Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer e reflexionar sobre os aspectos máis relevantes do ensino da Física e da Química nos distintos niveis da educación secundaria.
1. Modelos teóricos e metodoloxías de investigación en Física e en Química.
Modelos e teorías
Métodos de investigación en Física e Química
2. Modelos de ensino e estratexias de intervención.
O modelo constructivista.
Estratexias e recursos para aprender a aprender
3. A aprendizaxe da Física e da Química: construción e uso de coñecementos
A construción de coñecementos e o seu uso.
A linguaxe na aprendizaxe das ciencias.
4. O desenvolvemento das competencias e prácticas científicas.
A competencia científica e a súa relación coa práctica científica
A construcción, uso, revisión e avaliación de modelos.
A argumentación en ciencias e o uso de probas
A indagación científica
Estratexias docentes para favorecer o desenvolvemento destas competencias
5. Resolución de problemas e traballo experimental en Física e Química, destrezas implicadas
O desenvolvemento de destrezas en Física e Química.
Os traballos prácticos: obxectivos e tipos.
Os problemas auténticos en ciencias.
6. Dificultades de aprendizaxe e transferencia de coñecementos na Física e na Química.
Dificultades na transferencia de conceptos.
Ideas alternativas e cambio conceptual.
Problemas no desenvolvemento de destrezas.
Dimensións afectivas na aprendizaxe das ciencias: motivación, interese, actitudes e emocións
7. O ensino da Física e a Química no contexto social.
Contexto social da ciencia.
O traballo na aula con cuestións de incidencia social.
Bibliografía básica:
- Caamaño, A.(Ed.) (2011). Didáctica da Física e da Química. Barcelona: Graó.
- Jiménez Aleixandre, M. P. (2010). 10 Ideas Clave. Competencias en argumentación y uso de pruebas. Barcelona: Graó.
- Sanmartí, N. (2002). Didáctica de las Ciencias en la Educación Secundaria Obligatoria. Síntesis.
Bibliografía complementaria:
- Acevedo Díaz, J.A. (2004). “Reflexiones sobre las finalidades de la enseñanza de las ciencias: educación científica para la ciudadanía”. Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias. 1 (1), 3-16.
- Cid, R. (2006). As dificultades de aprendizaxe. Avaliación da aprendizaxe de contidos básicos en ciencias na ESO en Galicia. Colección investigación educativa 16 ,131-166 (ICE – USC).
- Crujeiras Pérez, B., Gallástegui Otero, J. R., Jiménez Aleixandre, M. P. (2014). Indagación en el laboratorio de química. Alambique. Didáctica de las Ciencias Experimentales, 74,49-56.
- Domínguez, J.M. (2003). El uso de modelos en la enseñanza-aprendizaje de la física. Alambique. Didáctica de las Ciencias Experimentales, 35, 53-59.
- Furió C., e outros. (2000) “La enseñanza y el aprendizaje del conocimiento químico”, en F. Perales Palacios, P. Cañal de León (Eds.): Didáctica de las Ciencias Experimentales, Ed. Marfil, Alcoy.
- González Aguado, M. (2013). 84 experimentos de química cotidiana en secundaria. Barcelona: Graó.
- Justi, R. (2006). La enseñanza de las ciencias basada en la elaboración de modelos. Enseñanza de las Ciencias 24(2), 173-184.
- Lozano Lucía, O. R. (2014). 85 experimentos de física cotidiana. Barcelona: Graó.
- Martín, M. J., Gómez, M. A., e Guitiérrez, M. S. (2000). La Física y la Química en secundaria. Madrid: Narcea.
- Mellado, V., Borrachero, A. B., Brígido, M., Melo, L. V., Dávila, M. A., Cañada, F., Conde, C., Costillo, E., Cubero, J., Esteban, R., Martínez, G., Ruiz, C., e Sánchez, J. (2014). Las emociones en la enseñanza de las ciencias. Enseñanza de las Ciencias, 32(3), 11-36.
- Oliva, J. M. (2008). Qué conocimientos profesionales deberíamos tener los profesores de ciencias sobre el uso de analogías? Revista Eureka sobre la Enseñanza y Divulgación de las Ciencias, 5(1), 15-28.
- Vázquez-Alonso, A., Manassero-Mas, A. (2012). La selección de contenidos para enseñar naturaleza de la ciencia y tecnología (parte 1): Una revisión de las aportaciones de la investigación didáctica. Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias, 9(1), 2-31.
- Windschitl, M. (2003). Inquiry projects in Science Teacher Education: what can investigative experiences reveal about teacher thinking and eventual classroom practice? Science Education, 87, 112-143.
- Libros de textos de ESO e Bacharelato de Física e de Química de diversas editoriales.
- Revistas especializadas: Alambique, Boletín das Ciencias, Enseñanza de las Ciencias, Eureka, Revista Electrónica de Enseñanza de las Ciencias Latinoamerican Journal of Physics Education, Physics Education , Journal of Chemical Education, Internacional Journal of Science Education, Journal Research in Science Teaching, Research in Science Education, Revista de Educación, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, Science Education.
Xerais
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
- CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e as iniciativas persoais.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenrolo profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a entornos educativos novos ou poco coñecidos.
Específicas asociadas ó módulo xenérico
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE-G1. Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ó módulo específico
Que os estudantes sexan quen de:
- CE-E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e da aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
Transversais:
Que os estudantes sexan quen de:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinares.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán básicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da asignatura por parte da profesora. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudio de casos, a análise de proxectos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas pola profesora tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesións atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación con as súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa asignatura.
Ó ser una metodoloxía práctica é indispensable a asistencia a clase.
MEDIDAS DE ADAPTACIÓN DA DOCENCIA
- Escenario 1: normalidade adaptada
A docencia das clases expositivas e interactivas será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse de forma presencial ou a través de correo electrónico.
Garantirase a accesibilidade á bibliografía básica en función das condicións do escenario.
- Escenario 2: distanciamento
A docencia das clases expositivas e interactivas de carácter presencial convivirá coa virtual (campus virtual, Teams), en función do que dispoña a Facultade. As titorías e consultas realizaranse preferentemente de xeito virtual mediante correo electrónico ou Teams.
Garantirase a accesibilidade á bibliografía básica en función das condicións do escenario.
- Escenario 3: peche das instalacións
A docencia das clases expositivas e interactivas será completamente de carácter virtual e levarase a cabo dun xeito síncrono ou asíncrono a través das ferramentas institucionais da USC (campus virtual, Teams). As titorías e consultas realizaranse de forma virtual a través de correo electrónico, campus virtual ou Teams.
Garantirase a accesibilidade á bibliografía básica en función das condicións do escenario.
Sistemas de avaliación da aprendizaxe (Escenario 1)
Parte 1:
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen nas sesións expositivas e interactivas (na aula e no laboratorio).
b. Traballos escritos: Informes escritos nos que se poña de manifesto a diferenza entre o aprendido e o coñecemento inicial sobre a temática formulada en cada actividade. Algúns poderán ter que ser expostos publicamente.
Parte 2:
c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das sesións expositivas e interactivas.
Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final:
Parte 1:
- Apartado a: 15%
- Apartado b: 40%
Parte 2:
- Apartado c: 45%
Aclaracións:
-Para obter puntuación na apartado a será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases. A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
-A cualificación acadada na parte 1 terase en conta na segunda oportunidade da primeira convocatoria. Na segunda oportunidade, a porcentaxe de contribución da proba final (apartado c) na cualificación final da materia será a mesma que na primeira oportunidade.
-O alumnado con dispensa de asistencia deberá poñerse en contacto co docente na 1ª semana de clase (ou na 1ª semana despois de ter solicitado a dispensa) para que se lle suministre un plan de traballo. En todo caso, o alumnado con dispensa de asistencia deberá asistir á proba final (apartado c), realizando o mesmo exame que o resto do alumnado. Tamén realizará os mesmos traballos escritos (apartado b) que o resto do alumnado, que se programarán a través do campus virtual, pero non terá que asistir a ningunha sesión de clase. A contribución dos apartados na cualificación final da materia para o alumnado con dispensa de asistencia será: 50% apartado b (Parte 1) e 50% apartado c (Parte 2).
- O alumnado de segunda convocatoria e posteriores deberá contactar coa profesora en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre para acordar coa docente o plan de traballo a seguir para superar a materia. O alumnado de segunda convocatoria e posteriores que non contacte coa profesora dentro deste período será avaliado da mesma forma que o alumnado de primeira convocatoria.
MEDIDAS DE ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN
- Escenario 1: normalidade adaptada
O sistema de avaliación (ordinario e de dispensa de asistencia), porcentaxes de contribución e criterios para superar a materia son os detallados nos parágrafos anteriores. A avaliación continua formativa (Parte 1) combinarase cunha proba final individual de carácter presencial (Parte 2).
-Escenario 2: distanciamento
O sistema de avaliación (ordinaria e de dispensa de asistencia), porcentaxes de contribución dos distintos apartados e criterios para superar a materia serán idénticos aos indicados para o escenario 1. A avaliación continua formativa (Parte 1) combinarase cunha proba final individual (Parte 2) preferentemente de carácter telemático, empregando as ferramentas do Campus virtual.
No apartado a, terase en conta a asistencia e participación activa nas sesións presenciais/ virtuais e a entrega de actividades que se realizará de forma presencial ou a través do campus virtual. As condicións para a segunda oportunidade serán as mesmas que as sinaladas para o escenario 1. O alumnado de dispensa de asistencia e o alumnado de 2ª convocatoria e posteriores seguirán as mesmas pautas que as indicadas para o escenario 1.
- Escenario 3: peche das instalacións
O sistema de avaliación (ordinaria e de dispensa de asistencia), porcentaxes de contribución dos distintos apartados e criterios para superar a materia serán os mesmos que os indicados para o escenario 1. A avaliación continua formativa (Parte 1) combinarase cunha proba final individual (Parte 2) de carácter telemático, empregando as ferramentas do campus virtual.
Para a valoración do apartado a da avaliación ordinaria, terase en conta a asistencia e participación activa nas sesións virtuais e a entrega de actividades e informes dentro de prazo, que se programarán a través do campus virtual. As condicións para a segunda oportunidade serán as mesmas que as sinaladas para o escenario 1. O alumnado de dispensa de asistencia e o alumnado de 2ª convocatoria e posteriores seguirán as mesmas pautas que as indicadas para o escenario 1.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial do alumnado: total 48 horas
- Clases expositivas: 18 horas.
- Clases interactivas: 24 horas.
- Titorías: 6 horas.
Traballo personal do alumnado (non presencial): total 102 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 25 horas
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas: 17 horas.
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 10 horas
- Realización de exame: 3 horas.
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais e/ou virtuais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
As adaptacións correspondentes aos apartados de metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3 con respecto ao escenario 1, recóllense no seguinte “Plan de Continxencia”:
PLAN DE CONTINXENCIA
1. Medidas de adaptación da metodoloxía da ensinanza:
- Escenario 1: normalidade adaptada
A docencia das clases expositivas e interactivas será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse de forma presencial ou a través de correo electrónico.
Garantirase a accesibilidade á bibliografía básica en función das condicións do escenario.
- Escenario 2: distanciamento
A docencia das clases expositivas e interactivas de carácter presencial convivirá coa virtual (campus virtual, Teams), en función do que dispoña a Facultade. As titorías e consultas realizaranse preferentemente de xeito virtual mediante correo electrónico ou Teams.
Garantirase a accesibilidade á bibliografía básica en función das condicións do escenario.
- Escenario 3: peche das instalacións
A docencia das clases expositivas e interactivas será completamente de carácter virtual e levarase a cabo dun xeito síncrono ou asíncrono a través das ferramentas institucionais da USC (campus virtual, Teams). As titorías e consultas realizaranse de forma virtual a través de correo electrónico, campus virtual ou Teams.
Garantirase a accesibilidade á bibliografía básica en función das condicións do escenario.
2. Medidas de adaptación do sistema de avaliación:
- Escenario 1: normalidade adaptada
O sistema de avaliación (ordinario e de dispensa de asistencia), porcentaxes de contribución e criterios para superar a materia son os detallados nos parágrafos anteriores. A avaliación continua formativa (Parte 1) combinarase cunha proba final individual de carácter presencial (Parte 2).
-Escenario 2: distanciamento
O sistema de avaliación (ordinaria e de dispensa de asistencia), porcentaxes de contribución dos distintos apartados e criterios para superar a materia serán idénticos aos indicados para o escenario 1. A avaliación continua formativa (Parte 1) combinarase cunha proba final individual (Parte 2) preferentemente de carácter telemático, empregando as ferramentas do Campus virtual.
No apartado a, terase en conta a asistencia e participación activa nas sesións presenciais/ virtuais e a entrega de actividades que se realizará de forma presencial ou a través do campus virtual. As condicións para a segunda oportunidade serán as mesmas que as sinaladas para o escenario 1. O alumnado de dispensa de asistencia e o alumnado de 2ª convocatoria e posteriores seguirán as mesmas pautas que as indicadas para o escenario 1.
- Escenario 3: peche das instalacións
O sistema de avaliación (ordinaria e de dispensa de asistencia), porcentaxes de contribución dos distintos apartados e criterios para superar a materia serán os mesmos que os indicados para o escenario 1. A avaliación continua formativa (Parte 1) combinarase cunha proba final individual (Parte 2) de carácter telemático, empregando as ferramentas do campus virtual.
Para a valoración do apartado a da avaliación ordinaria, terase en conta a asistencia e participación activa nas sesións virtuais e a entrega de actividades e informes dentro de prazo, que se programarán a través do campus virtual. As condicións para a segunda oportunidade serán as mesmas que as sinaladas para o escenario 1. O alumnado de dispensa de asistencia e o alumnado de 2ª convocatoria e posteriores seguirán as mesmas pautas que as indicadas para o escenario 1.
Maria Jose Romero Castro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821068
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
26.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
01.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |