Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo da teoría e a técnica do xornalismo na sociedade dixital.
2. Estudo e capacitación na redacción para os medios de comunicación.
3. Estudo das fontes informativas.
4. Aproximación ao xornalismo galego e internacional de referencia.
5. Estudo e análise dos xéneros xornalísticos.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1: FUNDAMENTOS DO XORNALISMO E A SÚA EVOLUCIÓN NA ERA DIXITAL
1.1 Conceptos básicos do xornalismo: función social, obxectividade, veracidade e papel do xornalista
1.2 Evolución histórica: prensa escrita, radio, televisión e transición á contorna dixital
1.3 Retos contemporáneos: fragmentación das audiencias, desinformación e novas plataformas
TEMA 2: TÉCNICAS DE REDACCIÓN XORNALÍSTICA PARA MEDIOS DIXITAIS E MULTIMEDIA
2.1 Estrutura clásica: pirámide invertida e xerarquización da información
2.2 Adaptación ao formato dixital
2.3 Xornalismo multimedia: integración de texto, imaxe, audio e vídeo
2.4 Storytelling dixital e narrativas transmedia
2.5 Principios da profesión xornalística
2.6 Ética e deontoloxía xornalísticas. Cláusula de conciencia e segredo profesional
TEMA 3: FONTES INFORMATIVAS E VERIFICACIÓN EN CONTORNAS DIXITAIS
3.1 Tipos de fontes: primarias, secundarias, oficiais, dixitais e de usuario
3.2 Técnicas clásicas de verificación e contrastación de datos
3.3 Novas ferramentas dixitais para fact-checking e detección de desinformación
3.4 Ética no manexo de fontes e protección de informantes en contornas dixitais
TEMA 4: XÉNEROS XORNALÍSTICOS E FORMATOS EMERXENTES
4.1 Xéneros clásicos: nova, reportaxe, entrevista, crónica e opinión
4.2 Novos formatos: newsletters, podcasts, vídeos para plataformas sociais, fíos en redes sociais
4.3 Xornalismo móbil e multiplataforma: produción e distribución en dispositivos móbiles
4.4 Automatización con IA: creación asistida e personalización de contidos
TEMA 5: XORNALISMO GALEGO E INTERNACIONAL: MODELOS E CASOS DE REFERENCIA
5.1 Panorama do xornalismo galego: medios tradicionais e a súa adaptación dixital vs medios nativos dixitais
5.2 Modelos internacionais de referencia
5.3 Xornalismo de datos e visualización: fundamentos e exemplos prácticos
5.4 Innovacións actuais: xornalismo hiperlocal e xornalismo de solucións e narrativas construtivas
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos están directamente relacionados cos contidos teóricos, de xeito que se realizarán exercicios na aula orientados á adquisición dos resultados de aprendizaxe. Contémplanse as seguintes actividades:
- Análise de pezas xornalísticas actuais de diferentes medios para identificar a función social, a obxectividade, o papel do xornalista, así como para clasificar as fontes e os xéneros utilizados.
- Estudo de casos prácticos sobre ética e deontoloxía xornalística, debatendo dilemas reais e aplicando os principios profesionais.
- Redacción dunha nova aplicando a estrutura de pirámide invertida e a xerarquización da información.
- Adaptación da nova ao formato dixital, incluíndo a elaboración dun titular optimizado para SEO, subtítulos, ligazóns, recursos multimedia e deseño adaptado ao entorno web.
- Xornalismo de datos: recollida de datos sinxelos e visualización mediante gráficos ou infografías dixitais.
- Exercicio de storytelling dixital: adaptación da nova a unha historia para redes sociais, empregando elementos visuais e narrativos propios de cada plataforma.
- Simulación do proceso de verificación: selección dunha nova viral e comprobación da súa veracidade utilizando buscadores, bases de datos e ferramentas básicas de fact-checking.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Abril, N. (1999) Periodismo de opinión: claves de la retórica periodística. Síntesis.
Armañanzas, E. e Díaz Noci, J. (1996) Géneros de opinión. Universidad del País Vasco.
Bernal, S. e Chillón, L. A. (1985) Periodismo informativo de creación. Mitre.
Bradshaw, P. (2023). The online journalism handbook: Skills to survive and thrive in the digital age. Routledge
Casasús, J. M. e Núñez Ladevéze, L. (1991) Estilo y géneros periodísticos. Ariel.
Echevarría, B. (1998) Las w’s del reportaje. Fundación Universitaria San Pablo CEU.
Galindo, F. (2000) Guía de los géneros periodísticos. Tórculo.
Kovach, B. e Rosenstiel, T. (2012). Los elementos del periodismo. Aguilar.
León Gross, T. e Gómez Calderón (2010) Diez articulistas para la historia de la literatura española. Fragua.
Mendieta Ramírez, A., Estrada Rodríguez, J. L., Pérez Pérez, K.. (2023). Periodismo en la era digital. Ediciones La Biblioteca
Wilkins, L. & Christians, C. G. (2020). The handbook of mass media ethics. Routledge.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Blanco Amor, E. (2004) Crónicas en La Nación. Galaxia.
Casares, C. (1994) Na marxe de cada día. Biblioteca Gallega.
Edo, C. (2003) Periodismo informativo e interpretativo. El impacto de Internet en las noticias, las fuentes y los géneros. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
García Márquez, G. (1997) Notas de prensa. Mondadori.
Grijelmo, A. (2001) El estilo del periodista. Taurus.
Hernández Les, J.A. (2010) Dramas y debates del periodismo. Andavira.
López, X. (1998) A reportaxe de prensa en Galicia. Lea.
López Hidalgo, A. (1997) La entrevista periodística. Entre la información y la creatividad. Libertarias.
López Pan, F. (1996) La columna periodística: teoría y práctica. EUNSA.
Parrat, S. (2003) Introducción al reportaje. Antecedentes, actualidad y perspectivas. USC.
Van Dijk, T. A. (1999) Discurso y literatura: nuevos planteamientos sobre el análisis de los géneros literarios. Visor Libros.
Vilamor, J. R. (2001) Cómo escribir en Internet. Universitas.
Complemento formativo do Máster.
Nas clases expositivas utilizaranse as seguintes metodoloxías:
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo docente.
- Estudos de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
- Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta.
Nas clases interactivas empregaranse as seguintes metodoloxías:
- Prácticas aula informática: sesión interactiva e grupal nunha contorna equipada con ordenadores.
- Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tarefas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
- Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
- Design thinking: metodoloxía para xerar solucións innovadoras.
- Gamificación na aula: emprego de elementos propios do xogo no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
- Proba de coñecementos: 25 %
- Actividades de avaliación continua: 25 %. A asistencia á clase computará o 20 %.
- Exercicios prácticos: 50 %
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
Segunda oportunidade:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada algunha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
A recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo de todo o curso, posto que non se trata só da adquisición de coñecementos, senón tamén de habilidades e actitudes que unicamente se poden alcanzar cun seguimento constante e permanente.
Por outra parte, recoméndase o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Jose Sixto Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816540
- Correo electrónico
- jose.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Quian Pampin
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alberto.quian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula: Seminario 3 (1º andar) |
12:00-14:00 | Seminario 1 | Galego | Aula: Seminario 2 (1º andar) |