Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo central da asignatura é responder á cuestión ¿Como ensinar bioloxía e xeoloxía de forma que se favoreza o desenvolvemento das competencias básicas, en particular da competencia científica? Noutras palabras, como ensinar bioloxía e xeoloxía de forma que se promova a construción de coñecementos, destrezas e actitudes, e a capacidade de poñelos en práctica de forma integrada, aplicándoos en contextos e situacións diversos.
Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
- Ser capaz de deseñar actividades de aprendizaxe que supoñan a participación do alumnado en prácticas científicas, como construír modelos ou usar probas.
- Ser capaz de formular problemas auténticos para traballar nas clases de bioloxía, xeoloxía e ciencias da natureza en secundaria (ESO e Bacharelato), relativos, por exemplo, aos seres vivos e a organización celular, aos procesos de nutrición, á orixe do relevo, o tempo en xeoloxía e os cambios xeolóxicos, aos ecosistemas, a herdanza biolóxica e a evolución, e a tectónica de placas ou ás causas dos procesos internos.
- Ser capaz de identificar distintos problemas de aprendizaxe relevantes en situacións reais ou simuladas, e estratexias docentes que pretenden resolvelos.
- Ser capaz de modificar prácticas e actividades convencionais e transformalas en problemas que demanden participación activa do alumnado, que favorezan o desenvolvemento de destrezas traballadas nas prácticas de laboratorio e nas saídas ao campo.
- Ser capaz de utilizar diferentes fenómenos, sucesos, seres vivos ou obxectos naturais do entorno como recurso e motivación para o traballo na aula.
- Ser capaz de identificar dimensións do traballo científico, modelos teóricos e métodos en exemplos da historia da ciencia, e integrar unha imaxe contemporánea do traballo científico no ensino.
ASPECTOS XERAIS DA APRENDIZAXE DA BIOLOXÍA E DA XEOLOXÍA: CONSTRUCCIÓN E USO DE COÑECEMENTOS, MODELOS E DIFICULTADES DE APRENDIZAXE
O modelo construtivista: papel do profesorado e do alumnado e a importancia das ideas alternativas na aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía.
Estratexias mentais, habilidades e actitudes para a aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario.
Os modelos mentais no ensino e aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía.
A construción, uso revisión e avaliación de modelos.
A transposición didáctica no ensino e aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: da ciencia das disciplinas á ciencia escolar.
O uso de probas para avaliar o coñecemento, a argumentación: papel das probas, criterios para avaliar probas, elementos dos argumentos.
A indagación nas clases de bioloxía e xeoloxía en secundaria: indagacións, proxectos de investigación do alumnado. Continuum de indagación.
As explicacións do profesorado nas clases de ciencias: comunicación, transformacións do discurso.
Estratexias e recursos para aprender a aprender: Mapas conceptuais, V de Gowin, Webquest e orientacións para a formulación de indagacións en contextos de cognición situada.
A competencia científica e a súa relación coas prácticas científicas.
A investigación e innovación didáctica no ensino e aprendizaxe de Bioloxía e Xeoloxía.
A APRENDIZAXE DA BIOLOXÍA E DA XEOLOXÍA NOS GRANDES ÁMBITOS CURRICULARES:
A construción de coñecementos e o seu uso nos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: modelos e conceptos como ferramentas; pensar con conceptos científicos
Linguaxe e aprendizaxe nos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: construción de significados; aprender a ler, analizar e redactar textos científicos.
Dificultades na transferencia de conceptos científicos aos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: ideas alternativas en Bioloxía e Xeoloxía e cambio conceptual no avance de modelos mentais iniciais cara os modelos mentais complexos.
Dimensións afectivas na aprendizaxe dos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: o desenvolvemento de actitudes e valores; como promover a motivación e o interese polas ciencias; ensino das ciencias e formación da cidadanía.
O desenvolvemento de destrezas nos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: Técnicas, destrezas e estratexias. Procedementos, clasificación, seriación, observación, interpretación de mapas e cortes xeolóxicos; representación de datos; imaxes e diagramas.
Traballos prácticos nos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: obxectivos; tipos; traballos abertos e fechados.
Problemas auténticos relevantes para os diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: deseño de problemas
O traballo de campo nos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: Recursos en Galicia.
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA NO CONTEXTO SOCIAL
Contexto social da Ciencia: a investigación e o seu impacto social; biotecnoloxía; determinismo; enfermidades emerxentes; dimensións científicas, sociais e éticas.
Educación Ambiental, cambio climático e cambio global.
Ciencia e xénero: coeducación na aula; outras historias da ciencia, papel do coñecemento etnobotánico tradicional.
As cuestións socio-científicas: traballo na aula con cuestións de incidencia social.
Programa actividades nas clases interactivas
1- Análise da xerminación dende o punto de vista da fisioloxía vexetal e das sucesións nos ecosistemas
2 Extracción e purificación do ADN.
3.- Extracción e separación de pigmentos vexetais.
4.- Análise microbiolóxico das branquias dos mexillóns e as súas relacións coa nutrición dos bivalvos.
5.- A disección dun corazón como actividade práctica nuclear para o ensino e aprendizaxe da nutrición.
6.- A disección dun ollo como actividade práctica nuclear para o ensino e aprendizaxe da función de relación.
7. Análise microscópico de tecidos e órganos.
8.- Simulación de formación de dunas e riples no encadre do estudo dos impactos das obras públicas no litoral.
9.- Dinámicas de grupos e actividades prácticas sobre cambio climático.
Bibliografía básica:
Cañal, P., de Pro Bueno, A., del Carmen Martín, L. M., Barros, S. G., Jiménez , M. P. J., Bargalló, C. M., .& Samartí, N. (2011). Didáctica de la Biología y la Geología (Vol. 22). Graó.
Jimenez, M. P. ., Ros, A. C., de Torre, A. O., de Pro Bueno, A., & Rodríguez, E. P. (2003). Enseñar ciencias (Vol. 176). Grao.
Osborne, R., & Freyberg, P. (1991). El aprendizaje de las ciencias: influencia de las" ideas previas" de los alumnos (Vol. 121). Narcea Ediciones.
Bibliografía complementaria
Jiménez, M. P. J., Brañas, M. P., Sóñora, F. & García – Rodeja, I. (1998). Diez mil años en un centímetro: unidad curricular sobre el suelo. Su formación, degradación, cuidado y restauración. En Investigación e innovación en la enseñanza de las ciencias (pp. 83-90). DM.
Jiménez, M. P. , Gallástegui, J. R. G., Eirexas, F.., & Mauriz, Puig B. (2009). Actividades para trabajar el uso de pruebas y la argumentación en ciencias. Danú.
Jiménez, M. P., & Puig, B. (2013). El papel de la argumentación en la clase de ciencias. Alambique: Didáctica de las ciencias experimentales, (75), 85-90.
Jiménez, M. P. J., & Díaz, J. (1998). La indagación en las clases prácticas de biología: el uso del microscopio. En Investigación e innovación en la enseñanza de las ciencias (pp. 111-119). DM.
Municio, J. I. P., Pozo, J. I., & Crespo, M. Á. G. (1998). Aprender y enseñar ciencia: del conocimiento cotidiano al conocimiento científico. Ediciones Morata.
Sanmartí, N. (2008). Escribir para aprender ciencias. Aula de innovación educativa, 175, 29-32.
Sóñora, F., & Anguita, F. (2011). Unidade 3 de Climántica: Auga e cambio climático.bSantiago de Compostela. Xunta de Galicia.
Sóñora-Luna, F., & Alonso-Méndez, A. (2018). Ocean Under Global Change: From Science to School. International Journal of Environmental and Science Education. 2018, (13 No. 2), 97-112.
Sóñora, F., Fernández, E., Barañano, C., & Alonso. A. (2019). Investigación de Ecoloxía Escolar nunha pradaría de Zostera nolteii. Innovación educativa, (29), 27-43.
Sóñora, F., Rodríguez-Ruibal, M. M., & Troitiño, R. (2009). Un modelo activo de educación ambiental: prácticas sobre cambio climático. Enseñanza de las Ciencias de la Tierra, 17(2), 196-206.
Competencias
Que as e os estudantes sexan capaces de:
Xerais
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
- CG8. Desenvolver estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver destrezas de pensamento e decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu desenvolvemento profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a entornos educativos novos ou pouco coñecidos.
Específicas asociadas ao módulo xenérico
- CE-G1. Coñecer as características do alumnado, os seus contextos sociais e motivacións.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ao módulo específico
- CE-E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións nos que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino e aprendizaxe.
- CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidad.
Transversais:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinarios.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e o seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesor. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos, de textos e artigos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesor tanto na aula coma nas sesións de titoría. Nestas atenderase os estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionados coa materia.
Por outra parte, a Aula Virtual permite a conexión directa do alumnado cos recursos da materia e facilita as estratexias de ensino-aprendizaxe, ao presentarse nela todos os contidos expostos nas sesións expositivas, presentacións do profesorado nas sesións interactivas, outros documentos utilizados, artigos recomendados, ligazóns de interese, outras propostas, etc. Amais, é a través desta Aula como se realizará a interacción do alumnado co profesorado en relación aos informes ou traballos a presentar.
Ao ser unha metodoloxía práctica é indispensable a asistencia a clase.
Sistema de avaliación
Parte1:
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio, ou nas saídas de campo.
b. Elaboración e presentación dun traballo escrito a modo de portfolio que deberá describir, valorar e conectar co currículo todas as actividades interactivas. Tamén incluirá unha proposta curricular derivada e inspirada nas actividades das clases interactivas e un deseño dunha actividade competencial orientada polas liñas transversais de Educación Ambiental e Educación para a saúde. Ese portfolio será grupal, pero incluirá un apartado final que inclúa as reflexións persoais das achegas feitas cada membro do equipo ao traballo grupal e tamén as valoracións do conxunto do portfolio.
Parte 2
c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e práctica.
Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final: Parte 1: - Apartado a: 10% - Apartado b: 30% (25% pola parte do grupo e 5% pola individual). Parte 2: - Apartado c: 60% (45% por items de resposta pechada de elección múltiple e 15% por resolución de casos prácticos). Para obter puntuación na Parte 1 será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases. A xustificación das falta terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, pero non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
Na primeira oportunidade é necesario obter como mínimo un 40% (mínimo 2,4 sobre 6) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte 1 ( apartados a e b). O alumnado que non teña puntuación na parte 1, será cualificado unicamente coa nota da parte 2 (apartado c), que ao representar este o 60% do total non será superior a 6. O alumnado de segunda convocatoria e posteriores deberá falar cos docentes en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre a fin de concretar o plan de traballo.
Avaliación do alumnado con dispensa de docencia. O alumnado que teña concedida dispensa de docencia estará sometido á Normativa xeral que corresponda. Con todo, é preciso que se poña en contacto co docente durante as primeiras semanas de máster para concretar a súa situación para establecer, no seu caso, o plan de traballo alternativo. Nese contacto das primeiras semanas de curso concretarase o sistema de traballo substitutivo do descrito na parte b que consistirá en webquest que parta de situacións problemáticas relacionadas cos mesmos contidos abordados nas clases interactivas presenciais. Este traballo consistirá na presentación dun portfolio de elaboración individual, tendo que entregar un documento coa fundamentación didáctica, a url, e a explicación da resolución con capturas de pantalla. Terá unha valoración de 4 puntos (6 da parte c e 4 da parte b alternativa para estes estudantes con concesión do dereito de dispensa da presencialidade podan acadar a cualificación de 10 puntos).
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do alumnado: total 42 horas
- Clases expositivas: 18 horas.
- Clases interactivas: 24 horas.
- Titorías: 6
Traballo persoal do alumnado (non presencial): total 102 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Elaboración e escrita de exercicios, análises, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 20 horas
- - Programación, experimentación, preparación debates, etc: 14
- Actividades na biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas: 15 horas.
- Realización do exame: 3 horas.
Recomendacións para o estudo da materia
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Francisco Sóñora Luna
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- francisco.sonora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Martes | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
21.05.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
27.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |