Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Xerais:
- Afondar no lugar reservado ao ensino/aprendizaxe das linguas estranxeiras (ou linguas segundas) no currículo de secundaria e das EOI/Centros de Linguas.
-Reflexionar sobre o valor educativo da materia e identificar os contidos vinculados a ela.
-Desenvolver estratexias de aula.
Conceptuais:
- Analizar e valorar o ensino/aprendizaxe da LE (FLE) no currículo do ensino secundario.
- Adquirir modelos e procedementos que permitan a elaboración de unidades didácticas, actividades e modalidades de avaliación enfocadas a unha progresión apropiada na aula de lingua estranxeira (LE) .
-Reflexionar sobre as diferentes metodoloxías aplicadas no proceso de ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras e segundas linguas.
-Coñecer e valorar diferentes tipos de avaliación dos procesos de ensino/aprendizaxe.
-Profundar no papel e aplicación das TIC no ensino/aprendizaxe de LE (FLE).
Procedementais:
-Recoñecer, asimilar e xerar liñas mestras para a secuencia de aprendizaxes na área de LE no ensino secundario.
-Analizar, interpretar e seleccionar materiais de base (manuais, propostas de actividades, etc.) para o ensino de LE (FLE) en función dos diversos niveis do MCERL e dos distintos perfís do alumnado (individuais e de grupo).
-Familiarizarse con ferramentas e recursos didácticos variados aplicables ás aulas de LE (FLE).
-Motivar e mellorar a capacidade de elaborar recursos e crear propostas propias de actividades integradoras orientadas á aula.
-Coñecer e manexar ferramentas básicas de busca de información relacionadas coa materia.
-Localizar e situar os contidos transversais nas aulas de LE (FLE).
Actitudinais:
-Interesarse por e valorar contidos non exclusivamente lingüísticos integrados no ensino/aprendizaxe de linguas estranxeiras.
-Tomar parte activa na crítica e construción de materiais diversos de aula e para as aulas.
-Adquirir o hábito de cuestionar e seleccionar os materiais e documentos de uso didáctico.
-Xerar recursos para a solución de problemas de aula de índole didáctica.
Os contidos distribuiranse na práctica en varios percorridos especificados en detalle no espazo reservado á materia no Campus Virtual da USC.
-Axentes implicados no ensino/aprendizaxe de linguas estranxeiras.
-Ludificación: gradacións e funcións do seu uso na aula.
-Secuencias pedagóxicas: planificación, elaboración e descrición.
-Contidos transversais na aula de LE/FLE: competencia afectiva e competencia intercultural.
-Vías de adquisición de competencias lingüísticas no método comunicativo e no enfoque por tarefas.
-Relevancia das TIC e outras ferramentas relacionadas na didáctica das linguas estranxeiras.
-Estratexias de aprendizaxe e relevancia do erro.
-Análise de materiais, recursos e ferramentas para o ensino/aprendizaxe de LE/FLE: os manuais e a creación de recursos propios.
-A avaliación de competencias en lingua estranxeira : tipos, criterios e instrumentos.
A seguinte bibliografía de base completarase con artigos recuperables en internet e incluídos para cada bloque temático no campus virtual.
Bertocchini, P. e Costanzo, E. (2017) (2ª ed.) Manuel de formation pratique pour le professeur de FLE. Paris: CLE international
Cuq, J.-P.; Gruca, I. (2017) (4ª ed.) Cours de didactique du français langue étrangère et seconde. Grenoble : P UG.
Desmons, F. [et al.] (2011) Enseigner le FLE : (français langue étrangère) : pratiques de classe : [A1/A2/B1/B2] Paris: Ed. Belin
Guillén, C. (coord.) (2010), Francés. Investigación, innovación y buenas prácticas. El desarrollo del currículo de FLE en la educación secundaria obligatoria y el bachillerato. Problemática y actuaciones docentes. Barcelona: Graó.
Llobera, M.; Herrera, F. e Eusebio, S. (2016) Enseñar español a niños y adolescentes: enfoques y tendencias. Barcelona: Difusión.
Competencias xerais:
-CX1 – Coñecer contidos curriculares da materia no ensino secundario.
-CX4 - Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe en lingua francesa nos distintos niveis da Educación Secundaria.
-CX6 - Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas adaptadas á diversidade dos/as estudantes.
-CX17 – Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender.
Competencias específicas da materia:
-CE-E2 - Coñecer os contidos cursados no ensino secundario.
-CE-E6 - Transformar os currículos en programas de actividades e traballo de aula.
-CE-E7 - Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
-CE-E8 - Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas do alumnado.
-CE-E9 - Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino/aprendizaxe.
-CE-E10 - Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
-CE-E11 - Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ensino/aprendizaxe de LE/FLE.
Competencias básicas:
-CB1 - Posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral.
-CB2 - Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación de xeito profesional e posuír as competencias que adoitan amosarse a través da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
-CB4 - Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
-CB5 - Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais
- CT-1- Empregar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluído o acceso á web.
- CT-2 - Xestionar de xeito adecuado o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñíbeis.
- CT-3 - Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinares.
En función da concentración de horas por sesión de clase, as aulas co grupo total de alumnado incluirán espazos para a modalidade expositiva e a interactiva. Isto permitirá racionalizar a práctica docente/discente e facer rendible o tempo de aula.
- As secuencias expositivas aportarán o marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. Incluirán espazo para as propostas do alumnado, a análise e reflexión crítica, o debate e a posta en común.
- Nas secuencias interactivas reforzaranse todos os aspectos de práctica mencionados a partir de supostos concretos.
As tarefas que o alumnado realizará para a resolución ou proposta de casos concretos serán decididas e consensuadas na aula e serán atendidas na aula e nas sesións de titoría.
Cada estudante deberá deseñar e defender unha proposta didáctica de LE/FLE para a educación secundaria ou a educación en LE de persoas adultas (EOI e Centros de linguas).
A docencia será de carácter presencial.
As tarefas do alumnado orientaranse á reflexión e debate e á resolución ou proposta de casos concretos de aula. Serán atendidas nas clases e nas sesións de titoría (individual ou grupal). Estas últimas poderán realizarse eventualmente por vídeo-conferencia a través da aula virtual habilitada para a materia na plataforma Microsoft Teams.
O campus virtual da USC é soporte imprescindible das aulas. Alberga os cartafoles dos percorridos temáticos en que se estrutura a materia, que inclúen documentos de distinta natureza (resumos dos contidos teóricos, materiais complementarios, bibliografía de apoio e acceso a outros espazos da web de apoio ás aulas). O campus acollerá igualmente as pautas de realización das tarefas e actividades prácticas que non requiran da presencia do alumnado nas aulas. Este espazo virtual reforzarase con outro creado na plataforma Teams co fin de facilitar as titorías virtuais e o paso a un escenario que esixa o uso da videoconferencia.
A avaliación da materia será continua. Concederase unha grande relevancia á participación na dinámica das aulas e ás tarefas realizadas e presentadas nelas. Terá non obstante un peso relevante a elaboración e defensa dunha proposta práctica de intervención na aula como última tarefa. Para a superación da materia, cada estudante deberá :
-Participar activamente nos comentarios e debates xerados na aula.
-Realizar as tarefas sinaladas no transcurso da materia.
-Elaborar e defender unha proposta práctica de intervención na aula para o ensino/aprendizaxe de LE/FLE en educación secundaria ou en formación de persoas adultas (EOI ou Centros de Linguas). A valoración deste proxecto terá en conta a calidade do propio documento elaborado, a defensa oral e a exposición ou posta en práctica da proposta didáctica. Para a presentación oral teranse en conta a claridade expositiva, a calidade e interese da programación, a eficacia e adecuación das actividades didácticas presentadas en relación ao nivel educativo para o que se propoñen, o uso dunha fonética produtiva e a calidade da expresión oral en lingua francesa ou na lingua meta específica.
Porcentaxes estimadas de parámetros avaliables :
-Asistencia e participación activa (20%)
-Realización e exposición de tarefas específicas (30%)
-Proxecto de aula: elaboración e defensa (50%)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e tarefas programadas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos e das estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación en segunda oportunidade
O alumnado que non supere a materia segundo os parámetros de avaliación descritos, contará coa posibilidade de presentarse á segunda edición ordinaria coa parte que teña suspensa (traballos e/o unidade didáctica) o á través dun traballo titorizado acordado previamente coa persoa coordinadora da materia.
Alumnado en segunda matrícula
As persoas que estean matriculadas nesta materia por segunda vez deberán consultar coa profesora ou o profesor responsable as condicións para a súa avaliación.
Dispensa de asistencia a clase
O alumnado que precise dunha dispensa de asistencia ás aulas presenciais deberá presentar esta petición oficialmente e tal dispensa deberá ser aprobada pola Comisión Académica do Máster. As persoas con dispensa de asistencia a clase aprobada:
* Con data anterior ao inicio das clases presencias, deberán fixar e acordar coa profesora as horas de titoría correspondentes (mínimo de 3 titorías presenciais ou telemáticas) para permitir un seguimento axeitado da progresión da materia.
* Serán avaliadas segundo as porcentaxes estimadas que seguen:
-Realización de tarefas específicas programadas (35%)
-Proxecto de aula: realización dunha unidade didáctica (65%)
Alumnado con diversidade funcional
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade temporal deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo ‘Servizo de promoción e integración universitaria’ da USC e informar á docente da materia durante as dúas primeiras semanas do semestre para que sexan aplicadas as adaptacións curriculares e/ou avaliativas pertinentes.
Traballo presencial - Clases presenciais - 48h :
- Secuencias expositivas – 12 h
Tratarán os distintos contidos, presentarán casos prácticos e servirán para orientar o traballo das clases interactivas e do traballo autónomo.
-Secuencias interactivas – 24h
Estarán centradas nas exposicións, debates, elaboración e corrección de materiais e propostas didácticas, planificación da actividade do período do Practicum, etc.
-Titorías individuais e en grupo – 12h
Terán como obxectivo a guía e atención personalizada da evolución das tarefas e do proxecto final.
Traballo persoal - 102h
Este traballo inclúe:
-Estudo autónomo ou en grupo
-Procura e elaboración de materiais e de propostas didácticas
-Preparación de debates e sesións orais
-Busca de información, bibliografía e outros materiais (en biblioteca e na web) e lecturas recomendadas.
-Elaboración e exposición da unidade didáctica.
Para un seguimento axeitado das aulas, recoméndase ao alumnado un nivel de FLE próximo ao B1 do MCERL. De pertencer o alumnado a especialidades non vinculadas ao FLE e cun dominio inferior ao nivel B1, poderá variarse e adaptarse a lingua vehicular da materia, sempre e cando se poña en coñecemento da docente.
Tanto nas secuencias interactivas como nas expositivas será necesaria a participación do alumnado para a correcta progresión e a superación da materia.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón: http://www.usc.es/es/servizos/oix/modules/news/news_0009.html
O campus virtual da USC é o soporte de documentos de distinta natureza que completan os contidos das aulas. A consulta e seguimento deste espazo serán necesarios para acceder aos resumos dos contidos teóricos de cada bloque temático, a materiais complementarios e á descrición e realización das tarefas esixidas. Este espazo virtual reforzarase con outro creado na plataforma Teams co fin de facilitar as titorías virtuais e o paso a un escenario que esixa o uso da videoconferencia.
ADAPTACIÓNS PARA O ESCENARIO 2 : DISTANCIAMENTO
Metodoloxía:
A docencia correspondente ás sesións expositivas e interactivas facilitarase en parte “en remoto” de forma síncrona, especialmente para os contidos de corte teórico.
A tal efecto, como complemento do Campus Virtual da USC habilitarase unha aula na plataforma Microsoft Teams que, combinada co campus virtual e o acceso a través delas a outros espazos e documentos de apoio en internet, se empregara na alternancia de aulas presenciais con aulas en liña para as secuencias expositivas e para algunhas das actividades prácticas.
Asegurarase un mínimo de 12h de presencia na aula. Se as condicións e o número reducido de estudantes o permitira, este mínimo poderá ampliarse ata acadar as 24h previstas para as secuencias interactivas.
As sesións de titoría realizaranse telemáticamente a través do foro do campus da USC ou por vídeo-conferencia a través da plataforma Teams.
Avaliación:
A avaliación será continua e atenderá aos mesmos parámetros e porcentaxes que no escenario 1. As actividades correspondentes ás secuencias interactivas poderán realizarse de forma presencial e “en remoto”. Entrarán a integrar igualmente na súa totalidade o 20% correspondente á asistencia ás aulas e participación activa nelas. Manteranse as porcentaxes avaliativas das tarefas específicas (30%) e do proxecto de aula (50%) manteranse. A defensa da proposta de aula poderá realizarse tanto “en remoto” como presencialmente.
ADAPTACIÓN PARA O ESCENARIO 3: CONFINAMENTO
Metodoloxía:
A docencia será completamente en liña.
As sesións expositivas e interactivas realizaranse na súa totalidade “en remoto” a través do espazo habilitado para a materia na plataforma Teams de forma síncrona no horario establecido. Nestas sesións combinarase a exposición de contidos coa realización de tarefas individuais e colaborativas.
As sesións de titoría, individual ou en grupo, realizaranse telemáticamente a través do foro do campus da USC ou por vídeo-conferencia na plataforma Teams.
Avaliación:
A avaliación será continua e atenderá aos parámetros e porcentaxes indicados no apartado correspondente. As actividades previstas para as secuencias interactivas, ao igual que as secuencias expositivas, realizaranse integramente “en remoto”. Manteranse as porcentaxes avaliativas da asistencia e participación nas aulas (20%), das tarefas específicas (30%) e do proxecto de aula (50%). A defensa deste último realizarase a través da plataforma virtual Teams.
Maria Isabel Gonzalez Rey
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martázul Busto Núñez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 982824606
- Correo electrónico
- martazul.busto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Francés | Aula 21 |
31.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
05.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |