Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 12 Total: 72
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Achegar aos profesionais cualificados na xestión pública e privada do turismo as normativas que fixan o crecemento e a ordenación da cidade.
2. Entender as repercusións que as Leis do Solo e do Patrimonio teñen na ordenación de destinos turísticos urbanos.
3. Achegarse ás figuras dos Plans Xerais de Organización Municipal (PXOM), Plans Especiais de Protección (PEP) e Plans Parciais.
4. Destacar a importancia dos criterios turísticos no planeamento urbano.
5. Comprender o paralelismo entre as competencias turísticas e urbanísticas no caso galego e español: a importancia dos niveis autonómico e municipal.
6. Introducirse na comprensión da cartografía urbanística dos PXOM e PEP. A súa significación para o turismo.
7. Interpretar os informes urbanísticos e as memorias dos plans.
8. Achegarse á formulación de plans e documentos de temática turística nos espazos urbanos.
1. O urbanismo español: da Lei do Solo de 1956 ás normas autonómicas.
2. Os Plans de ordenación urbanística.
3. Ordenación, planificación e xestión das áreas e dos destinos turísticos. Principios, políticas e modelos de gobernanza.
4. Espazos, problemas e desafíos urbanísticos especialmente sensibles á xestión dos destinos urbanos.
Bibliografía básica
Blanquer Criado, D. (2002). Ordenación y gestión del territorio turístico. Valencia, Tirant lo Blanch.
Fernández, T.R. (2019). Manual de derecho urbanístico. Cizur Menor (Navarra), Civitas Thomson Reuters.
Folch, R. (Coord.) (2003). El territorio como sistema. Conceptos y herramientas de ordenación. Barcelona, Diputaciò de Barcelona.
Lois González, R.C., González Pérez, J.M., Escudero Gómez, L.A. (2012). Los Espacios Urbanos. El estudio geográfico de la ciudad y la Urbanización. Madrid, Biblioteca Nueva.
Manero, M.F., García Cuesta, J.L. (2016). Patrimonio cultural y desarrollo territorial. Cizur Menor (Navarra), Aranzadi
Mazón, T. (1997). Introducción a la planificación urbana. Alicante, Ed. Aguaclara.
Moya González, L. (Ed..) (1994). La práctica del planeamiento urbanístico. Madrid, Ed. Síntesis.
Rivas García, J., Magadán Díaz, M. (2007). Planificación turística y Desarrollo Sostenible. Oviedo, Septem ediciones.
Tarroja, A., Camagni, R. (Coords.) (2006). Una nueva cultura del territorio. Criterios sociais y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Barcelona, Diputaciò de Barcelona.
Troitiño Viñuesa, M.A. (1992). Cascos antiguos y centros históricos: problemas políticas y dinámicas urbanas. Madrid, MOPT.
Troitiño Vinuesa, M.A. e García Marchante, J.S. (1998). Vivir las Ciudades Históricas. Recuperación Integrada y Dinámica Funcional. Cuenca, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
Vera Rebollo, F., López Palomeque, F., Marchena, M., Anton Clavé, S. (2011) (Coords.). Análisis territorial del turismo y planificación de destinos turísticos. Valencia, Tirant Lo Blanch.
Escolma de páxinas web
EUROPA NOSTRA: https://www.europanostra.org/
HISPANIA NOSTRA: https://www.hispanianostra.org/
Instituto Galego de Vivenda e do Solo: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada
Tourism Planning and Development: https://www.tandfonline.com/toc/rthp21/current
UNWTO: https://www.unwto.org/sustainable-development
Bibliografía complementaria
Alvarez, M.A., Frank, M.go, Yüksel, A. (2016). Heritage Tourism destinations. Preservations, Communication and Development. CABI.
Gunn, C. (2002). Tourism planning : basics, concepts, cases. New York, Routledge.
Hildebrand Scheid, A. (1996). Políticas de Ordenación del Territorio en Europa. Sevilla, Universidad de Sevilla y Consejería de Obras Públicas y Transporte de la Junta de Andalucía.
Merlin, P., Choay, F. (2005). Dictionaire d´urbanisme et de amenagement. Paris, PUF.
Pujadas, R., Font, J. (1998). Ordenación y planificación territorial. Madrid, Ed. Síntesis.
Rodríguez González, F. (Coord.) (1999). Manual de Desarrollo Local. Gijón, Ed. Trea.
Sánchez Goyanes, E. (Coord.) (1993). Sistema urbanístico español. Madrid, Ed. Paraninfo.
Competencias Xerais:
CG1. Definir oturismo urbano e a xestión de empresas turísticas.
CG3. Resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos.
CG4. Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
CG6. Integrar coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
Competencias Transversais:
CT1. Aplicar a ética á toma de decisións.
CT3. Analizar e sintetizar a información.
CT4. Traballar en equipos de composición diversa.
Competencias Especificas:
CE9. Describir o destino turístico como sistema.
CE12. Describir o marco legal que regula as actividades e destinos turísticos.
CE13. Aplicar instrumentos de planificación.
Dende o comezo do curso, estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicarse coa docente e coa clase.
Escenario 1. «Normalidade adaptada»
A docencia será impartida de xeito presencial. Nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. As aulas interactivas estarán dedicadas á estudos de casos prácticos, traballos das materias que, nalgúns casos, serán defendidos diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión, para un mellor entendemento dos procesos complexos urbanísticos e turísticos. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia. No caso das clases interactivas, a docente publicará na Aula Virtual o material necesario e indicará as actividades correspondentes a cada sesión, que poderán ser de carácter individual ou ben de carácter grupal.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que o alumnado poida organizar o propio tempo de estudo. Ao mesmo tempo, a docente fará un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
A docente atenderá as dúbidas que podan xurdir durante as horas de clases e nas horas de titorías individuais fundamentalmente de carácter presencial, se ben se poderán programar titorías por vía telemática (e que terán lugar preferiblemente por Microsoft Teams). Tamén estará activo na Aula Virtual un “Foro de titoría pública”; a docente indicará no Foro o horario no que estima poder atender ás cuestións que se formulen.
Contemplarase a posibilidade de realizar unha saída de campo.
1. Escenario «Normalidade adaptada»
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en tres compoñentes obrigatorias:
1) Proba de avaliación de coñecementos e competencias: na data estabelecida polo centro, realizarase unha proba final presencial de avaliación (complementaria á avaliación continua). Computará o 40% da nota final.
2) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas presenciais, que serán de tipo individual e grupal. Computará o 40% da nota final. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas clases e, de realizarse, a memoria reflexiva da saída de campo.
3) Proxecto de materia: o alumnado terá que entregar e defender un traballo final. Computará o 20% da nota final.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
O alumnado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias será avaliado a través dunha proba específica que supón o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 75 horas de traballo, repartidas como segue:
Traballo presencial na aula:
Docencia expositiva 9
Docencia interactiva 12
Titorías en grupo moi reducido 3
Actividades de avaliación na aula 3
Total horas de traballo presencial 27
Traballo persoal do alumnado:
Estudo individual 22
Escritura de exercicios ou outros traballos 7
Lecturas recomendadas, redacción de notas de lectura e outros exercicios 12
Preparación de presentacións orais, debates ou similares 7
Total de traballo persoal 48
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías (que poderán ser presenciais ou telemáticas segundo o escenario), alén das preguntas na aula e o “Foro de titoría pública” activo na Aula Virtual.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Plan de Continxencia de acordo ao “Plan de Continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22” da USC
2. Escenario «Distanciamento»
Metodoloxía da ensinanza
Dende o comezo do curso, estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicarse coa docente e coa clase.
A docencia expositiva será impartida parcialmente de xeito virtual con mecanismos síncronos e asíncronos. No caso das sesións teóricas presenciais, a docente impartirá os contidos da materia nos horarios indicados polo centro. No caso das sesións teóricas non-presenciais síncronas usaranse preferentemente Microsoft Teams e respectaranse os horarios establecidos polo centro. No caso das sesións teóricas asíncronas o alumnado terá a disposición vídeos didácticos e tutoriais. No caso das clases interactivas, a docente publicará na Aula Virtual o material necesario e indicará as actividades correspondentes a cada sesión, que poderán ser de carácter individual ou ben de carácter grupal. As actividades serán diferentes e entre as mesmas contémplanse actividades que potencian a aprendizaxe autónoma do alumnado, a través das funcións de retroalimentación ou autoavaliación proporcionadas polas actividades do Campus Virtual.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que poida organizar o propio tempo de estudo. Ao mesmo tempo, a docente fará un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
A docente atenderá as dúbidas nas horas de titorías individuais, priorizando as titorías por vía telemática (que terán lugar preferiblemente por Microsoft Teams). As dúbidas formularanse tamén polo “Foro de titoría pública” e a docente indicará no Foro o horario no que estima poder atender ás cuestións que se formulen.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en tres compoñentes obrigatorias:
1) Proba de avaliación de coñecementos e competencias: na data estabelecida polo centro, realizarase unha proba final de avaliación non presencial (complementaria á avaliación continua). Computará o 40% da nota final.
2) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas (desenvolvidas en remoto na Aula Virtual ou por Microsoft Teams), que serán de tipo individual e grupal. Computará o 40% da nota final.
3) Proxecto de materia: o alumnado terá que entregar e defender (se preciso, de xeito virtual a través de Microsoft Teams) un traballo final da materia. Computará o 20% da nota final.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
O alumnado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias será avaliado a través dunha proba específica que supón o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
3. Escenario «Peche das instalacións»
Metodoloxía da ensinanza
Dende o comezo do curso, estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicarse coa docente e coa clase.
A docencia será impartida completamente de xeito virtual síncrono e asíncrono. Polas sesións teóricas síncronas respectaranse os horarios estabelecidos polo centro, no caso das sesións asíncronas o alumnado terá a disposición vídeos didácticos e tutoriais. No caso das clases interactivas, a docente publicará na Aula Virtual o material necesario e indicará as actividades correspondentes a cada sesión. As actividades serán diferentes e entre as mesmas contémplanse actividades que potencian a aprendizaxe autónoma do alumnado, a través das funcións de retroalimentación ou autoavaliación proporcionadas polas actividades do Campus Virtual.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que poida organizar o propio tempo de estudo. Ao mesmo tempo, a docente fará un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
Será posible solicitar titorías, que serán atendidas exclusivamente por vía telemática (e que terán lugar preferiblemente por Microsoft Teams). As dúbidas formularanse tamén polo “Foro de titoría pública” e a docente indicará no Foro o horario no que estima poder atender ás cuestións que se formulen.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en tres compoñentes obrigatorias:
1) Proba de avaliación de coñecementos e competencias: na data estabelecida polo centro, realizarase unha proba final de avaliación non presencial (complementaria á avaliación continua). Computará o 40% da nota final.
2) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas (desenvolvidas en remoto na Aula Virtual ou por Microsoft Teams), que serán de tipo individual e grupal. Computará o 40% da nota final.
3) Proxecto de materia: o alumnado terá que entregar e defender (de xeito virtual, a través de Microsoft Teams) un traballo final da materia. Computará o 20% da nota final.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
O alumnado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias será avaliado a través dunha proba específica que supón o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Lucrezia Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- lucrezia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 02 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 02 |
31.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 02 |
31.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02 |
13.07.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 02 |
13.07.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02 |