Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos principais da materia serán os seguintes:
-Coñecer os fundamentos básicos do xornalismo e da comunicación na situación actual
-Estudar desde unha perspectiva histórica a situación actual do periodismo
-Analizar desde unha perspectiva histórica a comunicación na actualidade
-Coñecer as ferramentas necesarias para identificar o rol do xornalismo na actualidade
-Identificar as principais fases da produción da información
-Capacitar ao alumno para o traballo coas fontes informativas como xornalista
-Capacitar ao alumno para o traballo como fonte de información institucional
-Capacitar ao alumno para a lectura crítica dos procesos comunicativos na sociedade actual
1. O xornalismo na sociedade actual 2. A cuarta onda da comunicación 3. Fases do xornalismo na era dixital 4. As fontes informativas 5. Ciclo da comunicación na sociedade actual 6. Análise da comunicación e o xornalismo na sociedade actual a través dun caso concreto
Bibliografía básica
Armentia Vizuete, j.i.; Caminos Marcet, J.M. Fundamentos de periodismo impreso. Barcelona: Ariel, 2003.
AAVV (2020). The Paris Review : entrevistas (1953-2012).Barcelona: El acantiladoMencher, M. News Reporting and Writing. New York: McGraw-Hill, 11th edition, 2008.
Brighton, p.; Foy, d. News Values. Londres: Sage, 2008.
Castells, M. (2009). Comunicación y poder. Siglo XXI Editores México.
Castells, M. (2012). Redes de indignación y esperanza (p. 157). Madrid: Alianza Editorial.
Fleming, c; Hemingway, e.; Moore, g.; Welford, D. An introduction to Journalism. Londres: Sage, 2006.
García-Orosa, B. (2019). 25 años de investigación en comunicación organizacional digital. Artículo de revisión. Profesional de la Información, 28(5).
Thurman, N., Lewis, S. C., & Kunert, J. (Eds.). (2021). Algorithms, Automation, and News: New Directions in the Study of Computation and Journalism. Routledge.
Bibliografía complementaria
Bauman, Z. (2000). Liquid modernity. Cambridge: Polity Press
Berganza, R.; Lavín, E. y Piñeiro-Naval, E. (2017). La percepción de los periodistas espa- ñoles acerca de sus roles profesionales. Comunicar, 51 (25), pp. 83-92. DOI: <http://dx.doi. org/10.3916/C51-2017>.Carlson M (2020). Journalistic epistemology and digital news circulation: Infrastructure, circulation practices, and epistemic contests. New Media & Society 22(2): 230–246. https://doi.org/10.1177/1461444819856921
Chadwick, A. (2013). The hybrid media system: Politics and power. New York, NY: Oxford University Press.
García Orosa, B. (2014). Los gabinetes de comunicación on line de las empresas del Ibex 35. Historia Y Comunicación Social, 18, 295-306. https://doi.org/10.5209/rev_HICS.2013.v18.43967
García-Orosa, B. (2018). Profile of the Cyber Media Audience: Discursive Representation and Praxis of Receiver 2.0. Palabra Clave, 21(1), 111-133.
García-Orosa, B., López-García, X., Vázquez-Herrero, J. (2020). Journalism in digital native media: Beyond technological determinism. Media and Communication, 8(2), 5-15. DOI: http://dx.doi.org/10.17645/mac.v8i2.2702
Kovach, b.; Rosenstiel, T. Los elementos del periodismo. Madrid: Ediciones El País, 2003.
López López, M. Como se fabrican las noticias. Fuentes, selección y planificación. Barcelona: Paidós, 1995.
Smith, J. Essential Reporting. The NCTJ Guide for trainee journalists. Londres: Sage, 2007.
5.5.1.5.1 BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE15 - Interpretar as complexidades da comunicación ao longo da súa historia
CE16 - Comprender a dimensión que adquire na actualidade a participación cidadá en procesos de produción da información.
A metodoloxía de ensino traballa con dous escenarios e están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual: A) Docencia presencial. A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teórica, clases de seminario teóricas, clases de seminario, prácticas, traballos individuais e grupais tutorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plan de estudos do plan de estudos.
B) Docencia en liña. A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teórica, clases de seminario teóricas, clases de seminario, prácticas, traballos individuais e grupais tutorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plan de estudos do plan de estudos. Neste suposto, empregaranse os medios ofrecidos pola USC. As actividades serán variadas, combinando as tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo. Potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado incluíndo elementos de retroalimentación ou avaliación a través da planificación das actividades que se publicarán nos primeiros días do curso, así como o material necesario, as datas de entrega e o sistema de avaliación.
Sistema de avaliación Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente: a. Exame/ s teórico/s.
b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
c. Participación e positiva nos seminarios. d. Avaliación dos proxectos ou estudos de caso formulados ao longo do curso. Será unha avaliación continua polo que se recomenda o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non soamente trátase da adquisición de coñecementos, tamén de actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguimento continuo. Soamente o traballo continuado e progresivo poderá familiarizar ao alumno cos contidos do curso. Se non é posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre. Segunda oportunidade Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia. Da mesma forma, no caso do escenario 2 (e 3), é dicir, que a docenia sexa semi-presencial ou exclusivamente telemática, a avaliación será continua e non haberá proba final. Será especialmente penalizado o plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas.
Ademais das aulas presenciais rexistradas no desenvolvemento da materia, o alumno deberá levar a cabo traballo non presencial. No caso do traballo persoal do alumno a distribución por horas e tarefas será a seguinte é a que figura na memoria do título.
A materia non persegue a memorización dos conceptos, persegue promover a reflexión do alumno sobre as formas de produción informativa, contrapoñéndoas aos conceptos da teoría xornalística. Ademais dun seguimento continuado da materia, recoméndase a lectura crítica de diferentes medios de comunicación diariamente.
É importante para o bo funcionamento da materia que o alumno asista ás aulas cun coñecemento da actualidade do día. Na medida do posible, realizaranse saídas ao exterior como prácticas complementarias. Plan de continxencia De acordo cos tres escenarios que contempla a USC a causa do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presenciais e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual). No relativo ao sistema de avaliación, se non é posible o exame presencial, a avaliación será continua, mediante distintas iniciativas programadas ao longo do cuadrimestre.
Plan de continxencia
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física):
a) Metodoloxía da ensinanza: a docencia combinará as clases presencias coas virtuais a través de MS Teams, sempre con preferencia por mecanismos síncronos. Garántese a máxima presencialidade posible para as sesións interactivas, que nunca será inferior ao 50% das horas prácticas da materia. Nas actividades en remoto que se programen como parte do traballo persoal do alumnado combinaranse tarefas individuais con traballo colaborativo, ao tempo que se potenciará a aprendizaxe autónoma mediante elementos de retroalimentación e de autoavaliación. Empregarase o campus virtual e o seguimento das actividades realizarase mediante a programación de entregas.
b) Sistema de avaliación da aprendizaxe: mantense o sistema de avaliación previsto para o escenario 1. No caso de non ser posible realizar proba final de xeito presencial, realizaríase de modo telemático.
Escenario 3. Peche das instalacións
c) Metodoloxía da ensinanza: a docencia impartirase de xeito virtual a través de MS Teams, sempre con preferencia por mecanismos síncronos. Nas actividades en remoto que se programen como parte do traballo persoal do alumnado combinaranse tarefas individuais con traballo colaborativo, ao tempo que se potenciará a aprendizaxe autónoma mediante elementos de retroalimentación e de autoavaliación. Empregarase o campus virtual e o seguimento das actividades realizarase mediante a programación de entregas.
d) Sistema de avaliación da aprendizaxe: mantense o sistema de avaliación previsto para o escenario 1, catar que a proba final se realizará de xeito telemático.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Berta Garcia Orosa
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816524
- Correo electrónico
- berta.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xurxo Salgado Tejido
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- xurxo.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
Martes | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
13.01.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
13.01.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
11.07.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |