Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de Marketing Institucional ten carácter obrigatorio e consta de 3 ECTS. Segundo figura na memoria do Master en Tecnoloxías en Marketing e en Comunicación Política a través da mesma perséguese que o alumnado:
- Comprenda o concepto de marketing institucional
- Se familiarice coas ferramentas propias do márketing institucional
- Coñeza como deseñar proxectos de marketing viral e márketing online
- Coñeza as técnicas de análise de información de mercados para o desenvolvemento de campañas de márketing.
- Coñeza as funcións del community manager
- Introducción ao marketing. Conceptos claves, evolución e tipoloxías.
- Marketing institucional. Ferramentas propias e a súa aplicación
- A Xestión do marketing. O proceso de planificación.
- O marketing na era dixital
Bibliografía recomendada:
Best, R. J. (2005, 4ª Ed.). Marketing estratégico. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Canel, M. J. (2007). Comunicación de las instituciones públicas. Madrid: Tecnos.
Castillo, A. (2004). Comunicación organizacional. Málaga: Ediciones Aynademar.
Cravens, W. D. e Piercy, N.F. (2000, 6ª Edición). Strategic Marketing. Boston: Irwin McGraw Hill.
Cruz, I. (1990). Fundamentos de marketing. Barcelona: Ariel.
Chías, J. (1995). Marketing público. Madrid: McGraw-Hill.
Fahy, J. y D. Jobber. (2015). Foundations of Marketing. Madrid: McGraw-Hill.
Fernández, P. y H., Bajac. (2003). La gestión del marketing de servicios: principios y aplicaciones para la actividad gerencial. Buenos Aires: Granica.
Gilmore, A (2003). Services Marketing and Management. Gateshead: Sage Publications LTD.
Martín, F. (2004). Diccionario de comunicación corporativa e institucional y relaciones públicas. Madrid: Fragua.
Jain, S. C. (2005, 7ª•Ed.). Marketing Planning and Strategy. Cincinnati: Ohio South-Western Publishing Co.
Kotler, P. (2003). Los 80 conceptos esenciales de Marketing. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Kotler, P., K. Hermawan y I. Setiawan (2011). Marketing 3.0. Madrid: LID.
Kotler, P. y N. Lee. (2006). Marketing in the Public Sector. Wharton School Publishing.
Kotler, P. y N. Lee. (2007). Marketing en el Sector Público. Madrid: Pearson.
Kotler, P; Kartajaya, H. y Setiawan, I. ( 2018). Marketing 4.0. Transforma tu estrategia para atraer al consumidor digital.
Kotler, Ph. y G. Armstrong. (2013, 11ª edición). Fundamentos de Marketing. Madrid: Editorial Pearson.
Lambin, J. J. (1996). Marketing estratégico. Madrid: Mc Graw- Hill.
Lovelock C. y Wirtz, J. (2008, 6ª Edición). Marketing de servicios. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Luecke, R. (2007). Herramientas de marketing. Deusto: Harvard Bussiness Essentials.
McCarthy, E. J. y W.D. Perreault. (2000). Marketing: un enfoque global. México: MGraw-Hill.
Merino Sanz M. J. y E. Yagüe (2012). Nuevas tendencias en la investigación y Marketing. Madrid: ESIC.
Proctor, T. (2007). Public Sector Marketing. Harlow: Pearson Education.
Rufín, R. y C. Medina. (2012). Marketing público. Investigación, aplicaciones y estrategia. Madrid: ESIC.
Sancho Royo, D. (2002). Gestión de servicios públicos: estrategias de marketing y calidad. Madrid: Tecnos.
Santesmases, M. (2007). Marketing. Concepto y estrategias. Madrid: Pirámide.
Sharp, B. (2013). Marketing: Theory, Evidence, Practice. Oxford: Oxford University Press.
Competencias Básicas
CB1. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB2. Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB3. Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB4. Que o estudantado posua as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar formándose dun modo que haberá de ser en gran medida, autodirixido ou autónomo.
CB5. Que o estudantado posúa e comprenda os coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
Competencias Xerais
CG1. Dominar as tecnoloxías e técnicas que lle permitan obter información e analizar situacións, avaliar a súa relevancia e dispoñer dos recursos para facerlles fronte.
CG2. Tratar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG4. Recoñecer a necesidade do cambio e ter a habilidade necesaria para xestionalo.
CG5. Actuar de forma autónoma nun marco de liberdade responsable.
CG6. Achegar valor á organización mediante a súa creatividade e participación.
CG7. Xestionar e dirixir proxectos, e adquirir as capacidades de sínteses e exposición que permiten a elaboración dun informe final.
Competencias Transversais
CT1. Capacidade de traballo en equipo e liderado, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
CT2. Capacidade analítica e de síntese.
CT3. Capacidade para a aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinares, a cooperación e o compañeirismo,
CT4. Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
CT5. Capacidade de xestión de información, resolución de problemas e toma de decisións.
Competencias Específicas
CE1. Capacidade de xestionar o márketing político de organizacións e institucións, e de executar campañas de comunicación política.
CE3. Capacidade para comprender e coñecer en profundidade os aspectos internos e externos da dirección estratéxica de organizacións e institucións políticas, incluídas a xestión e o liderado de equipos multidisciplinares, as dinámicas políticas internas e a súa relación cunha contorna política cambiante.
CE4. Capacidade para utilizar as tecnoloxías máis avanzadas na xestión do márketing, a comunicación e a consultoría política orientada aos gobernos e ás campañas na contorna dixital desde unha perspectiva estratéxica, así como para deseñar proxectos de márketing viral, interactivo, SEM-SEO, etc…
CE5. Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos do márketing, da consultoría e da comunicación (empresarial, organizacional, institucional e política).
CE6. Capacidade para utilizar tecnoloxías, métodos e técnicas avanzadas de investigación social e política no ámbito do márketing e a comunicación políticos, en organizacións públicas e privadas.
CE9. Capacidade de deseñar e xestionar o márketing, a consultoría e a comunicación en situacións de crises a nivel estratéxico, operativo e táctico.
CE10. Capacidade para dirixir a organización e produción de eventos e acontecementos dentro dunha estratexia de márketing.
CE12. Capacidade para elaborar todo tipo de informes propios do ámbito da consultoría política.
Esta materia estará organizada ao redor de clases expositivas (9 horas), onde a docente expoñerá en detalle os temas dos que consta o programa; así como de clases interactivas (12 horas) nas cales se pretende lograr a participación activa do alumnado e a súa inmersión en aspectos máis específicos e prácticos sobre a materia. Estes seminarios poderán dar lugar á realización de traballos individuais ou en grupo que serán definidos, orientados e supervisados pola docente.
O sistema de avaliación desta materia combina tres aspectos fundamentais contemplados nos plans de ensino adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior:
- A asistencia a clase: para superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
- A participación activa nas clases interactivas.
- A realización daqueles traballos establecidos para avaliar a materia, nos cales se terán que aplicar as técnicas aprendidas.
O alumnado que non supere a materia coa realización dos traballos poderá superala aprobando o exámen final na data oficila establecida.
A asignación de horas que figura na memoria do master é a seguinte:
TRABAllO PRESENCIAL NA AULA
- Clases expositivas: 9
- Clases interactivas: 12
- Titorías e tarefas relacionadas co obxecto de estudo: 3
TRABAllO PERSONAL DO ALUMNADO
- Estudo individual do alumnado: 25
- Preparación de traballos e exposicións en grupo: 12,5
- Realización de traballos individuais: 12,5
- Outras tarefas:1
TOTAL HORAS: 75 horas
Aconséllase a asistencia a clase para o seguimento da materia, así como a participación activa nos seminarios e a consulta do material bibliográfico recomendado pola docente.
O alumnado dispoñerá no CAMPUS VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das programacións das clases expositivas e do material e textos necesarios para desenvolver as clases interactivas. Recoméndase acceder asiduamente á aula virtual da materia durante o desenvolvemento da mesma.
“Plan de continxencia”
De cara aos posibles escenarios na nova normalidade do próximo curso académico 2021-2022, deberá terse en conta o seguinte:
- Contidos: inicialmente non se prevé a modificación dos contidos, que se manterán tanto na previsión do Escenario 2 como do Escenario 3 e que serán axustados segundo a forma de docencia que se concrete en cada unha das devanditas situacións.
- Bibliografía: de producirse un novo confinamento, a bibliografía complementaria será facilitada polos docentes a través da aula Virtual.
- Metodoloxía de ensino: esta será reaxustada no seu momento, segundo a previsión de dispoñibilidade de aulas que estableza a Facultade para cada escenario. Aínda que e de maneira xenérica complementaranse no Escenario 2 as clases presenciais coa subida á aula Virtual de material que permita tanto o seguimento dos contidos teóricos como prácticos da materia. No Escenario 3 complementarase a realización de clases telemáticas síncronas ou asíncronas, segundo o volume de alumnos matriculados, coa incorporación na aula Virtual de material que permita o seguimento dos contidos teórico-prácticos da materia.
- Sistema de avaliación: de maneira xenérica, tanto no Escenario 2 como no Escenario 3, fomentarase o sistema de avaliación continua, e en consecuencia, a entrega periódica de traballos que permitan o seu seguimento.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Natalia Paleo Mosquera
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- natalia.paleo.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
12.01.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
12.01.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
22.06.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
22.06.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |