Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
a) Xerais
- Introducir ao alumnado en aspectos concretos do ensino do inglés relacionados coa programación das ensinanzas e o proceso de avaliación.
- Establecer conexións entre a teoría lingüística e a práctica pedagóxica.
- Reflexionar sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e o ensino de linguas.
- Proporcionarlle ao alumnado destrezas básicas para a práctica do ensino do inglés.
- Familiarizar ao alumnado coa bibliografía especializada de maior relevancia sobre os temas do programa.
- Proporcionarlle ao alumnado principios básicos teóricos e técnicas prácticas para o seu propio desenvolvemento profesional como futuros profesores de inglés.
b) Específicos
- Proporcionarlle ao alumnado pautas e orientacións prácticas para un bo manexo e unha organización efectiva da clase.
- Familiarizar ao alumnado coa organización do currículo de inglés na Educación Secundaria (ESO e Bacharelato)
- Aprender a planificar, programar e deseñar cursos, unidades didácticas e clases.
- Familiarizar ao alumnado cos materiais (libros de texto, ferramentas audiovisuais e multimedia, gramáticas, dicionarios, glosarios, recursos de apoio para profesores e alumnado) utilizados habitualmente para o ensino do inglés.
- Examinar o papel das novas tecnoloxías no ensino do inglés.
- Familiarizar ao alumnado coas últimas tendencias europeas sobre o ensino de linguas, con especial atención ao Marco Común Europeo de Referencia (MCER) e ao Portfolio Europeo das Linguas (PEL).
- Definir e explicar as diferenzas principais entre os conceptos de “examinar” e “avaliar”, poñendo de manifesto a importancia de ambos os dous fenómenos para o proceso de ensino-aprendizaxe.
Nota: Os contidos que se inclúen neste programa son orientativos. Poden sufrir certas modificacións de acordo coas necesidades do alumnado e o desenvolvemento do curso.
Revisión de conceptos e nocións centrais no ensino do inglés como lingua estranxeira. Situación da lingua inglesa nas ensinanzas de réxime xeral e de réxime especial.
Programacións e planificación. Programacións anuais. Unidades didácticas. Programación de clases.
Os materiais para o ensino e aprendizaxe do inglés. Análise, selección e avaliación.
O proceso de avaliación do inglés como lingua estranxeira. Tipos, instrumentos e marcos de referencia.
- Estaire, Sheila e Zanón, Javier, Task-based Teaching, Heinemann, Oxford, 1994.
- Gower, R., Phillips, Diane e Walters, S., Teaching Practice Handbook, Heinemann, Oxford, 1995.
- Grant, Neville, Making the Most of your Textbook, Longman, Londres e Nova Iorque, 1987.
- Harmer, Jeremy, How to Teach English, Longman, Harlow, 1994.
- Hill, Jimmy e Lewis, Michael, Practical Techniques for Language Teaching, 2ª ed., Language Teaching Publications, Hove, 1992.
- Palacios, Ignacio et al. Dicionario de ensino e aprendizaxe de linguas. Santiago de Compostela: U. de Santiago, 2009.
- Ribé, Ramón e Vidal, Núria, La Enseñanza de la Lengua Extranjera en la Educación Secundaria, Alhambra Longman, Madrid, 1995. (Capítulos 8, 10 e 11)
Salaberri, Sagrario, Lingüística Aplicada a la enseñanza de lenguas extranjeras, Servicio de Publicaciones de la Universidad, Almería, 1999.
- Schellekens, Philida, The Oxford ESOL Handbook, Oxford University Press, Oxford, 2007.
- Ur, Penny, A Course in Language Teaching, Cambridge University Press, Cambridge, 1996.
- Watkins, Peter, Learning to Teach English, Delta Publishing, Peaslake, 2005. (Capítulo 16)
- Willis, Jane, Teaching English through English, Longman, Harlow, 1981.
- Woodward, Tessa, Planning Lessons and Courses, University Press, Cambridge, 2001. (Existe tamén unha versión traducida ao español de 2002 na mesma editorial).
* Cando sexa necesario, proporcionaranse outras fontes bibliográficas así como recursos electrónicos para cada unha das unidades do programa.
- Desenvolvemento de destrezas pedagóxicas con especial atención ás técnicas de planificación da clase e ás estratexias de manexo e organización da aula.
- Transformación dos currículos en programas de actividades e de traballos.
- Adquisición de criterios de avaliación de materiais didácticos.
- Adquisición de técnicas para a implementación de materiais didácticos.
- Fomento dun clima de traballo que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- Integración da formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- Coñecemento de estratexias e procedementos de avaliación, entendendo esta como un procedemento de regulación da aprendizaxe e de estímulo ao esforzo.
- Utilización de bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por internet.
- Xestión de forma óptima do tempo de traballo e organización dos recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
- Potenciación da capacidade para traballar en contornas cooperativas e pluridisciplinares.
- Presentacións por parte do profesor.
- Postas en común sobre un tema de debate.
- Resolución de pequenos problemas ou supostos.
- Traballos en parella e en grupos.
- Sesións de microensino: Presentacións orais do alumnado de maneira individual ou en pequenos grupos.
No caso de que se decrete algunhos dos escenarios de continxencia aplicarase o indicado no apartado de observacións baixo o epígrafe “Plan de continxencia”
O progreso do alumnado nos distintos aspectos do curso será avaliado a través dun seguimento continuado do seu traballo. O alumnado terá que completar varias tarefas, algunhas das cales realizaranse na propia clase. En consecuencia, a asistencia é realmente importante.
A título orientativo establécense os seguintes criterios e módulos para a avaliación do alumnado:
a) Asistencia e participación activa na aula (ata 20%)
b) Deseño dunha unidade didáctica, presentacións na aula e outras tarefas prácticas (ata 80%)
O Máster ao que pertence esta materia ofértase exclusivamente en formato presencial, polo que o alumnado que non cumpra co requisito mínimo de asistencia a clase (80%) deberá realizar unha proba final de toda a materia na data establecida ao efecto. Do mesmo xeito, se non se levan a cabo as tarefas de avaliación programadas na aula nas datas fixadas deberase realizar na data establecida unha proba final da(s) parte(s) non avaliada(s). Non se computarán como tales as inasistencias que respondan ás “causas xustificadas” recollidas no apartado 3 da Normativa de asistencia a clases da USC (Acordo do consello de Goberno de 25 de marzo de 2010). Agás en casos excepcionais, na recuperación de xullo e en posteriores convocatorias a avaliación realizarase polo xeral mediante unha proba escrita de toda a materia.No caso de que a materia se divida en seccións impartidas por diferentes profesores, cómpre aprobar cada sección da materia independentemente para aprobar a materia completa.
O alumnado con dispensa deberá contactar co profesorado encargado da materia antes de empezar as clases ou na primeira quincena lectiva, a fin de deseñar un plan de traballo e avaliación. Advírtese que poderá haber actividades de carácter práctico de asistencia e participación obrigatorias.
Porcentaxes orientativas de avaliación para alumnado con dispensa (suxeitas a variación en función de casos concretos):
Bloque de deseño curricular (60% da cualificación):
Sesión de microensino (presentación oral e escrita): 20%
Exame: 40%
Bloque de destrezas, materiais e avaliación (40% da cualificación):
Actividade de adaptación e deseño de materiais (presentación oral e escrita): 20%
Exame: 20%
Observacións: Para aprobar a materia será indispensable aprobar os exames dos dous bloques por separado e obter unha cualificación mínima total de 5 puntos. A nota máxima que se poderá obter se non se cumple coa normativa de asistencia á aula será de 8 puntos
Finalmente, lémbrase que os traballos ou tarefas que o alumnado terá que elaborar para ser avaliado deberán ser orixinais. Isto implica que non se aceptará a presentación dun mesmo traballo ou tarefa para ser avaliado en diferentes partes da materia ou en diferentes materias (incluídas a materia de “Practicum” e o “Traballo Fin de Máster”)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación obtida polo alumno nos demais conceptos.
No caso de que se decrete algunhos dos escenarios de continxencia aplicarase o indicado no apartado de observacións baixo o epígrafe “Plan de continxencia”
O tempo dedicado ao estudo desta materia poderá variar dunha semana a outra, aínda que se estima que o alumnado terá que dedicar á materia unha media de 8-10 horas á semana, incluíndose aquí o tempo destinado a tarefas e traballos.
Esta é unha materia eminentemente práctica. Espérase que o alumnado presente diversos traballos e tarefas ao longo do curso. En consecuencia, a asistencia e participación na clase constitúen un requisito esencial.
Plan de continxencia para o curso 2020-2021
No caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3 a metodoloxía adaptarase ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de modo que as actividades docentes que non se poidan executar de xeito presencial desenrolaranse de modo virtual recurrindo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC, combinando actividades de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) e/ou asíncronas (principalmente a través de TEAMS ou Moodle) dependendo do tipo de actividade.
Na modalidade de docencia semipresencial manterase, sempre que sexa posible, o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1. No caso de non ser posible, darase un importante peso á avaliación continua podéndose substituír, no caso de ser necesario, as probas presenciais polas telemáticas (síncronas ou asíncronas, orais ou escritas) utilizando as ferramentas institucionais.
Maria Del Mar Viña Rouco
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- mariadelmar.vina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jodee Anderson Mcguire
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 25 |
31.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |
02.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |