Créditos ECTS Créditos ECTS: 2.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 42.5 Horas de Titorías: 2.5 Clase Expositiva: 7.5 Clase Interactiva: 10 Total: 62.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer a organización e funcionamento dos servizos de orientación e asesoramento psicopedagóxico dende a LOXSE.
- Coñecer os servizos de orientación na Comunidade galega.
- Analizar a relación entre os diferentes niveis dos servizos de orientación.
- Examinar os contextos de intervención dos profesionais que integran os diferentes servizos.
- Comprender a necesidade de coordinación entre os diferentes servizos de orientación, asesoramento e intervención da mesma zona.
BLOQUE I. Conceptualización da Orientación Educativa.
1.1. Principios polo que se rexe.
1.2. Modelos de intervención.
1.3. Organización en termos de nivel
1.4. Relacións dos centros educativos con outros servizos de orientación/intervención.
BLOQUE II. Ámbitos de actuación da Orientación: Atención á diversidade.
2.1. N.E.E. e atención á diversidade.
2.2. Respostas educativas á diversidade.
2.3. Plans e programas de actuación dende o Departamento de Orientación: Plan de orientación, Plan de acción titorial, Plan de atención á diversidade e Plan de convivencia.
Bibliografía básica
Álvarez, M. (2005). Los modelos de orientación en España. REOP, 16(1), 147-162. Recuperado de http://www.redalyc.org/pdf/3382/338230772009.pdf
Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG. nº 79, 27 de abril de 1998).
Decreto 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula á atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.
Diz, M. J. (2016). Funcións do Departamento de Información e Orientación Profesional nos Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia. En M. Valcarce e A.F. Rial (edits.) (2016). Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na eurorrexión galicia-norte de Portugal. Santiago de Compostela: SPIC USC, 37-61.
Donoso, T. e Sánchez, A. (2013). Orientación educativa y profesional. Estudio de casos. Barcelona: ISEP
Grañeras, M. e Parras A. (Coord.) (2009). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas (2ª edic.). Madrid: CIDE. Recuperado de http://www.apega.org/attachments/article/379/orientacion_educativa.pdf
Jato, E. (2016). Novos modelos de intervención en orientación: a inclusión da singularidade persoal, social e profesional. En M. Valcarce e A.F. Rial (edits.) (2016). Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na eurorrexión galicia-norte de Portugal. Santiago de Compostela: SPIC USC, 18-23
Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE).
Lledó Becerra, A. (Coord). (2007). La orientación educativa desde la práctica. Sevilla. Fundación ECOEM.
Mariño, C. (2012). Analisis de los servicios de Orientación Educativa en España. Innovación Educativa, 22, 217-228. Recuperado de http://www.usc.es/revistas/index.php/ie/article/view/753/734
Negro, A. (2006). La orientación en los centros educativos. Organización y funcionamiento desde la práctica. Barcelona: Graó.
Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998 (DOG. nº 147, 31 de xullo de 1998).
Riartvendrell, J. (2007). Manual de tutoría y orientación en la diversidad. Madrid: Pirámide.
Santanavega, L. (2007). Orientación educativa e intervención psicopedagógica. Cambian los tiempos, cambian las responsabilidades profesionales (2 ª ed.). Madrid: Pirámide.
Santos Yañez, J. (Coord.) (2008). Funciones del Departamento de Orientación. Madrid: Ministerio de Educación, Subdirección General de Información y Publicaciones.
Sobrado, L. M.; Fernández, E. e Rodicio, M. L. (Coord.) (2012) Orientación educativa: nuevas perspectivas. Madrid: Editorial Biblioteca Nueva
Bibliografía Complementaria:
Álvarez Rojo,V., García Jiménez, E., Gil Flores, J., Martínez Clares, P., Romero Rodríguez, S. e Rodríguez Santero, J. Diseño y evaluación de programas. Madrid: EOS.
Fernández Sierra, J. (coord.) (1999). Acción psicopedagógica en educación secundaria: reorientando la orientación. Málaga: Aljibe.
Bisquerra, R. (coord.) (2002). La práctica de la orientación y la tutoría. Barcelona: CISSPRAXIS.
Decreto 324 /1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG. núm. 156, 9 de agosto de 1996).
Galve, J. L. e Ayala, C. (2002). Orientación y acción tutorial. Madrid: CEPE.
Gallego, S. e Riart, J. (coord.) (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro.
García, L. e Martínez, M. (2003). Orientación educativa en la familia y en la escuela. Casos resueltos. Madrid: Dykinson.
M.E.C. (1990). La orientación educativa y la intervención psicopedagógica. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.
M.E.C. (1992). Orientación y tutoría. Madrid: Secretaria de Estado de Educación.
Menéndez, E. (2004). Evolución de los Servicios de Orientación en la Comunidad Autónoma de Galicia Situación actual. REOP, 15(2), 401-411. Recuperado de http://www2.uned.es/reop/pdfs/2004/15-2-2%20-%20Elena%20Menendez%20Mart…
Nieto, J. M. e Botias, F. (2000). Los equipos de orientación educativa y psicopedagógica. Barcelona: Ariel.
Pérez, M. (2002). Orientación educativa y dificultades de aprendizaje. Madrid: Thomson.
Sampascual, G., Navas, L. e Castejón, J. L. (1999). Funciones del orientador en primaria y secundaria. Madrid: Alianza Editorial.
Santana Vega, L. (coord.) (2003). Programa de orientación educativa y sociolaboral. Madrid: EOS.
Sanzoro, R. (2001). Orientación psicopedagógica y calidad educativa. Madrid: Pirámide.
Torrego, J. C. (coord.) (2014). La tutoría en los centros educativos. Barcelona: Graó
Xunta de Galicia (2000). A orientación educativa e profesional en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Direcciones de Internet
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Orientación
https://www.edu.xunta.gal/portal/es/diversidadeorientacion/1578
Eurydice España. Red Española de Información sobre educación
https://www.mecd.gob.es/educacion/mc/redie-eurydice/sistemas-educativos…
Confederación de Organizaciones de Psicopedagogía y Orientación de España.
http://www.copoe.org/
Orientared. Recursos para la Orientación en la Red
http://www.orientared.com/lex.php
OrientaGuía
https://orientaguia.wordpress.com/presentacion/
Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos de orientación xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
Colaborar no establecemento de estruturas de traballo colaborativo cos docentes e outros membros da comunidade escolar, así como con outros profesionais que interveñen nos centros educativos.
Coñecer e analizar as características, organización funcionamento dos servizos de orientación educativa e asesoramento psicopedagóxico que operan nos diferentes niveis do sistema educativo (Infantil, Primaria, ESO, FP e Bacharelato).
Coordinar as actuacións na zona ou sector con todos os axentes educativos e outros servizos, con especial atención aos servizos sociais, de saúde e laborais para unha intervención coordinada.
Potenciar a capacidade para o traballo en entornas cooperativos e pluridisciplinarios.
Coñecer a evolución dos diferentes sistemas de orientación asesoramento psicopedagóxico.
Artellar estratexias de coordinación e traballo en rede cos servizos profesionais existentes na comunidade.
Clases expositivas: basearase na exposición crítica polo profesorado e alumnado dos contidos básicos da materia, consultados e procesados diversos documentos recuperados de fontes primarias, secundarias e terciarias, co apoio de recursos audiovisuais que favorezan a adquisición dos coñecementos e o logro das competencias descritas.
Clases interactivas: empregaranse diferentes estratexias metodolóxicas tomadas dos métodos activos, proporcionando ao alumnado problemas, casos e contextos nos que aplicar os coñecementos, habilidades e procedementos relacionados coa práctica profesional nos Servizos de Orientación. Levaranse a cabo actividades, tanto individuais como grupais, que o posibiliten guiadas e tuteladas perante as clases presenciais, e facendo uso de titorías individuais e grupais planificadas.
Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC na que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria (programa, cronograma, materiais, espazos de debate, espazos de colaboración, etc.). Para contacto co profesorado por correo electrónico: imprescindible empregar o enderezo electrónico de dominio rai.usc
A asistencia ás clases é obrigatoria
Asistencia a clases presenciais e participación nelas: 10 %
Traballo persoal individual: elaboración dun informe das actividades interactivas: 50 %
Traballo en grupo: Análise critica dun Plan (a elixir) dos elaborados polo Departamento de Orientación 40 %
De acordo á Instrución nº1/2017 da Secretaría Xeral, de ser solicitada unha dispensa presencial de docencia en todas as sesións, darase unha alternativa de traballo que permita ao alumnado ter as mesmas probabilidades e criterios de avaliación aínda que con diferentes instrumentos e metodoloxía de traballo. Terase en conta a temporalidade da ausencia.
Pode consultarse a normativa ao respecto en:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/cc_educacio…
ato/Exencion-de-docencia-curso-2017-18.pdf
http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html
Igualmente recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que contén referencias ás programacións, avaliacións etc. accesible na páxina
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrestudantes/descarga…
Clases expositivas: 8 horas
Clases interactivas: 8 horas .
Titorías: 4 horas
Traballo persoal: 42,5 horas
Estar sempre en contacto coa realidade a partir do traballo realizado na aula.
Busca de todo tipo de información sobre o traballado.
Consultar as dúbidas e solicitar orientacións no días e horarios das titorías.
Responsabilidade medioambiental
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grapas en lugar de espirais.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como:
a promoción dun clima de interaccións igualitario,
a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres, en xeral, e das propias alumnas, na materia.
e, a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
Outros datos de interese:
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
HORARIO DE TITORÍAS
Exposto nos despachos e na páxina Web da Facultade
USO DO CORREO ELECTRÓNICO
É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/la docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PLAN DE CONTINXENCIA
En función do número de estudantes matriculados na materia e da aula asignada, ao inicio do curso académico revisarase o tipo de materia establecido, podendo ser modificado de acordo co "Protocolo de centro para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura na Facultade de Ciencias da Educación no curso 2020-2021"
Neste Protocolo contemplanse 3 escenarios para levar a cabo unha docencia segura, así como as medidas de carácter xeral e específicas a aplicar para a adaptación aos mesmos.
Con carácter orientativo na docencia da materia, teranse en conta os que se correspondan no escenario que resulte de aplicación no inicio ou ao longo do seu desenvolvemento, adaptandose ás normas, directrices e suxestións sanitarias e académicas vixentes en cada momento.
Margarita Valcarce Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Venres | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
13.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
22.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |