Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia pertence ao Plano de Estudos de Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, con carácter de Formación Básica, na materia de Procesos e Contextos Educativos, cuio obxectivo é ofrecer a formación pedagóxica e didáctica esixida pola normativa vixente aos futuros profesores da Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas e como requisito imprescindible para o ingreso nos Corpos de Profesores habilitados para a docencia.
Obxectivos da materia
1.Identificar diferentes enfoques de asesoramento e as súas implicacións nos procesos de mellora do desenvolvemento profesional do profesorado.
2. Coñecer criticamente as distintas variables organizativas que poden influír nos procesos de asesoramento profesional docente.
3. Coñecer estratexias e pautas básicas para planificar, desenvolver e avaliar procesos de asesoramento ó profesorado como núcleo do seu desenvolvemento profesional e desde un modelo colaborativo e procesual.
- A análise da profesión docente: culturas profesionais, procesos de socialización profesional e de construcción da identidade e modelos de desenvolvemento profesional.
- Condicións institucionais para o cambio educativo. Límites e posibilidades dos centros escolares como espazos para o desenvolvemento profesional do profesorado.
- A colaboración entre persoal orientador e profesorado. Modelos de traballo colaborativo integrador da comunidade educativa.
Bibliografía básica
Bonals, J. e Sanchez-Cano, M. (Coords.) (2007). Manual de asesoramiento psicopedagógico. Barcelona: Graó.
Iranzo García, P. (1996). Asesoramiento pedagógico al profesorado, Madrid, Síntesis, 2012.
Marcelo, C. (Dir.): Innovación educativa, asesoramiento y desarrollo profesional. Madrid: MEC.
Marcelo, C. e López Yáñez, J. (Coords.) (1997). Asesoramiento curricular y organizativo en educación. Barcelona: Ariel.
Monereo, C. e Solé, I. (2007). El asesoramiento psicopedagógico: una perspectiva profesional y constructivista. Madrid: Alianza.
Montero, Mº L. (2001). La construcción del conocimiento profesional docente. Rosario: Homo Sapiens.
Rodríguez Romero, M.ª M. (1996). El asesoramiento en educación. Málaga: Aljibe.
-Lexislación actualizada.
Bibliografía complementaria
Darling-Hammond, L. (2001). El derecho de aprender. Crear buenas escuelas para todos. Madrid: Ariel.
Hernández, F. (2001). El asesor en secundaria. Que todos encuentren su lugar para aprender. Cuadernos de Pedagogía, (302), pp. 63-66,
Nicastro, S. e Andreozzi, M. (2003). Asesoramiento pedagógico en acción. La novela del asesor. B. Aires: Paidós.
Pozuelos, F. J. (2001). Asesorar desde la colaboración. Cuadernos de Pedagogía, (302), pp. 50-54.
Redó, M. (1997). El asesor psicopedagógico. Una colaboración interprofesional. Cuadernos de Pedagogía (263), pp. 51-55.
Competencias xerais (CX)
- Planificar, desenvolver e avaliar o porceos de ensinanza e aprendizaxe potenciando procesos que faciliten a adquisición de competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ó nivel e formación previa dos estudantes así como á orientación dos mesmos, individualmente e en colaboración con outros docentes.
- Contextualizar o currículo que se implante nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
- Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas, tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
- Acadar estratexias que estimulen o esforzo do estudante e promover a aprendizaxe por si mesmo e con outros desenvolveno habilidades de pensamento e decisión que faciliten a autonomía, confianza e iniciativas persoais.
- Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
- Deseñar e realizar actividades que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura.
- Desenvolver a función de titoría e orientación dos estudantes dun xeito colexiado.
- Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe.
-Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual e a relación coa realidade de cada época.
-Traballar en equipo con outros profesionais da educación enriquecendo así a súa formación.
- Coñecer as medidas de atención á diversidade que se poden adoptar para realizar o asesoramento necesario en cada caso.
- Analizar a organización e o funcionamento do centro para coordinar a orientación do alumnado en colaboración cos membros da comunidade escolar.
Competencias específicas asociadas ó módulo xenérico (CE-G)
- Identificar e valorar os factores e procesos que inciden na capacidade de aprendizaxe do alumnado e no seu rendemento escolar.
- Analizar e revisar as proposas de materiais, situación e contextos educativos.
- Analizar as características e funcionamento dos centros educativos e valorar a funcionalidade dos procesos e órganos de dirección, participación e coordinación didáctica.
- Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
- Colaborar na adopción de medidas para a coordinación do centro coas familias e deseñar estratexias orientadas a favorecer a colaboración destas cos procesos educativos.
Competencias específicas asociadas ó módulo específico (CE-E)
- Coñecer os procesos de desenvolvemento curricular e de elaboración dos plans institucionais para participar cos equipos directivos e os órganos de coordinación no su deseño e aplicación.
- Asesorar e colaborar co profesorado na revisión e mellora dos procesos de ensinanza e aprendizaxe e de avaliación.
- Identificar demandas, establecer obxectivos e participar no deseño de plans de intervención acordes cos resultados da análise institucional dos centros educativos.
- Colaborar no establecemento de estruturas de traballo colaborativo cos docentes e outros membros da comunidade escolar así como con outros profesionais que interveñen nos centros.
- Analizar criticamente os plantexamentos conceptuais e ideolóxicos da inclusión e da exclusión socioeducativa.
- Participar e colaborar en proxectos de investigación e innovación orientados á análise e á mellora da práctica educativa.
- Apoiar o traballo en equipo dos docentes mediante estratexias e técnicas de traballo colaborativo e de análise da práctica en equipo.
- Asesorar nos procesos de avaliación da calidade e da elaboración de plans de mellora.
Competencias transversais (CT)
- Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos disponibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e indicando erros lóxicos na toma de decisión.
- Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, tal como se especifica para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia. Os alumnos que obteñan a exención de docencia deberán presentar o documento ao/á profesor/a de forma inmediata para poder establecer un plan de traballo alternativo. Este consistirá:
a) alumnado con exención de docencia das clases expositivas: agás das probas establecidas: lectura, resumo das ideas principais e valoración crítica dun manual a determinar polo docente
b) alumnado con exención ou dispensa de asistencia, tanto as clases interactivas como as expositivas:
- Participación nas probas establecidas
- Realización dun rastreo da evolución do marco lexislativo-normativo referido á tematica da materia.
- Desenvolvemento dun traballo teórico, a determinar de acordo co docente.
A metodoloxía tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, nos planos individual e colectivo.
As clases expositivas permitirán a presentación docente das claves informativas e dos contidos básicos en relación cos descritores sinalados, así como prover dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e profundidade a desenvolver polos/as estudantes. Os demais tempos formativos (clases interactivas e a titoría individual) permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e tópicos relevantes, responder a preocupacións de formación e contribuír á construción dun coñecemento crítico e comprensivo da formación permanente do profesorado. As actividades formativas en gran grupo centraranse na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas. Desenvolveranse actividades para analizar e valorar o marco normativo e aspectos teóricos e experiencias, desenvolvendo as competencias sinaladas anteriormente.
Realizaranse diferentes tipos de clases interactivas: debates, estudos de caso, visualización de vídeos, análise e reflexión en pequenos grupos sobres diversas temáticos educativos, deseño e avaliación de proxectos de centro, xogos de roles etc.
Todas elas requerirán un importante traballo autónomo por parte do alumnado sen presenza do profesor, tanto individual como no marco dos grupos que se formen na aula. Desta maneira, desenvolveranse as diversas competencias anotadas, varias de elas relacionadas co traballo en colaboración nos centros, coa participación, coordinación, animación e xestión de grupos e procesos. As actividades en pequeno grupo e as titorías permitirán orientar ao alumnado de forma máis personalizada, e analizar o traballo realizado, desenvolvendo as competencias citadas.
Farase uso do Campus Virtual (e outras ferramentas como Lifesize, postas o dispor pola Facultade ou a USC para o uso docente) para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, para aloxar documentación e para calquer outra cuestión que se estime oportuna ou veña derivada do escenario de docencia adoptado pola facultade de CC da Educación.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas, serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poida ser definido en función do seu carácter formativo, continuo, cooperativo e integral. Concédeselle moita importancia ao desenvolvemento de hábitos de estudo e traballo, á utilización correcta do vocabulario, á participación activa, ao traballo feito e á reflexión. Todas estas consideracións serán tidas en conta na valoración final.
En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias sinaladas, os obxectivos, os contidos e a metodoloxía consignada, a avaliación dos/as estudantes terá como base as cualificacións que obteñan nas contribucións que realicen, na asistencia, participación e calidade das achegas nas sesións de clases expositivas e interactivas , presenciais (síncronas ou asíncronas), que se programen.
O alumnado ao que se lle conceda a exención oficial de docencia terá a obrigación de achegar, no tempo establecido na normativa (20 días a partir da data de concesión), o documento oficial de exención ó docente e de entregar todos os traballos que se lle soliciten no prazo establecido.
Poderá facerse unha proba final de carácter obrigatorio que terá un valor máximo do 40% na nota final é será necesario acadar un 4 sobre 10 para que faga media coas outras cualificacións. O exame ao final do semestre versará sobre o contido do Programa.
Nesta perspectiva, contémplase:
- A elaboración e entrega de traballos escritos que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden.
Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos.
- A elaboración de outro tipo de traballos como presentacións e exposicións individuais ou grupais con diferentes formatos físicos e temporais
- A elaboración de probas orais ou escritas de caracter individual.
- A participación en actividades desenvolvidas con metodoloxóa colaborativa
- Para obter unha valoración positiva na materia (desde aprobado ata matrícula de honra) deberán estar realizadas y entregadas en prazo todas as actividades especificadas, Poderá haber tamén traballos optativos e outros de carácter voluntario. Todos eles concretaranse a principios do curso.
- Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
- A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias ou asignaturas, agás en aquelas actividades programadas de forma coordinada.
- Como xa se explicou no apartado anterior: farase uso do Campus Virtual (e outras ferramentas como Lifesize, postas o dispor pola Facultade ou a USC para o uso docente) para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, para aloxar documentación e para calquer outra cuestión que se estime oportuna ou veña derivada do escenario de docencia adoptado pola facultade de CC da Educación.
Tendo en conta os factores de equivalencia que se aplican, de acordo cos criterios dos créditos ECTS, o alumnado deberá afrontar a seguinte adicación horaria:
- Clases expositivas……………. 11 horas
- Clases interactivas ............ 8 horas
- Titorías ........................... 5 horas
- Traballo persnal ............... 51 horas
- Estudo autónomo........ 20 horas
- Traballos derivados..... 13 horas
- Presentacións orais...... 8 horas
- Búsqueda bibliográfica.. 10 horas
Total: 75 horas
Recoméndaselle ó alumnado abordar a materia dun xeito crítico e reflexivo, procurando establecer relacións entre os contidos e as súas propias experiencias e coñecementos. Procede ter sempre presente a aplicabilidade que os diversos principios, técnicas e conceptos estudados teñan para o desenvolvemento profesional do asesor.
A complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a asignatura, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan.
Estímase que, ao ser a clase teórica e práctica, os/as estudantes deberán dedicar un tempo para realizar fóra da clase determinadas tarefas e estudo, para afianzar os coñecementos adquiridos.
Nese sentido, deberán revisar os contidos abordados en la clase para unha comprensión máis profunda dos mesmos e poder seguir puntualmente a secuencia de actividades.
Deberán familiarizarse coa linguaxe normativa (BOE e DOGA), consultando as correspondentes disposicións legais. Os cambios importantes que se producen en relación coa formación permanente do profesorado (a nivel estatal e autonómico) esixen estar ao día no desenvolvemento institucional a nivel normativo.
En particular, recoméndase:
-Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da asignatura nos seus diversos apartados.
-Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
-Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta asignatura cos das demais.
-Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polo profesorado, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da asignatura.
-Facer uso das titorías -a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- que posibiliten a mellora significativa da aprendizaxe, personalizar as opcións metodolóxicas e pedagóxicas, segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
USO DO CORREO: É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
cado_WEB_USC.pdf
PLAN DE CONTINXENCIA:
Tendo en conta o documento: “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021, aprobado polo Consello de goberno do 19 de xuño de 2020”, indicamos que:
A metodoloxía no escenario 2 e 3 será a mesma que queda establecida para a docencia presencial no escenario 1, coas modificacións que conleve a mediación no uso das ferramentas telemáticas como as plataformas virtuais. Estas modificacións poden afectar o formato das exposicións (do profesorado ou o alumnado), do traballo en grupos, do traballo individual ou das titorías. En todos estes casos se poderá utilizar (dependendo do caso)un modelo síncrono ou asíncrono para a realización de ditas actividades.
A porcentaxe dos elementos que integran a avaliación, tanto na 1ª como na 2ª oportunidade e no caso dos escenarios 2 e 3, será a mesma que se indica no apartado de “Avaliación”. O formato das probas e a realización, exposición e entrega de traballos estarán mediadas polo uso das ferramentas telemáticas postas o dispor da comunidade universitaria mediante o uso das plataformas virtuais.
Julio Cesar Labandeira Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.07.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |