Créditos ECTS Créditos ECTS: 2.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 42.5 Horas de Titorías: 2.5 Clase Expositiva: 7.5 Clase Interactiva: 10 Total: 62.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender os conceptos de orientación e de titoría e as súas relacións coa función docente.
- Valorar a importancia da orientación e a titoría no ensino.
- Sensibilizar ó profesorado da necesidade de participar activamente na orientación e titoría sistemática dos seus alumnos/as.
- Coñecer as principais referencias lexislativas relacionadas coa orientación e a titoría.
- Coñecer a organización e funcionamento dos servizos de orientación existentes na Comunidade Autónoma Galega.
- Comprender a organización e a estrutura do Plan de Acción Titorial para un centro de ensino.
- Delimitar as funcións, tarefas, contidos e destinatarios da intervención titorial.
- Analizar as actividades a desenvolver polo profesorado nas súas funcións titoriais.
- Coñecer algunhas técnicas e instrumentos de traballo a empregar na realización do labor titorial.
Dado que a titoría forma parte da actividade docente, é necesario que os/as profesionais se impliquen nas tarefas orientadoras e titoriais do centro educativo para acadar o desenvolvemento óptimo das súas funcións.
Baixo estas premisas, os contidos desta materia estrutúranse, desde as cuestións máis globais e teóricas ás máis específicas e prácticas.
Os núcleos de contidos serán os seguintes:
1. Aproximación aos conceptos de orientación e de titoría.
2. Relación da orientación coa educación e a titoría educativa e as súas funcións.
3. Orientación e titoría na normativa legal vixente.
4. Ámbitos da acción titorial.
5. Planificación da acción titorial
Os anteriores contidos abordaranse tendo en conta a perspectiva de xénero e as súas implicacións na orientación e titoría.
Bibliografía Básica:
Boza, A., Sala, M., Ipland, J., Aguaded, Mª C., Fondón, M., Monescillo, M. y Méndez Garrido, J. M. (2001). Instrumentos y técnicas de acción tutorial. En Autores, Ser profesor, ser tutor. Orientación educativa para docentes (pp. 181-204). Huelva: Hergué.
Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 79, 27 de abril de 1998). Dispoñible en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980427/Anuncio4F2A_es.html
Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, 9 de agosto de 1996). Dispoñible en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1996/19960809/Anuncio9002_gl.html
Fresco, X. E. y Segovia, A. (2000). La tutoría como elemento de la función docente. En Autores, La acción tutorial en el marco docente (pp. 5-8). Santiago de Compostela: Seminario Galego de Educación para a Paz. Dispoñible en: http://ageps.webs.uvigo.es/crasga/Accituto.pdf
Martín, E. y Tirado, V. (1997). La orientación educativa: naturaleza y funciones. En Autores (Coords.), La orientación educativa y profesional en la educación secundaria (pp. 12-32). Barcelona: Horsori.
Muro, M. (2007). Planificación de la acción tutorial. En L. Longás y N. Mollá (Coords.), La escuela orientadora : la acción tutorial desde una perspectiva institucional (89-108). Madrid: Narcea.
Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998 (DOG nº 147, 31 de xullo de 1998). Dispoñible en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980731/Anuncio107CA_gl.html
Prada, C. y Martínez, L. (1995). La acción tutorial desde la perspectiva de la colegialidad. En J. Fernández Sierra, El trabajo docente y psicopedagógico en educación secundaria (pp. 343-358). Málaga: Aljibe.
Bibliografía Complementaria:
Álvarez, M. y Bisquerra, R. (2018). Orientación educativa : modelos, áreas, estrategias y recursos (2ª ed.). Madrid: Wolters Kluwer.
Álvarez, R. J. (2014). Acción tutorial y orientación: aceptación, compromiso, valores : una propuesta de estilo para la intervención de tutores y orientadores. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Arnaiz, P. y Isus, S. (1997). La tutoría, organización y tareas. Barcelona: Graó.
Auzmendi, E., Solabarrieta, J. y Villa, A. (2003). Cómo diseñar materiales y realizar tutorías en la formación "on line". Bilbao: Universidad de Deusto.
Ballesteros, M. y Comellas, M. J. (Dir.) (2002). Las competencias del profesorado para la acción tutorial. Barcelona: CISSPRAXIS.
Bisquerra, R. (Coord.) (2002). La práctica de la orientación y la tutoría. Barcelona: CISSPRAXIS.
Blanchard, M. y Muzás, Mª D. (1997). Plan de acción tutorial en la Educación Secundaria Obligatoria: elaboración, desarrollo y materiales. Madrid: Narcea.
Brandit, A. (2000). El tutor: procesos de tutela entre alumnos. Barcelona: Paidós.
Bravo, Mª X., Fortes, X., Iglesias, A. e Morán, H. (2001). A titoría na ESO. Vigo: A Nosa Terra.
Currás, C. (2001). A orientación educativa e profesional en Galicia. Revista galega do Ensino, 32, 25-34. Dispoñible en: https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/183711.pdf
Expósito, J. (Dir.) (2014). La acción tutorial en la educación actual. Madrid: Síntesis.
Fernández Sierra, J. (1995). El trabajo docente y psicopedagógico en educación secundaria. Málaga: Aljibe.
Gallego, S. y Riart, J. (Coords.) (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro.
García Labiano, J. M. (2004). Programa de acción tutorial para la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid: CISSPRAXIS.
García, L. y Martínez, Mª. (2003). Orientación educativa en la familia y en la escuela. Casos resueltos. Madrid: Dykinson.
González Pérez, A. y Solano, J. Mª. (2015). La función de tutoría: carta de navegación para tutores. Madrid: Narcea.
González Ponte, L. y Montanero, M. (2002). Cómo mejorar la autorregulación del estudio en la Educación Secundaria. Valoración de un programa de acción tutorial. Contextos Educativos: Revista de Educación, 5, 215-226. Dispoñible en https://publicaciones.unirioja.es/ojs/index.php/contextos/article/view/…
González, A. y Vélaz de Medrano, C. (2014). La Acción Tutorial en el sistema escolar. Madrid: UNED. Dispoñible no PRELO da USC.
González, I. (2009). La Orientación académica y profesional en clave de igualdad. CEE Participación Educativa, 11, 110-121. Dispoñible en: https://pdfs.semanticscholar.org/ca1d/6625d657ae3076aa91bb7a837265c840d…
Grañeras, M. y Parras, A. (Coord.) (2009). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas (2ª ed.). Madrid: CIDE. Dispoñible en: https://diversidad.murciaeduca.es/orientamur/gestion/documentos/inv2008…
Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOE). Dispoñible en: https://www.boe.es/buscar/pdf/2006/BOE-A-2006-7899-consolidado.pdf
Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa (LOMCE). Dispoñible: en https://www.boe.es/buscar/pdf/2013/BOE-A-2013-12886-consolidado.pdf
López Urquizar, N. y Sola, T. (2007). Orientación escolar y tutoría para las diferentes etapas de la educación. Granada: Grupo editorial universitario.
Lorenzo, M. L. (2004). Conflictos, tutoría y construcción democrática de las normas. Bilbao: Descée de Brouwer.
Martín, X., Puig, J. Mª, Padrós, Mª. y Trilla, J. (2008). Tutoría, técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza Editorial.
Martínez Bonafé, A. (2003). ¿Qué dices tú, hoy, de la democracia en la escuela? Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 48, 105-128. Disponible en: https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/927019.pdf
Méndez, Mª J., Villar, M. y Permuy, A. (2017). La coeducación en el sistema educativo español: reflexiones y propuestas. Cooeducación: feminismo en acción, 2(7), 192-215. Dispoñible en: https://revistas.udc.es/index.php/ATL/article/view/arief.2017.2.1.2011/…
Pernas, B. y Vila, F. (2014). Orientación educativa sin sesgo de género antes de la Universidad. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte: Madrid.
Riart, J. (2007). Manual de tutoría y orientación en la diversidad. Madrid: Pirámide.
Rodríguez Moreno, Mª. L. (2003). Cómo orientar hacia la construcción del proyecto profesional. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Santana, L. (2015). Orientación educativa e intervención psicopedagógica. Cambian los tiempos. Cambian las responsabilidades profesionales (4ª ed.). Madrid: Ediciones Pirámide. Dispoñible no PRELO da USC.
Torego, J. C. (Coord.) (2014). 8 ideas clave. La tutoría en los centros educativos. Barcelona: Graó.
Torego, J. C. y otros (1997). Orientación académica y profesional: manual para la tutoría. Educación secundaria obligatoria. Madrid: Comunidad de Madrid, Dirección General de Educación.
WEBS
Educonvives (2015-2020): http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal
Portal de Atención á Diversidade-Orientación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/diversidadeorientacion
Recursos para a Orientación Educativa en internet: http://www.orientaeduc.com
Revista Española de Orientación y Psicopedagogía: http://www.uned.es/reop
Selección de blogs de Orientación Educativa e Titoría: http://orientapas.blogspot.com/2017/12/posiblemente-los-mejores-blogs-y…
COMPETENCIAS XERAIS:
(CX11). Desenvolver as funcións de titoría e orientación dos estudantes de maneira colexiada.
(CX15). Informar e asesorar ás familias acerca do proceso de ensinanza e aprendizaxe e sobre a orientación persoal, académica e profesional dos seus fillos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS AO MÓDULO XENÉRICO:
(CE-X1). Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
(CE-X7). Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional.
(CE-X9). Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
(CE-X10). Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxes como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
Metodoloxía da ensinanza
Tratarase de estimular a participación activa dos alumnos e alumnas por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de actividades e supostos prácticos sobre as tarefas a desempeñar na titoría.
A metodoloxía da ensinanza combinará:
1.- Exposicións realizadas polo profesorado dos contidos fundamentais de cada unidade temática, seguidas de debates dirixidos a unha maior clarificación e axuste terminolóxico e relacional.
2.- Actividade práctica orientada á planificación de actividades de orientación e titoría para contextos educativos determinados. Realizaranse en sesións interactivas de seminario nas que o alumnado traballará en grupo e interactivamente os contidos correspondentes a partir da análise de documentos, manexo de técnicas e instrumentos, e resolución de situacións prácticas. O alumnado disporá con antelación das indicacións e materiais para ir realizando as tarefas prácticas segundo o programado. Recoméndase que cada equipo de traballo dispoña polo menos dun dispositivo electrónico para poder desenvolver as tarefas encomendadas.
As actividades de traballo autónomo inclúen, basicamente, o estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, e a realización das actividades sinaladas polo propio equipo de traballo para as sucesivas sesións interactivas.
No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como contorna de apoio asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, podendo atopar na aula virtual os seguintes elementos:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, temario exposto nas clases expositivas, instrucións e recursos de apoio para a elaboración das actividades prácticas a desenvolver nas sesións interactivas, e aqueloutros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o alumnado (en réxime ordinario ou con dispensa de asistencia).
- Ferramentas de comunicación co alumnado, tanto individual como grupal: empregaranse a mensaxería e os foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas para a realización grupal e/ou individual: de ser o caso, a entrega/realización de actividades prácticas programadas e aqueloutras actividades que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.), podería apoiarse na aula virtual.
De ser o caso, na materia poderase contemplar a posibilidade de desenvolver, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visitas, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación terá en conta os seguintes aspectos:
1. Asistencia e implicación nas distintas sesións da materia (requisito para proceder á avaliación).
2. Elaboración e entrega das actividades prácticas solicitadas polo profesorado (60% na nota final).
3. Unha proba individual na que se valorarán os contidos da materia e que se realizará nas datas sinaladas no calendario oficial de exames (40% na nota final). Non se cambiará a data da proba a ningún estudante, salvo nos casos contemplados na Normativa sobre Avaliación do Rendemento Académico da USC ou outras situacións sobrevidas e reguladas pola USC.
Será preciso superar todas as partes (prácticas e proba individual) para aprobar a materia.
Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente edición da convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Así mesmo, na realización dos traballos/prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado con dispensa de asistencia deberá ter unha titoría co profesorado da materia nos dez días seguintes da concesión da dispensa (comunicada ao profesorado da materia) para concretar as tarefas avaliativas individualizadas que será necesario realizar para superar a materia.
Actividades presenciais: 23 horas repartidas en:
•Clases expositivas: 7 horas
•Clases interactivas: 10 horas
•Titorías: 6 horas
Traballo persoal do estudante: 39´5 horas repartidas en:
•Estudo 22 horas
•Lecturas recomendadas: 17´5 horas
Tempo estimado total: 62´5horas
• Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, ou, de ser o caso, seguimento regular da materia a través da aula virtual.
• Apoio na titoría presencial/virtual de xeito regular.
• Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
• Realización e participación activa nas actividades prácticas.
• Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
ASISTENCIA A CLASE
O Máster ofertarase exclusivamente en formato presencial. A asistencia mínima a clases establécese con carácter xeral no 80% do horario de cada materia, e se considerará requisito preceptivo para presentarse a calquera das convocatorias ou oportunidades de avaliación previstas na planificación académica do curso. Non se computarán como tales as inasistencias que respondan ás “causas xustificadas” recollidas no apartado 3 da Normativa de asistencia a clases da USC (Acordo do Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010).
A dispensa da asistencia á clase ante determinadas circunstancias (instrución num. 1/2017 da Secretaría Xeral da USC), non poderá ser aplicada ás clases interactivas onde se desenvolvan actividades prácticas que requiran da presencia do alumnado.
Para facilitar un axeitado desenvolvemento da docencia nesta e noutras materias é conveniente que respectemos os horarios de entrada e saída da aula. En consecuencia, por razóns organizativas e de respecto aos demais, espérase de todas/os que fagamos o esforzo de ser puntuais.
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
De ser o caso, na entrega de traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia terase en conta as seguintes indicacións:
- Empregar grampas en lugar de encadernacións.
- Imprimir a dúas caras e en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
COMUNICACIÓN
O alumnado deberá empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
OUTROS DATOS DE INTERESE
Coordinador: Profesor Miguel Anxo Nogueira Pérez (miguelanxo.nogueira [at] usc.es (miguelanxo[dot]nogueira[at]usc[dot]es))
Profesora María José Méndez Lois (mjose.mendez [at] usc.es (mjose[dot]mendez[at]usc[dot]es))
Horario de titorías do profesorado: exposto nos despachos e na páxina web da Facultade
Datas de exames: no calendario oficial.
PLAN DE CONTINXENCIA
(https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…)
Se por razóns de seguridade (directrices da USC e protocolo establecido pola Facultade de CC. da Educación) ao longo do curso non é posible o desenvolvemento do presente programa concibido para unha docencia 100% presencial (escenario 1 de normalidade adaptada), contémplanse os seguintes axustes na Metodoloxía da Ensinanza e Sistema de Avaliación da Aprendizaxe da materia:
- Escenario 2. Con medidas de distanciamento:
Metodoloxía da Ensinanza
Segundo o protocolo da Facultade e condicións polo número de alumnado e de espazos para o desenvolvemento da docencia, esta materia é considerada principalmente de tipo A, quedando condicionada a metodoloxía da ensinanza do seguinte xeito:
A docencia expositiva realizarase virtualmente, preferentemente de forma asíncrona a través da aula virtual da materia, con materiais explicativos e de apoio adaptados á situación. O apoio titorial poderá realizarse presencialmente previa cita co profesor no horario da materia ou de titoría, ou telematicamente por correo electrónico no horario da materia ou de titoría.
Nas sesións interactivas alternarase a docencia presencial, mantendo o distanciamento de seguridade nas aulas asignadas, coa docencia virtual, onde o grupo interactivo dividirase en dúas metades por orde alfabética. A docencia virtual apoiarase nas ferramentas da aula virtual (indicacións, materiais audiovisuais de apoio, foros, espazo de entrega de tarefas...), e seguimento aos grupos de traballo a través de correo electrónico.
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe
A avaliación será preferentemente continua a partir das tarefas xa previstas para realizar en grupo polo alumnado, complementándose cunha proba individual de carácter telemático a través da aula virtual da materia (60% avaliación continua, 40% proba final).
- Escenario 3. Peche das instalacións:
Metodoloxía da Ensinanza
A docencia expositiva realizarase de forma asíncrona a través da aula virtual da materia, con materiais explicativos e de apoio adaptados á situación. O apoio realizarse telematicamente por correo electrónico, preferentemente nos horarios da materia ou de titoría do profesor.
As sesións interactivas realizaranse virtualmente, preferente de forma asíncrona, apoiándose nas ferramentas da aula virtual (indicacións, materiais de apoio, foros, espazo de entrega de tarefas...), e correo electrónico; e, de ser posible tecnicamente, farase seguimento telemático aos grupos de traballo de maneira síncrona a través dos medios tecnolóxicos a disposición do profesorado e alumnado (Teams, aulas Lifesize, etc.).
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe
A avaliación será preferentemente continua a partir das tarefas xa previstas para realizar en grupo polo alumnado, complementándose cunha proba individual de carácter telemático, preferentemente asíncrono, a través da aula virtual da materia (60% avaliación continua, 40% proba final).
Maria Jose Mendez Lois
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813761
- Correo electrónico
- mjose.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Miguel Ángel Nogueira Pérez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813816
- Correo electrónico
- miguelanxo.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
12.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
12.01.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
13.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
13.01.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_04 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
22.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
22.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
22.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
22.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_04 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |