Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 204 Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
“La Educación tiene que servir para aprender a conocer, aprender a convivir, aprender a hacer y para aprender a ser”
Delors, J. (1996). Los cuatro pilares de la educación. La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisión internacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid: Santillana/UNESCO. pp. 91-103.
Un futuro docente deberá demostrar que ten capacidades e que posúe coñecementos, polo tanto, que sabe utilizalos en prácticas pedagóxicas diversas. Deberá ser capaz de:
- Demostrar interese, coñecementos didácticos e responsabilidade profesional nas actividades que se realicen dentro e fóra da aula, e que demostrarán as habilidades e actitudes necesarias da profesión docente.
- Elaborar propostas didácticas axeitadas ás características psicopedagóxicas e socio culturais do alumnado, da lóxica interna da disciplina e tendo como referente o Currículo de Educación Secundaria e Bacharelato.
- Manexar distintos recursos didácticos e aplicalos nas actividades e programacións que se desenvolvan, presentados e elaborados a través de software musical TIC.
- Reflexionar dun xeito persoal sobre as lecturas realizadas e outras actividades que impliquen reflexión.
- Coñecer, manexar e aplicar as técnicas, destrezas e estratexias didácticas propias da Educación Musical no ámbito da Educación Secundaria.
- Demostrar iniciativa e responsabilidade no desenvolvemento das distintas tarefas.
- Traballar en equipo nos proxectos e actividades que se desenvolvan.
- Elaborar os traballos que se especifiquen con rigor científico e didáctico, manexando fontes e recursos documentais procedentes de distintas bases de datos e línguas, coidando a coherencia interna e la organización.
- Principios metodolóxicos fundamentais da educación musical e a súa aplicación na aula.
- Didáctica da música paralos diferentes contidos curriculares.
- Proxectos e materiais curriculares: como elaboralos, seleccionalos e aplicalos.
- Aplicación das TIC's no ensino da música.
- Deseño e programación curricular do ensino da música.
BÁSICA:
Coll, C. (Ed).(2011). Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. Barcelona: Graó.
Giráldez, A. (Ed). (2011). Música. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó.
Zaragozá, J.LL. (2009). Didáctica de la música en la educación secundaria. Competencias docentes y aprendizaje. Barcelona: Graó.
COMPLEMENTARIA:
A.A.V.V. (2007). Competencias en educación musical, didáctica de la música, 41. Barcelona: Revista Eufonía, Graó.
Borragán, A., Barrio del, J.A. e Gutiérrez, J.N. (1999). El juego vocal para prevenir problemas de voz. Málaga: Ediciones Aljibe.
Cortázar, M.I. e Rojo, B. (2007). La voz en la docencia. Conocer y cuidar nuestra herramienta de trabajo. Barcelona: Graó.
Chacón, A. e Molina, E. (2005). Musicalización de textos Vol. 1. Metodología IEM. Madrid: Enclave creativa.
Díaz, M. e Giráldez, A. (coords.). (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Barcelona: Graó.
Farrell, S. R. (1994). Tool for powerful student evaluation. Meredith Music Publications
Gillanders, C. e Candisano, J.A. (2011). Métodos y modelos de educación musical. Música y educación,87, 62-72.
Giráldez, A. (2005). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.
Giráldez, A. (Coord.) (2011). Música. Complementos de formación curricular. Barcelona: Graó.
Giráldez, A.(Coord.) (2015). De los ordenadores a los dispositivos móviles. Propuestas de creación musical y audiovisual. Barcelona: Graó.
Heardgraves, D.J. (1998).Música y desarrollo psicológico. Barcelona: Graó.
Perrenoud, P. (2004). Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Barcelona: Graó.
Zaragoza J.LL.(Coord.) (2011). Didáctica de la música. Barcelona: Graó.
Esta bibliografía complementarase con outra máis específica e con outros materiais en distintos formatos (audios-audiovisuais-revistas-electrónicos, etc) no momento en que se desenvolvan os distintos contidos e actividades do programa.
Xerais:
(CX1) Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
(CX2) Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
(CX3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
(CX4) Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
(CX5) Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
(CX6) Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupales como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
(CX7) Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sustentable.
(CX8) Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
(CX9) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
(CX10) Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado.
Específicas asociadas ao módulo específico:
(CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
(CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
(CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudiantes.
(CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
(CE-E10) Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
Os eixos metodolóxicos principais son:
- Exposicións coa utilización de todo tipo de materiais e recursos didácticos.
- Participación do alumnado en coloquios e debates.
- Lectura crítica e reflexiva de manuais, artículos, textos e outros documentos.
- Clases activas a partir da utilización de todos os recursos didácticos necesarios no proceso de ensino-aprendizaxe. Tratarase de fomentar a participación do alumnado e o interese por acadar os obxectivos e competencias propostas.
- Reflexión posterior sobre os contidos e obxectivos desenvolvidos.
- Realización de traballos individuais e de grupo dentro e fóra do horario lectivo.
- Exposicións e reflexións.
Se os orzamentos o permiten, na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo e/ou experiencias de ApS, compartida con outras do curso na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Aula virtual: utilizarse para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e materiais.
Os materiais de estudo e outros documentos, atoparanse na aula virtual.
A) PRIMEIRA OPORTUNIDADE ORDINARIA
- Apartado nº1 (75% da nota final): Avaliación continua a través de traballos/tarefas e/ou de ser o caso, proxectos ApS e/ou saídas de campo. As diferentes actividades que se desenvolvan especificaranse en cada tema polo profesorado responsable. A cualificación neste apartado será a media ponderada entre o profesorado da materia.
- Apartado nº 2 (25% da nota final): Exame teórico-práctico.
Para superar a materia nesta oportunidade é requisito ter unha asistencia mínima do 80% das sesións de clase. Así mesmo, tamén é requisito, obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 nos dous apartados. No caso de suspender algún apartado, o alumnado poderá recuperalo na segunda oportunidade.
B) SEGUNDA OPORTUNIDADE ORDINARIA (MESMO CURSO ACADÉMICO)
- Apartado nº 1 (75% da nota final): O alumnado que teña superado este apartado conservará a súa cualificación para esta oportunidade, non podendo volver examinarse do mesmo. No caso de ter algunha actividade/traballo/tarefa suspensa e/ou pendente o alumnado deberá entregala nesta oportunidade.
- Apartado nº 2 (25% da nota final): Exame teórico-práctico.
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 nos dous apartados.
C) SISTEMA DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO QUE TEN EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA OU DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado comunicará ao profesorado da materia a súa condición de “alumno/a con exención de docencia oficial ou dispensa a clase” e poderá examinarse tanto na oportunidade ordinaria como extraordinaria.
- Apartado nº 1 (75% da nota final): Mesmo sistema de avaliación que na oportunidade ordinaria. No caso de non poder desenvolver algunha actividade derivada da súa condición como alumnado de dispensa, o profesorado formulará algunha actividade complementaria.
- Apartado nº 2 (25% da nota final): Exame teórico-práctico.
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 nos dous apartados.
ASISTENCIA A CLASE E FALTAS XUSTIFICADAS
Para examinarse na primeira oportunidade ordinaria é imprescindible que o alumnado asista ao 80% das sesións exceptuando a non asistencia por causas debidamente xustificadas tal e como sinala a normativa de asistencia a clase. Para acreditar as faltas xustificadas o alumnado deberá, no prazo máximo dunha semana, mostrar ao profesorado da materia os xustificantes orixinais que precise para iso.
ALUMNADO REPETIDOR
O alumnado repetidor da materia terá que cursar e examinarse da materia exactamente igual que o alumnado ordinario, non conservando ningunha cualificación obtida de convocatorias anteriores.
TRABALLOS:
Os traballos individuais e/ou colectivos deberán ser orixinais e entregados en tempo e forma que se indiquen en cada un deles. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente oportunidade. Para efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programen de forma coordinada.
O traballo debe ser imprescindiblemente semanal. O tempo deberá incrementarse segundo os intereses e as dificultades persoais do propio alumnado e dos contidos da materia.
a) - Actividades dentro do horario académico: 96h
- Sesións expositivas: 30h
- Sesións interactivas: 66h
b) - Actividades fóra do horario lectivo: 204
- Estudo e traballo individual ou en grupo: 80h
- Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos derivados da materia: 40h
- Programación/experimentación e outros traballos con medios técnicos (ordenador, laboratorio, recollida de datos, ...): 40h
- Preparación de debates, presentacións orais ousimilares: 30h
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas: 14
TOTAL (a+b) = 300h (12 créditos ECTS)
- Asistencia ás clases.
- Seguimento das sesións a través da aula virtual da materia.
- Traballo diario e constante.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas horas de titorías.
- Ser responsables e non esquecer as datas dos traballos ou actividades formuladas polo profesorado.
- Empregar os recursos propios da Facultade e Universidade (Bibliotecas...) e outros medios na rede para a busca de información.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia hai que ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grapas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados.
OUTRAS CUESTIÓNS:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Remigio Moreira Arincon
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- remigio.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Carol Jean Gillanders
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812063
- Correo electrónico
- carol.gillanders [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xosé María Lopez Carretero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- xosemarialopez.carretero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Laura Tojeiro Perez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Correo electrónico
- laura.tojeiro.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
Martes | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
23.05.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
03.07.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |