Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 129 Horas de Titorías: 21 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Filoloxía Galega, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Historia da Arte, Xeografía, Filoloxía Inglesa e Alemá, Departamento externo vinculado ás titulacións, Bioloxía Funcional, Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Física de Partículas, Matemáticas, Historia, Filosofía e Antropoloxía, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Filoloxías Galega e Portuguesa, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Música, Análise Xeográfica Rexional, Filoloxía Inglesa, Área externa M.U en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Prof..., Fisioloxía Vexetal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación, Filoloxía Francesa, Filoloxía Grega, Filoloxía Latina, Lingüística Xeral, Física da Materia Condensada, Álxebra, Xeometría e Topoloxía, Historia Contemporánea, Historia Moderna, Filosofía, Filosofía Moral, Análise Matemática
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O Traballo de fin de máster (TFM) consiste na elaboración e defensa dun traballo académico que sintetice o conxunto de competencias desenvolvidas no Mestrado e no que se integren aprendizaxes dos seus módulos formativos -singularmente do Prácticum- e un traballo de investigación ligado ao exercicio docente na especialidade correspondente.
Os seus obxectivos son:
1.- Introducirse na investigación educativa identificando temas relevantes, contextos ou poboacións susceptibles de estudo e metodoloxías axeitadas para a súa indagación.
2.- Utilizar estratexias de busca e selección de información e facer un uso apropiado da mesma.
3.- Integrar os saberes derivados das ciencias da educación na interpretación das temáticas ou realidades analizadas.
4.- Redactar textos académicos correctos, coherentes e adecuados, e facendo uso dos formalismos que lles son propios.
5.- Realizar presentacións orais facendo un bo uso dos recursos expositivos e argumentativos da lingua, así como dos apoios electrónicos ou multimedia pertinentes.
6.- Entender o estudo, a reflexión e a investigación educativa como estímulo e como garantía de mellora no exercicio profesional.
1.- Identificación de temas de investigación educativa, de contextos de análise e de metodoloxías.
2.- Selección / elaboración e utilización de instrumentos ou estratexias para o estudo de temáticas ou problemáticas educativas concretas.
3.- Uso de fontes bibliográficas, electrónicas ou doutro tipo para extraer a información requirida.
4.- Interpretación dos datos obtidos á luz dos saberes educativos e doutros estudos sobre temáticas similares.
5.- Elaboración de textos académicos con atención ás características discursivas e aos requisitos formais (citas bibliográficas, etc.) que os definen.
6.- Coñecemento e utilización dos recursos orais, electrónicos ou multimedia axeitados para a exposición e defensa pública do traballo.
A bibliografía utilizada quedará determinada polo propio TFM, polas orientacións do director/a do mesmo e pola busca bibliográfica do alumnado.
Competencias xerais:
- Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensinanza e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
- Participar na avaliación, investigación e na innovación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
Competencias específicas:
- Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
- Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
- Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación, utilizando indicadores de calidade.
- Identificar os problemas relativos á ensinanza e aprendizaxe das materias da especialización e formular alternativas e solucións.
Competencias específicas asociadas ao Practicum:
- Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente.
- Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
Competencias transversais:
- Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o aceso por Internet.
- Xestionar de forma axeitada o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
Na elaboración e defensa do Traballo de fin de máster distínguense varias fases. A súa explicación detallada aparece na Guía do TFM que se entregará e explicará oportunamente ao alumnado e que aparece na páxina web.
Todo o proceso será orientado polo director/a do TFM, de acordo coas indicacións que se establecen na dita Guía.
Esas fases e as tarefas asociadas a cada unha son, de maneira sintética, as seguintes:
1.- Fase de preparación:
- Asignación do profesor/a do Máster que se encargará da titorización e dirección.
- Selección do tema, problema ou suposto no que se vai centrar o traballo.
- Planificación: selección da metodoloxía, poboación, corpus..., e do soporte bibliográfico ou das fontes de información que proceda.
2.- Fase de elaboración:
- Indagación sobre o tema, suposto ou problema educativo: busca de información bibliográfica, aplicación de instrumentos de indagación, etc.
- Tratamento e análise da información obtida, relación con outros traballos previos, etc.
- Textualización de acordo coa estrutura e os requisitos formais propios dun traballo académico.
3.- Fase de defensa:
- Preparación: elaboración de guión da presentación e dos apoios tecnolóxicos necesarios.
- Presentación e defensa diante da comisión avaliadora.
As Comisións de avaliación emitirán a cualificación obtida por cada TFM, que será a media aritmética das emitidas polos seus tres membros, utilizando unha escala de 0 a 10.
As Comisións avaliadoras que consideren que algún TFM con cualificación superior a 9 é merecedor de Matrícula de Honra deberán presentar unha proposta na coordinación do Máster. Se o número de traballos propostos é igual ou inferior ao autorizado, a distinción concederáselles a todos; se é superior, a asignación farase de acordo cos criterios establecidos pola Comisión Académica do Máster.
Os criterios básicos para a avaliación dos traballos serán os seguintes:
- Rigor na textualización: cumprimento dos apartados sinalados na "Guía do TFM", utilización dos estándares de citación bibliográfica, coherencia e cohesión na organización discursiva, e corrección e adecuación lingüística.
- Calidade do contido: Relevancia, dificultade e orixinalidade da temática elixida, nivel e profundidade no seu tratamento, calidade e pertinencia do marco teórico, dos apoios bibliográficos, da metodoloxía empregada, etc.
- Relación coas competencias formativas do Máster e contribución á mellora da práctica docente, á calidade da educación e ao coñecemento científico ou profesional no tópico tratado.
- Presentación e defensa: claridade e precisión da presentación, uso de medios e tecnoloxías adecuados, resposta e aclaracións ao membros da Comisión.
Estes criterios ponderarán de maneira equitativa na cualificación final, pero esixirase unha puntuación mínima en todos eles.
Os TFM deberán ser orixinais e non poderán reproducir total nin parcialmente outros traballos sen citalos adecuadamente. O uso fraudulento de información implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente.
O TFM é unha materia de 6 ECTS (150 horas), que se distribúen en sesións de traballo presencial co director/a do TFM ao longo de todo o proceso e de traballo individual do alumnado organizado arredor das fases e tarefas que se indican no apartado "Metodoloxía de ensinanza" deste Programa.
A metodoloxía de traballo que se utilizará demanda:
- A implicación directa do alumnado na súa propia aprendizaxe.
- Unha comunicación e coordinación ben pautada co director/a do TFM.
- Unha planificación temporal rigorosa e o compromiso co seu cumprimento.
Para presentar o TFM é necesario ter superados todos os demais créditos do Máster.
A matrícula dá dereito a unha convocatoria, podendo escoller os estudantes entre a de xullo e a de setembro. Haberá tamén unha convocatoria a finais do primeiro semestre (febreiro), pero só para alumnado de cursos anteriores e que só teña esta materia pendente.
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
PLAN DE CONTINXENCIA (Tendo en conta o Acordo do Consello de Goberno, 30 de abril de 2021)
METODOLOXÍA DE ENSINANZA:
Escenario 2: Distanciamento
-As titorías realizaranse preferentemente de xeito telemático, a través da plataforma da aula virtual e do correo electrónico institucional do docente ou a través da ferramenta corporativa MS Teams e a plataforma Lifesize.
Escenario 3: Peche das instalacións
-As titorías realizaranse exclusivamente de xeito telemático, a través da plataforma da aula virtual e do correo electrónico institucional do docente ou a través da ferramenta corporativa MS Teams e a plataforma Lifesize.
SISTEMA DE AVALIACIÓN:
Escenario 2: Distanciamento
-A defensa do TFM realizarase preferentemente de xeito presencial. De non poder ser así, realizarase telemáticamente.
Escenario 3: Peche das instalacións
-A defensa do TFM realizarase telemáticamente.
MODIFICACIÓNS A REALIZAR EN CASO DE ESCENARIO 2 E 3 SEN POSIBILIDADE DE PRESENCIALIDADE EN INSTITUCIÓNS
No tocante ás modalidades de Traballo Fin de Máster (punto 5 da guía), cómpre reformulalas, nos seguintes termos, pola situación excepcional de non presencialidade:
a) Unha proposta de ensinanza ou de intervención educativa, aínda que non se implemente pola situación excepcional de non presencialidade. Esta proposta ha de tomar como referencia os currículos das materias da especialidade ou algunha problemática da vida escolar e desenvolver algunha perspectiva innovadora achegando reflexións á da súa aplicación nunha situación excepcional como a actual. En definitiva, que na súa planificación, desenvolvemento e avaliación ofreza elementos de fundamentación, indagación e reflexión que non permitan confundila cunha programación didáctica.
b) Un traballo de iniciación á investigación sobre algún aspecto da área ou do proceso educativo (análise dos currículos, estratexias de ensinanza, aprendizaxes dos estudantes, materiais e recursos didácticos, avaliación, atención á diversidade, contextualización social da educación, modelos pedagóxicos, titoría, fracaso escolar, ensinanza de valores, etc.) que ofreza unha análise documentada do tópico seleccionado e unha reflexión sobre o mesmo desde o punto de vista da práctica docente en Educación Secundaria. Esta modalidade b) pode ter un carácter de investigación documental ou de investigación de campo. Se ten un carácter de investigación de campo o/a estudante deseñará unha investigación na que, tomando como base a revisión da literatura básica sobre o aspecto da área ou do proceso educativo obxecto de análise, fundamentará e deseñará a metodoloxía requerida para levar a cabo o estudo de campo: fundamentará teóricamente a investigación e organizará e deseñará os instrumentos e técnicas, para nunha situación excepcional de non presencialidade poder poñela en práctica.
Montserrat Lopez Diaz
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 881811873
- Correo electrónico
- montserrat.lopez.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Helena Rosa De Carlos Villamarin
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carolina Torron Casal
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814023
- Correo electrónico
- carolina.torron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Fernandez Blanco
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881812012
- Correo electrónico
- teref.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Luz Zas Varela
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811767
- Correo electrónico
- luz.zas [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Teresa Amado Rodriguez
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811888
- Correo electrónico
- mariateresa.amado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Remigio Moreira Arincon
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- remigio.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Victoria Gonzalez Gonzalez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813342
- Correo electrónico
- mvictoria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Leoncio Franco Fernández
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Álxebra
- Teléfono
- 881813163
- Correo electrónico
- leoncio.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vitor Manuel Migues Rodriguez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812616
- Correo electrónico
- vitormanuel.migues [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Javier Barja Perez
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Álxebra
- Teléfono
- 881813150
- Correo electrónico
- ja.barja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Modesto Garcia Soto
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812526
- Correo electrónico
- luisg.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Felipe Trillo Alonso
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813826
- Correo electrónico
- felipe.trillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Carlos Pardo Perez
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813726
- Correo electrónico
- juancarlos.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Elena Vázquez Abal
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Teléfono
- 881813143
- Correo electrónico
- elena.vazquez.abal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rosa Mª Trinchet Soria
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Análise Matemática
- Teléfono
- 881813205
- Correo electrónico
- rosam.trinchet [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Do Carme Hermida Gulías
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881812002
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosa María Rivas Torres
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813743
- Correo electrónico
- rosa.rivas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rubén Camilo Lois González
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ignacio Miguel Palacios Martinez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811890
- Correo electrónico
- ignacio.palacios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carol Jean Gillanders
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812063
- Correo electrónico
- carol.gillanders [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Angel Armas Castro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812013
- Correo electrónico
- xose.armas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Moran De Castro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813848
- Correo electrónico
- carmen.moran [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Andres Dominguez Almansa
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821024
- Correo electrónico
- andres.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Belén María Castro Fernández
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812072
- Correo electrónico
- belen.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Alberto Pose Varela
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- carlosalberto.pose [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Daniel Lanero Taboas
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812593
- Correo electrónico
- daniel.lanero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Miguez Macho
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812576
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Maria Iglesias Souto
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813741
- Correo electrónico
- patriciamaria.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristina Varela Portela
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813837
- Correo electrónico
- cristina.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Ramon Fernandez Vazquez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- xoseramon.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ana Isabel Couce Santalla
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813898
- Correo electrónico
- ana.couce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xosé Carlos Macía Arce
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812117
- Correo electrónico
- josecarlos.macia [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Armando Requeixo Cuba
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- armando.requeixo.cuba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Lopez Sandez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- maria.sandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Del Mar Sanjuan Roca
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813811
- Correo electrónico
- mariadelmar.sanjuan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Blanca Puig Mauriz
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812112
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Sóñora Luna
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- francisco.sonora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Miguel Ángel Nogueira Pérez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813816
- Correo electrónico
- miguelanxo.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Pablo Franco Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813835
- Correo electrónico
- jpablo.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Cristina Trigo Martínez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812024
- Correo electrónico
- cristina.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Remigio Paradelo Nuñez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881815042
- Correo electrónico
- remigio.paradelo.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Ministerio
Raquel Mariño Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813833
- Correo electrónico
- raquel.marino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Manuel Ramon Pousa Castelo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Silvia Lopez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Cristina Ceinos Sanz
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Isabel Dans Alvarez De Sotomayor
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813829
- Correo electrónico
- isabel.dans [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Aránzazu Fuentes Ríos
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- arantxa.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Beatriz Crujeiras Pérez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812005
- Correo electrónico
- beatriz.crujeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Guillermo Francisco Calviño Santos
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- guillermo.calvino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Paloma Blanco Anaya
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- paloma.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Sandra Rodriguez Burgos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Correo electrónico
- mariasandr.rodriguez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Juan Ramón Gallástegui Otero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- juanramon.gallastegui [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Pablo Brocos Mosquera
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- pablo.brocos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
German Vargas Callejas
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813820
- Correo electrónico
- german.vargas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Rodriguez Groba
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- ana.groba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Lucrezia Lopez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- lucrezia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Montserrat Capelan Fernandez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Teléfono
- 881812595
- Correo electrónico
- montserrat.capelan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Gonzalo Castiñeira Veiga
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Correo electrónico
- gonzalo.castineira.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Margarita Valcarce Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Olaya Santamaria Queiruga
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 982821020
- Correo electrónico
- olaya.queiruga.santamaria [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Rocio Carolo Tosar
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- rocio.carolo.tosar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Noemí Pereira Ares
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- noemi.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luis Carlos Cachafeiro Chamosa
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Enelina Maria Gerpe Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 982821070
- Correo electrónico
- emaria.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Gabriela Dolores Miguez Salina
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- gabriela.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Sabela Carme Mallo López
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813736
- Correo electrónico
- sabelacarme.mallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Isabel Serna Masia
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Jesica Nuñez Garcia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- jesica.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Olalla Cortizas Varela
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- olalla.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sergio Clavero Ibañez De Garayo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812026
- Correo electrónico
- sergio.clavero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Gabriela Ojeda Romano
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Prof...
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h