Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 19 Clase Interactiva: 35 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Afondamento no sistema conceptual propio do Dereito Tributario.
2.- Estudo da problemática específica da aplicación do Tributo: procedementos de aplicación dos tributos
3.- Coñecemento das fontes para:
- Argumentar loxicamente.
- Afondar no coñecemento.
- Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
4.- Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento, sinaladamente neste eido co Dereito Público.
5.- Formación de valores universais.
- Concreción da relación procedemento administrativo-procedementos tributarios. O procedemento de aplicación dos tributos e a normativa do procedemento administrativo
- Aspectos xerais dos procedementos de aplicación dos tributos. Información e asistencia aos obrigados tributarios. Colaboración social na xestión tributaria. Tecnoloxías informáticas e telemáticas
- Normas comúns dos procedementos tributarios. Fases: iniciación, desenvolvemento e terminación. Obrigación de resolver: prazos e efectos. A proba. As notificacións. Entrada no domicilio. Denuncia pública. Potestades de comprobación e investigación
- A liquidación do tributo
- Procedementos de xestión: declaracións, autoliquidacións, comunicacións de datos. Procedemento de devolución, procedemento iniciado por declaración, procedemento de verificación de datos, procedemento de comprobación de valores, procedemento de comprobación limitada
- A inspección dos tributos: funcións, facultades. Documentación das actuacións inspectoras. O procedemento inspector: fases
- O procedemento de recadación: a recadación en período voluntario. A recadación en período executivo. O procedemento de constrinximento. O embargo. Procedemento fronte a responsables e sucesores
- O procedemento sancionador en materia tributaria
- Revisión de actos tributarios: a revisión de oficio: actos nulos de pleno dereito e anulables, a revogación, a rectificación de erros e a devolución de ingresos indebidos
- Revisión de actos tributarios a través de recurso. O recurso de reposición. A reclamación económico-administrativa. Especial referencia á suspensión do acto impugnado. O procedemento abreviado ante órganos unipersoais
MANUAIS RECOMENDADOS:
- MARTÍN QUERALT, LOZANO SERRANO, CASADO OLLERO e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, ultima edicion
- MENÉNDEZ MORENO, A., Derecho Financiero y Tributario. Lecciones de Cátedra, Lex Nova, ultima edición.
- FERREIRO LAPATZA, J. J., Curso de Derecho Financiero Español, Marcial Pons, ultima edición
- CALVO ORTEGA, R., Curso de Derecho Financiero. I. Derecho Tributario (parte general).
COLECCIÓNS LEXISLATIVAS: actualizadas a setembro de 2010:
- Derecho Financiero y Tributario. Normas básicas, Lex Nova,
- Código Tributario, Aranzadi,
- Derecho Financiero y Tributario. Legislación básica, McGraw-Hill,
- Comprender a importancia da regulación procedimental da aplicación dos tributos, os intereses e os dereitos fundamentais en presenza.
- Coñecer os elementos básicos do procedemento tributario, as súas peculiaridades con relación ao procedemento administrativo común e a estrutura básica do seu funcionamento.
- Acadar un manexo dos textos xurídicos que permita resolver con facilidade supostos prácticos de aplicación dos tributos.
Lección maxistral con inclusión de supostos practicos.
Estas previsións son aplicables en tanto se permaneza no escenario 1 dos deseñados polas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (normalidade adaptada). Se fose preciso pasar aos escenarios 2 ou 3 das devanditas Directrices, deberá terse en conta o sinalado nas apartado Observacións.
1.- Asistencia a clase, resolución de casos prácticos, exposicións orais ou outras actividades programadas polo profesor: representará, como máximo, o 20% da cualificación final.
2.-Examen tipo test, o 80% da cualificación final.
A segunda oportunidade valorarase do mesmo xeito.
Este sistema rexe con carácter xeral sen prexuízo das adaptacións que no seu momento, dependendo das características do alumnado poida levar a cabo o profesor responsable da materia".
Estas previsións son aplicables en tanto se permaneza no escenario 1 dos deseñados polas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (normalidade adaptada). Se fose preciso pasar aos escenarios 2 ou 3 das devanditas Directrices, deberá terse en conta o sinalado nas apartado Observacións.
Ao menos o dobre de tempo que as horas presenciais correspondentes á materia
Al menos el doble de tiempo que las horas presenciales correspondientes a la materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
Se conforme ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura fose necesario actuar nos escenarios 2 ou 3 alí deseñados, produciríanse as seguintes especialidades:
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física):
Docencia: En función das disposicións que adopte o centro, a docencia expositiva realizarase de forma presencial ou non presencial (ou alternando ambos os sistemas), conforme ao horario que no seu caso se estableza polo centro, utilizando, segundo se adapten ao contido temático afectado, mecanismos síncronos ou asíncronos. En canto á docencia interactiva, tamén conforme coas disposicións do centro, impartirase de modo presencial polo menos o 50% da docencia e a través de mecanismos virtuais a restante.
Titorías: Serán en todo caso telemáticas, utilizando as ferramentas máis adecuadas ao caso ( Teams, correo electrónico, etc.)
Avaliación: Seguirase un sistema de avaliación continua formativa que terá un valor do 70% da cualificación da materia, mentres que o 30% restante obterase a través da realización dunha proba final, que será presencial en tanto sexa posible no marco das medidas adoptadas polas autoridades académicas e sanitarias e, se non fose posible, por vía telemática. Na cualificación correspondente á avaliación continua (70% do total), manterase a ponderación existente con carácter xeral na valoración da parte correspondente á docencia expositiva (70%) e interactiva (30%).
En todo caso, é necesario superar ambas as partes da avaliación (avaliación continua e proba final) para aprobar a materia.
Escenario 3: peche das instalacións.
Docencia: tanto a docencia expositiva como a interactiva serás completamente virtuais, combinando mecanismos síncronos ou asíncronos en función dos diferentes contidos, con mantemento dos horarios que, para o caso, aprobe o centro.
Titorías: Serán en todo caso telemáticas, utilizando as ferramentas máis adecuadas ao caso ( Teams, correo electrónico, etc.)
Avaliación: Seguirase un sistema de avaliación continua formativa.
Cesar Garcia Novoa
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814678
- Correo electrónico
- cesar.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Joaquín Vidal |
21.01.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
05.07.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |