verificación dos aprendizaxes adquiridos polos profesionais docentes de FPO e continua, nos cursos de Formación Docente. Actas del IV Congreso Internacional de Norte de Portugal e de Galicia de Formación para o Traballo (2003), 525-537
Valcarce, M. e Rial, A. (noviembre, 2001). A formación pedagóxica dos/as profesionais docentes da formación profesional ocupacional en Galicia. Actas del III Encontro Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo (2002), 137-150
Vázquez, V. e Escámez, J. (2010). La profesión docente y la ética del cuidado. Revista Electrónica de Investigación Educativa, [Número Especial]. 1-19. http://redie.uabc.mx/contenido/NumEsp2/contenidoverdera.html
Zamanillo, T. (2012). Las relaciones de poder en las profesiones de ayuda. Revista internacional de trabajo social, 1, 15-170
Zapata, M. e Cerezo, P. (2007). La formación continua en Cataluña, formación de formadores: Conclusiones y propuestas a partir de los resultados del estudio Formación de Formadores y competencias trasversales. Revista de Educación a Distancia, 17, 2-35
Competencias xenéricas do Máster: Todas.
Competencias específicas do Máster: 1,3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 14, 15.
Competencias específicas da materia:
1. Coñecemento da teoría e as accións do desenvolvemento persoal e profesional.
2. Actitude positiva cara ao proceso ocupacional de axentes formativos e de axuda.
3. Habilidade para deseñar accións formativas para profesionais de formación e de apoio.
4. Capacidade para identificar variables de avaliación de programas de desenvolvemento profesional de formadores/as e orientadores/as.
As sesións presenciais e en liña expositivas centraranse no coñecemento dos fundamentos teóricos e normativos que dan sentido á formación de formadores, así como na análise de documentos, estudos de caso, investigacións e experiencias neste campo.
As sesións presenciais e en liña interactivas realizaranse a través de métodos participativos e de traballo colaborativo: foros, chat, videoconferencias, estudo de casos, xogo de roles, movementos sistémicos, etc., que permitirán desenvolver un maior e máis diverso número de competencias.
As titorías de apoio ás actividades presenciais e en liña, facilitarán unha aprendizaxe máis personalizado ás necesidades e circunstancias concretas de cada estudante.
Relación coas competencias que debe lograr o alumnado:
A primeira competencia: Coñecemento da teoría e accións do desenvolvemento persoal e profesional, adquírese por medio das actividades docentes (exposición, demostración, explicación…)
A competencia segunda: Desenvolvemento dunha actitude positiva cara o proceso ocupacional de axentes formativos e de axuda, lograse mediante actividades do alumnado, de observación e traballo colaborativo.
A terceira competencia: Habilidade para deseñar accións formativas para profesionais de formación e axuda, adquírese a través do traballo persoal e grupal do alumnado, titorizados polo/a docente.
A competencia cuarta: Capacidade para identificar variables de avaliación de programas de desenvolvemento profesional de formadores e orientadores, lograse mediante accións persoais e en equipo dos/as estudantes, asesorados polo/a docente.
As titorías de apoio ás actividades presenciais e en liña, facilitarán unha aprendizaxe máis personalizada.
* Se non houbese un número mínimo de alumnos/as matriculados na materia, a metodoloxía modificarase en función das características e o tamaño do grupo.
1. Unha avaliación continua cun seguimento do traballo desenvolvido polos/as estudantes nas diversas modalidades de clases expositivas e interactivas, con atención ao grao de participación e calidade das achegas nas diferentes sesións presenciais e a distancia (40%).
2. A realización de dous traballos finais, en grupo, relativos á formación dos /as formadores/as (60%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas presenciais: 28 (12 expositivas, 16 interactivas e 6 horas de titoría).
Horas a distancia: 14 (6 expositivas, 8 interactivas).
- Documentación e estudo: 30 horas
- Lecturas recomendadas: 20 horas
- Elaboración informe final: 52 horas
Asistencia e participación activa nas sesións presenciais expositivas e interactivas.
Participación nas sesións virtuais (visitando frecuentemente a aula virtual) e nas titorías, o que permitirá unha integración idónea das diferentes modalidades de traballo e formas de agrupamento, seguindo unha secuencia coherente de aprendizaxe.
Resulta crucial manterse ao día nas actividades que se propoñan para participar nas sesións presenciais que, habitualmente, requirirán un tempo de traballo previo individual ou en grupo (usando tamén os medios tecnolóxicos), de forma que se aproveiten o mellor posible as horas presenciais de que dispón a materia. A ausencia de preparación previa de determinados documentos, ou de realización de actividades de forma autónoma no tempo de traballo non presencial, pode supor a imposibilidade de participar nas sesións presenciais de maneira adecuada.
Observacións
RECOMENDACIÓNS PREVIAS
Recomendase un certo dominio (a nivel de usuario/a) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ao procesamento de textos, navegación por Internet, etc.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis….
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Asemade, seguirase as indicacións vixentes, cando proceda, sobre a dispensa de asistencia e de exención de docencia en determinadas circunstancias.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar:
DISPENSA DE ASISTENCIA (TODAS AS SESIÓNS)
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
EXENCIÓN DE DOCENCIA.ÁS CLASES EXPOSITIVAS
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
EXENCIÓN DE DOCENCIA A TODAS AS SESIÓNS SI ASÍ SE DETERMINA
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que contén referencias ás programacións, avaliacións etc. accesible na páxina:
https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/vrestudan…
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7 ª ed. Washington: APA, 2020, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección:
https://universoabierto.org/2020/03/12/normas-apa-7-a-edicion-guia-de-c…
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como:
- A promoción dun clima de interaccións igualitario,
- A mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres, en xeral, e das propias alumnas, na materia e,
- A introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións, cando se presenten en papel:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAN DE CONTINXENCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DA DOCENCIA NO CURSO 2021-22.
En función do número de estudantes matriculados na materia e da aula asignada, ao inicio do curso académico revisarase o tipo de materia establecido, podendo ser modificado de acordo cos protocolos de centro e universidade para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22”, ou calquera outra norma, directriz ou suxestión sanitaria ou académica vixente nese momento.
No Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, contémplanse 3 escenarios para levar a cabo unha docencia segura, así como as medidas de carácter xeral e específicas a aplicar para a adaptación aos mesmos.
Con independencia do escenario no que nos atopemos, co fin de asegurar a calidade da docencia, menciónanse a continuación unha serie de medidas de carácter xeral que cómpre ter en conta de cara á docencia do curso 2021-22:
MEDIDAS DE CARÁCTER XERAL
a) Ter operativa para cada materia unha aula virtual a disposición do alumnado.
b) Manter abertas canles de comunicación directa co alumnado (por exemplo, titorías, foros, sesións virtuais etc.).
c) Adaptar, de ser o caso, os contidos da programación docente a cada un dos tres escenarios, respectando os obxectivos e as competencias que se deban acadar e mantendo o nivel de esixencia.
d) Diferenciar de forma clara os dous tipos de bibliografía considerados na programación (básica e complementaria) para unha mellor xestión da información por parte do alumnado.
e) Asegurar a accesibilidade aos materiais que constitúan a bibliografía básica (libros, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos titoriais etc.).
f) Con carácter xeral, prever a avaliación continua formativa acaída á realidade de cada titulación, ben como única modalidade de avaliación, ou ben combinada con probas finais. Recoméndase que a porcentaxe mínima da avaliación continua na cualificación final en cada unha das materias sexa do 30%.
ESCENARIOS
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
a) A docencia expositiva e interactiva (incluídas as prácticas) será presencial. Non obstante, e de xeito excepcional, co fin de facilitar a compatibilidade coas actividades discentes e a mellora gradual das competencias dixitais do profesorado e o alumnado, a docencia presencial poderase combinar coa docencia virtual ata un máximo do 10% das horas totais da materia. En todo caso, esta limitación non se aplicará en títulos cuxas memorias recollan unha porcentaxe superior.
b) Nos grupos de prácticas, recoméndase definir quendas de rotación máis curtas que as habituais, co obxectivo de que todos os grupos teñan garantida a impartición do mínimo esencial no caso de ter que pasar a un escenario distinto nalgún momento do cuadrimestre.
c) Se as prácticas supoñen o emprego de simuladores ou outros mecanismos telemáticos, poderíase considerar a súa realización nunha modalidade virtual, en todo caso cun máximo do 25% das horas prácticas da materia.
d) As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
e) As prácticas académicas externas, curriculares ou extracurriculares, desenvolveranse de xeito presencial.
f) A titorización de TFG e TFM desenvolverase de forma análoga á do resto das materias.
g) As probas finais, de ser necesarias, terán carácter presencial.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
a) A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual, neste último caso con preferencia polos mecanismos síncronos. Os centros definirán a distribución da docencia presencial e virtual para cada titulación.
b) Garantirase o máximo grao de presencialidade física, dándolle preferencia á docencia interactiva.
c) Na docencia interactiva, poderase combinar a presencialidade física e telemática, en todo caso garantindo para a primeira un mínimo do 50% das horas prácticas de cada materia.
d) Deberá preverse unha rotación máis curta nos grupos de prácticas, co obxectivo de que todos os grupos teñan garantida a impartición do mínimo esencial.
e) Os horarios programados deberán manterse independentemente da modalidade de docencia que se utilice.
f) As actividades “en remoto” que se programen como parte do traballo persoal da/o alumna/o deben distribuírse ao longo do tempo, combinando tarefas individuais con traballo colaborativo.
Potenciarase a aprendizaxe autónoma por medio de elementos de retroalimentación e de autoavaliación.
g) Deberase priorizar a programación de titorías (incluídas as de TFG e TFM) por vía telemática.
h) As prácticas académicas externas, curriculares ou extracurriculares, poderán desenvolverse parcialmente por medios non presenciais que aseguren a adquisición das competencias e os resultados da aprendizaxe (resolución de problemas, supostos prácticos ou actividades similares). A parte das prácticas realizada por medios non presenciais non poderá superar o 50% do tempo total de duración das mesmas. Terá sempre preferencia a modalidade presencial.
i) As probas finais, de ser o caso, serán preferentemente presenciais, pudendo ser presencial ou telemática, dependendo esta decisión da situación sanitaria.
Escenario 3. Peche das instalacións
a) A docencia, tanto expositiva como interactiva, desenvolverase completamente de xeito virtual, con preferencia polos mecanismos síncronos.
b) Os centros deberán adaptar a impartición das prácticas a unha modalidade completamente virtual. Os horarios programados deberán manterse independentemente da modalidade de docencia que se utilice.
c) A programación das titorías (incluídas as de TFG e TFM) será exclusivamente por vía telemática.
d) As prácticas académicas externas, curriculares ou extracurriculares, poderán desenvolverse parcialmente por medios non presenciais que aseguren a adquisición das competencias e os resultados da aprendizaxe (resolución de problemas, supostos prácticos ou actividades similares). A parte das prácticas realizada por medios non presenciais non poderá superar o 50% do tempo total de duración das mesmas. No caso de que non sexa posible modificalas deste modo, deberán ser interrompidas.
e) As probas finais, de ser o caso, serán exclusivamente telemáticas.
Margarita Valcarce Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Iris Estevez Blanco
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- iris.estevez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17.05.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
30.06.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |