Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 100 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Que o alumnado adquira coñecementos a un nivel avanzado dos métodos, procedementos e técnicas para a intervención na planificación da formación en termos individuais e de grupo nas organizacións.
- Que o alumnado adquira coñecementos a un nivel avanzado de métodos e análises para a avaliación dos plans de formación.
- Que o alumnado adquira un compromiso ético e responsabilidade social e o principio de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades no traballo.
• Tema 1. Formación e training nas organizacións.
• Tema 2. O deseño da formación. Implantación da formación.
• Tema 3. Custos e beneficios da formación.
• Tema 4. Desenvolvemento de recursos humanos. Necesidades de desenvolvemento individuais. Desenvolvemento de carreiras e avaliación do potencial individual.
• Tema 5. Feedback individual.
• Tema 6. Aproximacións estratéxicas á xestión da diversidade. Aspectos culturais e grupais na xestión da diversidade.
• Tema 7. Posta en práctica da xestión da diversidade e a súa efectividade.
Básica:
- Bonache, J., y Cabrera, A. (Directores). (2006). Dirección de personas. Madrid: Prentice-Hall.
- Chiavenato, I. (2007). Administración de recursos humanos. México: McGraw-Hill.
- Gómez-Mejía, L., Balkin, D., y Cardy, R. (2005). Gestión de los recursos humanos. Madrid: Pearson-Prentice Hall.
- Luthans, F. (2008). Comportamiento organizacional. México: McGraw-Hill.
- Robbins, S.P. y Judge, T. (2017). Fundamentos de comportamiento organizacional. México: Prentice Hall.
Complementaria:
- Alcaide Castro, M., González Rendón, M., y Flórez Saborido, I. (1996). Mercado de trabajo, reclutamiento y formación en España. Madrid: Pirámide.
- Goldstein, I.L. (1986). Training in organizations: Needs, assessment, development and evaluation. Pacific Grove, CA: Brooks-Cole.
- Goldstein, I.L. (1993). Training in organizations. Pacific Grove: CA: Brooks-Cole.
- Gordon, J. (2005). Diversity as a business driver. Training, 42, 24-29.
- Kirkpatrick, D. (1998). Evaluating training programs. San Francisco, CA: Berrett-Koehler Publishers.
-Ser capaz de realizar a avaliación das necesidades individuais e grupais de formación e desenvolvemento que son importantes para as organizacións.
-Ser capaz de levar a cabo procesos de desenvolvemento persoal dentro das organizacións e analizar as súas vantaxes.
-Saber aplicar os principais métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de avaliación e de intervención en formación e desenvolvemento nas organizacións.
-Ser capaz de aplicar as diferentes técnicas de intervención na xestión da diversidade nas organizacións.
-Coñecer e ser capaz de aplicar os modelos nos que se basea a xestión da diversidade hoxe en día na realidade organizacional e a súa importancia.
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación do estudantado respecto a a adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso o profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC.
O contido teórico será impartido nas clases expositivas. Se estas poden impartirse de forma presencial, impartiranse na aula, utilizando todos os medios técnicos dispoñibles na mesma. No caso de que fose necesario cambiar de escenario e non fose posible a docencia presencial, empregarase a plataforma MS Teams, impartindo a docencia de forma síncrona.
En todo caso, empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado, tanto para facerlle chegar toda a información referente á avaliación da materia, como os materiais que deben ser preparados por parte do alumnado, así como para realizar as entregas dos traballos que formarán parte da avaliación.
As actividades interactivas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno, nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, practicaranse as habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso o alumnado poderá participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia, así como realizar varias lecturas obrigatorias.
Se houbese que cambiar de escenario e non se puidesen realizar a docencia interactiva de forma presencial, empregaríase o Campus Virtual para proporcionar as indicacións e os materiais necesarios para levar a cabo as actividades. Ademais, farase uso do MS Teams para explicar aos alumnos o procedemento das prácticas, a realización dos traballos grupais e as presentacións dos traballos realizados. Estas clases poderán ser síncronas ou asíncronas, segundo a natureza da actividade de que se trate. A través do Campus Virtual indicaranse os prazos e a forma de entrega de cada unha das actividades e crearanse elementos que favorezan a capacidade de autoaprendizaje e autoavaliación do alumnado.
Débese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas para poder superar a materia. No caso de que a docencia sexa online, a asistencia seguirá sendo obrigatoria.
A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final e/ou os exames parciais que valerá un 60% da cualificación final.
O exame constará de dous partes: a) un test e b) preguntas curtas se se produce nun escenario onde a avaliación é presencial. No caso de que houbese que facer o exame en modalidade telemática, entón consistiría unicamente en varias preguntas curtas e/ou de desenvolvemento.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase en función do desempeño en cada unha das actividades interactivas (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 40% da cualificación final.
Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
No caso do alumnado que teña concedida dispénsaa a clase, o 60% da cualificación será obtida a través do exame e o 40% restante a través da realización de traballos e actividades similares ás realizadas polo resto do estudantado.
Sesiónss expositivas 16
Lectura e preparación do material de apoyo 25
Seminarios especializados 8
Estudo individual e/ou grupal 20
Clases prácticas 20
Preparación de presentacións orais, debates e similares 28
Tutorías 2-4
Evaluación 2-5
Total horas presenciais 48
Total horas de traballo personal 102
Recoméndase o repaso dos contidos teóricos para un maior aproveitamento das prácticas, especialmente aquelas relacionadas coa análise de necesidades e avaliación da implantación de plans de formación.
Se non se conta con coñecementos previos sobre os contidos da materia, recoméndase que, ademais de seguir puntualmente as clases, léase o material bibliográfico que se presenta no programa.
O alumno debe estar en posesión do título de Licenciado/Graduado en Psicoloxía o con coñecementos de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións.
Plan de Continxencia:
Metodoloxía. No caso de que fose necesario cambiar de escenario e non fose posible a docencia presencial, empregarase a plataforma MS Teams, impartindo a docencia de forma síncrona. Do mesmo xeito, empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado, tanto para facerlle chegar toda a información referente á avaliación da materia, como os materiais que deben ser preparados por parte do alumnado, así como para realizar as entregas dos traballos que formarán parte da avaliación.
Respecto a a docencia interactiva, en caso de non poder facela de forma presencial, empregaríase o Campus Virtual para proporcionar as indicacións e os materiais necesarios para levar a cabo as actividades. Ademais, faríase uso do MS Teams para explicar aos alumnos o procedemento das prácticas, a realización dos traballos grupais e as presentacións dos traballos realizados. Estas clases poderán ser síncronas ou asíncronas, segundo a natureza da actividade de que se trate. A través do Campus Virtual indicaranse os prazos e a forma de entrega de cada unha das actividades e crearanse elementos que favorezan a capacidade de auto-aprendizaxe e auto- evalución do alumnado.
Sistema de Avaliación. No caso de que houbese que facer o exame en modalidade telemática, este consistiría en varias preguntas curtas e/ou de desenvolvemento e empregaríase a plataforma MS Teams e a aula virtual para estes efectos.
Silvia Moscoso Ruibal
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881815140
- Correo electrónico
- silvia.moscoso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Fernando Salgado Velo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- jesus.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pamela Alonso Abeijon
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Correo electrónico
- pamela.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
27.05.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
09.07.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |