Créditos ECTS Créditos ECTS: 2
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 34 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 8 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Didácticas Aplicadas
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Educación e Linguas en Galicia, incluída como materia común no Máster pretende introducir o futuro profesorado nos factores sociolingüísticos, psicopedagóxicos e lexislativos que condicionan a práctica educativa nun contexto con dúas linguas oficiais.
De xeito máis específico, os seus obxectivos son os seguintes:
1. Valorar a diversidade lingüística como patrimonio colectivo da humanidade e os esforzos individuais e institucionais para conservala.
2. Tomar conciencia dos factores sociolingüísticos e psicopedagóxicos que se deben ter en conta nun sistema escolar con varias linguas e coñecer os principais modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
3. Coñecer, analizar e valorar os principais indicadores da situación sociolingüística de Galicia e o seu reflexo no ámbito escolar.
4. Coñecer, analizar e valorar o modelo lingüístico escolar de Galicia e os aspectos fundamentais da lexislación que o regula.
5. Comprender a transcendencia da planificación lingüística no sistema educativo galego e ser quen de participar con criterio na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro.
Co propósito de asentar os conceptos e as informacións básicas neste eido temático, pero buscando a súa aplicación a tarefas de planificación lingüística escolar, os contidos organízanse nos seguintes temas:
TEMA 1: Unidade e diversidade lingüística nun mundo global. A Unión Europea e as linguas. Dimensión social e educativa do plurilingüismo.
TEMA 2: A planificación lingüística escolar en contextos plurilingües. Modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
TEMA 3: A situación sociolingüística de Galicia: indicadores cuantitativos e cualitativos da súa evolución nas últimas décadas.
TEMA 4: As linguas no sistema educativo galego: lexislación e modelo lingüístico. Modelos lingüísticos noutras comunidades con dúas linguas oficiais.
TEMA 5: O papel dos centros na planificación lingüística: os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e o Proxecto Lingüístico de Centro.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Ofrécese en materiais de consulta directa no Campus Virtual
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Arnau, J. (et al.) (1992): La educación bilingüe, Barcelona, ICE-Horsori.
Baker, C. (1997): Fundamentos de educación bilingüe y bilingüismo, Madrid, Cátedra.
Consello da Cultura Galega (2011): O idioma galego na sociedade. Santiago de Compostela, CCG
http://www.consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=1785
Consello da Cultura Galega (2012): A(s) lingua(s) a debate. Santiago de Compostela, CCG.
http://www.consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=1790
Consello da Cultura Galega (2017): Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia. Santiago de Compostela, CCG.
http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4293
Fernández Paz, A., Lorenzo Suárez. A., Ramallo, F. (2007): A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
Huguet, A. / Madariaga, J.M. (2005): Fundamentos de educación bilingüe, Bilbao, Universidad País Vasco.
Lorenzo, F., Trujillo, F., Vez, J.M. (2011): Educación bilingüe. Integración de contenidos y segundas lenguas. Editorial Síntesis.
Monteagudo, H. (coord.) (2009): Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, H. (ed.) (2012): Linguas, sociedade e política. Un debate multidisciplinar. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, H., Loredo, X., Vázquez, M. (2016): Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. Real Academia Galega
Siguán, M. (2004): Bilingüismo y lenguas en contacto, Madrid, Alianza Editorial.
Silva Valdivia, B. (ed.) (2010): Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán. Xunta de Galicia-USC
Silva, B., Rodríguez, X. e Vaquero, I. (coords.) (2010): Educación el inguas en Galicia. Universidade de Santiago de Compostela. http://dspace.usc.es/handle/10347/2247
Silva, B., Rodríguez, X. e Vaquero, I. (coords.) (2011): A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios. Universidade de Santiago de Compostela. http://hdl.handle.net/10347/3598
VV. AA. (2003): O desafío da diversidade lingüística. Grial – Revista Galega de Cultura, nº 160, pp. 18-70.
Xunta de Galicia: Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, DOG de 25 de maio de 2010.
Recóllense as que figuran na memoria do Máster, que se corresponden coas que aparecían na Orde ministerial que o regula. Dada a singularidade desta materia, débense entender simplemente na dimensión de traballo escolar coas linguas en contextos multilingües.
(CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
(CG13) Coñecer a normativa e a organización institucional do sistema educativo e dos modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
(CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
(CE-G8) Promover accións de educación emocional, en valores e en formación cidadá.
(CE-G9) Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
(CE-G13) Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e das súas implicacións educativas.
No desenvolvemento desta materia tratarase de combinar tres principios metodolóxicos: a exposición, para facilitar os conceptos ou informacións básicas, a interacción profesor-alumno e entre estudantes para contrastar opinións, e o traballo con documentos para asentar aprendizaxes.
Estes principios adaptaranse, atendendo aos tres escenarios posibles do curso 2020-21 da seguinte maneira:
Escenario 1: "Normalidade adaptada"
De acordo co esquema organizativo previsto no Máster, as sesións de clase funcionarán en formato expositivo e interactivo. As primeiras utilizaranse para establecer pautas sobre o desenvolvemento didáctico da propia materia e para facilitar a información necesaria sobre os contidos do programa. As sesións interactivas servirán para analizar documentos ou casos prácticos e para debater sobre os aspectos nucleares do temario. Nas titorías aclararanse posible dúbidas e orientarase sobre tarefas individuais e grupais.
Escenario 2: "Distanciamento"
Manteranse os principios metodolóxicos de carácter xeral, pero a docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
Escenario 3: "Peche das instalacións"
Manteranse os principios metodolóxicos de carácter xeral, pero a docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
En todos os escenarios o alumnado terá garantida a accesibilidade aos materiais de bibliografía básica.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa. A súa concreción nos tres escenarios posibles farase da seguinte maneira:
Escenario 1: "Normalidade adaptada"
Combinarase a avaliación continua cunha proba final. Os instrumentos e a súa ponderación na cualificación final serán os seguintes:
- Participación (asistencia e dinámica de aula individual e de grupo): 30%
- Traballos individuais de síntese e reflexión sobre contidos: 30%
- Proba ou traballo de aplicación final: 40%
Para superar a materia deberase conseguir puntuación nos tres apartados. O control de asistencia ás sesións de clase rexerase polas normas xerais do Máster.
Escenario 2: "Distanciamento"
Manteranse os criterios e instrumentos do Escenario 1 pero a "Participación" adaptarase ás condicións organizativas da Facultade e tanto os "Traballos individuais" como a "Proba final" faranse de forma telemática. Se as condicións dificultan de maneira substancial a interacción presencial, a avaliación realizarase a partir dos "Traballos" e da "Proba final", cunha ponderación do 50% cada un.
Escenario 3: "Peche das instalacións"
Adaptarase o sistema de avaliación no seu conxunto ao formato virtual e os instrumentos utilizados serán os traballos e a proba final cunha ponderación do 50% cada un deles.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES:
De haber algún alumno/a con dispensa de asistencia a clase, a súa avaliación realizarase da seguinte maneira:
- Traballos: 50%
- Proba final: 50%
Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para concretar o plan de traballo correspondente. Nese plan deberá constar tamén o cumprimento da asistencia a titorías docentes, seminarios, etcétera, se se considerase pertinente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Conservarase a cualificación obtida no apartado “participación” da primeira oportunidade e poderanse recuperar os "traballos" e a "proba" coa ponderación que proceda segundo o escenario.
ALUMNADO REPETIDOR:
Será avaliado como o de nova matrícula, aplicándoselle, en consecuencia, os criterios xerais que se indicaron con anterioridade.
O valor curricular da materia é de 2 créditos ECTS, o que se traduce en 50 horas de dedicación do estudante. Destas, 14 son horas presenciais en grupo de clase e o resto estarán ocupadas na realización de traballos, na orientación dos mesmos en sesións de titoría individual ou grupal e en actividades de avaliación.
Á parte da asistencia regular á clase (obrigatoria de acordo coa normativa do Máster) e da revisión dos materiais que se faciliten, recoméndase a participación activa nos debates de clase como procedemento básico de autoaprendizaxe e tamén de contribución á aprendizaxe dos demais.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
PLAN DE CONTINXENCIA: Adaptación da metodoloxía e do sistema de avaliación aos distintos escenarios
A) METODOLOXÍA DE ENSINANZA:
Escenario 1: "Normalidade adaptada"
De acordo co esquema organizativo previsto no Máster, as sesións de clase funcionarán en formato expositivo e interactivo. As primeiras utilizaranse para establecer pautas sobre o desenvolvemento didáctico da propia materia (obxectivos, metodoloxía de traballo, sistema de avaliación, etc.), para facilitar a información necesaria e para contrastar ideas sobre as cuestións nucleares do programa. As sesións interactivas servirán para analizar documentos ou casos prácticos, para elaborar propostas referidas a situacións hipotéticas e para discutir cuestións máis específicas. Fóra das sesións de clase o alumnado realizará algunhas tarefas de ampliación de coñecementos ou de aplicación que serán convenientemente orientadas polos docentes.
Escenario 2: "Distanciamento"
Manteranse os principios metodolóxicos de carácter xeral, pero a docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
Escenario 3: "Peche das instalacións"
Manteranse os principios metodolóxicos de carácter xeral, pero a docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
En todos os escenarios o alumnado terá garantida a accesibilidade aos materiais de bibliografía básica.
B) SISTEMA DE AVALIACIÓN:
Escenario 1: "Normalidade adaptada"
Combinarase a avaliación continua cunha proba final. Os instrumentos que se utilizarán e a súa ponderación na cualificación final serán os seguintes:
- Participación (asistencia e dinámica de aula individual e de grupo): 30%
- Traballos individuais de síntese e reflexión sobre contidos: 30%
- Proba ou traballo de aplicación final: 40%
Para superar a materia deberase conseguir puntuación nos tres apartados. O control de asistencia ás sesións de clase rexerase polas normas xerais do Máster.
Escenario 2: "Distanciamento"
Manteranse os criterios e instrumentos do Escenario 1 pero a "Participación" adaptarase ás condicións organizativas da Facultade e tanto os "Traballos individuais" como a "Proba final" faranse de forma telemática. Se as condicións dificultan de maneira substancial a interacción presencial, a avaliación realizarase a partir dos "Traballos" e da "Proba final", cunha ponderación do 50% cada un.
Escenario 3: "Peche das instalacións"
Adaptarase o sistema de avaliación no seu conxunto ao formato virtual e os instrumentos utilizados serán os traballos e a proba final cunha ponderación do 50% cada un deles.
Xose Henrique Monteagudo Romero
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811831
- Correo electrónico
- henrique.monteagudo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Manuel Antonio Salgado Rodriguez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- xosem.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Benito Silva Valdivia
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812095
- Correo electrónico
- b.silva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Armando Requeixo Cuba
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- armando.requeixo.cuba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU