Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 2.6
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Establecer contacto co mundo exterior da formación universitaria para completar a formación especializada e as prácticas de laboratorio que recibe no propio máster, pondo en valor as competencias xerais e específicas que se adquiriron ao longo do proceso formativo de máster.
Os principais obxectivos desta actividade radican na aprendizaxe de técnicas concretas asimiladas á especialidade elixida polo alumno ou a contidos globais do máster, así como á adquisición dos coñecementos nas contornas profesionais de traballo. Inclúese, tamén, o coñecemento de rutinas de produción e de creación de contidos, de produtos ou de xestión estratéxica de comunicación organizacional. O carácter da materia obriga a establecer unhas bases en canto á distribución horaria e á tipoloxía das tarefas a desenvolver nas empresas ou institucións que sempre han de estar relacionadas directamente coa formación e as competencias adquiridas polo alumnado do máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento.
Non é necesaria para esta tarefa.
Básicas e xerais
CG02 - Detectar, coñecer, interpretar e aplicar as novas tendencias no xornalismo, en particular, e na comunicación, en xeral.
CG03 - Analizar ou executar os procesos de produción, de xestión e de difusión do coñecemento a través de contidos
informativos.
Transversais
Non existen datos
Específicas
Non existen datos
A metodoloxía de ensino fundaméntase na aprendizaxe práctica dentro do ámbito de especialización elixido polo estudante. Cada alumno/teraa asignada unha tarefa relacionada coa formación impartida no Máster dentro da empresa colaboradora. A supervisión nas instalacións da entidade colaboradora será realizada por unha persoa designada a tal efecto. Pola contra, a supervisión dos avances na aprendizaxe xeral corresponderá ao titor-profesor asignado pola dirección do Máster a cada estudante.
Os criterios de avaliación virán establecidos segundo acordo establecido entre as institucións e/ou empresas e a Facultade de Ciencias da Comunicación, de acordo coa normativa vixente. Segundo a memoria oficial do título, a avaliación componse dun
- Informe evaluativo do titor da empresa 50%
- Memoria de prácticas realizada polo estudante 50%
O tempo de traballo persoal será estimado en cada caso polos convenios que regulen a relación entre a entidade colaboradora e a USC.
Tutorías en grupo 2
Actividades de Avaliación 3
Traballo persoal do alumno (estudo
autónomo, escritura de exercicios,
programación/ experimentación ou outros
traballos en ordenador /laboratorio)
145
Berta Garcia Orosa
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816524
- Correo electrónico
- berta.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade