Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46.5 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 18.5 Clase Interactiva: 6 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer os instrumentos básicos da xestión da prevención de riscos laborais en todos os sectores de actividade pública e privada.
Comprender o marco legal que regula a xestión de prevención de riscos laborais.
Coñecer e valorar a importancia dos procedementos de prevención e protección da seguridade e saúde dos traballadores.
Coñecer e afondar nas diferentes modalidades de organización preventiva empresarial.
Coñecer e utilizar a documentación do sistema de prevención da empresa.
Introdución. Referencia normativa.
1. -Política preventiva na empresa. Integración da prevención. Xestión da prevención de riscos laborais. Plan de prevención de riscos laborais. Avaliación de riscos laborais. Metodoloxías de avaliación. Planificación da actividade preventiva.
2. -Modalidades de organización preventiva empresarial. As funcións técnico-preventivas. Asunción persoal polo empresario da actividade preventiva. Designación de traballadores. Servizo de prevención propio. Servizos de prevención mancomunados. Servizos de prevención alleos. Acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención alleos. Concerto da actividade preventiva. Referencia aos recursos preventivos.
3. -Auditorias do sistema de prevención. Auditorias obrigatorias. Auditorias voluntarias. Empresas auditoras. Requisitos. Proceso de auditoria.
4. -Participación dos traballadores na xestión da prevención. Consulta. Delegados de Prevención. Comité de Seguridade e saúde.
5.- Documentación do sistema de prevención. Protocolos, instrucións e procedementos. Rexistros. Información. Formación. Participación. Vixilancia da saúde. Equipos de protección individual. Coordinación de actividades. Equipos de traballo. Enfoque de xénero. Traballadores especialmente sensibles. Maternidade e embarazo. Relacións de traballo temporais e ETT. Xestión e documentación da prevención en sectores perigosos e fronte a riscos específicos.
6.- Responsabilidades. Infraccións e sancións.
É necesaria a utilización de calquera compilación de normas sobre prevención de riscos laborais.
AA.VV. Condiciones de Trabajo y Salud, INSHT, última edición.
AA.VV. Higiene industrial, INSHT, última edición.
AA.VV. Normas Laborales y de Seguridad Social, Netbiblo, última edición
Legislación sobre Seguridad e Higiene en el Trabajo, Técnos, última edición.
AA.VV. Manual de Prevención de Riesgos Laborales, (director García Ninet, J.I.) Atelier, Barcelona, (última edición).
Auditoria de los sistemas de prevención de riesgos laborales. Audelgo. Fundación Confemetal. (Madrid 2011)
Bernal Herrer, J.: Formación general de Seguridad e Higiene en el Trabajo, Técnos, (Madrid, 1996).
Bestraten B. M.: Seguridad en el Trabajo, MTSS, Barcelona, última edición.
Calatayud Sarthou, Cortés Vizcaíno: Curso de Salud Laboral, Tirant lo Blanch.(última edición).
Código sobre Seguridad e Higiene en el Trabajo, Colex, (última edición).
Condiciones de Trabajo y Salud, INSHT, Barcelona, 1988.
Cortés Díaz, J.: Técnicas de Prevención de Riesgos Laborales, Tébar Flores, (Madrid, 2006).
Díaz Moliner, R.: Guía práctica para la prevención de riesgos laborales. Valladolid. Lex Nova.
Fernández Marcos, L.: Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales y su Régimen Jurídico Sancionador, Dykinson, 2006.
García Murcia, J.: Responsabilidades y sanciones en materia de seguridad y salud en el trabajo, Aranzadi (Pamplona 2003).
Gómez Etxebarria. G.: Manual para la formación en prevención de riesgos laborales. Editorial Ciss. Madrid.
González Biedma, E.: Prevención de Riesgos Laborales, Técnos, 2004
Iglesias Cabero, M. (Coordinador): Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, Civitas, 1997.
Introducción a las condiciones y medio ambiente de trabajo. OIT. Ginebra.
Legislación sobre Seguridad e Higiene en el Trabajo, Técnos, (última edición).
Mateo Floria, P.: Gestión de la Higiene Industrial en la Empresa, F. Confemetal, (Madrid, 2004).
Mateos Beato, A.: Diccionario temático de seguridad y salud laboral: conceptos de la ley de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, (Valladolid.2006).
McCormick, E. J.: Ergonomía, G. Gili, 1980.
Muñoz Ruiz, A. B.: El sistema normativo de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, Valladolid, 2009.
OIT, Enciclopedia de Seguridad y Salud en el Trabajo, Organización Internacional del Trabajo, última edición.
Prevención de Riesgos Laborales, Ley y normas complementarias. Técnos, última edición.
Rodríguez Sanz de Galdeano, B.: Responsabilidades de los fabricantes en materia de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, Valladolid, 2005.
Sala Franco y Arnau Navarro: Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, Tirant lo Blanch, 1996.
Seguridad e Higiene en el Trabajo, BOE, última Edición.
Seguridad en el Trabajo, Lex Nova, 2005.
Sempere Navarro, A.V., García Blasco, J. González Labrada, M. y Cardenal Carro, M.: Derecho de la Seguridad y salud en el trabajo, Cívitas,( Madrid, 2001).
Prevención de Riesgos Laborales, Ley y normas complementarias, Técnos, última edición.
Seguridad e Higiene en el Trabajo, BOE, última Edición.
Recursos on-line:
Páxinas e bases de datos de organismos nacionais e internacionais e entidades privadas relacionadas coa materia.
Xenerais:
Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito sociolaboral.
Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral, e de modo particular en materia de prevención de riscos laborais.
Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
Planificar e organizar a prevención de riscos laborais nas empresas.
Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
Aplicar o razoamento crítico na análise dun determinado asunto ou tema.
Capacidade para traballar en equipo.
Capacidade para a aplicación dos coñecementos teóricos á práctica.
Específicas:
Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar axeitadamente os sistemas de prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións.
Aplicar as distintas modalidades de organización da prevención.
Coñecer e aplicar o plan de prevención de riscos, os seus distintos elementos, así como as metodoloxías de avaliación de riscos, nos distintos sectores produtivos de bens e servizos.
Coñecer as obrigas empresariais en relación coas auditorias ou avaliacións externas do sistema de prevención.
Coñecer e xestionar as actividades relacionadas coa planificación das actividades preventivas.
Coñecer e coordinar as tarefas de prevención de riscos relacionadas cos locais, instalacións e equipos; coa exposición a riscos ambientais, así como dos riscos derivados da carga e organización do traballo.
Coñecer, aplicar e deseñar as actividades propias dos órganos de consulta e participación dos traballadores na xestión da prevención.
Coñecer, manexar e elaborar a documentación relacionada coa xestión da prevención en calquera tipo de empresa e organización, así como as peculiaridades esixibles pola normativa en sectores de especiais características e en relación a riscos específicos.
Coñecer o marco xeral de responsabilidade en materia de xestión da prevención.
A metodoloxía do ensino da materia céntrase, por un lado, nunha parte teórica destinada a proporcionar os fundamentos teóricos imprescindible para o coñecemento da problemática da xestión da prevención de riscos, para a súa correcta aplicación no ámbito empresarial, e, doutro, nun contido práctico, a través da realización de supostos, actividades prácticas e análise de situacións. Realizaranse diversas actividades e traballos individuais e en grupo, co obxectivo de asentar e aplicar os coñecementos adquiridos nas explicacións teóricas. Precísase, polo tanto, a colaboración de cada alumno na preparación, discusión ou, no seu caso, exposición pública, de modo individual ou en grupo, dos citados traballos teórico/prácticos. As titorías realizaranse ou ben de modo individual ou en grupo para resolver dúbidas, axudar e canalizar o traballo dos alumnos.
A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC virtual a través da que se ofrecerán materiais diversos referidos aos contidos e aos supostos prácticos, así como enlaces a fontes básicas de información e coñecemento.
No caso de que fose necesario cambiar ao escenario 2 (a docencia presencial convivirá coa virtual ou ao 3 (docencia completamente virtual) empregarase a plataforma MS Teams de forma síncrona.
En todo caso, empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado, tanto para facerlle chegar toda a información referente á avaliación da materia, como os materiais que deben ser preparados por parte do alumnado, así como para realizar a entrega de traballos que formarán parte da avaliación.
A avaliación realizarase mediante unha valoración conxunta e ponderada dun exame escrito e da asistencia e participación nas clases e a realización e entrega de traballos. Para iso terase en conta o interese demostrado, a participación activa e a resolución e entrega dos traballos e/ou supostos formulados. O exame será tipo test-cuestionario; con posibilidade de resposta múltiple e valor negativo nas preguntas erradas. Poderá incluír cuestións/supostos de tipo práctico. A ponderación deste será dun 70 por cento. A ponderación da asistencia ás clases, participación nestas e entrega de traballos será dun 30 por cento. Para superar a materia esixirase que os alumnos consigan un 5 de media no exame escrito, así como un 5 na asistencia, participación e entrega de traballos. A cualificación da parte interactiva só se terá en conta unha vez superada a proba final teórica.
Réxime para o alumnado con concesión de exención de docencia: A cualificación da parte interactiva, para estes alumnos, realizarase en base á realización e entrega dos traballos académicos e actividades programadas ao longo do curso, de maneira especial, para estes alumnos.
Para os escenarios 2 e 3 aplicaranse os mesmos porcentaxes e criterios que para o escenario 1, apuntado nos apartados anteriores. En relación coa proba final realizarase ben de forma presencial, ou ben de forma telemática a través do Campus Virtual (Actividade Cuestionario, con preguntas tipo test e iguais características que para o escenario 1 e con posibilidade de incorporar preguntas de desenvolvemento
Estímase que o tempo de estudo e traballo persoal adecuado para superar a materia é de 54 horas.
Recoméndase, á parte da asistencia a clase, que se xulga imprescindible, a consulta e utilización dalgún compendio lexislativo ou textos legais relacionados coa prevención de riscos laborais, a utilizar tanto nas clases, coma na preparación da materia. Utilizarase o Campus Virtual.
Os alumnos terán á súa disposición, na fotocopiadora do centro, a normativa máis utilizada, así como algunhas lecturas e temas do programa. Utilizarase o Campus Virtual.
Plan de continxencias na metodoloxía do ensino.
No caso de que fose necesario cambiar de escenario e non fose posible a docencia presencial empregásese a plataforma MS Teams, impartindo a docencia de forma síncrona ou asíncrona, segundo a natureza da actividade. En todo caso, empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado, tanto para facerlle chegar toda a información e materiais necesarios para a materia, así como para realizar as entregas dos traballos que formarán parte da avaliación.
Sistema de avaliación.
Para os escenarios 2 e 3 aplicaranse os mesmos porcentaxes e criterios que para o escenario 1, apuntado nos apartados anteriores. En relación coa proba final realizarase ben de forma presencial, ou ben de forma telemática a través do Campus Virtual (Actividade Cuestionario, con preguntas tipo test e iguais características que para o escenario 1 e con posibilidade de incorporar preguntas de desenvolvemento
Jose Joaquín E. Vidal Portabales
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881815137
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Laboral asimilado a TEU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 9 |
18.01.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
02.07.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |