Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 9 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
-Análise do sistema mediático do século XX ao ecosistema mediático do século XXI
-Características das plataformas e características dos medios
-Procesos de transformación e adaptación dos medios
-Soportes e canles do novo ecosistema: características e tendencias
Os contidos do curso xirarán arredor da análise das características do sistema mediático do século XX e da análise das características do ecosistema comunicativo do século XXI, prestando atención aos elementos diferenciáis, en especial a existencia das plataformas tecnolóxicas e redes sociais e aos novos modelos de medios de comunicación, tanto matriciais como nativos dixitais. Nos contidos explicaranse as características da transformación vivida e a estrutura sobre a que descansan os novos soportes e canles do actual ecosistema mediático. Nas aulas de seminario analizaranse casos de plataformas e medios, así como as interaccións e relacións.
A continuación especificamos os temas do programa:
Tema 1.-O sistema mediático do século XX: estrutura e características
Tema 2.-O ecosistema comunicativo do século XXI: estrutura e características
Tema 3.-Proceso de adaptación de vellos medios, aparición de novos medios e hibridación mediática.
Tema 4.-Canales e soportes da sociedade rede. Evolución e tendencias
Básica
Bauman, Zygmunt (2013). Vigilancia líquida. Barcelona: Paidós.
Calvo, Elkin (2019): Youtube como ecosistema comunicativo. eBook, Saxo-YoPublico.
Osterhammel, Jürgen (2014): The Transformatión of the World: A Global History of the Nineteenth Century. Translated by Patrick Camiller. Princeton: Princeton University Press.
Renó, Denis; Velásquez, Andrea; Estrella Silva, Santiago -eds.- (2020): Tendencias de la comunicación. El ecosistema mediático contemporáneo. Discusiones sobre audiencias, estrategias de comunicación y resultados. Vol. II. Madrid: Dykinson.
Toural-Bran, Carlos; López-García, Xosé -Coordinación- (2019): Ecosistema de Cibermedios en España. Salamanca: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
Zuboff, Shoshana (2019): The Age Of Surveillance Capitalism: The Fight for a Human Tuture at the New Frontier of Power. New York: Public Affairs.
Complementaria
Carrera, Pilar; Limón, Nieves; Herrero, Eva; Sáinz de Baranda, Clara (2013): Transmedialidad y ecosistema digital. Historia y Comunicación Social, Vol. 18, Nº especial noviembre, pp. 535-545. Accesible en: https://revistas.ucm.es/index.php/HICS/article/view/44257.
Díaz Nosty, Bernardo (2005): El déficit mediático. Donde España no converge con Europa. Barcelona: Editorial Bosch.
Calvo Manuera, Elkin Alfonso (2018): YouTube como ecosistema comunicativo. ¿Una oportunidad para la cultura política?. Tesis de maestría. Enlace: https://repository.udistrital.edu.co/handle/11349/8824.
Básicas xerais
-Coñecer as características dos modelos de medios da sociedade industrial e o ecosistema comunicativo actual, así como oos modelos de medios da sociedade dixital.
-Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos sobre o papel das plataformas e o papel dos medios nas dinámicas dos procesos de comunicación na sociedade rede.
Transversais
-Entender o funcionamento do ecosistema comunicativo e xestionar iniciativas informativas para os diferentes soportes e canles.
Específicas
-Empregar técnicas e ferramentas axeitadas para a elaboración de productos para os diferentes soportes e canles da sociedade rede.
A metodoloxía de ensino traballa con dous escenarios contemplados actualmente pola USC e están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual. A programación contempla:
A) Docencia presencial. A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teórica, clases de seminario teóricas, clases de seminario, prácticas, traballos individuais e grupais tutorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plan de estudos.
B) Docencia en liña. A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teórica, clases de seminario teóricas, clases de seminario, prácticas, traballos individuais e grupais tutorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plan de estudos. Neste suposto, empregaranse os medios ofrecidos pola USC. As actividades serán variadas, combinando as tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo. Potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado incluíndo elementos de retroalimentción ou avaliación a través da planificación das actividades que se publicarán nos primeiros días do curso, así como o material necesario, as datas de entrega e o sistema de avaliación.
A avaliación poderá ser continua cos elementos fixados polo profesor para medir a implicación do alumnado no desenvolvemento do programa da materia e o nivel de aproveitamento de contidos. Opcionalmente poderase programar un exame de coñecementos e competencias adquiridas ao longo do curso (50% máximo).
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia. Da mesma forma, no caso do escenario 2, é dicir, que a docenia sexa semi-presencial ou exclusivamente telemática, a avaliación será continua e non haberá proba final. Será especialmente penalizado o plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas.
O tempo de estudo e traballo persoal fose das aulas é aproximadamente de 49 horas.
Recoméndase a lectura da bibliografía indicada e das achegas que o profesor realice na aula. Tamén é de especial relevancia o coñecemento e seguimento dos cambios no ecosistema comunicativo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Ramon Pousa Estevez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816537
- Correo electrónico
- xoseramon.pousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Perez Pereiro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816532
- Correo electrónico
- marta.perez.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Martes | |||
16:00-20:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
16:00-20:30 | Laboratorio 1 | Galego | Aula NACHO MIRAS |
Venres | |||
16:00-20:30 | Laboratorio 1 | Galego | Aula NACHO MIRAS |