Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 24 Total: 52
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Estudo do xornalismo audiovisual. Análise das diferentes teorías, técnicas e linguaxes que influíron na súa evolución e que determinaron as características dos formatos e linguaxes actuais.
Temario
1. Fundamentos do xornalismo audiovisual. Estudo e análise das diferentes teorías e técnicas que caracterizan o xornalismo audiovisual.
2. Teoría e técnica da expresión oral e da redacción nos medios audiovisuais.
3. A linguaxe audiovisual.
4. Os xéneros audiovisuais. Nacemento, evolución e tendencias actuais.
5. Os xéneros informativos en radio.
6. Os xéneros informativos en televisión.
Contidos de seminario e prácticos
Análise de produtos que respondan as características dos contidos incluídos no temario para coñecer as particularidades da oferta que existe nos diferentes medios audiovisuais.
Bibliografía básica
• Balsebre, A. (2004): El lenguaje radiofónico. Madrid: Cátedra.
• Fernández, F.; Martínez, A. (1998): Manual básico de lenguaje y narrativa audiovisual. Barcelona: Paidós.
• Vilalta, J. (2007): El reportero en acción: noticia, reportaje y documental en televisión. Barcelona: UBe.
• Rodero, E. (2011): Creación de programas de radio. Madrid: Síntesis.
• Bandrés, E.; García-Avilés, J.A., Pérez-Gómez, G y Pérez-de-Silva, J. (2004): El periodismo en la televisión digital. Barcelona: Paidós.
• Oliva, LL.; Sitjà, X. (2007): Las noticias en Radio y Televisión. Periodismo audiovisual en el siglo XXI. Barcelona: Omega.
• Barroso, J. (1997): Realización de los géneros televisivos. Madrid: Síntesis.
Bibliografía complementaria
• Arijón, D. (1986): Gramática del lenguaje audiovisual. Beasain: Baroja.
• Arnheim, R. (1980): Estética radiofónica. Barcelona: Gustavo Gili. Barcelona.
• Austin, J.L. (1988): Cómo hacer cosas con las palabras. Barcelona: Paidós.
• Baggaley, J. P.; Steve, W. D. (1982): Análisis del mensaje televisivo, Barcelona: Gustavo Gili.
• Cebrián Herreros, M. (1994): Información radiofónica: mediación técnica, tratamiento y programación. Madrid: Síntesis.
• García-Jiménez, Jesús (1996): Narrativa audiovisual. Madrid: Cátedra.
• Zabaleta-Urkiola, I. (2005): Teoría, Técnica y Lenguaje de la Información en Televisión y Radio. Barcelona: Bosh Comunicación.
• Contreras, J.M.; Palacio, M. (2003): La programación de televisión. Madrid: Síntesis.
• Bourdieu, P. (1997): Sobre la televisión. Barcelona: Anagrama.
• Barroso, J. (2002): Realización de los géneros televisivos. Madrid: Síntesis.
• Medina, M. (2007): Calidad y contenidos audiovisuales. Pamplona: Eunsa.
TRANSVERSAIS
Elaborar e xestionar produtos audiovisuais de carácter informativo.
ESPECÍFICAS
O alumnado familiarizarase con conceptos básicos do xornalismo audiovisual e experimentará a creación das súas primeiras pezas informativas.
Elaborar e xestionar contidos informativos de carácter audiovisual. Capacitar no estudo e na análise dos produtos audiovisuais. Como resultados de aprendizaxe, o alumnado deberá demostrar que coñece os fundamentos do xornalismo audiovisual, as principais teorías e técnicas, as características da linguaxe audiovisual e as particulariedades dos xéneros informativos de radio e de televisión.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas, xa que incorporará clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas e prácticas, traballos titorizados e estudos de caso, fomentando en todo momento a implicación do alumnado no seu proceso formativo.
A avaliación será continua, de acordó cos procedementos fixados polo profesor ao comezo do curso, para medir e valorar a implicación do alumno no desenvolvemento do programa da materia e o nivel de aproveitamento dos contidos. Poderase programar un exame para avaliar os coñecementos adquiridos e terase en conta o resultado das actividades e/ou traballos desenvoltos nas sesión interactivas.
Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán os seguintes: unha proba dos coñecementos teóricos impartidos na aula e contemplados no programa da materia, a participación activa nos seminarios e a realización de traballos teóricos, proxectos ou estudos de caso que se propoñan durante o curso.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma maneira ca na primeira oportunidade. Se o alumnado ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O alumnado terá que dedicar 150 horas ao conxunto da materia, tanto a actividades presenciais (42h) coma ao traballo individual (108).
Seguemento dos diferentes soportes e plataformas que ofertan contidos relacionados co xornalismo audiovisual novidosos, lectura das referencias bibliográficas que constan no programa da materia e do material de apoio que se facilitará na clase para completar as explicacións teóricas.
Plan de continxencia
Adaptación da metodoloxía da ensinanza
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, proporanse prácticas que o alumnado poda facer a distancia (online), tanto de xeito individual como en grupo, empregando as técnicas e tecnoloxías multimedia, e reforzando tamén os exercicios de análise crítica arredor destes conceptos. Ademais, reforzaranse as aulas a través do Campus Virtual da USC, tanto na parte teórica como na práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual. Empregarase o OneDrive para a realización de prácticas colaborativas; o MS Forms, en caso de ser preciso elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao escenario online, comunicándoselle oportunamente ao alumnado a través da aula virtual.
Adaptación do sistema de avaliación
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse únicamente os exercicios prácticos que se propoñan ao longo do curso. Cada un dos exercicios será cualificado cunha nota e xuntos suporán o total da nota final da materia.
Observación sobre o sistema de avaliación
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Alba Silva Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alba.silva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Sala de Doutoramento |